You are on page 1of 18

3.

Formación de unidades léxicas

1. Vías de arrequentamento do léxico


As unidades léxicas son clases abertas el, polo tanto, sometidas a
cambios, que poden ser de dous tipos:
1) Desaparición de unidades ou acepcións. Exemplo: desaparición de léxico
vinculado a actividades agrarias e gandeiras, que teñen un menor peso na sociedade na
actualidade.
2) Incorporación de novas unidades ou acepcións:
a) Pola vía do préstamo: interno ou externo, utilitario ou suntuario, etc. (tema
4).
b) Xeradas na propia lingua:
 Procesos morfolóxicos (os máis rendibles): combinación de entidades
morfolóxicas dentro do marco da palabra.
 Procesos non (só) morfolóxicos:
 Acronimia, combinación, etc. Exemplos:
Fonemas e/ou sílabas iniciais e/ou finais de palabras existentes: UXA,

USC, Frente Polisario.
 Palabras maleta ou percha: transistor < tranfer + resistor.
 Onomatopeas. Exemplo: tintear.
 Invencións. Exemplo: gas (forma inventada no s. XVII).
 Lexicalización de sintagmas: é máis rendible, xa que son sintagmas
que funcionan coma unha unidade lexicalizada e que tamén poderían
funcionar coma un sintagma libre, pero con significado diferente.
Exemplos: cabalo do demo, caixa negra.

 Datos:

1
E. Gestido de la Torre & X. M. Gómez Clemente: Neoloxía, neoloxismos e dicionarios, en M. Álvarez de la Granja & E. González
Seoane: A estandarización do léxico, p. 479

1
Cómpre sinalar que o método empregado, baseado nun corpus de prensa, non é moi válido para a
localización de neoloxismos semánticos, polo que os datos dados poden non correponderse coa
realidade.

1 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

1) Importancia dos procesos de afixación nos neoloxismos formais.


2) Importancia dos préstamos (case ¼ dos neoloxismos) e, en especial, dos non
adaptados.

2. Morfoloxía léxica e morfoloxía flexiva


2.1. A flexión e a derivación
A morfoloxía léxica (ou procesos morfolóxicos de formación de
palabras) refírese a todos aqueles procesos que dan lugar á formación dunha nova
palabra operando con palabras ou morfemas previamente existentes na lingua.
Con todo, intuitivamente sabemos que con estes procedementos podemos obter
unidades de dous tipos:
claro > claridade
vs.
neno > nenos
a) Proceso derivativo: o resultado é unha palabra diferente da palabra base,
con outro contido semántico.
b) Proceso flexional: o resultado é a mesma palabra léxica cunha forma
flexiva diferente.

2.1.1. Derivación e flexión


derivación flexión
1. Crea formas dun mesmo
1. Crea novos lexemas
lexema
2. Produtividade variable 2. Máxima produtividade
3. Pode producir 3. Non produce
transcategorizacións transcategorizacións
4. Posición na estrutura da 4. Posición na estrutura da
palabra palabra
5. Menor regularidade semántica 5. Menor regularidade semántica
6. Non esixidos pola estrutura 6. Esixidos pola estrutura
sintáctica sintáctica
7. Son substituíbles 7. Son insubstituíbles

1) Creación de novos lexemas:


a) Derivación: novas unidades léxicas.
b) Flexión: en principio non crea novos lexemas, pero hai casos non
prototípicos nos que isto podería ocorrer (cesto > cesta, zapato > zapata,
farol > farola, lente > lentes).
2) Produtividade (medible, somenténdoa ao xuízo de falantes non
especializados):
a) Derivación: diferentes graos de produtividade. Parece que, a priori,
cómpre termos memorizadas todas as formas derivadas, aínda que tamén
existen formas derivadas cun significado regular que somos quen de
entender (entrar > entrada ‘acción de entrar’), pero non se a acepción non é
predicible (entrada ‘lugar’).

2 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

b) Flexión: máxima, xa que son obrigatorios. Non memorizamos todas as


formas flexivas, senón que asociamos as formas a un paradigma, de xeito
que somos capaces, por exemplo, de conxugar verbos que non coñecemos.
3) Transcategorizacións: capacidade para xerar unidades dunha clase
diferente ás da palabra base.
4) Posición na estrutura da palabra:
a) Derivación: é máis interna (raíz + afixo derivativo).
b) Flexión: é máis externa (raíz + afixo derivativo + afixo flexivo)
5) Regularidade semántica:
a) Derivación: menor, xa que existe a posibilidade de irregularidade
semántica mesmo desde a orixe.
b) Flexión: máxima.
6) Morfemas e estrutura sintáctica:
a) Derivación: non esixidos pola estrutura sintáctica.
b) Flexión: esixidos pola estrutura sintáctica (por exemplo, concordancia nos
adxectivos).
7) Posibilidade de substitución:
a) Derivación: xeralmente pódense substituír por paráfrases. Exemplo:
caramelizar > converten en caramelo.
b) Flexión: a súa substitución é máis difícil.

