You are on page 1of 14

PROXECTO DE REGULAMENTO DE

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

DOCUMENTO PARA O DEBATE EN COMISIÓNS
INFORMATIVAS, PLENO MUNICIPAL, E
INFORME XURÍDICO DE SECRETARIA

portanto. 2 . Deste punto de vista. o texto que submetemos á vosa votación. Neste eixo –garantirmos a democracia– insire-se pois o RPC. Sirva como exemplo do que vimos de indicar. das liñas mestras deste RPC: -1. furtando de cada vez máis asuntos ao controlo e decisión públicas). antes de pasarmos ao debate. Estamos pois ante un proxecto factíbel e imediatamente aplicábel. O marco legal: este RPC conta co marco legal vixente (coa LBRL estatal e máis coa LRL da Galiza). tenta-se tirar desta lexislación vixente todas as potencialidades en orde a estabelecer un catálogo de dereitos cidadáns de información e participación tan amplos canto posíbeis. Información e participación: conceito e suxeitos: Presuposto da participación cidadá é a información. individualmente considerados como – nomeadamente. nun sentido dinámico de progresivo afondamento na mesma e de superación dos estreitos marcos de democracia representativa (por máis que os tempos parezan ir en sentido contrário. a criación dunha Oficina Municipal de Información cun director independente – por causa da sua inamobilidade durante o tempo do seu mandato – do Governo Municipal. Exposto o proceso da xestación. declarando públicas as sesións dos seus órgaos e prevendo os meios para facer posíbel a eficaz comunicación dos acordos e disposicións municipais. de todo tipo) en que estes se agrupan. está aberto ás propostas e críticas que lle quixerdes dirixir. O que se apresenta é ainda un texto de traballo. facermos unha estricada apresentación do seu contido. . en primeiro lugar. . permitide-nos. APRESENTACIÓN DO PROXECTO DE REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ -Garantir a democracia: eis un dos eixos vertebradores da acción política. -2. aos efeitos da participación – as asociacións e entidades de todo tipo (repare-se ben. o RPC consagra a máis ampla transparéncia da actividade municipal. democracia entendida como democratización. mudábel e. Por iso. portanto. Os suxeitos da información e da participación son tanto os viciños e as viciñas. E é un texto de traballo porque é perfectíbel.

o ensalzamento doutra de caste de asociacións.ex. non como meio de controlo. . sobretodo. é onde interveñen os cidadáns e as organizacións de tal carácter. como primeiro labor. cais son as asociacións verdadeiramente activas e facer real a participación. constitui a crítica incondicional e xeneralizada das organizacións políticas e. . canto que interesados. Cumpre. elaborar unha delimitación parroquial axeitada á realidade económica e sociolóxica 3 . Tamén a nível xeral. A xestión en sentido estrito – quer dicer. tanto con carácter prévio – durante o procedimento de toma de decisións – como posterior – unha vez a decisión adoptada. por exemplo. doutros dereitos de información e participación recoñecidos e regulados neste texto. o Governo e as Administracións Municipais – é própria das asociacións políticas representadas no Concello. Estas son necesárias. A participación debe entender-se non como participación na xestión propriamente dita – salvo que a expresión se interprete en sentido amplísimo – mas. . Os redactores deste texto procuramos non cairmos no engano que. mas como complemento. o dereito a seren obtidas subvencións municipais – non quer dicer que as entidades non inscritas ou as agrupación non formalizadas – pense-se nas coordenadoras de afectados/as por unha actuación concreta – non podan gozar. forma superior e máis perfeita de democracia directa. . . Territorialmente. non como substituto. Que da inscrición neste rexisto decorran determinadas consecuéncias xurídicas – p..3. de procedimentos abertos e transparentes – dos intereses e obxectivos que estes órgaos deben defender e procurar. No cimo do sistema situa-se a consulta cidadá. en contraste.. e na formación dun movimento cidadán burocratizado e profisionalizado que reproduciria – agravados – os piores vezos das organizacións políticas. simples e eficaz. preve-se unha asemblea xeral de asociacións. que se regula nos termos máis amplos. ao noso ver. propón-se un modelo de administración municipal desconcentrada. Outra cousa seria cairmos nunha demagoxia apolicista. cunha clara vocación superadora dos estreitos marcos en que a configura a normativa en vigor. segundo xa dixemos. A estes efeitos cria-se un rexisto municipal de asociacións. con competéncias limitadas ao seguimento da política municipal de participación e á formulación de propostas nesa matéria. para maior ganáncia do poder en cada momento estabelecido. como control e fiscalización desta xestión. No proceso de definición – a meio. mas como ferramenta que permita coñecer o tecido asociativo do concello para saber. Organización da participación: o RPC organiza a participación sectorial e territorialmente através dun modelo pouco custoso do ponto de vista económico e perfeitamente factíbel do ponto de vista organizativo.

