You are on page 1of 6

4.

Estandarización e planificación do léxico

1. Marxinalidade e contacto lingüístico. As súas repercusións sobre o


léxico
A perda de contacto con rexistros e funcións formais desde finais
da Idade Media ten importantes consecuencias, xa que este contacto non é
recuperado ata o s. XIX e parte do XX (de xeito limitado en canto aos tipos de
texto e cun retroceso no 2ª terzo do século). As principais consecuencias desta
situación son:
1) Inhibición dos mecanismos de creación e de renovación lexical e
terminolóxica:
a) A lingua non xera recursos que non necesita.
b) Cando o galego se enfronta a ámbitos nos que nunca antes estivera presente
constátase que ten carencias léxicas e terminolóxicas (de aí que algúns
xéneros literarios sexan menos cultivados en determinadas épocas).
2) Carencia dunha variedade supradialectal que sirva de elemento
aglutinante dos diferentes dialectos, o que dá lugar a unha tendencia cara á
disgregación dialectal, xa que non existe un estándar consolidado que:
a) Actúe como elemento aglutinante, coma unha variedade coa que os
falantes se identifiquen.
b) Teña unha función separadora respecto doutras variedades lingüísticas.
c) Sirva de referencia para a organización xerárquica das variedades:
 Por riba do estándar: lingua poética e literaria.
 Por debaixo do estándar: popular, coloquial, informal, dialectal...

3) Exposición á influencia lingüística do castelán, que se converte no


principal fornecedor de préstamos e influencias léxicas diversas.

1.1. O castelanismo léxico e semántico


1) Castelanismo e préstamo: o castelanismo é un préstamo, pero dáse nunha
situación na que o galego está en posición de inferioridade respecto do
castelán, polo que é menos tolerado ca outros.
2) Tipoloxía dos préstamos. Criterios:
a) Finalidade:
 Préstamos utilitarios ou de conveniencia:
 Introdúcense na lingua receptora para cubrir unha carencia
designativa (cast. *altavoz).
 Rexístranse sobre todo no léxico neolóxico, especialmente na
terminoloxía.
 Pódese dar unha reversión do proceso:
 Procedemento: creación e posta en circulación dunha solución
alternativa. É, polo tanto, un traballo de gabinete (ing. loud
speaker > altofalante).
 Préstamos suntuarios ou de luxo (abuelo, dios):
 Non se xustifican por carencias designativas.
 Desprazan a solución tradicional, que:
 Desaparece ou sobrevive marxinalmente (avó, abuelo).

1 Gramática galega II
2009/2010
USC
4. Estandarización e planificación do léxico

 Convive co préstamo (especialización funcional ou semántica)


(sartén, tixola; costela, costilla).
 Reversión do proceso: recuperación e promoción da solución
tradicional.

b) Procedemento formal:
 Importacións:
 Transferencia dun elemento léxico da lingua fonte á lingua
receptora.
 Dependendo do grao de adecuación gráfica e/ou fonética
considéranse:
 Estranxeirismos: palabras importadas cunha configuración
gráfica, fonética ou morfolóxica allea á lingua receptora, o que non
implica que sexa idéntica á da lingua fonte. Exemplos: software.
 Préstamos léxicos: palabras importadas cuxa configuración
gráfica, fonética e morfolóxica se adecúa á lingua receptora ou
procura adecuarse a ela. Exemplo: fútbol.

 Calcos: non dan lugar a novos elementos léxicos. Poden ser:


 Semánticos: asignación a unha palabra dun significado que a palabra
cognada ten na lingua fonte.
 Morfoléxicos: palabras ou sintagmas (máis frecuente) construídos
con material da lingua receptora pero elaborados de acordo cun patrón
tomado da lingua fonte. Poden ser de dous tipos1:
 Traducións literais. Exemplos: weekend > fin de semana; cold war >
guerra fría.
 Traducións libres. Exemplo: brain drain ('sumidoiro de cerebro') >
fuxida de cerebros.