2.2. Afixación apreciativa


2.2.1. Definición
1) É un proceso morfolóxico empregado para:
a) Ponderar a presenza ou intensidade dunha propiedade.
b) Valorar cualitativemente unha realidade.
c) Achegar un valor expresivo de carácter afectivo (moi frecuente).
Exemplos:
a miña casiña: avaliación cuantitativa (‘casa pequena’) e/ou
cualitativa (‘postiva’) e valor expresivo afectivo
mesaza: avalización cuantitativa (‘mesa grande’) ou cualitativa
(‘mesa de boa calidade’)

2) Abrangue varios tipos de sufixos, que adoitan aparecer amalgamados:


a) Diminutivos.
b) Aumentativos.
c) Pexnorativos.
d) Superlativos.
Exemplo:
regacho: avaliación cuantitativa (‘rego pequeno) e cualitativa
(‘negativa’)

3) Trátase dun caso non prototípico, que non se pode inserir de xeito doado na
flexión ou na derivación.

3 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

2.2.2. A afixación apreciativa e a flexión e a derivación


Derivación ou flexión:
1. Crea novas unidades léxicas?
2. Elevada produtividade
3. Non producen
transcategorizacións
4. Posición na estrutura da
palabra
5. Irregularidades semánticas
6. Non esixidos pola estrutura
sintáctica
7. Son substituíbles
8. (Algúns) poden combinarse con
bases de diferentes clases de
palabras

1) Creación de novas unidades léxicas: por regra xeral, sufixos coma –iño
non crean novas unidades, pero existen excepcións coma noitiña.
2) Produtividade alta: aproxima –iño aos morfemas flexivos. Con todo, hai
diferenzas moi grandes en canto á produtividade, xa que mentres que –iño é
moi produtivo, outros aparecen só en palabras plenamente lexicalizadas:
a) –igo: raparigo.
b) –astro: poetastro e politicastro.
3) Transcategorizacións: con –iño non só se mantén a mesma categoría, senón
tamén outras propiedades da palabra:
a) Fonolóxicas: timbre das vogais. Exemplo: frro > frriño.
b) Morfolóxicas: xénero en unidades rematadas en –e. Exemplos: ponte > pontiña,
monte > montiño.
4) Posición na estrutura da palabra: están na fronteira, xa que se sitúan
entre os derivativos e os flexivos. Exemplo: carballeiriña.
5) Irregularidades semánticas.
6) Non esixidos pola estrutura sintáctica: é un trazo que os aproxima aos
derivativos.
7) Posibilidade de substitución: é un trazo que tamén os aproxima aos
derivativos.
8) Posibilidade de combinárense con base de diferentes clases de
palabras:
a) É unha característica particular que rompe a hipótese da base única
formulada dentro do marco da gramática xenerativa. Segundo esta hipótese
un sufixo selecciona só unha clase de palabras, ou dúas afíns (substantivo
e adxectivo, adxectivo e verbo), pero isto non acontece con –iño:
 Substantivos: casiña.
 Adxectivos: bonitiño.
 Indefinidos: pouquiño.
 Identificadores: mesmiño.

4 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

 Adverbios: cerquiña.
 Verbos, cos que xeralmente engade, amais da noción apreciativa, unha
noción aspectual de iteración: chuviñar, choviscar, cuspiñar...

3. Conceptos básicos de morfoloxía léxica


3.1. Regularidade, produtividade e estruturación xerárquica
1) Obxectivos da morfoloxía léxica:
a) Descubrir cales son as regras que presiden os procesos morfolóxicos de
formación de palabras e que permiten explicar:
 Como se formaron as palabras existentes.
 Como se forman as palabras novas.

b) Determinar cales son os constituíntes das palabras complexas e cal é a súa


estrutura xerárquica.

2) Concepto de produtividade:
a) Perspectiva diacrónica: pode identificarse coa frecuencia.
b) Perspectiva sincrónica: a frecuencia pode ser un indicador da
produtividade, pero non sempre, xa que en termos sincrónicos a
produtividade defínese coma a potencialidade xenerativa, a
dispoñibilidade. Exemplo: a 1ª conxugación é produtiva para a creación de
verbos novos (potencialidade xenerativa) pero, por outra banda son moi frecuentes
os verbos rematados en -ec(e)r, un sufixo que foi produtivo pero xa non o é,
porque non é posible crear verbos novos con el.