. se constitua a comisión sectorial correspondente. Fomentar o asociacionismo cidadán. ás propostas e críticas que se teñan a ben ser dirixidas. imediatamente aplicábel –. Facilitar e promover a participación dos viciños e viciñas e das entidades cidadás na xestión municipal. integrado por membros designados polos grupos políticos representados no Concello – e unha asemblea – órgao de participación e control do consello –. benestar social. segundo xa dixemos. Canto á participación sectorial. As competéncias recoñecidas a estes órgaos parroquiais –nomeadamente en matéria de urbanismo e vivenda. crian-se comisións informativas abertas ás entidades interesadas onde se informa e debate os asuntos. REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ OBXECTIVOS. sempre co carácter prévio á toma de decisións. Art. O texto indica. é dicer. propomos criar en cada parróquia un consello – órgao decisório. integrada por representantes de todas as asociacións activas na parróquia. aberto. Criar órgaos e mecanismos que garantan o aceso dos viciños e viciñas aos arquivos e rexistos. servizos públicos. do Concello. asi como o seu dereito a obteren cópias e certificados dos acordos da corporación. e indústria e comércio– permitirá-lles desenvolver un eficaz labor de proposta e defensa dos intereses e demandas de cada parróquia ante a administración municipal centralizada. Facilitar a máis ampla información sobre as actividades municipais. e. Achegar a xestión municipal á cidadania. . taxativamente. . . este RPC pode-se definir como un proxecto factíbel – no sentido próprio do termo. Trata-se de que para cada unha das matérias ás que se estende a actuación municipal. . o carácter non retribuído que ten o cargo de membro do Consello de Distrito. por descontado. progresista – canto que contributo e avanzo efectivos de aprofundamento na democratización – pluralista – por non se cinxiren os dereitos nel recoñecidos só ás asociacións de certo tipo ou en exclusiva ás federacións destas asociacións. En conclusión.1 – A participación cidadá no Governo e Administración municipais rexerá- se polos seguintes principios: . A continuación. 4 .

O Rexisto municipal de asociacións ten por obxecto permitir ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu território. Orzamento do ano en curso.. Estatutos da entidade. DAS ENTIDADES CIDADÁS E DO REXISTO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS. CAPÍTULO 1. TÍTULO 1. . Art. . . . Identidade dos titulares dos seus órgaos directivos. 3 . será prévia ou simultánea inscrición no Rexisto municipal. DO REXISTO MUNICIPAL. Combater as desigualdades sociais. . . 5 . Domicílio social e CIF. Certificado de inscrición no Rexisto Xeral de Asociacións ou noutro rexisto público. 2 . facilitar as suas relacións con estas e coñecer os seus fins e actividades. imparcial e equitativamente.Poderán solicitar e obter a inscrición no Rexisto municipal de asociacións todas aquelas entidades sen ánimo de lucro. Certificación do número de sócios. Ámbito territorial de actuación. Art. Art.Para o pleno exercício dos dereitos recoñecidos na lexislación de rexime local e mais no presente Regulamento. . Garantir a solidariedade e o equilíbrio entre as diferentes parróquias. que desenvolvan efectivamente as suas actividades no termo municipal de Oleiros. Programa de actividades para o ano en curso. . 5 .A solicitude de inscrición deberá acompañar-se dos seguintes documentos: . co fin de fomentar o asociacionismo e participación cidadás obxectiva. legalmente constituídas e de funcionamiento democrático. 4 . Art.

