You are on page 1of 36

Calendario do proceso constituínte:

O 15 de Setembro é a data límite para entregar os censos definitivos de militantes.

Do 16 de Setembro ao 6 de Outubro celebraranse as Asembleas Comarcais para o debate dos


textos e presentación de emendas.

O 11 de Outubro rematará o prazo para transmitir as emendas á Coordenadora Nacional.

O 18 de Outubro reunirase a Coordenadora Nacional para a análise de emendas.

O 28 de Outubro celebrarase a Asemblea Nacional Constituinte.

2
Índice:

5> Proposta de regulamento

7> Introdución

Introdución histórica

Caracterización da situación actual

13> Principios ideolóxicos

14> Acción política: a construción como camiño

Eivas do traballo institucional

O traballo nos movementos sociais

Avaliación xeral da situación do BNG

Actuación do MpB dentro do BNG

Medios de comunicación e presenza pública

Política de alianzas

Relacións e tarefas no ámbito internacional

26> Organización

31> Estatutos

3
1 Proposta de regulamento:
2
3 Artigo 1. Teñen direito a participar no proceso constituinte todos/as aqueles/as compañeiros/as
4 que veñan participando nas Asembleas Comarcais do Movemento Pola Base e aquelas que se
5 incorporen durante o proceso constituínte, e que en todo caso, figuren nas listaxes nacionais,
6 que se elaborarán desde as Asembleas de Zona e grupos de traballo figuren nas listaxes na-
7 cionais.
8
9 Artigo 2. As diferentes zonas deberán elaborar unha listaxe definitiva de participantes na Asem-
10 blea Constituinte antes do 15 de setembro. A Coordenadora Nacional deberá revisar a listaxe
11 para, no seu caso, subsanar os erros que se advirtan.
12
13 Artigo 3. A Coordenadora nacional entregará os textos a debate ás diferentes zonas e afiliados
14 e afiliadas antes do 15 de xullo, os cales serán debatidos nas zonas entre o 16 de setembro e
15 o 6 de outubro.
16
17 Artigo 4. Todos/as os/as compañeiros/as teñen direito a enmendar os textos apresentados pola
18 Coordenadora Nacional nas Asembleas comarcais. Todas aquelas enmnedas apresentadas nas
19 asembleas comarcais pasarán a debate á Asemblea Nacional Constituinte.
20
21 Artigo 5. A Coordenadora Nacional elixirá a 2 compañeiros/as para constituiren a Mesa da
22 Asemblea. Estes deberán ser refrendados pola propia Asemblea Nacional e entre eles deberán
23 exercer as funcións de secretario/a e moderador/a. Á Mesa da Asemblea incorporaranse no seu
24 momento os/as defensores/as das teses apresentadas que serán desinados/as pola Coorde-
25 nadora Nacional.
26
27 Artigo 6. As enmendas deberán ser defendidas na Asemblea Constituinte, que traballará en
28 Pleno, por aqueles/as compañeiros/as que asi o desexen.
29
30 Artigo 7. As enmendas aos textos apresentados incorporaranse á redacción final de obteren
31 mais votos a favor que en contra.
32
33 Artigo 8. As Asambleas Comarcais proporán aos/ás compañeiros candidatos para conformar a
34 Mesa Nacional.
35
36 Artigo 9. A Asemblea Constituinte elexirá a 11 membros da Mesa Nacional mediante o meca-
37 nismo de listas abertas.
38
39 Artigo 10. Cada compañeiro/a poderá votar de maneira segreda a un máximo de 7 compañei-
40 ros/as para conformar a Mesa Nacional.
41

5
1 Artigo 11. Á Mesa Nacional sumaranse no seu día aqueles/as compañeiros/as designados/as
2 polas Asembleas Comarcais e un/unha representante das zonas non constituídas onde exista
3 presenza do MpB, segundo os Estatutos da Organización aprobados na Asemblea Constituinte.
4
5 Artigo 12. Este regulamento poderá ser enmendado durante o Proceso Constituinte. A Mesa da
6 Asemblea será quen de interpretalo naquelas cuestións que non fiquen suficientemente claras.
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41