3) Palabras reais, potenciais e imposibles:


a) Palabras reais ('actual words'): palabras realmente existentes na lingua.
b) Palabras potenciais ('potential words'): palabras non existentes pero que
poderían ser creadas (biorrexenerador, compostelanizar). Mediante este
tipo de palabras podemos medir a produtividade dun determinado recurso
para a creación de novas palabras.
c) Palbras imposibles ('non words'): palabras inexistentes que non poderían
ser creadas (envellececión, atrocez).

3.2. Unidade da análise morfolóxica


1) Raíces ou morfemas radicais:
a) Son aqueles segmentos que se poden inserir nunha estrutura sintáctica
directamente ou aplicándolles só afixos flexivos ou vogais temáticas.
Exemplo: |bebe| > bebo.
b) As raíces cultas (ou raíces de palabras inexistentes):
 Participan das características das raíces pero presentan algunhas
diferenzas, xa que non abonda con aplicarlles afixos flexivos para
inserilas no discurso, senón que necesitan:
 Combinarse con outra raíz culta (filólogo).
 Combinarse cun afixo derivativo (hípica).
 Combinarse con outra unidade léxica (neuropsiquiatría).

5 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

 Presentan diferenzas respecto dos afixos:


 Non se apoian necesariamente nunha raíz.
 Presentan unha certa liberdade posicional (anglófilo pero filólogo,
helicóptero pero pterodáctilo).
 O seu significado está máis próximo ao das raíces, xa que non
presentan tanta variedade semántica (ptero 'á', filo 'amigo').

Cómpre anotar que tamén hai familias léxicas nas que as raíces cultas e
as patrimoniais son complementarias (nadar, natación; leite, lácteo, etc.).

2) Afixos derivativos (ver artigo de Pena):


a) Prefixos.
b) Sufixos.
c) Interfixos.
d) Circunfixos.

3.3. Raíz, tema e base


1) Base: palabra(s) que precede unha palabra complexa inmediatamente na
cadea de formación. Exemplo: clasificar > inclasificable.
2) Raíz: segmento que permanece constante na familia léxica e que porta o
significado léxico común aos seus membros. Exemplos: [[clar-] -idade],
[[clar-] -ificar], [a-[clar-]-ar].
3) Tema: segmento que permanece constante ao longo da flexión.

3.4. Regras de formación de palabras


DICIONARIO BASE

RFP

DICIONARIO DE PALABRAS
OU LEXICÓN

No dicionario base atópanse os constituíntes morfolóxicos (raíces,


afixos, etc), que mediante a súa combinación coas regras de formación de palabras
dan como resultado palabras complexas, que integran o lexicón. Á súa vez estas
palabras son a materia prima para a formación doutras palabras novas.
As regras de formación de palabras:
1) Indican a combinación dos elementos do dicionario base e/ou do lexicón
para a xeración de palabras ben formadas (recoñecidas como posibles polos
falantes). O que permite bloquear tamén a produción de unidades mal
formadas.
2) Permiten analizar e interpretar as palabras non coñecidas. Exemplos:
se o significado de biorrexenerador é regular, os falantes pódeno deducir aínda que
nunca escoitaran o termo. Así, en descubrir só é regular a acepción de 'amosar algo
que estaba cuberto', pero non a de 'encontrar algo por primeira vez'.
6 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

3) Deben especificar:
a) O significado regular do educto (resultado do proceso de formación).
Exemplo: -mento crea substantivos de acción; -dor dá lugar a axentes; -doiro crea
substantivos de lugar, etc.
b) A clase de palabras da base. Exemplo: -mento expándese sobre bases verbais,
igual ca -doiro, pero -idade expándese sobre bases adxectivas.
c) A clase de palabras do educto.
d) Os procesos morfolóxicos que operan en cada caso (afixación, sufixación,
etc.).
e) Os condicionamentos positivos ou negativos (restricións) que afectan ás
bases:
 Semánticos. Exemplos:
 VICE- ('que pode substituír a') só se expande sobre substantivos que
signifiquen cargo (vicerreitor, vicecónsul, vicepresidente).
 -IDO só se expande sobre verbos2 que indiquen produción de son
(bramido, ladrido, estoupido).
 Fonolóxicos. Exemplos:
 -IDADE non se expande sobre palabras rematadas en -ido (húmido >
*humididade, líquido > *liquididade/ liquidez, sólido > *solididade /
solidez).
 -EZ non se expande sobre formas rematas en -az, -oz, -iz (*atrocez,
*felicez, *ferocez, *sagacez).
 Morfolóxicos. Exemplos:
 -EZ exclúe substantivos derivados en -oso (*perigosez), pero non
todas as palabras rematadas en -oso (sosez).
 -CIÓN expándese sobre verbos rematados en -izar e -ificar creando
substantivos de acción. Este é un casos de potenciación máxima, xa
que é un sufixo moi sensible á composición morfolóxica das bases, o
que nos permite predicir que vai ser practicamente sempre o que
interveña na creación deste tipo de substantivos a partir destas bases.
 Sintácticos. Exemplos:
 -BLE/-BEL forman adxectivo a partir de bases verbais co significado
potencial pasivo ('que pode ser + participio'), polo que os verbos sobre
os que se expanden teñen que ser necesariamente transitivos.

