3.

Formación de unidades léxicas

1. Vías de arrequentamento do léxico As unidades léxicas son clases abertas el, polo tanto, sometidas a cambios, que poden ser de dous tipos: 1) Desaparición de unidades ou acepcións. Exemplo: desaparición de léxico
vinculado a actividades agrarias e gandeiras, que teñen un menor peso na sociedade na actualidade.

2) Incorporación de novas unidades ou acepcións: a) Pola vía do préstamo: interno ou externo, utilitario ou suntuario, etc. (tema 4). b) Xeradas na propia lingua:  Procesos morfolóxicos (os máis rendibles): combinación de entidades morfolóxicas dentro do marco da palabra.  Procesos non (só) morfolóxicos:  Acronimia, combinación, etc. Exemplos:
Fonemas e/ou sílabas iniciais e/ou finais de palabras existentes: UXA, USC, Frente Polisario.  Palabras maleta ou percha: transistor < tranfer + resistor.  Onomatopeas. Exemplo: tintear.  Invencións. Exemplo: gas (forma inventada no s. XVII).


 Lexicalización de sintagmas: é máis rendible, xa que son sintagmas que funcionan coma unha unidade lexicalizada e que tamén poderían funcionar coma un sintagma libre, pero con significado diferente.
Exemplos: cabalo do demo, caixa negra.

 Datos:

1
E. Gestido de la Torre & X. M. Gómez Clemente: Neoloxía, neoloxismos e dicionarios, en M. Álvarez de la Granja & E. González Seoane: A estandarización do léxico, p. 479

1

Cómpre sinalar que o método empregado, baseado nun corpus de prensa, non é moi válido para a localización de neoloxismos semánticos, polo que os datos dados poden non correponderse coa realidade. 1 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

1) Importancia dos procesos de afixación nos neoloxismos formais. 2) Importancia dos préstamos (case ¼ dos neoloxismos) e, en especial, dos non adaptados. 2. Morfoloxía léxica e morfoloxía flexiva 2.1. A flexión e a derivación A morfoloxía léxica (ou procesos morfolóxicos de formación de palabras) refírese a todos aqueles procesos que dan lugar á formación dunha nova palabra operando con palabras ou morfemas previamente existentes na lingua. Con todo, intuitivamente sabemos que con estes procedementos podemos obter unidades de dous tipos:
claro > claridade vs. neno > nenos

a) Proceso derivativo: o resultado é unha palabra diferente da palabra base, con outro contido semántico. b) Proceso flexional: o resultado é a mesma palabra léxica cunha forma flexiva diferente. 2.1.1. Derivación e flexión
flexión 1. Crea formas dun mesmo 1. Crea novos lexemas lexema 2. Produtividade variable 2. Máxima produtividade 3. Pode producir 3. Non produce transcategorizacións transcategorizacións 4. Posición na estrutura da 4. Posición na estrutura da palabra palabra 5. Menor regularidade semántica 5. Menor regularidade semántica 6. Non esixidos pola estrutura 6. Esixidos pola estrutura sintáctica sintáctica 7. Son substituíbles 7. Son insubstituíbles derivación

1) Creación de novos lexemas: a) Derivación: novas unidades léxicas. b) Flexión: en principio non crea novos lexemas, pero hai casos non prototípicos nos que isto podería ocorrer (cesto > cesta, zapato > zapata, farol > farola, lente > lentes). 2) Produtividade (medible, somenténdoa ao xuízo de falantes non especializados): a) Derivación: diferentes graos de produtividade. Parece que, a priori, cómpre termos memorizadas todas as formas derivadas, aínda que tamén existen formas derivadas cun significado regular que somos quen de entender (entrar > entrada ‘acción de entrar’), pero non se a acepción non é predicible (entrada ‘lugar’).