6
1 Introdución:
2
3 Introdución histórica:
4
5 A Galiza é un país con fondas raíces históricas. Desde a máis lonxana antigüidade contou cun-
6 has características singulares que a distinguiron doutros grupos humanos asentados no planeta
7 Terra.
8
9 O paso das tropas imperiais romanas e a interacción co pobo suevo acrecentaría os trazos di-
10 ferenciais da nosa nación, para alén de representar esta última un grao de organización máis
11 elevado que noutrora. A Galiza vertebrarase a partir de células básicas, as parroquias, que che-
12 garán aos nosos días como mostra de resistencia do noso pobo.
13
14 Ao longo do seu percorrer histórico, a nación galega foi independente, en diversos períodos, no-
15 meadamente na alta Idade Media, cunha lingua normalizada en todos os ámbitos da vida e re-
16 ferente internacional.
17
18 Conquistado o pobo galego pola forza das armas, deuse unha planificada doma e castración
19 do Reino de Galiza por parte da Coroa castellana, nun nidio exemplo de política imperialista. A
20 devandita política terá como fito na Idade Contemporánea o 1833. Nesta data producirase a eli-
21 minación da identidade colectiva coa definitiva desaparición do mesmo –a través dunha división
22 provincial uniformizadora co base en Madrid-.
23
24 Diante de todos estes embates a nación galega reaxíu e practicou oposición diversa. Aínda que
25 vilipendiada a identidade nacional galega, o pobo logrouna manter viva. De facto, o idioma ga-
26 lego non só non desapareceu que se mantivo como lingua maioritaria na nación até ben entrada
27 a Idade Contemporánea.
28
29 Após a anulación do Reino da Galiza, o país ergueuse no 1846 en favor das súas liberdades e
30 a democracia. O noso país foi exemplo para o progresismo internacional, adiantándose en dous
31 anos ás revolucións liberais europeas, e azoute da reacción. A represión desmedida do pronun-
32 ciamento liberal de Miguel Solís foi proporcionado ao grao revolucionario do movemento que
33 representaba e que deu como resultante o asasinato dos denominados “Mártires de Carral”.
34
35 A bandeira destes mártires manteríase malia a dura represión erguida. Producirase un forte re-
36 xurdimento cultural/nacional nos séculos XIX e XX, parello ao agromar das loitas sociais e das
37 ideas que daquela inzaban Europa. A emigración tivo un papel sobranceiro no afortalamento da
38 loita social e nacional.
39
40 No primeiro terzo do século XX a Galiza volveu agromar con seiva nova. O nacimento formal do
41 nacionalismo galego no 1918, tomando o relevo do protonacionalismo de Manuel Murguía, Al-