4) Regras de reaxustamentos no educto:


a) Regras de incrustamento: moitos afixos ao engadirse borran un sufixo da
base, normalmente o último. Exemplos: informático > informatizar; poético >
poetizar; hermético > hermetizar.

2
No caso de verbos da 2ª e 3ª conxugacións non é posible saber se se trata do sufixo -ido ou -do en
moitos casos, debido á neutralización da vogal temática. Exemplos: acoller > acollida, acollemento;
varrer > varrido, varredura.
7 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

b) Regras de alomorfía:
 No afixo. Exemplos:
 -AL (xeral) /-AR (bases rematadas en [l]): intestinal, sacerdotal, zonal
vs. escolar, consular, exemplar, espectacular.
 -IN (xeral) /-I (bases rematadas en líquida): imposible, inútil,
intratable, igrato vs. ilegal, irregular, irremisible, iletrado
 Na base. Exemplos: potable, amable, sensible > potabilizar, amabilizar,
sensibilizar.
c) Regras de elisión de vogal átona final. Exemplos: casa > caseiro, clase >
clasificar vs. café > cafetería.

4. Procesos morfolóxicos de formación de palabras


4.1. Procesos e regras
1) Procesos ≠ regras: as RFP deben incluír necesariamente información sobre
o(s) proceso(s) que interveñen en cada caso, pero ademais conteñen outro tipo
de información necesaria para que o resultado sexa aceptable (categroía das
bases, características fonolóxicas, morfolóxicas, etc. das bases, significado
regular...). Así, unha mesma RFP pódese concretar na actuación de procesos
diferentes. Exemplo: RFP Axente en galego:
[X]v + -dor → [Y]s 'persoa que realiza a acción indicada polo Proceso 1: derivación
[X]v + -nte → [Y]s verbo' (varrer → varredor) mediante sufixación
'persoa que realiza a acción que indica o
verbo con/sobre o que indica o
[X]v + [Y]s → [Z]s substantivo'(limpachemineas, limpacristais, Proceso 2: composición
lavacoches)
Dous procesos nunha mesma RFP.

4.2. Derivación
4.2.1. Procesos morfolóxicos derivativos 3

prefixación
afixación sufixación
ADICIÓN
circunfixación
composición
TIPOS DE
PROCESOS CONVERSIÓN
SUBSTITUCIÓN
ADICIÓN DA VT

SUBTRACCIÓN
Procesos derivativos
Procesos compositivos

3
Tradicionalmente a derivación só se refire á afixación, pero imos considerar tamén a conversión,
substitución, adición da VT coma un proceso derivativo, opoñendo así derivación e composición.

8 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

1) Adición:
a) A base increméntase con sufixos (derivación) ou outra base
(composición), de xeito que o tema do educto é maior có da base.
b) Normalmente non se produce cambio de clase de palabras.

2) Conversión, substitución, adición da VT:


a) É a operación mínima que cómpre realizar para readscribir a base a unha
nova clase de palabras. Por exemplo, a asignación dunha VT para crear un
verbo.
b) O normal é que se produza cambio de clase de palabras, pero isto non
acontece sempre, como é o caso dos substantivos abundanciais (seixo →
seixal 'lugar onde abundan os seixos').
3) Subtracción: é un proceso que cómpre recoñecer desde unha perspectiva
diacrónica, pero que a nivel sincrónico son interpretados polos falantes
como casos de derivación. Exemplos:
a) Lexislador: na interpretación sincrónica os falantes vinculan lexislador cos
numerosos derivados verbais que presentan o sufixo -dor, polo que é
interpretado coma un caso de derivación, pero desde o punto de vista
diacrónico trátase dunha subtracción4.
Interpretación sincrónica: lexislar → lexislador
Análise diacrónica: lexislador (<LEGIS LATOR) → lexislar