2

Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

b) Flexión: máxima, xa que son obrigatorios. Non memorizamos todas as formas flexivas, senón que asociamos as formas a un paradigma, de xeito que somos capaces, por exemplo, de conxugar verbos que non coñecemos. 3) Transcategorizacións: capacidade para xerar unidades dunha clase diferente ás da palabra base. 4) Posición na estrutura da palabra: a) Derivación: é máis interna (raíz + afixo derivativo). b) Flexión: é máis externa (raíz + afixo derivativo + afixo flexivo) 5) Regularidade semántica: a) Derivación: menor, xa que existe a posibilidade de irregularidade semántica mesmo desde a orixe. b) Flexión: máxima. 6) Morfemas e estrutura sintáctica: a) Derivación: non esixidos pola estrutura sintáctica. b) Flexión: esixidos pola estrutura sintáctica (por exemplo, concordancia nos adxectivos). 7) Posibilidade de substitución: a) Derivación: xeralmente pódense substituír por paráfrases. Exemplo: caramelizar > converten en caramelo. b) Flexión: a súa substitución é máis difícil. 2.2. Afixación apreciativa 2.2.1. Definición 1) É un proceso morfolóxico empregado para: a) Ponderar a presenza ou intensidade dunha propiedade. b) Valorar cualitativemente unha realidade. c) Achegar un valor expresivo de carácter afectivo (moi frecuente).
Exemplos:

a miña casiña: avaliación cuantitativa (‘casa pequena’) e/ou cualitativa (‘postiva’) e valor expresivo afectivo mesaza: avalización cuantitativa (‘mesa grande’) ou cualitativa (‘mesa de boa calidade’)

2) Abrangue varios tipos de sufixos, que adoitan aparecer amalgamados: a) Diminutivos. b) Aumentativos. c) Pexnorativos. d) Superlativos.
Exemplo:

regacho: avaliación cuantitativa (‘rego pequeno) e cualitativa (‘negativa’)

3) Trátase dun caso non prototípico, que non se pode inserir de xeito doado na flexión ou na derivación.
3 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

2.2.2. A afixación apreciativa e a flexión e a derivación
Derivación ou flexión: 1. Crea novas unidades léxicas? 2. Elevada produtividade 3. Non producen transcategorizacións 4. Posición na estrutura da palabra 5. Irregularidades semánticas 6. Non esixidos pola estrutura sintáctica 7. Son substituíbles 8. (Algúns) poden combinarse con bases de diferentes clases de palabras

1) Creación de novas unidades léxicas: por regra xeral, sufixos coma –iño non crean novas unidades, pero existen excepcións coma noitiña. 2) Produtividade alta: aproxima –iño aos morfemas flexivos. Con todo, hai diferenzas moi grandes en canto á produtividade, xa que mentres que –iño é moi produtivo, outros aparecen só en palabras plenamente lexicalizadas: a) –igo: raparigo. b) –astro: poetastro e politicastro. 3) Transcategorizacións: con –iño non só se mantén a mesma categoría, senón tamén outras propiedades da palabra: a) Fonolóxicas: timbre das vogais. Exemplo: frro > frriño.
b) Morfolóxicas: xénero en unidades rematadas en –e. Exemplos: ponte > pontiña,
monte > montiño.

4) Posición na estrutura da palabra: están na fronteira, xa que se sitúan entre os derivativos e os flexivos. Exemplo: carballeiriña. 5) Irregularidades semánticas. 6) Non esixidos pola estrutura sintáctica: é un trazo que os aproxima aos derivativos. 7) Posibilidade de substitución: é un trazo que tamén os aproxima aos derivativos. 8) Posibilidade de combinárense con base de diferentes clases de palabras: a) É unha característica particular que rompe a hipótese da base única formulada dentro do marco da gramática xenerativa. Segundo esta hipótese un sufixo selecciona só unha clase de palabras, ou dúas afíns (substantivo e adxectivo, adxectivo e verbo), pero isto non acontece con –iño:  Substantivos: casiña.  Adxectivos: bonitiño.  Indefinidos: pouquiño.  Identificadores: mesmiño.
4 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

 

Adverbios: cerquiña. Verbos, cos que xeralmente engade, amais da noción apreciativa, unha noción aspectual de iteración: chuviñar, choviscar, cuspiñar...

3. Conceptos básicos de morfoloxía léxica 3.1. Regularidade, produtividade e estruturación xerárquica 1) Obxectivos da morfoloxía léxica: a) Descubrir cales son as regras que presiden os procesos morfolóxicos de formación de palabras e que permiten explicar:  Como se formaron as palabras existentes.  Como se forman as palabras novas. b) Determinar cales son os constituíntes das palabras complexas e cal é a súa estrutura xerárquica. 2) Concepto de produtividade: a) Perspectiva diacrónica: pode identificarse coa frecuencia. b) Perspectiva sincrónica: a frecuencia pode ser un indicador produtividade, pero non sempre, xa que en termos sincrónicos produtividade defínese coma a potencialidade xenerativa, dispoñibilidade. Exemplo: a 1ª conxugación é produtiva para a creación

da a a

de verbos novos (potencialidade xenerativa) pero, por outra banda son moi frecuentes os verbos rematados en -ec(e)r, un sufixo que foi produtivo pero xa non o é, porque non é posible crear verbos novos con el.