As asociacións inscritas terán a obriga de actualizaren os dados do Rexisto. as asociacións apresentarán unha memória onde constará. Art. d) Acolleren-se aos dereitos de iniciativa. xunto co programa de actividades e o orzamento para o ano a pagar. c) Participaren na xestión municipal nos termos contemplados polo presente Regulamento. . Art. 9 – As entidades que figuren no Rexisto municipal de asociacións terán recoñecidos os seguintes dereitos: . as convocatórias e ordes do dia dos órgaos colexiados municipais. f) Subscreber convénios de colaboración coa Administración municipal. que poderá dar lugar á baixa da entidade incumpridora do Rexisto municipal. . CAPÍTULO 2.No prazo de quince dias desde a solicitude de inscrición ou da subsanación dos defeitos advertidos na mesma.Art. 6 . como mínimo. as entidades rexistadas terán dereito a: a) Receberen no seu domicílio social. 7 . prévia solicitude. e) Proporen os seus representantes en todos os órgaos que este Regulamento contempla para a participación cidadá. Art.O incumprimento das obrigas contempladas nos artigos anteriores do presente Regulamento envolverá a abertura do correspondente expediente. o Concello notificará á entidade solicitante o seu número de inscrición no Rexisto municipal. DAS ENTIDADES REXISTADAS. 6 . información ou a calquer outro direito recoñecido polas Leis e estabelecido no presente Regulamento. b) Receberen as publicacións editadas polo Concello.Acolleren-se aos dereitos de iniciativa.Sen prexuízo do dereito de todos os viciños e viciñas de accederen á información municipal. asi como comunicación das resolucións e acordos adoptados polos órgaos municipais relacionados co obxecto ou actividades da asociación.Participaren na xestión municipal nos termos contemplados no presente Regulamento. información ou a calquer outro dereito recoñecido pola lexislación de rexime local e o presente Regulamento. notificando no prazo máximo de 1 mes as mudanzas producidas dos dados consignados no mesmo. a relación das actividades realizadas e o balanzo económico do exercício. 8 . coa perda dos dereitos decorrentes da inscrición. No último trimestre de cada ano.

co alcanzo previsto na lexislación aplicábel e neste Regulamento. . Art. nos meios de comunicación.Relatório do Rexisto Municipal de Asociacións. Art. explicitarán-se os critérios obxectivos de distribución das axudas a entidades.O recoñecimento de utilidade pública municipal fará-se sempre a instáncia da entidade interesada. DA DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA MUNICIPAL. taboleiros de anúncios e. g) Teren aceso ao uso dos meios públicos municipais en condicións non discriminatórias. En calquer caso. elevará-se a oportuna proposta ao Pleno da Corporación. 14 . no seu caso.As entidades cidadás inscritas no Rexisto Municipal de Asociacións poderán ser recoñecidas polo Concello como entidades de utilidade pública municipal sempre que a súa actividade sexa de interese xeral. Art.Reunida a documentación e prévio ditame da Comisión Informativa da Organización e Participación e prévia deliberación das áreas concernidas.Memória das actividades realizadas nos dous anos anteriores á solicitude. asi como no Regulamento de subvencións. que deberán ser xustificadas. Art. será requisito prévio á percepción da axuda que a entidade beneficiária estexa inscrita no Rexisto Municipal de Asociacións. . Art. 13 .A instáncia ou petición de declaración de utilidade pública iniciará-se con petición razoada dirixida ao Alcalde e adxuntando a seguinte documentación: .As entidades declaradas de utilidade pública municipal terán os seguintes dereitos: 7 . A resolución será. nos termos e co alcanzo previstos neste Regulamento.O Orzamento Municipal incluirá unha partida destinada especificamente ao apoio e fomento do asociacionismo. Art.Acordada polo Pleno a declaración de utilidade pública.Exposición de motivos en que se basee a petición. CAPÍTULO 3. en todo caso. Art. motivada. 10 . Nas bases de execución do Orzamento. h) Solicitaren a celebración de audiéncia pública. debidamente xustificados ou documentados. 11 . 16 . e teña xustificado no prazo previsto o uso das subvencións concedidas anteriormente. 15 . inscreberá-se esta no Rexisto Municipal de Asociacións e será obxecto de publicación no BOP. cos dados actualizados da entidade solicitante. 12 .

