You are on page 1of 20

índice

un rapaz da aldea 3

un campesino campión 4

a terra é nosa 5

¡canto cambiou isto! 6

temos unha explotación 7

o sector leiteiro galego 8

¿pero que é iso da globalización? 9

xúntase a fame ... 10

a vaquiña polo que vale 11

¡coa saúde non se xoga! 12

a saúde do Planeta 13

a agricultura galega 14

un lugar para vivir 15

¿que é ser moderno? 16

temos futuro no campo 17

prensa agraria 18

índice
un rapaz da aldea
Ola, eu son Henrique, un neno de 14 anos que estudo 2º de ESO no IES As Pontes, aínda
que eu vivo en Xermade, un concello da provincia de Lugo, máis concretamente en
Cabreiros. Os meus pais dedícanse á gandeiría, teñen unha granxa de vacas de leite, con
arredor de 40 vacas; a miña irmá Xandra e mais eu botámoslles unha man no traballo
cando volvemos da escola. É mágoa que a miña escola quede tan lonxe da casa, moitos
dos meus amigos e amigas son das Pontes e non os vexo (fóra da escola) até a fin de sem -
ana que soio baixar a dar unha volta os sábados. Ás veces tamén veñen eles por aquí e
meu pai lévanos no coche a Lugo ou imos á Coruña ver o Dépor. A primeira vez que fun á
Coruña quedei abraiado vendo que a penas a 1 km. do campo de futbol hai unha chea de
leiras nas que se plantan patacas, grelos, tomates... Os ollos case me saen do cacho ao
ver unhas cantas vacas pacendo tranquilamente a 100 metros dunha vía ateigada de
coches. A paisaxe péchaa ¡unha grande superficie comercial! De volta á casa decateime
que pouco me separaba daqueles cativos e cativas coruñeses cos que nos xuntaban na
mesma bancada de Riazor.

actividades

““
1. Xogo de presentación:
Se eu fose
Cada un de vós terá que cubrir unha ficha que conterá os seguintes elementos:

Se eu fose:
Un lugar (aldea, parroquia, vila, cidade):
Un alimento:
Un animal:

3
Un oficio:
Unha árbore:

Xuntades as fichas e vanse lendo en alto e deberedes tentar de adiviñar por algún dos
dados quen é o autor.
un campesino campión
¡Que hai de novo, amigos! Hoxe tivemos clase de lingua (¡o galego é a miña materia
preferida!). A profesora contounos historias de palabras. ¡Eu quedei coa boca aberta despois
de escoitala! Resulta que a palabra campo vén do latín e neste idioma significaba "chaira". Até
aí dirédesvos, ¿e que ten de extraordinario? ¡Agardade! Con ela están relacionadas
campesino, escampar e champiñón. O campo non era só o que se cultivaba, era tamén o
campo de batalla, e de aí xorde a palabra CAMPIÓN (CHAMPION). ¿Qué son, pois, meus pais,
campesinos ou campións? ¿Será o Dépor campión da Champions por xogar nun campo? ¡Iso non
foi todo! A profe, Paula, contounos que os primeiros que se consideraron ricos en Europa eran
os que tiñan gando, que en indoeuropeo se dicía peku; de aí que teñamos hoxe palabras en
galego como pecunia (riqueza) ou pecuaria (arte de criar o gando). ¡Cando lle diga a meus
pais que os campesinos son campións e os gandeiros ricos, non sei se mo van crer!

actividades
1. Imos facer un traballiño escrito, reflexionando sobre o traballo no campo. Para facelo,
algúns partiredes do que coñecedes, porque é onde vivides e no que traballan as vosas

“ “
familias; outros supoño que tedes unha pequena idea do que significa ese tipo de vida. Cada un
faráo atendendo ás súas circunstancias. Trátase dunha redacción que ten o seguinte título:

¿Que pasaría se eu de maior traballase e vivise no campo?


(como pensas que vivirías, que terías que facer, como reaccionarían os teus familiares e amigos, etc.)

2. Buscade nos dicionarios todas as palabras da familia léxica de campo, champiñón,


pecunio. Copiade os seus significados.