3) Palabras reais, potenciais e imposibles: a) Palabras reais ('actual words'): palabras realmente existentes na lingua. b) Palabras potenciais ('potential words'): palabras non existentes pero que poderían ser creadas (biorrexenerador, compostelanizar). Mediante este tipo de palabras podemos medir a produtividade dun determinado recurso para a creación de novas palabras. c) Palbras imposibles ('non words'): palabras inexistentes que non poderían ser creadas (envellececión, atrocez). 3.2. Unidade da análise morfolóxica 1) Raíces ou morfemas radicais: a) Son aqueles segmentos que se poden inserir nunha estrutura sintáctica directamente ou aplicándolles só afixos flexivos ou vogais temáticas.
Exemplo: |bebe| > bebo.

b) As raíces cultas (ou raíces de palabras inexistentes):  Participan das características das raíces pero presentan algunhas diferenzas, xa que non abonda con aplicarlles afixos flexivos para inserilas no discurso, senón que necesitan:  Combinarse con outra raíz culta (filólogo).  Combinarse cun afixo derivativo (hípica).  Combinarse con outra unidade léxica (neuropsiquiatría).

5

Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas



Presentan diferenzas respecto dos afixos:  Non se apoian necesariamente nunha raíz.  Presentan unha certa liberdade posicional (anglófilo pero filólogo, helicóptero pero pterodáctilo).  O seu significado está máis próximo ao das raíces, xa que non presentan tanta variedade semántica (ptero 'á', filo 'amigo').

Cómpre anotar que tamén hai familias léxicas nas que as raíces cultas e as patrimoniais son complementarias (nadar, natación; leite, lácteo, etc.). 2) Afixos derivativos (ver artigo de Pena): a) Prefixos. b) Sufixos. c) Interfixos. d) Circunfixos. 3.3. Raíz, tema e base 1) Base: palabra(s) que precede unha palabra complexa inmediatamente na cadea de formación. Exemplo: clasificar > inclasificable. 2) Raíz: segmento que permanece constante na familia léxica e que porta o significado léxico común aos seus membros. Exemplos: [[clar-] -idade],
[[clar-] -ificar], [a-[clar-]-ar].

3) Tema: segmento que permanece constante ao longo da flexión. 3.4. Regras de formación de palabras
DICIONARIO BASE


RFP


DICIONARIO DE PALABRAS OU LEXICÓN

No dicionario base atópanse os constituíntes morfolóxicos (raíces, afixos, etc), que mediante a súa combinación coas regras de formación de palabras dan como resultado palabras complexas, que integran o lexicón. Á súa vez estas palabras son a materia prima para a formación doutras palabras novas. As regras de formación de palabras: 1) Indican a combinación dos elementos do dicionario base e/ou do lexicón para a xeración de palabras ben formadas (recoñecidas como posibles polos falantes). O que permite bloquear tamén a produción de unidades mal formadas. 2) Permiten analizar e interpretar as palabras non coñecidas. Exemplos:
se o significado de biorrexenerador é regular, os falantes pódeno deducir aínda que nunca escoitaran o termo. Así, en descubrir só é regular a acepción de 'amosar algo que estaba cuberto', pero non a de 'encontrar algo por primeira vez'.
6 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

3) Deben especificar: a) O significado regular do educto (resultado do proceso de formación).
Exemplo: -mento crea substantivos de acción; -dor dá lugar a axentes; -doiro crea substantivos de lugar, etc.

b) A clase de palabras da base. Exemplo: -mento expándese sobre bases verbais,
igual ca -doiro, pero -idade expándese sobre bases adxectivas.

c) A clase de palabras do educto. d) Os procesos morfolóxicos que operan en cada caso (afixación, sufixación, etc.). e) Os condicionamentos positivos ou negativos (restricións) que afectan ás bases:  Semánticos. Exemplos:  VICE- ('que pode substituír a') só se expande sobre substantivos que signifiquen cargo (vicerreitor, vicecónsul, vicepresidente).  -IDO só se expande sobre verbos2 que indiquen produción de son (bramido, ladrido, estoupido).