cartaces. terá como función canalizar – sen prexuízo das obrigas das diferentes concellarias e demais órgaos municipais – o labor municipal de información e participación da cidadania e. etc. CAPÍTULO 2.DA OFICINA DE INFORMACIÓN MUNICIPAL. reunións. DA INFORMACIÓN MUNICIPAL. 19 . dereitos dos cidadáns. actuacións municipais.O Concello informará os viciños da sua xestión através dos meios de comunicación social e municipal a meio da edición de publicacións e bandos. 8 . consultas. -Facilitar información relativa ao funcionamento do Concello. Art. asembleas. queixas e reclamacións que apresenten os viciños ou as entidades cidadás. CAPÍTULO 1. debates.DA INFORMACIÓN EN XERAL. Asimesmo.). . o mal uso dos dereitos inerentes a tal condición ou a auséncia de actividade asi o aconsellaren. .A declaración de utilidade pública municipal poderá ser revocada polo Pleno do Concello cando o incumprimento dos deberes. Art. paineis. recollerá-se a opinión dos viciños e entidades através de campañas de información.A Oficina de Información Municipal. b) Gozaren dos benefícios fiscais aplicábeis a este tipo de entidades. actos informativos. etc. ben directamente ou ben empregando os meios técnicos que se implementaren (telefone do viciño. suportes informáticos de información. meios audiovisuais. asi como o programa de actividades para o ano en curso. a) Usaren deste título en todos os documentos a continuación do nome da entidade. órgao funcionalmente dependente do Pleno. inquéritos e sondaxes de opinión. en particular: -Recoller e dar-lle o curso correspondente ás instáncias. Art. 18 . Art. e calquer outra. folletos. iniciativas. -Canalizar e coordenar cos distintos departamentos municipais toda a actividade relacionada coa información ao cidadán. 20 . TÍTULO II.As entidades cidadás declaradas de utilidade pública municipal deberán apresentar no primeiro trimestre de cada ano memória das actividades realizadas no último exercício. 17 . valados publicitários. Deberán tamén emitir os relatórios sobre asuntos da sua competéncia cando lles foren solicitados polo Concello. -Recabar dos distintos departamentos municipais o estado de tramitación de cada expediente a petición do interesado.