4.2.2. Derivación inmediata e derivación regresiva


1) Derivación regresiva ( v → subs acc.): formación de substantivos de acción
a partir de verbos.
2) Derivación inmediata ( subs, adx → v): formación de verbos a partir de
substantivos ou adxectivos.
Exemplos:
alegre - alegrar alegre → alegrar
lixa - lixar lixa → lixar
peche - pechar pechar → peche
desconto - descontar descontar → desconto
sacha - sachar sacar → sacha
visión - visionar visión → visionar
1. Se o substantivo designa unha entidade concreta, o normal é
que sexa o verbo o derivado (lixa → lixar).
2. Se o substantivo designa unha entidade abstracta, o normal é
que sexa deverbal (descontar → desconto).
3. Se cómpre empregar na paráfrase dun termo outro, estamos
perante un indicio de que o derivado é o parafraseado (sacha
'acción de sachar', peche 'acción de pechar').

4
Trátase de interpretar como regular un caso que non o é. Algo semellante acontece en casos coma
ver → visión → visionar ou arguír → argumento → argumentar, nos que se forma un segundo verbo a
partir do substantivo deverbal, xa que xa se interpreta como moi afastado do verbo do que procede.

9 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

4.2.3. Afixación derivativa: diferenzas entre prefixación e sufixación


PREFIXACIÓN SUFIXACIÓN
transcategorización non si
coincidencia formal con preposicións e
si non
adverbios
proximidade semántica con preposicións
si non
e adverbios
alomorfía nas bases non si
alteración da estrutura acentual das
non si
bases
bases pertencentes a clases diferentes si non

1) Transcategorizacións:
a) Prefixación: en xeral non produce transcategorizacións, pero hai certas
formacións prefixais nas que isto acontece, como son as creadas co prefixo -
anti- (droga → antidroga, carro → anticarro, idade → antiidade,
corrupción → anticorrupción). Con todo, son exemplos marxinais que non
anulan a tendencia xeral.
b) Sufixación: produce transcategorizacións.
2) Coincidencia formal con preposicións e adverbios:
a) Prefixación: existen prefixos que coinciden formalmente con preposicións
e adverbios, como é o caso de contra-, sobre-, mal-, etc.
b) Sufixación: non hai coincidencia formal con preposicións e adverbios.
3) Proximidade semántica con preposicións e adverbios:
a) Prefixación: hai proximidade semántica con preposicións e adverbios
naqueles prefixos que coinciden formalmente con estas clases de palabras,
xa que expresan nocións coma 'posición no espazo', 'tempo', 'contrariedade',
'negación', etc. Mesmo preposicións e adverbios coma sen e non están
comezando a funcionar como prefixos: sen teito, non aliñado.
b) Sufixación: non hai proximidade semántica con preposicións e adverbios.
4) Alomorfía nas bases:
a) Prefixación: normalmente non produce alomorfía nas bases.
b) Sufixación: pode provocar alomorfía nas bases.
5) Alteración da estrutura acentual das bases:
a) Prefixación: normalmente non produce alteración na estrutura acentual das
bases.
b) Sufixación: pode provocar alteracións na estrutura acentual das bases
(sufixos tónicos e átonos).
6) Selección de bases pertencentes a clases diferentes:
a) Prefixación: poden seleccionar bases pertencentes a clases diferentes.
Exemplos:
subs. anteproxecto
ante-
v. antepoñer
subs. descarga
des- adx. descortés
v. descolgar

10 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

 Poden producirse diferenzas semánticas. Así, des- pode indicar


'negación' (descortés) ou 'reversión dun proceso' (descolgar).
b) Sufixación: en xeral, non seleccionan bases pertencentes a clases
diferentes.

*Algúns autores consideran a prefixación, por mor dalgunhas das


características que explicamos, coma un modelo compositivo e non
derivativo.

4.2.4. Parasíntese
1) Concepción tradicional: a gramática tradicional considera a parasíntese
coma a composición e derivación simultáneas (botafumeiro), un proceso
pouco rendible.
2) Terminoloxía:
a) Parasíntese: os autores que empregan este termo consideran que se trata
dun proceso no que interveñen tres elementos:
 Elemento á esquerda do radical.
 Raíz.
 Elemento á dereita da raíz.

b) Circunfixación: quen usa esta etiqueta adoita considerar que é un proceso


no que interveñen dous elementos:
 Elemento descontinuo.
 Raíz.