Fonolóxicos. Exemplos:  -IDADE non se expande sobre palabras rematadas en -ido (húmido > *humididade, líquido > *liquididade/ liquidez, sólido > *solididade / solidez).  -EZ non se expande sobre formas rematas en -az, -oz, -iz (*atrocez, *felicez, *ferocez, *sagacez). Morfolóxicos. Exemplos:  -EZ exclúe substantivos derivados en -oso (*perigosez), pero non todas as palabras rematadas en -oso (sosez).  -CIÓN expándese sobre verbos rematados en -izar e -ificar creando substantivos de acción. Este é un casos de potenciación máxima, xa que é un sufixo moi sensible á composición morfolóxica das bases, o que nos permite predicir que vai ser practicamente sempre o que interveña na creación deste tipo de substantivos a partir destas bases. Sintácticos. Exemplos:  -BLE/-BEL forman adxectivo a partir de bases verbais co significado potencial pasivo ('que pode ser + participio'), polo que os verbos sobre os que se expanden teñen que ser necesariamente transitivos.





4) Regras de reaxustamentos no educto: a) Regras de incrustamento: moitos afixos ao engadirse borran un sufixo da base, normalmente o último. Exemplos: informático > informatizar; poético >
poetizar; hermético > hermetizar.

2

No caso de verbos da 2ª e 3ª conxugacións non é posible saber se se trata do sufixo -ido ou -do en moitos casos, debido á neutralización da vogal temática. Exemplos: acoller > acollida, acollemento; varrer > varrido, varredura. 7 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

b) Regras de alomorfía:  No afixo. Exemplos:  -AL (xeral) /-AR (bases rematadas en [l]): intestinal, sacerdotal, zonal vs. escolar, consular, exemplar, espectacular.  -IN (xeral) /-I (bases rematadas en líquida): imposible, inútil, intratable, igrato vs. ilegal, irregular, irremisible, iletrado


Na base. Exemplos: potable, amable, sensible > potabilizar, amabilizar, sensibilizar.

c) Regras de elisión de vogal átona final. Exemplos: casa > caseiro, clase >
clasificar vs. café > cafetería.

4. Procesos morfolóxicos de formación de palabras 4.1. Procesos e regras 1) Procesos ≠ regras: as RFP deben incluír necesariamente información sobre o(s) proceso(s) que interveñen en cada caso, pero ademais conteñen outro tipo de información necesaria para que o resultado sexa aceptable (categroía das bases, características fonolóxicas, morfolóxicas, etc. das bases, significado regular...). Así, unha mesma RFP pódese concretar na actuación de procesos diferentes. Exemplo: RFP Axente en galego: [X]v + -dor → [Y]s [X]v + -nte → [Y]s
'persoa que realiza a acción indicada polo verbo' (varrer → varredor)

Proceso 1: derivación mediante sufixación Proceso 2: composición

'persoa que realiza a acción que indica o verbo con/sobre o que indica o [X]v + [Y]s → [Z]s substantivo'(limpachemineas, limpacristais, lavacoches) Dous procesos nunha mesma RFP.

4.2. Derivación 4.2.1. Procesos morfolóxicos derivativos 3
afixación composición
TIPOS DE PROCESOS CONVERSIÓN SUBSTITUCIÓN ADICIÓN DA VT SUBTRACCIÓN
Procesos derivativos Procesos compositivos

ADICIÓN

prefixación sufixación circunfixación

3

Tradicionalmente a derivación só se refire á afixación, pero imos considerar tamén a conversión, substitución, adición da VT coma un proceso derivativo, opoñendo así derivación e composición. 8 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

1) Adición: a) A base increméntase con sufixos (derivación) ou outra (composición), de xeito que o tema do educto é maior có da base. b) Normalmente non se produce cambio de clase de palabras.

base

2) Conversión, substitución, adición da VT: a) É a operación mínima que cómpre realizar para readscribir a base a unha nova clase de palabras. Por exemplo, a asignación dunha VT para crear un verbo. b) O normal é que se produza cambio de clase de palabras, pero isto non acontece sempre, como é o caso dos substantivos abundanciais (seixo → seixal 'lugar onde abundan os seixos'). 3) Subtracción: é un proceso que cómpre recoñecer desde unha perspectiva diacrónica, pero que a nivel sincrónico son interpretados polos falantes como casos de derivación. Exemplos: a) Lexislador: na interpretación sincrónica os falantes vinculan lexislador cos numerosos derivados verbais que presentan o sufixo -dor, polo que é interpretado coma un caso de derivación, pero desde o punto de vista diacrónico trátase dunha subtracción4.
Interpretación sincrónica: lexislar → lexislador Análise diacrónica: lexislador (<LEGIS LATOR) → lexislar