con expresión das razóns ou interese que avalen a petición. 23 . TÍTULO III.Esta Oficina estará dirixida por unha persoa con titulación superior ou condición de funcionário. Art. que se apresentará na Oficina de Información. Art. Art. A denegación ou limitación deste dereito deberá sempre motivar-se. poderán submeter a consulta popular os asuntos da competencia própria municipal e de carácter local que sexan especialmente relevantes para os intereses dos viciños. As Oficinas de Información realizarán as xestións precisas para a obtención da información requerida no prazo mais breve posíbel.Corresponde ao Concello parroquial realizar os trámites pertinentes para celebrar a consulta cidadá sobre materiais da sua competéncia.No Concello e en cada unha das parróquias existirá un Libro de Suxestións. Contará con meios eficaces para asegurar que as demandas de información por ela dirixidas aos diferentes órgaos da Administración municipal sexan atendidas. através da publicación dunha memória semestral no DOG. que será de 3 anos.O Concello e os Consellos parroquiais. TÍTULO IV. sen que tal supoña entorpecer as tarefas dos servizos municipais e sen prexuízo do previsto no artigo anterior. 22 . Tamén se poderá celebrar consulta cidadá a petición colectiva asinada por un número de viciños non inferior ao 5% do Censo Eleitoral Municipal ou da parróquia. conforme co disposto na lexislación estatal e autonómica de rexime local. escrita e gráfica. 24 . DA CONSULTA CIDADÁ.Todos os cidadáns teñen o dereito a obteren cópias e certificacións acreditativas dos acordos dos órgaos de governo e mais dos seus antecedentes. SUXESTIÓNS. e que deberán ser respondidas polos órgaos municipais competentes. Art. designada polo Pleno e inamovíbel durante o período do seu mandato.A consulta cidadá envolverá o dereito de todos os cidadáns censados a seren consultados e a que a consulta exprese as posíbeis solucións alternativas coa máxima información posíbel. BOP e xornais de maior difusión no Concello en que se destacarán convenientemente as unidades incumpridoras. 25 . Art. 9 . O exercício deste dereito efectuará-se mediante solicitude escrita. asi como a consultaren os arquivos e rexistos. no que os cidadáns poderán expor e propor o que consideraren conveniente a respeito da prestación dos servizos municipais. PETICIÓNS E QUEIXAS. nos termos previstos na lexislación estatal e autonómica aplicábel. 21 . Iniciativas e Queixas. en especial.

PLENO. 30 . sempre que previamente. 10 . CAPÍTULO 3. DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ NOS ÓRGAOS MUNICIPAIS.O ámbito territorial das parróquias determinará-se polo Pleno. Art. que teñen por obxecto canalizar a participación das entidades e dos viciños na vida municipal.TÍTULO V. cunha antecedéncia mínima de 48 horas. 31 . 27 .CONSELLOS E ASEMBLEAS DE PARROQUIAIS E CONSELLOS SECTORIAIS. 28 .Sen prexuízo do disposto en norma de rango superior. tivese dirixido un escrito razoado ao Alcalde. sempre que foren solicitados previamente da Alcaldia. a Alcaldia poderá estabelecer un turno público de intervencións.-COMISIÓNS INFORMATIVAS. O texto do escrito incorporará-se á acta do Pleno.Os Consellos de Distrito son órgaos desconcentrados de xestión e canles de participación e expresión das demandas e reivindicacións dos intereses específicos dos viciños de cada parróquia. prévio submetimento a información pública do proxecto de delimitación parroquial.Os representantes das diversas entidades. poden intervir naquelas Comisións Informativas en cuxa Orde do Dia figuren asuntos que afecten estes colectivos. reivindicacións e propostas de cada Distrito ou parróquia. 29 . -Planos de conxunto sobre saneamentos. Art. 26 .Os órgaos de participación cidadá serán os Consellos e Asembleas de Parróquia e os Consellos Municipais de Área ou Sectoriais. Art. especificando razoadamente a sua representación e interese. Art. Art. CAPÍTULO 2. CAPÍTULO 1. Sección 1ª. Tamén poderán asistir por convite expreso do Presidente da Comisión. serán competéncias dos Consellos de Parróquia: a) Informar do proceso de elaboración dos seguintes actos e disposicións: -Plano de actuación Municipal -Actuacións urbanísticas que afecten o seu ámbito territorial. Art. educación e outros servizos.. transporte. b) Facer chegar á Alcaldia ou aos órgaos municipais competentes as aspiracións.Concluídos os debates entre os membros da Corporación. colectivos de interesados ou viciños. Calquer interesado terá dereito nese turno a manifestar a sua opinión sobre asuntos icluídos na orde do dia do Pleno. Dos Consellos Parroquiais. vivenda.