3) Hipóteses explicativas:
a) Adxunción simultánea dun prefixo e un sufixo, que contradí o principio
da ramificación binaria (aceptado de xeito xeral na morfoloxía).
b) Adxunción sucesiva dun sufixo e un prefixo, de xeito que un dos elos da
cadea de formación se correspondería cunha palabra inexistente. Exemplo:
triste → *tristecer → entristecer.
c) Adxunción dun afixo descontinuo (circunfixo), unha hipótese que salva as
obxeccións achegadas para as anteriores e que ademais explica que en
ocasións non se lles poida achegar un significado diferente a cada un dos
elementos. Con todo, hai casos nos que cada elemento parece ter cadanseu
significado: des- *rat - izar5 (des- 'privativo', -iz-'causativo').

Exemplos:
terror → aterrorizar mesmo significado regular
horror → horrorizar (causativo) mediante dos
temor → atemorizar procedementos diferentes.6
sombra → asombrar mesmo significado regular
(afixo + adición de VT) mediante dos procedementos

5
Ademais, neste caso non existe ratizar.
6
Este é un dos argumentos fundamentais dos que defenden que se trata de afixos descontinuos.

11 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

sombra → ensombrecer diferentes.


(2 afixos)

4.3. Composición
4.3.1. Definición
A composición supón a combinación de dúas bases léxicas, que
poden ser:
a) Simples. Exemplo: augardente.
b) Simple + derivada. Exemplo: librepensador.
c) Raíces cultas. Exemplo: filólogo.
d) Simple + composta. Exemplo: limpapantallas.

4.3.2. Compostos léxicos e compostos sintagmáticos


4.3.2.1. Características
1) Compostos léxicos (propios ou ortográficos):
a) Definición: a composición léxica é un proceso que produce novas palabras
ao aplicarmos RFP, polo que o significado da palabra resultante é
predicible. Exemplos:
 tirarrollas: Vtrans + subs. que pode funcionar como CD = subs. cun
significado predicible ('máquina/aparello que realiza a acción que indica
o verbo base sobre o obxecto que designa o substantivo base').
 paporrubio.

b) Compostos léxicos prototípicos, que presentan as seguintes características:


 Unidade fonolóxica:
 Unha única sílaba tónica dominante ou principal.
 En ocasións, elisión de fonemas nos lindes morfémicos. Exemplo:
noroeste
 En ocasións, interfixos interradicais. Exemplos: paticurto, rabilongo.
 Unidade morfolóxica:
 Flexión semellante á das palabras non compostas, é dicir, que se
produce sobre o conxunto do composto. Exemplos: paporrubio →
paporrubios (*paposrubios); xordomudo → xordomud@s (*xordasmudas,
*xordosmudos).
 Unidade gráfica (como consecuencia das anteriores).
c) Compostos léxicos imperfectos, que presentan algunha ou todas as
seguintes características:
 Ausencia de unidade gráfica (separación mediante espazos en branco
ou guións).
 Ausencia de unidade fonolóxica: cada compoñente mantén o seu
acento.
 Ausencia de unidade morfolóxica. Exemplos:
 café concerto → cafés concerto.
 Inestabilidade (indicio dunha lexicalización non consumada): marxista-
leninista → marxistas-leninistas / marxista-leninistas.
 teórico-práctico → teórico-prácticos (máis lexicalizado có exemplo
anterior).
12 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

2) Compostos sintagmáticos (impropios):


a) A composición sintagmática é un proceso que dá como resultado sintagmas
fixos construídos segundo regras sintagmáticas. Exemplo: libro de familia
(FN composta por un N e un Mod); porco teixo familia (FN composta por un N e
un Mod).
b) O significado da palabra final non é transparente, xa que non resulta da
suma dos significados dos constituíntes. Poderían ser sintagmas libres,
pero o significado sería diferente.
c) Non se poden introducir modificadores que actúen só sobre un dos
constituíntes. Exemplos: libro de boa familia ou porco moi teixo son
construcións posibles, pero son sintagmas libres, non compostos sintagmáticos.

4.3.2.2. Casos fronteirizos e problemáticos


1) Compostos sintagmáticos → compostos léxicos: compostos léxicos que
teñen a súa orixe en compostos sintagmáticos. Exemplos:
a) garda civil → gardas civís / garda civís (proceso de lexicalización en avance).
b) porco teixo → porco teixos (proceso de lexicalización consolidado).
c) porco bravo → porcos bravos (lexicalización non consolidada).
d) sapoconcho / sapo concho → sapoconchos / saposconchos.
e) folla de lata / follalata (proceso de lexicalización en avance).
2) Nominalización de estruturas frasais: non son regulares nin son
procedementos produtivas na formación de palabras. Exemplos:
a) vichelocrego: Vconx + art. + subs.
b) fervellasverzas.
c) nonmeesquezas.