4.2.2. Derivación inmediata e derivación regresiva

1) Derivación regresiva ( v → subs acc.): formación de substantivos de acción a partir de verbos. 2) Derivación inmediata ( subs, adx → v): formación de verbos a partir de substantivos ou adxectivos. Exemplos:
alegre - alegrar lixa - lixar peche - pechar desconto - descontar sacha - sachar visión - visionar alegre → alegrar lixa → lixar pechar → peche descontar → desconto sacar → sacha visión → visionar

1. Se o substantivo designa unha entidade concreta, o normal é que sexa o verbo o derivado (lixa → lixar). 2. Se o substantivo designa unha entidade abstracta, o normal é que sexa deverbal (descontar → desconto). 3. Se cómpre empregar na paráfrase dun termo outro, estamos perante un indicio de que o derivado é o parafraseado (sacha 'acción de sachar', peche 'acción de pechar').
4

Trátase de interpretar como regular un caso que non o é. Algo semellante acontece en casos coma ver → visión → visionar ou arguír → argumento → argumentar, nos que se forma un segundo verbo a partir do substantivo deverbal, xa que xa se interpreta como moi afastado do verbo do que procede. 9 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

4.2.3. Afixación derivativa: diferenzas entre prefixación e sufixación
PREFIXACIÓN SUFIXACIÓN

transcategorización coincidencia formal con preposicións e adverbios proximidade semántica con preposicións e adverbios alomorfía nas bases alteración da estrutura acentual das bases bases pertencentes a clases diferentes

non si si non non si

si non non si si non

1) Transcategorizacións: a) Prefixación: en xeral non produce transcategorizacións, pero hai certas formacións prefixais nas que isto acontece, como son as creadas co prefixo anti- (droga → antidroga, carro → anticarro, idade → antiidade, corrupción → anticorrupción). Con todo, son exemplos marxinais que non anulan a tendencia xeral. b) Sufixación: produce transcategorizacións. 2) Coincidencia formal con preposicións e adverbios: a) Prefixación: existen prefixos que coinciden formalmente con preposicións e adverbios, como é o caso de contra-, sobre-, mal-, etc. b) Sufixación: non hai coincidencia formal con preposicións e adverbios. 3) Proximidade semántica con preposicións e adverbios: a) Prefixación: hai proximidade semántica con preposicións e adverbios naqueles prefixos que coinciden formalmente con estas clases de palabras, xa que expresan nocións coma 'posición no espazo', 'tempo', 'contrariedade', 'negación', etc. Mesmo preposicións e adverbios coma sen e non están comezando a funcionar como prefixos: sen teito, non aliñado. b) Sufixación: non hai proximidade semántica con preposicións e adverbios. 4) Alomorfía nas bases: a) Prefixación: normalmente non produce alomorfía nas bases. b) Sufixación: pode provocar alomorfía nas bases. 5) Alteración da estrutura acentual das bases: a) Prefixación: normalmente non produce alteración na estrutura acentual das bases. b) Sufixación: pode provocar alteracións na estrutura acentual das bases (sufixos tónicos e átonos). 6) Selección de bases pertencentes a clases diferentes: a) Prefixación: poden seleccionar bases pertencentes a clases diferentes. Exemplos:
antedesanteproxecto antepoñer subs. descarga adx. descortés v. descolgar
subs. v.

10

Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

Poden producirse diferenzas semánticas. Así, des- pode indicar 'negación' (descortés) ou 'reversión dun proceso' (descolgar). b) Sufixación: en xeral, non seleccionan bases pertencentes a clases diferentes.


*Algúns autores consideran a prefixación, por mor dalgunhas das características que explicamos, coma un modelo compositivo e non derivativo.