Exercicio:
Exemplo Finalidade Procedemento formal
fútbol utilitario préstamo léxico
baloncesto utilitario calco morfoléxico
entrenador utilitario
suntuario (especialización
grifo
semántica)
suntuario (especialización
escoba
semántica)
software utilitario estranxeirismo
iceberg utilitario
conexo
préstamo léxico
aceira utilitario
acomodado
adoecer ('ter un defecto') suntuario calco semántico

1
Algúns autores establecen unha variante do calco morfoléxico para creacións especiais, que
denominan creación prestada. Sería o caso de solucións coma vaqueiros, que non están fundadas na
lingua fonte ((blue) jeans, denim).
2 Gramática galega II
2009/2010
USC
4. Estandarización e planificación do léxico

Exemplo Finalidade Procedemento formal


rato utilitario calco semántico
alonxar calco morfoléxico
calco morfoléxico
rañaceos
(skyscraper)
a paso de tartaruga

1.2. O castelán como lingua de interposición


O alto grado de coincidencia co castelán nas solucións adoptadas para os
préstamos léxicos é consecuencia de que actúa como lingua de interposición na
entre a lingua fonte e a lingua receptora. Exemplos:

Inglés Castelán Galego


football fútbol fútbol
basketball baloncesto baloncesto
handball balonmano balonmán
volleyball voleibol voleibol
baseball béisbol béisbol

Contexto normalizado
castelán
inglés alemán
GALEGO
francés italiano
portugués

Interposición

inglés
alemán
francés CASTELÁN GALEGO
italiano
portugués

1.3. A mediatización das escollas léxicas


1) Orientación converxente: marxinación do léxico diferencial e emprego
preferente do coincidente co castelán.
2) Orientación diverxente: selección preferente do léxico diferencial e
marxinación do coincidente co castelán.

Estas dúas orientacións pódense dar na mesma persoa en función da


situación comunicativa. Tanto unha coma reflicten o condicionamento do castelán
á hora de facer as escollas léxicas.
3 Gramática galega II
2009/2010
USC
4. Estandarización e planificación do léxico

1.4. Purismo e diferencialismo


1) Situación sociolingüística e finalidade do purismo ou diferencialismo:
a) Linguas cun estándar consolidado: manifestación da vontade de protexer
o estándar de "contaminacións" procedentes doutra fonte, externa ou
interna (resistencia do estándar ao cambio).
b) Linguas cun estándar "en construción": contribución ao reforzo da
"función separatista" que o estándar está chamado a exercer.
2) Condicionamentos de aparición e intensidade do purismo:
a) Estadio do proceso de estandarización: adoita aparecer en fases
avanzadas do proceso de estandarización. Así, no galego non existe esta
actitude no s. XIX, coa excepción de Saco Arce.
b) Proximidade lingüística da lingua dominante: canto maior é a
proximidade da lingua dominante, maior é a intensidade do purismo.
c) Difusión social da lingua dominante: canto maior é a difusión social da
lingua dominante, maior é tamén a intensidade do purismo.

3) Tipos de purismo (Thomas): establécense atendendo ao obxectivo da


depuración e a cal é a variedade modélica (solucións preferibles) que se
pretende establecer:
 Arcaizante: busca desprazar as solucións innovadoras en favor das
tradicionais.
 Etnográfico: prefire as solucións rurais fronte ás urbanas (Saco Arce).
 Elitista: prefire as solucións urbanas fronte ás rurais (postura
maioritaria no s. XIX).
 Reformista: depuración de elementos da lingua dominante (situación
actual).
 Xenofbfico: xorde da concepción de que unha determinada lingua é
superior ás demais, o que dá lugar a unha depuración de elementos
alleos. Exemplo: no alemán de entreguerras elimínanse cultismos de raíz
grecolatina.

4) O diferencialismo na lingüística galega:


a) Finalidade: eliminación preventiva de todas aquelas solucións
formalmente coincidentes co castelán e, daquela, susceptibles de seren
interpretadas como castelanismos.
b) Medios: con esta finalidade pódense empregar unha serie de recursos
(pero o seu uso non implica necesariamente que sempre teñan finalidade
diferencialista):
 Diferencialismo 'endóxeno', que trata de explotar os recursos ofrecidos
pola lingua viva do momento:
 Sinónimos ou pseudosinónimos diferenciais. Exemplos de
pseudosinónimos: último - derradeiro; fitar, enxergar - mirar, ver; choutar
- saltar.
 Popularismos e dialectalismos diferenciais. Exemplos: probe; il, iste
vs. tu.