5. Procesos morfolóxicos e regras de formación de palabras en galego


5.1. Criterios de clasificación
1) Tipo de educto: substantivo, adxectivo, verbo.
2) Tipo de base:
a) Derivados denominais.
b) Derivados deadxectivais.
c) Derivados deverbais.
3) Significado do educto (colectivo, axentivo, subs. de acción, v. causativo...).

5.2. Adxectivos obtidos por sufixación


1) Adxectivos deverbais:
a) Pasivos ('que pode ser + verbo base'). Exemplos:
andadeiro 'que pode ser andado'
facedeiro 'que pode ser feito'
transportable 'que pode ser transportado'
zumbado (resultado)

13 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

 Potenciais. Exemplos:
transportable 'que se pode
transportar'
facerdeiro 'que se pode
facer'
andadeiro 'que se pode
adar'

 Paricipiais: correspóndense con usos adxectivos de participios verbais.


Exemplos:
vendido 'que se vendeu'

 Deónticos ('que debe ser + acción que indica o verbo base'): indican
obriga. Exemplos:
aborrecible 'que debe ser aborredido'
detestable 'que debe ser detestado'

b) Activos (paráfrase activa):


 Puros: non achegan significados adicionais. Exemplos:

conmovedor 'que conmove'


atacante 'que ataca'

 Disposicionais: caracterizan a disposición a realizar a acción que indica


o verbo base (acción habitual). Exemplos:
mandón 'que manda con frecuencia'
mentirán/mentireiro 'que mente con frecuencia'

 Potenciais. Exemplo:
móbil 'que se pode mover por si'

2) Adxectivos denominais:
a) Relacionais ('de + substantivo base'): indican unha relación coa clase que
designa o substantivo base. Exemplos:
pesqueiro 'relativo ou pertencente á pesca'
familiar 'relativo ou pertencente á familia'
(tamén pode ser caracterizador: 'que lle ten
apego á familia')

 Deonomásticos: son adxectivos relacionais que teñen como base nomes


propios e que presentan características singulares (clases abertas,
xentilicios [sufixos específicos para determinadas áreas xeográficas],
etc). Exemplos:
rosaliano 'relativo ou pertencente Rosalía'
compostelán 'relativo ou pertencente a Compostela' apego á
familia')

14 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

b) Caracterizadores: salientan un elemento considerándoo característico de


a quen ou ao que se aplican. Poden realizar a caracterización de xeitos
diferentes:
 Posesión dunha característica. Exemplos:

dentado 'que ten dentes'


flaxelado 'que ten flaxel'

 Posesión dunha característica en exceso. Exemplos:


dentudo 'que ten moitos dentes' / 'que ten
dentes grandes' / 'que ten dentes deformes'
cabezudo 'que ten a cabeza grande'

 Semellanza ao que indica a base. Exemplos:


antropoide 'que se parece ao home'
novelesco 'propio da novela'

 Disposicionais. Exemplos:
moceiro
festeiro
panceiro

3) Adxectivos deadxectivais:
a) Aproximación. Exemplos:
grandeiro 'que tira a grande'
pequeneiro 'que tira a pequeno'

b) Intensificación. Exemplo:
porcallán 'que é moi porco'

6. Outros procesos de formación de unidades léxicas


6.1. Procesos de formación de palabras (unidades monoverbais)
6.1.1. Procesos baseados na combinación ou eliminación de fonemas e/ou
sílabas
1) Siglación:
a) Definición: combinación do(s) fonema(s) iniciais das palabras que
forman un sintagma. É moi frecuente para abreviar nomes de
organizacións, institucións, etc.
b) Préstamo e calco:
 Importación de siglacións do inglés que se adaptan ao galego.
Exemplos:
 láser < Light Amplification by Stimulated Emission of Radiation
 radar < RAdio Detection And Ranging.
 sonar < SOund NAvigation and Ranging
 Calco mediante a tradución do sintagma e a creación das siglas a partir
do sintagma traducido. Exemplos:

15 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

 sida < Síndrome de InmunDeficiencia Adquirida < Acquired


ImmunoDeficiency Dyndrome (aids).
 ovni < obxecto voante non identificado < Unidentified Flying Object
(ufo)
c) Tipos de siglas:
 Soletradas. Exemplo: USC.
 Pronunciadas coma unha soa palabra. Algúns autores refírense a este
tipo de siglas como acrónimos.
 Casos mixtos, nos que se soletrea unha parte e a outra se le coma unha
soa palabra. Exemplos:
PSOE: 'pesoe' ou 'soe'.
PIB: 'pib' ou 'peibé'.

*Cómpre non confundir as siglas coas abreviaturas gráficas


(Sr., EE.UU., etc.).

2) Acurtamento (clipping):
a) Definición: consiste normalmente na selección das dúas sílabas iniciais
dunha palabra para construír unha denominación abreviada da mesma
(apócope), aínda que tamén se poden elidir as sílabas iniciais (cello <
violoncello; Mucha < Carmucha). Cómpre subliñar que en principio non é
un proceso morfolóxico, pero o acurtamento pode coincidir con lindes
morfémicos. Exemplos:
 foto < foto|grafía: o linde morfémico das dúas raíces cultas coincide co
acurtamento.
 bici < bi|cicleta: o linde morfémico non coincide co acurtamento.
 moto < moto|cicleta.

b) A palabra resultante non é unha palabra diferente da palabra base, xa que


ten o mesmo significado, pero a expresión é máis económica.
c) Orixe dos acurtamentos:
 Linguaxe infantil (profe, cole).
 Linguaxe xergal (anfeta).
 Acurtamentos que se xeneralizaron (metro).

d) As formas acurtadas son susceptibles de funcionar como bases de


formacións ulteriores. Exemplos:
 fotografía (foto = 'luz') → foto → fotonovela (foto = 'fotografía').
 televisión (tele = 'a distancia') → telenovela, telefilm, televenda,
telepredicador (tele = 'televisión').

3) Acronimia (blend / palabras maleta / palabras percha /


cruzamentos): consiste na formación dunha nova palabra a partir de dúas
palabras que forman un sintagma. Normalmente selecciónanse as sílabas
iniciais da primeira palabra e as finais da segunda. Exemplos:
a) crediauto: neste caso o segundo termo coincide cunha palabra completa.
b) tergal < poliéster galo.
c) portuñol < portugués + español.
16 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

d) motel < motor + hotel ou motorists' hotel.


e) autobús < automóbil ómnibus.

6.2. Procesos de formación de unidades léxicas pluriverbais


As unidades léxicas pluriverbais non están plenamente lexicalizadas,
polo que non son palabras aínda que presenten trazos que as aproximan a elas.
Poden ser de dous tipos:

1) Compostos sintagmáticos (lexías complexas, sinapsias): son sintagmas


creados de acordo con regras sintácticas, estruturas que se atopan nos
sintagmas libres pero que equivalen funcionalmente a substantivos e que
responden a esquemas de formación específicos e produtivos. Poden ser de
dous tipos:
a) Tipo 1: entre o composto e a clase designada polo núcleo prodúcese unha
relación de hiponimia - hiperonimia, é dicir, os núcleos sitúan a clase e os
modificadores introducen precisións de diferente tipo. Exemplos:
 chave inglesa é un subtipo de chave.
 piñeiro manso é un subtipo de piñeiro.

b) Tipo 2: o núcleo ten un sentido figurado ou metafórico, mentres que o


modificador achega información que indica que o núcleo non está usado en
sentido recto. Exemplos:
 dente de allo.
 elefante mariño.

2) Locucións substantivas: resultan do uso figurado de sintagmas


preexistentes. Exemplos:
a) Ollo de boi.
b) Cabalo do demo.
c) Mosca morta.

 Caracteriza e clasifica as seguintes formacións:


CARACTERIZACIÓN E
FORMACIÓN
CLASIFICACIÓN
mosca morta locución substantiva
cabalo de mar composto sintagmático de tipo 2
man esquerda locución substantiva
saco de durmir composto sintagmático de tipo 2
gato montés composto sintagmático de tipo 1
zoo acurtamento
F.M. sigaleción soletrada
acurtamento e formación ulterior
telenovela
(tele = 'televisión' ≠ 'a distancia')
metro acurtamento
CCOO abreviatura
acurtamento e formación ulterior
autoescola (auto = 'automóbil' ≠ 'propio, a si
mesmo, por si mesmo')

17 Gramática galega II
2009/2010
USC
3. Formación de unidades léxicas

CARACTERIZACIÓN E
FORMACIÓN
CLASIFICACIÓN
publirreportaxe combinación (2 sílabas + 1 palabra)
fotómetro dúas raíces cultas
boi de parada ('semental') composto sintagmático de tipo 1
pata de cabra locución substantiva
pauferro composto léxico
acurtamento e formación ulterior
fotorreportaxe
(foto = 'fotografía' ≠ 'luz')
ollomol composto léxico (N + Mod)

18 Gramática galega II
2009/2010
USC