4.2.4. Parasíntese

1) Concepción tradicional: a gramática tradicional considera a parasíntese coma a composición e derivación simultáneas (botafumeiro), un proceso pouco rendible. 2) Terminoloxía: a) Parasíntese: os autores que empregan este termo consideran que se trata dun proceso no que interveñen tres elementos:  Elemento á esquerda do radical.  Raíz.  Elemento á dereita da raíz. b) Circunfixación: quen usa esta etiqueta adoita considerar que é un proceso no que interveñen dous elementos:  Elemento descontinuo.  Raíz. 3) Hipóteses explicativas: a) Adxunción simultánea dun prefixo e un sufixo, que contradí o principio da ramificación binaria (aceptado de xeito xeral na morfoloxía). b) Adxunción sucesiva dun sufixo e un prefixo, de xeito que un dos elos da cadea de formación se correspondería cunha palabra inexistente. Exemplo: triste → *tristecer → entristecer. c) Adxunción dun afixo descontinuo (circunfixo), unha hipótese que salva as obxeccións achegadas para as anteriores e que ademais explica que en ocasións non se lles poida achegar un significado diferente a cada un dos elementos. Con todo, hai casos nos que cada elemento parece ter cadanseu significado: des- *rat - izar5 (des- 'privativo', -iz-'causativo'). Exemplos:
terror → aterrorizar horror → horrorizar temor → atemorizar sombra → asombrar (afixo + adición de VT) mesmo significado regular (causativo) mediante dos procedementos diferentes.6 mesmo significado regular mediante dos procedementos

5 6

Ademais, neste caso non existe ratizar. Este é un dos argumentos fundamentais dos que defenden que se trata de afixos descontinuos. 11 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

sombra → ensombrecer (2 afixos)

diferentes.

4.3. Composición 4.3.1. Definición A composición supón a combinación de dúas bases léxicas, que poden ser: a) Simples. Exemplo: augardente. b) Simple + derivada. Exemplo: librepensador. c) Raíces cultas. Exemplo: filólogo. d) Simple + composta. Exemplo: limpapantallas. 4.3.2. Compostos léxicos e compostos sintagmáticos 4.3.2.1. Características 1) Compostos léxicos (propios ou ortográficos): a) Definición: a composición léxica é un proceso que produce novas palabras ao aplicarmos RFP, polo que o significado da palabra resultante é predicible. Exemplos:  tirarrollas: Vtrans + subs. que pode funcionar como CD = subs. cun significado predicible ('máquina/aparello que realiza a acción que indica o verbo base sobre o obxecto que designa o substantivo base').  paporrubio. b) Compostos léxicos prototípicos, que presentan as seguintes características:  Unidade fonolóxica:  Unha única sílaba tónica dominante ou principal.  En ocasións, elisión de fonemas nos lindes morfémicos. Exemplo:
noroeste


 En ocasións, interfixos interradicais. Exemplos: paticurto, rabilongo. Unidade morfolóxica:  Flexión semellante á das palabras non compostas, é dicir, que se produce sobre o conxunto do composto. Exemplos: paporrubio →
paporrubios (*paposrubios); xordomudo → xordomud@s (*xordasmudas, *xordosmudos).



Unidade gráfica (como consecuencia das anteriores).

c) Compostos léxicos imperfectos, que presentan algunha ou todas as seguintes características:  Ausencia de unidade gráfica (separación mediante espazos en branco ou guións).  Ausencia de unidade fonolóxica: cada compoñente mantén o seu acento.  Ausencia de unidade morfolóxica. Exemplos:  café concerto → cafés concerto.  Inestabilidade (indicio dunha lexicalización non consumada): marxistaleninista → marxistas-leninistas / marxista-leninistas.

 teórico-práctico → teórico-prácticos (máis lexicalizado có exemplo anterior).
12 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

2) Compostos sintagmáticos (impropios): a) A composición sintagmática é un proceso que dá como resultado sintagmas fixos construídos segundo regras sintagmáticas. Exemplo: libro de familia
(FN composta por un N e un Mod); porco teixo familia (FN composta por un N e un Mod).

b) O significado da palabra final non é transparente, xa que non resulta da suma dos significados dos constituíntes. Poderían ser sintagmas libres, pero o significado sería diferente. c) Non se poden introducir modificadores que actúen só sobre un dos constituíntes. Exemplos: libro de boa familia ou porco moi teixo son
construcións posibles, pero son sintagmas libres, non compostos sintagmáticos.