4 Gramática galega II
2009/2010
USC
4. Estandarización e planificación do léxico

 Diferencialismo 'exóxeno' (compatibles cos recursos anteriores):


 Arcaísmos.
 Lusitanismos.
 Hiperenxebrismos: supoñen unha forma peculiar de ultracorrección.
Exemplos: *escea, *hebrero.

2. A estandarización do léxico
2.1. Depuración e selección do léxico da variedade estándar
Tarefas que cómpre levar a cabo na estandarización do léxico:
1) Compilación 2: consiste en reunir información sobre o patrimonio léxico, para
o que podemos botar man de:
a) Corpora de textos orais ou dialectais. Exemplo: traballos sobre a fala de
determinados lugares.
b) Corpora de textos escritos ou literarios. Exemplos: TILG, TMILG, CORGA,
etc.
c) Lexicografía galega.
d) Lexicografía doutras linguas, en especial para léxico de ámbitos nos que
o galego nunca estivo presente.

2) Depuración:
a) Castelanismos:
 Restauración de solucións tradicionais, vivas ou non. Exemplos: billa,
bispo, rabada.
 Revisión do tratamento recibido por préstamos e calcos introducidos a
través do castelán. Exemplos: bolxevique, minestra, tsar, altofalante...
b) Préstamos doutras linguas:
 Criterios para a aceptación ou rexeitamento:
 Carácter utilitario ou suntuario, un aspecto que non sempre está
claro xa que. Por exemplo, considérase que stress é un préstamo suntuario
que despraza a tensión, pero non teñen o mesmo significado; do mesmo
xeito, nalgunhas linguas de especialidade úsanse préstamos suntuarios coa
finalidade de marcar o discurso especializado (por exemplo, basket).
 Substitucións ou importacións: os préstamos introducidos en forma
de calco son máis aceptables cás importacións.
 Asentamento na lingua: os préstamos máis antigos son máis difíciles
de mudar.
 Condicionantes do procedemento formal de introdución:
 Xenismos: é un tipo de préstamo que designa unha creación cultural
(en sentido amplo) propia dun determinado ámbito lingüístico.
Normalmente son importados e só presentan unhas adaptacións

2
A compilación de información sobre o léxico é unha tarefa máis complexa ca noutros planos coma o
morfolóxico, de aí que a estandarización do léxico adoite ser máis tardía.

5 Gramática galega II
2009/2010
USC
4. Estandarización e planificación do léxico

mínimas cando xa están moi asentados na lingua. Exemplos: pizza,


espaguetes, macarróns; aparheid...
 Préstamos antigos ou recentes: os préstamos máis antigos tenden a
adaptarse en maior medida, aínda que se introduzan pola vía do
estranxeirismo. Exemplos: estándar vs. estrés / stress vs. spray, sponsor.
 Confronto con outras linguas: axuda á adaptación dos
estranxeirismos (agás que existan razóns de peso para adaptalos de
xeito diferente). Este condicionante tamén está implicado na adopción
de internacionalismos (sistema métrico, etc.).
 Traducibilidade: hai formas facilmente traducibles (mouse > rato) e
outras que non o son (software). No primeiro caso o habitual é o calco
e no segundo o estranxeirismo.
 Consecuencias da adaptación: canta maior sexa a distancia entre a
adaptación e a forma na lingua fonte, menores son as posibilidades
de que esta se leve a cabo. Exemplo: spray > esprai vs. jazz > llás.
 Concisión: os préstamos que se substitúan por solucións consistentes
nun sintagma complexo teñen menos posibilidade de éxito. Exemplo:
bit > díxito binario.
c) Hiperenxebrismos, invencións, palabras fantasma, etc.

3) Selección e xerarquización de variantes.

4) Planificación da neoloxía.

2.2. A planificación da neoloxía


1) O proceso de documentación e de depuración pon de manifesto a
existencia de carencias e lagoas léxicas.
2) O desenvolvemento e expansión funcional esixe a validación de solucións
neolóxicas circulantes ou a creación / habilitación de solucións alternativas.

2.2.1. A neoloxía de creación propia


2.2.2. O préstamo léxico: tipoloxía e criterios de aceptabilidade

6 Gramática galega II
2009/2010
USC