.O funcionamento do Consello parroquial axustará-se á regulación vixente dos órgaos colexiados municipais. O cargo de conselleiro parroquial non será retribuído. etc. .c) Aprobación de contas de gastos realizados por órgaos do Consello parroquial. Art. . Art. as Comisións de Traballo e Comisións de Parróquia. en número máximo de 11 e mínimo de 7. j) Calquer outra que o Pleno da Corporación estimar oportuno. f) Informar os viciños e entidades da actividade municipal en xeral e do Consello da parróquia. Art.Concesión de vivendas de Promoción Pública. por maioria simples. . 11 . con 1 representante en cada Consello de Distrito. Casa da Cultura. ao menos.O Alcalde deberá nomear como Presidente do Consello parroquial a persoa escollida por este de entre os seus membros. da Xuventude.Aprobación de Planos Parciais e Especiais de Ordenación Urbanística que afecten a parróquia. Art. por maioria absoluta ou.Peticións dos viciños relativas á prestación de servizos municipais no Distrito e sobre o cumprimento das Ordenanzas por parte da viciñanza.Aprobación de Proxectos de obras municipais na parróquia. todos os grupos municipais contarán. 35 . d) Informar e propor a subvención que corresponda ás entidades sociais existentes no ámbito territorial do Distrito. bibliotecas.Os órgaos de governo e administración da parróquia son o Presidente e mais o Consello parroquial. En todo caso. i) Participar na xestión dos Centros Cívicos ou Sociais. 32 . serán designados polos grupos políticos municipais en proporción ao seu respectivo número de concelleiros. g) Elaborar estudos sobre as necesidades da parróquia. 34 . Centros da Terceira Idade. como órgaos complementares.Os membros do Consello parroquial. nunha segunda votación. instalacións desportivas.. Tamén poderán constituir-se.Aprobación de Planos e Proxectos de equipamento que afecten as parróquias.Aprobación de estudos de detalle e proxectos de urbanización. e) Emitir relatorio non vinculante nos seguintes casos: . sen prexuízo da percepción das axudas de custo que se fixaren nos orzamentos municipais. 33 . da parróquia. .

36 . duas veces ao ano. exercida esta última a meio da solicitude de información. por delegación expresa do Secretario Xeral do Concello. estará integrada por dous membros designados por cada unha das asociacións e entidades rexistadas que soliciten e acrediten actuación efectiva no território da parróquia. Rexime xurídico e económico. Art. 39 . Sección 4ª. interposición dos recursos administrativos e xurisdicionais que procedan. Relacións entre as Parróquias e a Administración municipal centralizada. o exercício da fé pública e a secretaria das reunións do Consello. 43 .A Asemblea terá faculdades de proposta e controlo da actuación do Consello parroquial. corresponderá-lle a un funcionário de grupo A o asesoramento xurídico dos seus órgaos de goberno. Art. 38 .O Presidente do Consello parroquial poderá solicitar a presenza dos Delegados de Área ou Servizo e de técnicos municipais para que se informen nas sesións do Consello ou da Asemblea. unha delas antes da aprobación dos orzamentos parroquiais. 41 . Igualmente. 40 .Os seus actos serán recorríbeis ante o Pleno da Corporación. apercibimentos e. asi como cópia dos acordos que adopten e das resolucións da Presidéncia. Sección 2ª. As sesións estarán presididas polo Presidente do Consello.A Secretaria Xeral do Concello remitirá aos Consellos parroquiais as convocatórias e ordes do dia das reunións dos órgaos municipais. actuando como Secretário un representante das asociacións e entidades. no seu defeito. no seu caso.En cada Consello Parroquial. Art.A Asemblea reunirá-se por convocatória do Consello e.A fiscalización da actividade económica será exercida pola Intervención Municipal. 12 . polo próprio Consello. Art. órgao de participación viciñal e controlo da actuación do Consello parroquial.O Presidente do Consello Parroquial poderá solicitar dos servizos técnicos do Concello a colaboración necesária para realización das suas próprias funcións. 37 . 42 . elixido por estas ou. Art. como mínimo.A Asemblea de Parróquia. Art. asi como cópia dos acordos que se adopten e extracto das resolucións da Alcaldia. o Presidente do Consello parroquial remitirá á Secretaria Xeral do Concello a convocatória e orde do dia das reunións do Consello. Sesión 3ª. Art. Art. Das Asembleas de Parróquia.