4.3.2.2. Casos fronteirizos e problemáticos 1) Compostos sintagmáticos → compostos léxicos: compostos léxicos que teñen a súa orixe en compostos sintagmáticos. Exemplos: a) garda civil → gardas civís / garda civís (proceso de lexicalización en avance). b) porco teixo → porco teixos (proceso de lexicalización consolidado). c) porco bravo → porcos bravos (lexicalización non consolidada). d) sapoconcho / sapo concho → sapoconchos / saposconchos. e) folla de lata / follalata (proceso de lexicalización en avance). 2) Nominalización de estruturas frasais: non son regulares nin son procedementos produtivas na formación de palabras. Exemplos: a) vichelocrego: Vconx + art. + subs. b) fervellasverzas. c) nonmeesquezas. 5. Procesos morfolóxicos e regras de formación de palabras en galego 5.1. Criterios de clasificación 1) Tipo de educto: substantivo, adxectivo, verbo. 2) Tipo de base: a) Derivados denominais. b) Derivados deadxectivais. c) Derivados deverbais. 3) Significado do educto (colectivo, axentivo, subs. de acción, v. causativo...). 5.2. Adxectivos obtidos por sufixación 1) Adxectivos deverbais: a) Pasivos ('que pode ser + verbo base'). Exemplos:
andadeiro 'que pode ser andado' facedeiro 'que pode ser feito' transportable 'que pode ser transportado' zumbado (resultado)

13

Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas



Potenciais. Exemplos:
transportable 'que se pode transportar' facerdeiro 'que se pode facer' andadeiro 'que se pode adar'



Paricipiais: correspóndense con usos adxectivos de participios verbais. Exemplos:
vendido 'que se vendeu'



Deónticos ('que debe ser + acción que indica o verbo base'): indican obriga. Exemplos:
aborrecible 'que debe ser aborredido' detestable 'que debe ser detestado'

b) Activos (paráfrase activa):  Puros: non achegan significados adicionais. Exemplos:
conmovedor 'que conmove' atacante 'que ataca'


Disposicionais: caracterizan a disposición a realizar a acción que indica o verbo base (acción habitual). Exemplos:
mandón 'que manda con frecuencia' mentirán/mentireiro 'que mente con frecuencia'



Potenciais. Exemplo:
móbil 'que se pode mover por si'

2) Adxectivos denominais: a) Relacionais ('de + substantivo base'): indican unha relación coa clase que designa o substantivo base. Exemplos:
pesqueiro 'relativo ou pertencente á pesca' familiar 'relativo ou pertencente á familia' (tamén pode ser caracterizador: 'que lle ten apego á familia')


Deonomásticos: son adxectivos relacionais que teñen como base nomes propios e que presentan características singulares (clases abertas, xentilicios [sufixos específicos para determinadas áreas xeográficas], etc). Exemplos:
rosaliano 'relativo ou pertencente Rosalía' compostelán 'relativo ou pertencente a Compostela' apego á familia')

14

Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

b) Caracterizadores: salientan un elemento considerándoo característico de a quen ou ao que se aplican. Poden realizar a caracterización de xeitos diferentes:  Posesión dunha característica. Exemplos:
dentado 'que ten dentes' flaxelado 'que ten flaxel'


Posesión dunha característica en exceso. Exemplos:
dentudo 'que ten moitos dentes' / 'que ten dentes grandes' / 'que ten dentes deformes' cabezudo 'que ten a cabeza grande'



Semellanza ao que indica a base. Exemplos:
antropoide 'que se parece ao home' novelesco 'propio da novela'



Disposicionais. Exemplos:
moceiro festeiro panceiro

3) Adxectivos deadxectivais: a) Aproximación. Exemplos:
grandeiro 'que tira a grande' pequeneiro 'que tira a pequeno'

b) Intensificación. Exemplo:
porcallán 'que é moi porco'

6. Outros procesos de formación de unidades léxicas 6.1. Procesos de formación de palabras (unidades monoverbais)
6.1.1. Procesos baseados na combinación ou eliminación de fonemas e/ou sílabas

1) Siglación: a) Definición: combinación do(s) fonema(s) iniciais das palabras que forman un sintagma. É moi frecuente para abreviar nomes de organizacións, institucións, etc. b) Préstamo e calco:  Importación de siglacións do inglés que se adaptan ao galego. Exemplos:  láser < Light Amplification by Stimulated Emission of Radiation  radar < RAdio Detection And Ranging.  sonar < SOund NAvigation and Ranging  Calco mediante a tradución do sintagma e a creación das siglas a partir do sintagma traducido. Exemplos:
15 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