4
a terra é nosa
¡Merda! Cheguei tarde á sala e estaba miña nai vendo a tele. ¡Mamá, non che impor-
taría deixarme ver a serie esta de UPA Dance? Para a miña desgracia dixo que si, que si
que lle importaría e que se eu non tiña nada que facer para o colexio. Ante tal alterna-
tiva pareceume moi interesante o programa que estaba a ver miña nai. Era un documen-
tal destes da 2 de National Geographic. Trataba das protestas dos Sen Terra de Brasil, que
son labregos que reivindican o dereito a ter unha propiedade que traballar. ¿Ves, neno?
-dixo miña nai- mira que sorte temos aquí que a nosa terra é nosa. Eu, todo fachendoso,
retruqueille que iso era dende había pouco, porque a profe de historia explicáranos que
antes en Galiza había unha cousa que se chamaban foros e que os campesinos tiñan que
pagar por cultivar as terras. Iso non pode ser así -dixo miña nai- eu non acordo tal cousa.
¡Como se ela vivise desde sempre!

actividades
1. ¿Qué representan as catro figuras que com-
poñen a estampa: o home coa machada ao
lombo, a nena e o neno que el protexe e o meniño
do primeiro plano?

2. Explica o significado do adxectivo posesivo


"nosa" as dúas veces que aparece.

Caricatura de Castelao , "A nosa

3.
Terra non é nosa, rapaces"

““
Le atentamente o seguinte texto:

O movimento agrário ou agrarismo galego foi a maior mobilización social da Galiza contemporánea, sen rival
e só equiparábel ao movimento Irmandiño (Século XV).
No aspecto organizativo comezou coa criazón de "Mútuas gandeiras", 1886, de sociedades de agricultores,
1896 e das sociedades agrárias, 1899, que a partir de 1906, se transformaron en grande parte en sindicatos agrários.
As "agrárias" formaron variadas federacións desde 1907 até 1936. Os seus obxectivos eran a loita pola
desaparición do "foro", a distribución xusta dos "consumos" e a defensa do labrego ou mellora da produción e con-
tra os males endémicos do caciquismo político. O foro centrou estas loitas: primeiro para lograr formas de "redimir"
esta renda centenária; máis tarde para "abolila".
Francisco Carballo, O movimento agrário galego

4. Procura no dicionario as palabras do texto que descoñezas.

5. Imos á biblioteca buscar información sobre os seguintes personaxes e institucións


de re-levancia no agrarismo galego: Mutuas gandeiras; Basilio Álvarez; Lugris

5
Freire; Acción Gallega; Comisións Labregas.
¡canto cambiou isto!
Hoxe tiven bronca co meu pai na casa, supoño que vós tamén tedes as vosas desputas cos
vosos pais. O sábado quería ir xogar a partida de futbol matinal cos meus compañeiros, pero
resulta que teño traballo, pois meu pai ten que ir a unha feira de gando e eu debo atender as
súas tarefas co gando. Protestei tanto, que me dixo a típica frase dos pais, "vós que protestades,
se non sabedes o que é traballar, se chego ter eu a oportunidade que tes ti de estudar!". Eu
repliqueille coa típica dos adolescentes: "Eu non pedín por nacer e, se me fixeches, é a túa obri-
ga darme de comer e pagarme unha educación. Ademais non se pode explotar aos menores".
¡Explotar?, dixo el, e tiven sorte que lle era tarde porque coido que estaba a piques de estoupar
e eu non ía saír nada ben parado.

actividades
1.


Le atentamente o seguinte texto:

Da feira meus pais traíanme uns iogures bonitos. Cando aínda empezaba a haber iogures no mercado de Curtis.


Eran da marca Clesa e do sabor fresa. E eran grandes, preciosos. A min gustábanme moito e facíanme ilusión. Eran
unha cousa nova no meu mundo pequeno de nena. No meu mundo monótono de aldea. Traíanme pouquiños, non era
como agora, pero chegábanme ben. Aqueles iogures eran un bonito agasallo de meus pais, que eu agradecía moito.
Gustábame descubrir cousas. Cando nos facemos maiores imos perdendo esa gran curiosidade pola vida e polas cousas
descoñecidas que temos de pequenos. Unha curiosidade intacta, forte, viva, grande. Tamén lembro que máis tarde apare-
ceron no mundo da aldea os Petit Suisse. Traíaos miña irmá maior, Maritina. Viña no seu coche e traía as novidades.

Lupe Gómez, Fisteus era un mundo

2. A partir deste texto ides facer un inquérito nas vosas familias para descubrirdes cales
foron as novidades que máis cambiaron as súas vidas ou que lles fixeron máis ilusión:

Máquinas: tractor, lavadora, televisión...


Alimentos: iogur, refrescos
Roupa: ...
Casa: ordenador...
Xoguetes:

3.
Facede un mural cos apeiros que se utilizaron tradicionalmente na agricultura gale-
ga e coas máquinas que os substituíron.

6
temos unha explotación
Esta fin de semana vén á miña casa, Xaquín, un compañeiro da clase. O seu pai tra -
balla en Endesa, na mina, e a súa nai é policía municipal. A pesar de vivir tan próximo ao
campo, Xaquín descubriu unha chea de cousas falando comigo. El non sabía que as vacas
que se destinan á produción de carne non se moxen, ou que hai vacas que se orientan a
producir leite. Claro que quedou aínda máis sorprendido cando soubo que tiñamos un
límite de litros de leite na granxa e que se nos pasábamos nos multaban. ¡Pero se hai
xente no mundo que non ten que comer!, dixo. Eu expliqueille que iso era o que chama -
ban a cota láctea. Un día rin tanto del pola súa ignorancia que lle dixen que sabía máis
cousas de Marte que do que era a agricultura. ¡Pois convídame á túa casa e ensíname!,
retoume. E nesas estamos, agardando a que apareza o coche da súa nai.

actividades
1. Realizade un pequeno traballo de

Agro Act
investigación en grupos. Ímosvos dar bliblilaifklalfdk
alñdamskl
ñdmbliblilaifkl

ual
alfdkalñda
msklñdmblibli
Diario
laifklalfdkalñda

unha información xeral sobre o sector gan -


msklñdmblibli

nº1 de
Galiza

deiro en Galiza. A partir deste informe bliblilaifkla


lfdkalñdam

cada grupo centrarase nun dos subsec- A activid


sklñdmblib
lilaifklalfdk
alñdamskl
ñdmbliblilaifkla
lfdkalñdam

ade
sklñdmblib
lilaifklalfdk

agraria ga gandeira achega un


alñdamskl
ñdm

tores gandeiros e fará un traballo sobre as lega e con


súas características. conómica stitúe a pri 56% da producción
do medio ncipal acti final
das superf ag rogandeir vid ade socio
icies está o, posto qu e-
n d edicadas e máis do 67%
Nº de ex
plo tacións le a forraxes.
Nº de va iteira
c
% de exp as de leite s
Nº de explotacións con m 29.43
Nº de v lotacións de v áis de 20 vacas le 461.4510
Nº de vaacas de carne acas de carne iteiras
Nº de va cas por explota 23%
40.597
Producc cas sometidas ación en control le 241.479
ción med c
ia por va ontrol leiteiro iteiro 34,04
ca en co
ntrol leite
iro (Kg) 158.198
7.426

2. A partir destes debuxos de Xosé Lois e do voso traballo definide o que é a cota
láctea e que incidencia tivo a súa aplicación no campo galego.

7
o sector leiteiro galego
AgrocActua
Estes días o meu
pai está un pouco máis

l
enfadado do normal, Diario
nº1 de
eu non sabía moi ben Galiza

por que até que collín


o xornal que tiña O futuro de
máis da met
enriba da mesa cunha ade das explotac

Unhas 12.00
ións depend
e
noticia remarcada: da súa adap

0 granxas
tación a novo
s productos
industriais.
lácteas en G
A verdade é que
a
despois de ler esta
desaparece licia poderían
noticia tampouco
teño eu moitas ganas A producció r
n de leite te
un peso m n Comunid
de bromas, ¿teremos cultura ga
oi alto na
agri- Seg ade.
undo o Lib
que marchar do económicos,
lega en te
rmos da ro Branco
Agricultura
campo e cambiar o toriais. Trá sociais e terri- Desen e o
tase dun se v
noso modo de vida? que achega ctor Min olvemento Rural do
isterio de A
máis do 30 gricultura, ción fóra de Galicia
Tampouco compren- cento á pro po
ducción agra r Pesca e Alim Un dato pre .
final galeg ria (MA entación ocupante q
do perfectamente a. Pese a
esta preto
PA), estím
ase que se agudiza se ue
importanci temos en
todo o que di a non escapa
a estratéx
ica, leite p
do 30 por
cento do co nta que as exp
roducido en lotacións
noticia, cando derivados d
ós problem
a s en v G alicia é
de leite con
stitúen a m
ia d o e refrixerad aior
volva meu pai formación
a escasa tr
ans - a súa o para parte das moderniza
que se fai transforma o se das, e
pedireille que ma na - g m en to d e
m a io r
dimensión"
aclare.

actividades
1. Exercicio de comprensión: Resume coas túas palabras o que quere dicir a noticia.

2. Explica as seguintes expresións:


"adaptación a novos productos industriais"

"importancia estratéxica"

"enviado e refrixerado (o leite) para a súa transformación fóra de Galicia"

3. Averigua que produtos se poden obter coa transformación do leite.


Busca cales son as marcas que fabrican estes produtos e mira no seu

8
etiquetado cales se fan en Galiza. ¿Sabes que son as marcas brancas?
Pero que é isto da globalización
Normalmente non me soio meter nas conversacións dos maiores. Hoxe é domingo e
viñeron comer á nosa casa o tío Suso, irmán do meu pai e a súa compañeira María. Suso
tamén é gandeiro e estaba que botaba lume pola boca porque un grupo americano quería
comprar outra empresa leiteira galega. "Así non imos a ningures" repetía. Meu pai dicíalle
que sempre é mellor iso que non ter a quen lle vender o leite. Fíxate en Zara, dicía, fab-
rica a roupa en China, Marrocos ou Taiwán, onde lle sae máis barato, éche isto da glob-
alización, afirmaba meu pai. Si, si e cando non queden máis que dúas ou tres multina-
cionais - dicía Suso -, verás a canto nos pagan o litro de leite. Mentres eles seguían a
discutir, eu levantei da mesa e collín a miña camiseta de deportes preferida (made in
China) para xogar á consola (made in Taiwan) na habitación.

actividades
1.

“ “
Le atentamente o seguinte texto:
Hai poucos anos no Bierzo os fruticultores déronse conta de que no Continente de Ponferrada non vendían unha
soa froita do Bierzo, que case todo era francés, así que foron alí e dixéronlle ao xerente que tirirí, que ou vendía mazás,
peras e outros productos hortofrutícolas locais ou o boicoteaban. Continente, claro, achantou. Os labregos bercianos
demostraron que tiñan forza, pero o Continente consolidouse como o máis poderoso da comarca, pois quizais só se
reivindique diante do poderoso.
Lonxe do Bierzo, en Francia, outros agricultores decidiron berrar ben forte e dicir que todos os pobos teñen dere-
ito a se alimentar a si mesmos, viron que a uniformidade os negaba e decidiron defender a súa identidade. Por iso
asaltaron un MacDonalds. Eles veno vir.
Revista Animal +, nº 8, inverno 2000

2. Define coa axuda dun dicionario ou enciclopedia as seguintes palabras dos textos
anteriores:

Globalización;
Multinacional;
Boicotear;
Reivindicar;
Uniformidade;

3. Inventade eslogans que animen aos consumidores a comprar produtos propios de Galiza.

4.
Analisade a seguinte gráfica da pro-
dución leiteira en Galiza no ano 2003:

5.
9
Busca en Internet que marcas se
corresponden con cada grupo e
identifica a súa nacionalidade (galega,
francesa, española, holandesa, suiza,
norteamericana, danesa,...)
xúntase a fame ...
O mércores na aula mareouse María, a rapaza que senta diante miña. Parece ser que
non almorzara nada. Está fraca como unha palliña, mais seica quere adelgazar. Cando
vexo cousas así, sempre penso no mal repartido que está o mundo: nos países ricos viven
un montón de gordos querendo adelgazar. Claro, temos desde nenos tantas larpeiradas
para comer e ademais todo iso que chaman comida rápida (hamburguesas, pizzas...).
Porén, nos países do 3º mundo a xente pasa fames terribles, e nos anuncios da tele saen
todos eses nenos coas barrigas hinchadas pola fame. Por iso digo que neste Planeta xún-
tase a fame coas ganas de comer.

actividades
1. Analisa este mapa do mundo e busca aqueles países que tiveron fames nas últimas
décadas e aqueles que teñen unha porcentaxe de xente máis obesa. Quita conclusións.

1 2. Anota 20 palabras que che suxira a fame e empregáas para escribir unha carta aos
gobernantes do mundo para que tomen medidas que poñan fin a este problema.

0
a vaquiña polo que vale
Esta fin de
semana é
especial,
rapaces,
vou saír
p o r
Lugo.
Iso si,
antes de mar-
char tiven que pelexar con
miña nai como sempre. ¡Ela pretende que saia con 20 miserables euros! Eu expliqueille
todo con rotundidade: "Mamá, poñamos que imos ao cine, a entrada case me custa 6
euros; se levamos algunhas larpeiradas para comer mentres vemos a peli, gasto outros 3
euros. Xa case vai a metade, sen contar o bus e aínda non merendamos." Mais ela nunca
queda calada: "¿Sabes cantos litros de leite temos que vender para poder darche a ti os
20 euros?". "Sei , aínda fun o outro día cos pais de Xaquín ao súper, e valía cada cartón
70 céntimos; así que tes que vender uns 30 litros". "Ti es parvo, dixo ela, nós non a
vendemos a ese prezo, hai que transportala, hai que pagar impostos, o súper tamén quere
beneficios...". Eu mantívenme firme e marchei cos 20 euros para Lugo.

actividades
1. Imos facer un traballo telefónico, ¿qué vos parece? Tentaremos averiguar como chega
un alimento ao supermercado desde que se produce. Tamén procuraremos saber cal
é a diferencia de prezo entre o que se lle paga ao agricultor e o prezo que paga o consum-
idor. Buscade nunha guía telefónica o teléfono de cadeas de alimentación, sindicatos de
agricultores, cooperativas, etc. Antes de nada, teredes que preparar as preguntas.

2. Neste exercicio tedes que buscar canto valen os seguintes produtos:

1 kg de tomates
1 xelado de cucurucho
1 crema corporal hidratante de medio l.
1 lapis

3. A seguir tedes que ordenar os produtos do anterior exercicio de maior a menor


prezo e xustificar con 10 razóns por que ten cada un ese valor.

4. Finalmente, ponlles ti o prezo que consideras debería ter cada un e xustifica o porqué. 1
1
coa saúde non se xoga
Estiven pasando uns días na casa do meu amigo
Xaquín. O martes á tarde fun cos seus pais ao superme-
rcado. O seu pai estaba metendo unha caixa de cartóns de
leite no carro cando lle preguntei por que compraba esa
marca en concreto. "Porque me parece que é o máis nat -
ural", díxome Raúl, que así se chamaba o pai do Xaquín. E a
seguir ensinoume a etiqueta que viña en cada envase. Eu fiquei pampo,
traía absolutamente todos os datos sobre o leite envasado, ¡mesmo en que granxas se com-
praba en orixe e con que tipo de alimento se criaba o gando! "A min preocúpame aforrar
no que compro, dixo Raúl, mais tamén a saúde, e por iso ten moita importancia saber o que
comemos. Por iso compro sempre produtos de temporada e, por suposto, nada de tran-
sxénicos". Eu xa non lle facía caso ao que dicía, só pensaba en se o nome da granxa de
meu pai, "A breixa", aparecería nalgunha etiqueta do leite.

actividades
1. Recollede etiquetas de diferentes produtos de alimentación e comprobade se con-
teñen os seguintes datos que estipula o Real Decreto (1334 do 31 de xullo de 1999)
sobre etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios:

Nome do produto.
Lista de ingredientes e aditivos.
Cantidade de determinados ingredientes.
No caso das bebidas cando o seu contido alcólico sexa superior ao 1´2% en vo-
lume debe figurar na etiqueta.
A cantidade neta do produto.
A data de caducidade ou de duración mínima.
Condicións especiais de conservación e utilización.
Modo de emprego (cando sexa necesario).
Identificación da empresa e domicilio.
O lote.
Lugar de orixe ou procedencia.

2. Collede etiquetas dun mesmo produto (iogur, queixo, leite...) e comparade o seu
contido.

3. Localizade, identificade e clasificade os diversos aditivos que aparecen nas etique-


tas. A seguir elaborade varios murais coas categorías dos aditivos alimentarios: col -
orantes, emulxentes, edulcorantes, etc.

1 4. Buscade nunha enciclopedia información sobre dous conceptos:

2
Trazabilidade:
Transxénicos:
a saúde do planeta
Despois de xantar sempre vexo na televisión Os Simpson; gústame moito o personaxe
de Lisa, tan preocupada ela polos temas ecolóxicos. Ás veces acompáñame meu pai e
comentamos algo dos debuxos. El discrepa con Lisa, pensa que nunca houbo tanta pre-
ocupación pola terra: "agora xa non se pode tirar nada no campo nin nos ríos, cada vez
utilízanse pesticidas que contaminan menos, hai depuradoras en case todos os sitios,
repóboanse os bosques...". Cando di iso último é cando me encendo, "si, como fixeches
ti plantando eucaliptos". E entón é cando me sae co discursiño ese de que algún día os
eucaliptos pagarán os meus estudos na Universidade. Pero se eu o que quero é ser gan-
deiro, e como todos se dediquen a plantar eucaliptos, ¿onde vai pacer o meu gando?

actividades
1. Imos facer un mural de graffitis desexándolle boa saúde ao noso Planeta:
engadídelle un cada un. ¿Que vos parecen estes?:

2. Ponlles o pé texto que consideres axeitado ás seguintes bandas deseñadas ou


enche os globos baleiros:

1
3
a agricultura galega
Eu teño fama de tímido entre os meus amigos e de que penso moito as cousas, pero
é que ás veces ocorren feitos que nos fan reflexionar. Tiven un pequeno encontrona-
zo con Miguel, un cativo da miña clase e non se lle ocorreu outra cousa para faltarme
que chamarme aldeán, e cando lle dixen que a moito orgullo vai e replícame que ulo
a bosta de vaca. Eu é que teño moita educación, pero púxome dun xenio, que
porque... Non, non pensedes que estou ofendido polo que me dixo, o que máis me
amola é que aínda haxa xente que pensa que me insulta por me chamar aldeán ou gan-
deiro. ¿É ou non é para pensar?

actividades
1. A literatura popular galega foi pasando de xeración en xeración, conservada funda-
mentalmente polos labreg@s e mariñeir@s. Xoguemos un pouco con ela:
a ) Resolve estas adiviñas:
Dúas torres altas, O Lico-lico,
dous miradores, non ten óso nin pelico;
un espantamoscas Solución: e a nai do Lico-lico, Solución:
e catro andadores. ten ósos e mais pelico.

b ) Une a primeira parte de cada refrán co seu correspondente:


A vaca é ouro... ...peido no rabo
Leite mazado... ...non fai queixo nin manteiga
Uvas con queixo... ...o porco tesouro
O que non moxe marela... ...ben muxida e mal mantida
Vaca de moitos... ...saben a beixo

c ) Explica o que queren dicir os seguintes ditos e escribe un diálogo en que os empregues:
Ter as vacas no millo

As cabras sempre tiran ao monte

Ovella que berra bocado que perde

Ser máis carneirán que os carneiros

2.


Lede atentamente o fragmento do relato "Unha vida" de Agustín Fernández Paz:

1

¿E dis que aquí os nenos falaban castelán? A Rosalía contesteille que si, pero non sei por que lle mentín,
xa que non era verdade. Falábano comigo, pero logo, cando xogaban no recreo, o que máis se lles escoitaba era
galego. Que habían falar, a maioría eran fillos de familias que viñeran a traballar na Citroën. Foi naqueles anos

4 3.
cando as aldeas de Ourense quedaron medias despoboadas, de tanta xente como veu traballar aquí.

Organizade un debate no que se cuestione a identificación da lingua galega co rural.


un lugar para vivir
Se hai un tipo de xente ao que non soporto son os rapaces e rapazas que eu chamo
"asfálticos". Naceron e criáronse nas cidades, moitos deles son fillos ou netos de xente
do campo, e cando vai chegar a fin de semana din frases tan coñecidas como "me voy pa
la paila", ou ben, "no puedo salir que voy con los viejos a la ghaña". Unha destas é a miña
compañeira de clase Paula Díaz que para se meter comigo esta mañá díxome "Pero si tú
eres de la argolla". Sinto tanta pena cando vexo os poucos mozos e mozas que vivimos no
campo. Na miña parroquia a xente é cada vez máis maior e, a verdade, excepto nas fes-
tas é moi difícil que aquilo se encha de vida. ¿E se enchemos isto de "asfálticos"? Mañá
mesmo invito a Paula á miña casa, poida que se lle cure a ignorancia.

actividades
1.

“ “
Lede con atención o seguinte texto:
non é o mesmo, pero eu recordaba cando o meu pai me levaba da man e me daba a probar o anís que nacía entre
as silvas. Vai para vinte anos que viñen vivir á cidade. Eu fixera soldador e saíume curre nun taller de chapa
botei noiva, ela traballa no Aldi de caixeira a media xornada. Tivemos unha filla hai seis anos. Chámase Escarcha
a semana pasada o seu colexio levouna de excursión ó campo
firmei o permiso imaxinando que o facía coas mans do meu pai, as súas mansque recendían a mazá e me daban a
chuchar o anís
cando voltou pregunteille o que vira:
- un norit branquiño, coma o da caixa de lavar de mamá
Jaureguizar, Fridom spik
a ) ¿Cal é o tema que trata o texto?

b ) ¿Coñecedes algunha anécdota similar? Se é así contádea na aula

c ) Poñédevos por grupos e anotade 10 cousas que espera encontrar a xente que marcha do campo
á cidade. Facede unha posta en común para ver cales son as que máis se repiten. Realizade o
mesmo proceso co que espera obter quen marcha da cidade a vivir e traballar no campo.

2. Interpreta esta banda deseñada de Xaquín Marín

1
5
¿que é ser moderno?
Hai compañeiros que pensan que a modernidade aínda non chegou ao campo. Tal
vez pensen que ser moderno é ter unha televisión na habitación, ou un hipermercado
preto da casa, ou andar con roupa de marca. Pouco a pouco esas cousas tamén están
chegando ao campo, a pesar de que se nos vaia a luz frecuentemente, ou que os telé-
fonos que nos puxeran non nos vallan para acceder a Internet. A miña nai non está moi
pola "modernidade"; di que cade vez que falan de modernizar algo no campo o que nos
queren dicir é que sobran moitos labregos, iso si, despois de gastarmos un montón de
cartos en maquinaria para aumentar a produción e pagar despois por producir de mais.
¿Alguén entende isto?

actividades
1.


Lede atentamente o seguinte poema de Carlos Negro:

puxeron farolas nos lugares da parroquia


asfaltaron a pista e xa teñen o teléfono
pero sen xente o mundo non val un peso triste
e o teléfono é un can doente con cheiro a frío


maría ten oitenta anos só é unha pantasma
reza o rosario e non dorme nunca polas noites
cuando amanezca, será ya siempre invierno
nubes mudas sobre nichos vivos de silencio

a ) Facede unha lista con 10 elementos que simbolicen a modernidade para vós:

b ) A seguir, realizade un plaxio do poema de Carlos Negro, no que aparezan eses 10 elementos.

c ) ¿Cantos deses 10 elementos son fáciles de encontrar no lugar onde vives? ¿Consideras
que é un lugar moderno?

2. Analisa a gráfica que aparece a continuación en relación coa evolución da


poboación no campo galego dedicada ao traballo agrícola e gandeiro:

1
6
temos futuro no campo
A miña prima Sara acaba de rematar 4º de ESO e non sabe moi ben que facer o próx-
imo ano, se seguir o Bacharelato ou coller un ciclo formativo. Estivo co tío Suso na casa
e mostrounos un folleto coas posibilidades que tiña. Eu fiquei pampo, non pensaba que
houbese tantos ciclos e carreiras relacionadas co traballo no campo, ¡e iso que non esta -
ban todas! Ela teno moi claro e iso que meu pai lle dicía que era mellor que fixese outra
cousa, que o futuro no campo era moi negro. Ela, a pesar de ser tan nova, replicoulle
contundente: Mira, tío, eu non quero vivir co cheirume e o ruído das cidades, traballar
encerrada nunha oficina deixándome os ollos na pantalla do ordenador e aínda por riba
cun contrato de merda. ¡Que aquí tampouco o terei fácil, xa o sei! ¿E quen o ten fácil?

actividades
1. Mostra de estudos que se poden facer en relación co sector lácteo

ESTUDOS E CENTROS RELACIONADOS CO SECTOR LÁCTEO


Ciclos profesionais:
Centros de Capacitación Agraria (CECA) dependentes da Subdirección Xeral de Extensión
e Ca-pacitación Agraria, impártense distintas especialidades agrarias:
Guísamo (Bergondo, A Coruña): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas.
Sergude (Boqueixón, A Coruña): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas extensivas.
Monforte (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas e Explotacións Agrícolas
extensivas.
“Pedro Murais”, Ribadeo (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrarias extensivas.
IES Castro de Rei (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas extensivas.
IES “Poeta Manuel Leiras Pulpeiro”, Lugo: Ciclo Superior de Industria Alimentaria.
IES “A Granxa”, Ponteareas (Pontevedra): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas.

Especialidades universitarias.
Ciencias e tecnoloxía dos alimentos: Lugo e Ourense (2º ciclo).
Enxeñeiro agrónomo: Lugo (1º e 2º ciclo).
Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialista en Explotacións Agro-
pecuarias: Lugo (1º ciclo).
Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialista en Industrias Agrarias e Alimentarias: Lugo e
Ourense (1º ciclo).
Licenciado en Veterinaria: Lugo (1º e 2º ciclo).
Licenciado en Ciencias e tecnoloxía dos alimentos: Lugo e Ourense (2º ciclo).

“ “
2.
Despois de traballarmos nesta unidade didáctica , escribe unha redacción
co seguinte título:

¿Gustaríame traballar no campo de maior?

1
7
prensa agraria
Esta semana é a "Semana da prensa" e a titora pediunos que levásemos á escola algún xor-
nal dos que lemos habitualmente na casa. Meu pai ten costume de comprar o periódico só na
fin de semana, el sempre di que "total a penas traen noticias sobre o campo, se eles poden pre-
scindir de nós, eu tamén deles". Iso si ten unha chea de revistas especializadas en agricultura
e gandería, de organizacións sindicais, de cooperativas, de asociacións profesionais...: Fouce,
La Tierra, Afriga, Xóvenes Agricultores, Feiraco,... Mesmo ten revistas e xornais de informa-
ción xeral que lle adicaron algún número ao agro: Tempos Novos, especiais do semanario A Nosa
Terra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego,.... Estaba seguro que os meus com-
pañeiros levarían prensa deportiva na súa maioría, así que eu ía ser do máis orixinal.

actividades
1. Busca en diferentes xornais os espazos e os días que se dedican a informar sobre a
agricultura e a gandería. Copiade os titulares de toda a semana e buscade cales son
os temas que máis lles interesan.

1 2. Analisar os nomes de diferentes xornais agrarios

6
Edita: Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Cámara Agraria Provincial

Ilustracións: Carlos Silvar.


Maquetación: Chus Freire.
Autor: Anxo Gómez Sánchez

ISBN: 84-89679-73-8
Depósito Legal: C-2187 / 2004
Cámara Agraria
Provincial de Lugo