Nos Estatutos dos Institutos. Art. Art. . VV. 47 . contará con 4 representantes das AA. 3 dos sindicatos e 1 das organizacións patronais. información. asi como colaborar nos estudos. facilitando-se-lles o aceso aos expedientes. EMPRESAS E SERVIZOS MUNICIPAIS Art. seguimento.Os Consellos Municipais de Sector criarán-se por acordo do Pleno da Corporación. e Servizos Públicos e Interior. Promoción Económica e Turismo.Apresentar iniciativas. na elaboración de programas e proxectos e facer un seguimento dos órgaos municipais e das empresas prestadoras de servizos dentro da sua área de actuación. 48 .Estarán presididos polo Concelleiro responsábel de área.Os Consellos Municipais de área ou sector son órgaos de participación.Serán faculdades dos Consellos Municipais de Sector: . 45 . constituindo-se. ou calquer outro organismo autónomo municipal. dos acordos adoptados pola Comisión de Governo. no seu caso. e integrados por 1 representante de cada asociación ou entidade interesada que o solicitar. 49 . Art. poderán 13 .. 46 . Fundacións. contemplará-se a participación das entidades cidadás por meio dos seus representantes. . En todo caso. Asimesmo.DOS CONSELLOS MUNICIPAIS DE SECTOR Art. a respeito daqueles temas de interese para eles. os seguintes: Benestar Social.Nos órgaos reitores das empresas municipais e mixtas estarán presentes representantes do movimento cidadán. 44 . cos mesmos dereitos e deberes que os demais membros do organismo. como mínimo. CAPÍTULO 5.CAPÍTULO 4. . en número máximo de 16. Discutir o programa anual de actuación e estudar o orzamento. 50 . Urbanismo e Vivenda. Alcaldia e Pleno. propostas ou suxestións ao Concello para seren discutidas nas Comisións Informativas Municipais correspondentes. Art.O seu funcionamento axustará-se á regulación vixente dos órgaos colexiados. Ser informados dos ditames aprobados polas Comisións Informativas e. actuando como Secretário o Xeral do Concello ou funcionário en quen este delegar..A PARTICIPACIÓN CIDADÁ NOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS. ainda que non impede a criación de máis se asi o aprobar o Pleno Municipal. e proposta. . Art. Ser consultados no caso en que os órgaos municipais debatan e aproben asuntos de especial incidéncia no sector de que se tratar. Estes Consellos corresponderán-se coas grandes áreas de governo do Concello. Reunirá-se con unha periodicidade mínima bimensal. especializados nos distintos sectores en que o Concello estrutura as suas actividades.

o Concello avaliará o desenvolvimento do mesmo. as entidades cidadás. DISPOSICIÓNS TRANSITÓRIAS PRIMEIRA: No prazo de tres meses desde a aprobación definitiva deste Regulamento. 51 . 14 .constituir-se Comisións de seguimento dos Organismos Autónomos que prestan servizo por xestión indirecta.No caso de servizos xestionados. o Concello aprobará a composición. TERCEIRA: O Concello fará unha campaña específica para fomentar a inscrición no Rexisto Municipal de Asociacións. CUARTA: Nos Orzamentos Ordinários e de Investimentos do Concello recollerán-se as partidas precisas para o desenvolvimento da participación cidadá e a criacion da infraestrutura necesária dos diferentes órgaos deste Regulamento. No prazo de seis meses. por empresas privadas. por calquer título. con representación das Asociacións Sectoriais. SEGUNDA: Despois de un ano da entrada en vigor deste Regulamento. en igualdade de condicións que os demais membros. promovendo cantas reformas foren precisas para o seu correcto funcionamento. dos Consellos Sectoriais. constituirán-se os Consellos Parroquiais. competéncias e funcionamento. Art. deberá-se criar un órgao municipal de seguimento en que estexan representadas.