 sida < Síndrome de InmunDeficiencia Adquirida < Acquired ImmunoDeficiency Dyndrome (aids).  ovni < obxecto voante non identificado < Unidentified Flying Object (ufo) c) Tipos de siglas:  Soletradas. Exemplo: USC.  Pronunciadas coma unha soa palabra. Algúns autores refírense a este tipo de siglas como acrónimos.  Casos mixtos, nos que se soletrea unha parte e a outra se le coma unha soa palabra. Exemplos: PSOE: 'pesoe' ou 'soe'. PIB: 'pib' ou 'peibé'. *Cómpre non confundir as siglas coas abreviaturas gráficas (Sr., EE.UU., etc.). 2) Acurtamento (clipping): a) Definición: consiste normalmente na selección das dúas sílabas iniciais dunha palabra para construír unha denominación abreviada da mesma (apócope), aínda que tamén se poden elidir as sílabas iniciais (cello < violoncello; Mucha < Carmucha). Cómpre subliñar que en principio non é un proceso morfolóxico, pero o acurtamento pode coincidir con lindes morfémicos. Exemplos:  foto < foto|grafía: o linde morfémico das dúas raíces cultas coincide co acurtamento.  bici < bi|cicleta: o linde morfémico non coincide co acurtamento.  moto < moto|cicleta. b) A palabra resultante non é unha palabra diferente da palabra base, xa que ten o mesmo significado, pero a expresión é máis económica. c) Orixe dos acurtamentos:  Linguaxe infantil (profe, cole).  Linguaxe xergal (anfeta).  Acurtamentos que se xeneralizaron (metro). d) As formas acurtadas son susceptibles de funcionar como bases de formacións ulteriores. Exemplos:  fotografía (foto = 'luz') → foto → fotonovela (foto = 'fotografía').  televisión (tele = 'a distancia') → telenovela, telefilm, televenda, telepredicador (tele = 'televisión'). 3) Acronimia (blend / palabras maleta / palabras percha / cruzamentos): consiste na formación dunha nova palabra a partir de dúas palabras que forman un sintagma. Normalmente selecciónanse as sílabas iniciais da primeira palabra e as finais da segunda. Exemplos: a) crediauto: neste caso o segundo termo coincide cunha palabra completa. b) tergal < poliéster galo. c) portuñol < portugués + español.
16 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

d) motel < motor + hotel ou motorists' hotel. e) autobús < automóbil ómnibus. 6.2. Procesos de formación de unidades léxicas pluriverbais As unidades léxicas pluriverbais non están plenamente lexicalizadas, polo que non son palabras aínda que presenten trazos que as aproximan a elas. Poden ser de dous tipos: 1) Compostos sintagmáticos (lexías complexas, sinapsias): son sintagmas creados de acordo con regras sintácticas, estruturas que se atopan nos sintagmas libres pero que equivalen funcionalmente a substantivos e que responden a esquemas de formación específicos e produtivos. Poden ser de dous tipos: a) Tipo 1: entre o composto e a clase designada polo núcleo prodúcese unha relación de hiponimia - hiperonimia, é dicir, os núcleos sitúan a clase e os modificadores introducen precisións de diferente tipo. Exemplos:  chave inglesa é un subtipo de chave.  piñeiro manso é un subtipo de piñeiro. b) Tipo 2: o núcleo ten un sentido figurado ou metafórico, mentres que o modificador achega información que indica que o núcleo non está usado en sentido recto. Exemplos:  dente de allo.  elefante mariño. 2) Locucións substantivas: resultan do uso figurado de sintagmas preexistentes. Exemplos: a) Ollo de boi. b) Cabalo do demo. c) Mosca morta.

 Caracteriza e clasifica as seguintes formacións:
FORMACIÓN CARACTERIZACIÓN E CLASIFICACIÓN

mosca morta cabalo de mar man esquerda saco de durmir gato montés zoo F.M. telenovela metro CCOO autoescola

locución substantiva composto sintagmático de tipo 2 locución substantiva composto sintagmático de tipo 2 composto sintagmático de tipo 1 acurtamento sigaleción soletrada acurtamento e formación ulterior (tele = 'televisión' ≠ 'a distancia') acurtamento abreviatura acurtamento e formación ulterior (auto = 'automóbil' ≠ 'propio, a si mesmo, por si mesmo')
17 Gramática galega II 2009/2010 USC

3. Formación de unidades léxicas

FORMACIÓN

CARACTERIZACIÓN E CLASIFICACIÓN

publirreportaxe fotómetro boi de parada ('semental') pata de cabra pauferro fotorreportaxe ollomol

combinación (2 sílabas + 1 palabra) dúas raíces cultas composto sintagmático de tipo 1 locución substantiva composto léxico acurtamento e formación ulterior (foto = 'fotografía' ≠ 'luz') composto léxico (N + Mod)

18

Gramática galega II 2009/2010 USC

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful