You are on page 1of 1

O OBRADOIRO DE EMPREGO ILLOTE NORO 2 INICIOU

O ARRANXO DA SENDA PEONIL QUE ENLAZA A


CIDADE CO PARQUE PERIURBANO DE SAN ROQUE
Santa Uxía de Riveira, 3 de febreiro de 2010.- Os alumnos-traballadores do
obradoiro de emprego Illote Noro 2 iniciaron esta semana o arranxo da senda
peonil que conecta o casco urbano de Riveira e o Parque de San Roque, coa
pretensión de propiciar o uso desta vía por parte de veciños e visitantes a
Santa Uxía, de tal xeito que saquen proveito das cualidades turísticas,
medioambientais e de lecer que ofrece a devandita área periurbana.

O camiño ten medio quilómetro de lonxitude aproximadamente, entre a zona


dos xulgados de Santa Uxía e o anfiteatro de San Roque. Unha das
principais actuacións que se realizarán sobre o mesmo será o adoquinado do
tramo máis próximo á cidade (nunha extensión de 250 metros), labor que
será efectuada polos alumnos da especialidade de albanelería. Estes
operarios arranxarán tamén os pasos de pedra escalonados que en certas
zonas diminúen a dificultade da subida e da baixada ante o desnivel
existente.

No resto do camiño botarase zahorra, mentres que os alumnos de xardinería


encargaranse de desbrozar e ensanchar o camiño. A actuación inclúe tamén
a canalización de augas pluviais ao longo do traxecto. Por último, os
alumnos de carpintería construirán carteis indicadores para mellorar a
sinalización da vía.

Está previsto que a actuación dure arredor de dous meses.

Cabe lembrar que o obradoiro de emprego Illote Noro 2, con 26 alumnos


traballadores (17 mulleres e 9 homes) é un programa público de emprego-
formación no que se alterna a formación teórica coa práctica profesional en
ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social, e que ten
como finalidade a inserción laboral de persoas desempregadas de vinte e
cinco ou máis anos.

O proxecto está cofinanciado polo Concello de Riveira a través da súa


Concellería de Educación, a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de
Galicia e o Fondo Social Europeo.