7
1 fredo Brañas, Rosalía de Castro, entre outros, así o testemuña. As Irmandades da Fala (1916-
2 1931) presiden un proceso de maduración deste nacionalismo que é quen de crear unha es-
3 trutura partidaria moderna á altura do 1931: o Partido Galeguista. Este irá gradualmente
4 medrando na defensa dos intereses das clases populares, -chegando a ser estas maioritarias
5 na súa afiliación no 1936-, e da autodeterminación nacional cara a constitución dun “Estado
6 Galego libre” (sic).
7
8 Neste senso, a dureza do golpe militar reaccionario do 17 de xullo do 1936 será proporcional
9 ao grao de organización da clase obreira no noso país, así como a súa consciencia nacional.
10 Após o golpe, a ditadura franquista (1939-1975) representará unha outra etapa de desgaste
11 dos trazos diferenciais do país. Contodo, a nación manterase viva e, malia unha represión feroz,
12 con miles de asasinados e exiliados, o nacionalismo rexorde con máis forza na confrontación
13 coa ditadura franquista e na denominada Transición. Será unha nova fase do movemento de li-
14 beración nacional galego, a etapa do movemento nacional-popular galego; unindo a loita na-
15 cional e social, e apoiado na puxante clase obreira, na mocidade rebelde, e nun campesiñado
16 maioritario e abafado polo réxime.
17
18 Se o españolismo responsábel do golpe militar do 1936 encetara a fase violenta e represora
19 asasinado, o certo é que rematará esta fase do mesmo xeito. Neste marco o nacionalismo ga-
20 lego sufrirá unha nova e forte vaga represiva, parello á cal o movimento medra de xeito impor-
21 tante. Na loita contra a ditadura franquista a clase obreira tivo na nosa nación un papel
22 sobranceiro e foi esencial para que o nacionalismo galego acadase a forza social e política ac-
23 tual, e fixera da loita por unha Galiza ceibe sen explotación o seu proxecto estratéxico.
24
25 Nesta liña, nos primeiros anos da década dos 70 do s. XX coincidindo coa expansión organizativa
26 do soberanismo galego, o aparello franquista tenta liquidar cadros do movemento. O asasinato
27 de Xosé Ramón Reboiras Noia será exemplo desta represión, así como as múltiples detencións
28 de destacados militantes nacionalistas. O traballo que a UPG desenvolveu nesta altura pola in-
29 dependencia e o socialismo no noso país foi quen de seguir sumando galegas e galegos no mo-
30 vemento nacional-popular, vertebrándose na Asemblea Nacional-Popular Galega a partir do
31 1975. No plano sindical artelláronse células de fábrica e centro que, ao pouco, e auspiciadas
32 pola Fronte Obreira da UPG, conformarían o Sindicato Obreiro Galego, así como outras organi-
33 zacións como o SGTM, a UTEG, a UTSG ou a UTBG, tal e como aconteceu co estudantado que
34 se organizou naquel mesmo ano nos Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA).
35
36 O ser revolucionario destas organizacións non se cinxía a un proxecto e teoría, era fundamental-
37 mente a práctica, asentada nesa teoría, que facía da militancia soberanista un referente e atractivo
38 social, para alén dunha forza realmente transformadora e capaz da reconstrución nacional.
39
40 A militancia que hoxendía conformamos este proxecto acreditamos na importancia do traballo
41 desenvolvido polo nacionalismo galego na última centuria. Reclamámonos herdeiras e herdeiros

8
1 de décadas de loita pola autodeterminación e soberanía nacional da Galiza. Entendemos que
2 foron varias as xeracións que pularon, nun esforzo mantido no tempo, pola defensa e recoñe-
3 cimento do ser nacional da Galiza a partir de diversas formas de loita, válidas todas elas, e que
4 o pretérito do movemento de liberación nacional galego dá suficiente horizonte para ollar cara
5 un futuro esperanzador. Contodo, necesariamente o nacionalismo galego ten de asumir que,
6 após a ditadura franquista e o postfranquismo, unha outra etapa é a que se está a vivir e que,
7 necesariamente, cómpre repensar o movemento nunha clara unidade práctica do soberanismo.
8 A actual situación de desgaste do nacionalismo galego, a falta de nitidez no seu proxecto e
9 discurso face as forzas homologadas polo sistema, mesmo as españolistas, fai que a nivel po-
10 pular, para a maioría social, se perda como referente político.
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41

9
1 Caracterización da situación actual:
2
3 En congruencia co exposto anteriormente, podemos afirmar que a característica fundamental
4 do Estado español non é precisamente o seu carácter multinacional ou multietnico, senón a
5 imposición durante séculos dunha política de homoxeneización cultural e lingüística, imperia-
6 lista, con claro predominio dos intereses casteláns, como denunciou teimosamente o gale-
7 guismo desde a mencionada Revolución de 1846. A opresión de Galiza non se manifesta só no
8 eido cultural e identitario senón tamén na economía, onde o noso país ten todas as caracterís-
9 ticas dunha colonia. Este proceso expansionista, imperialista, mantense no esencial no Estado
10 das Autonomías, que mesmo aumentou a concentración e centralización do poder real, para alén
11 da descentralización administrativa, facéndoo máis impermeábel á mobilización social e á cues-
12 tión nacional.
13
14 Quen máis sofren a colonización da nosa nación son as clases populares e elas foron e son as
15 que realizan as maiores resistencias e loitas. Todo o século XIX e XX está inzado de mobilizacións
16 e motíns labregos, e manifestacións e paros obreiros, que poucas veces callaron en organiza-
17 cións que representasen os intereses sociais e nacionais destes sectores populares. Sobre este
18 fermento social asentouse o rexurdimento cultural e político nacional de Galiza, que foi expre-
19 sado por unha morea de egrexios escritores, poetas e políticos; sen estes dous factores non se
20 pode entender a historia do noso país no último século e medio.
21
22 Durante décadas o papel funcional do noso país foi o de fornecedor de materias primas, enerxía,
23 divisas e man de obra barata ao Estado español, mentres se recebía a cambio menos investi-
24 mentos en infraestruturas e servizos públicos, co cal se recreou a emigración e se freo o des-
25 envolvemento. Na actualidade, aínda manténdose estas características, temos que sumar a de
26 moeda de troque diante da Unión Europea, coa limitación da produción de sectores básicos
27 (gandeiro, naval, etc.) e o maior control por empresas foráneas da nosa economía; así, somos
28 criadores de emprego neto no resto do Estado ao térmonos un déficit comercial estrutural.
29
30 Porén, nos últimos trinta anos a realidade económica e social do noso país mudou moito. Pa-
31 samos de termos unha economía baseada no sector agrario, pesqueiro, extractor de materias
32 primas e actividades industriais moi básicas, a termos unha economía cada vez máis depen-
33 dente, baseada en industrias de primeira transformación e de enclave, e cunha grande expan-
34 sión do sector de servizos e a construción. Así, aumentou a estratificación social e o desemprego
35 adquiriu un carácter estrutural, que só se controla por mor da masiva emigración da mocidade,
36 tanto por medio do cambio de residencia como de xeito temporal, e a extrema queda da nata-
37 lidade. Hoxe os asalariados constitúen o 75% da poboación activa, co cal constitúen unha
38 ampla maioría social, máis tamén medrou a temporalidade, diminuíron os salarios reais medios,
39 e aumentou a xornada e ritmos de traballo. Todos estes procesos déronse coa oposición dos
40 afectados, que tiveron no sindicalismo nacionalista o seu principal valedor, fronte á actuación
41 das organizacións sindicais estatais, forzas entregadas ao capital e españolizadoras.

10
1 Os resultados negativos da dependencia son evidentes na perda de peso de Galiza na partici-
2 pación da economía e en poboación no Estado español, dentro dunha tendencia que todos os
3 estudos consideran que non se vai modificar no futuro próximo co marco político e económico
4 imperante.
5
6 Sen dúbida, de contarmos con gobernos autonómicos dirixidos exclusivamente por partidos de
7 ámbito galego -que polo tanto farían de Galiza o suxeito de referencia- a situación mudaría, mais
8 nunca radicalmente e de xeito definitivo mentres se mantivesen os alicerces da dependencia
9 e inxustiza social, cuxa eliminación debe ser un permanente obxectivo na nosa praxe política.
10
11 Hoxe o Estado español ten grandes intereses económicos en moitos países do mundo, espe-
12 cialmente na América Latina, deles a alta burguesía obtén moitos beneficios, daquela que sexa
13 valedora (para alén das palabras para o consumo mediático) das medidas neoliberais que dan
14 azos á globalización. Agora ben, trátase dun estado imperialista asociado e ao mesmo tempo
15 subordinado ás grandes potencias da Unión Europea(UE). A UE é un marco asociativo imperia-
16 lista no que as grandes e medianas potencias europeas procuran arrouparse (non sen pelexas
17 polo espazo a ocupar por cada unha) para competir e pelexar pola hexemonía cos Estados Uni-
18 dos, Xapón e ás novas potencias emerxentes, como China. A UE, como Xapón, mantén ao
19 mesmo tempo unha actitude de submisión a respecto dos Estados Unidos, que é o imperialismo
20 hexemónico neste intre, e segue no fundamental o seu modelo económico e social.
21
22 A redución da hexemonía norteamericana é sen dúbida positiva, xa que aumenta as diverxencias
23 inter-imperialistas. Porén non debemos ignorar que a construción de novas hexemonías impe-
24 rialistas faise tamén a partir dunha gran concentración dos recursos económicos e do aumento
25 das desigualdades, tanto no ámbito social como territorial, da destrución do ecosistema a todos
26 os niveis, así como basicamente da colonización e neocolonización dos países e territorios pe-
27 riféricos e dependentes; ou sexa: sobre alicerces de explotación e opresión.
28
29 As alternativas de cambio no eido internacional céntranse hoxe especialmente na América La-
30 tina, con todas as debilidades do que nace en situación de grande dificultade. Venezuela pode
31 abrir un novo camiño á democracia e ao socialismo. Cuba axudou enormemente a este proceso,
32 e a este eixo fóronselle engadindo países como Bolivia, Nicaragua e Ecuador, aínda con procesos
33 menos avanzados polo que cómpre esperar ver o que dan de si. Os puntos débiles do imperia-
34 lismo, e polo tanto do sistema imperante, están tanto neste continente como no Medio Oriente
35 e Asia Central. Concretamente en Palestina, Iraq, Afganistán, nos que se está librando unha gue-
36 rra de liberación que pode gastar en gran medida non só aos Estados Unidos senón mesmo á
37 Unión Europea que cada vez esta máis atrapada na lóxica militar.
38
39 O contexto internacional é hoxe moito máis positivo que fai unha década, aínda que o novo es-
40 cenario da Unión Europea significa un afortalemento das políticas neoliberais e expansionistas
41 dos estados imperialistas, entre eles o español, e polo tanto insire a loita de liberación nacional

11
1 e social de Galiza fronte a novas dificultades. O recuar ideolóxico das forzas históricas de es-
2 querda en Europa, e a perda de peso do socialismo na clase obreira e na mocidade, é un exem-
3 plo destes atrancos. Non semella polo tanto que sexa posíbel facer da Unión Europea un
4 espazo de pobos libres e xustiza social, mesmo mudando a correlación de forzas nas institu-
5 cións, sen fundas mudanzas sociais e políticas, sen unha construción da unidade baseada na
6 xustiza social, a soberanía dos pobos, e a solidariedade internacional. Convén lembrar, asemade,
7 que se trata dunha unión de estados que nega calquera recoñecemento funcional as nacións
8 sen estado. Por esta razón mantemos unha oposición radical á Unión Europea, que naceu como
9 un novo proxecto imperialista asociado aos Estados Unidos, e polo de agora submiso no esencial
10 por máis que haxa diverxencias internas en como enfrontar esta relación.
11
12 Por último, queremos chamar a atención a respecto de que o que acontece no campo da eco-
13 nomía e nas relacións sociais e entre territorios -ou sexa, da infraestrutura- susténtase na he-
14 xemonía que as clases clases dominantes manteñen tamén no eido da superestrutura (cultura,
15 historia, lingua, información e formación, etc.). Daquela que sexa esencial e básico realizar un
16 gran esforzo non só mobilizador e organizativo das clases subordinadas, senón ademais de di-
17 vulgación das alternativas estratéxicas e de clarificación e debate coas concepcións trabucadas
18 que existen no seo das clases populares.
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41

12
1 Principios e obxectivos básicos:
2
3 - A nosa é unha organización da Clase Traballadora que asume como principios e obxectivos
4 os intereses estratéxicos da Clase Obreira Galega.
5
6 - A nosa organización non se conforma con criticar e reformar o capitalismo senón que defende
7 a superación do sistema que está na base mesma da opresión e a inxustiza, isto é, a defensa
8 do socialismo como alternativa, do antiimperialismo e da solidariedade internacional.
9
10 - Loitamos pola plena soberanía nacional de Galiza, asumindo unha posición independentista,
11 que se conseguirá a través da acción política, de conquistar o dereito de autodeterminación e
12 da construción do poder popular.
13
14 - A liberación nacional está ligada á loita de clases. Superada a época histórica das revolucións
15 burguesas, correspóndelle as clases populares pórse á cabeza das loitas democráticas e re-
16 publicanas.
17
18 - Loitamos contra todos os sistemas de dominación, traballaremos contra unha división xerar-
19 quizada e de xénero da sociedade. Defenderemos un modelo de sociedade igualitaria, sen dis-
20 criminación de xénero nin por opción sexual.
21
22 - Defendemos as coordenadas históricas do nacionalismo asembleario, popular e participativo,
23 que pule porque as clases populares teñan o protagonismo que lles corresponde.
24
25 - A utilización como ferramenta do marxismo, así como das contribucións que se fixeron ou
26 podan realizar, entre as que temos que destacar o leninismo, para conformación dunha ideoloxía
27 superadora da explotación dunhas persoas por outras. Recollermos como esencial, para o seu
28 estudo e divulgación, a experiencia da loita secular do movemento social en Galiza a prol da de-
29 fensa da nosa identidade nacional e pola liberación; así como noutros países as loitas da clase
30 obreira, das organizacións populares en xeral, e dos movementos de liberación nacional.
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41

13
1 Acción política: a construción como camiño.
2
3 Galiza ten urxencias evidentes sobre as que actuamos diariamente: españolización cultural e
4 lingüística, precariedade, especulación urbanística, agresións medioambientais, desaparición de
5 sectores produtivos,... Do noso punto de vista todas esas loitas teñen que facer parte dun pro-
6 xecto estratéxico que chamamos traballo de construción, nacional e social, onde cada día avan-
7 zamos cara ese obxectivo que imos construíndo.
8
9 Ten de ser un proceso de construción dinámica que gañe terreo constantemente. O obxectivo
10 é a construción de poder (contrapoder) participativo e desde a base como garante de pasos fir-
11 mes e irreversíbeis e tamén como vacina á política acomodaticia. O traballo social diario e cons-
12 tante, nos movementos sociais e na fronte política ou no asociacionismo de base ten que
13 conxugar a consecución de pequenos logros coa procura de maiores obxectivos, para non caer
14 nun “cortopracismo” que impida ver máis alá. Aquí é onde a loita ideolóxica xoga un papel fun-
15 damental para non perdermos a perspectiva. Existe o risco de buscar falsos atallos ao caer no
16 xogo do sistema ou confundir maior peso institucional coa consecución automática de obxec-
17 tivos estratéxicos, aínda que a experiencia acumulada demostre o contrario.
18
19 Ningún pequeno avance sería unha conquista se en nada contribúe a unha maior consciencia
20 colectiva da necesidade dunha transformación de fundo. Debemos traballar para aumentar o
21 nivel de consciencia do noso pobo e favorecer a participación social como maneira de criar,
22 desde xa, un novo tipo de sociedade. Ensaiando esa nova sociedade e poñendo en práctica
23 aquelo que propoñemos naqueles espazos de liberdade dos que se vaiamos dispoñendo.
24
25 Fronte á política de ocultar o conflito nacional e de clase existente en Galiza, que supón a equi-
26 paración do nacionalismo galego a calquera forza convencional actuante no país e polo tanto
27 a nosa asimilación, o noso accionar político será tendente a poñer á vista as contradicións exis-
28 tentes entre dous proxectos antagónicos como son os de España e a Unión Europea e o da Ga-
29 liza. Cómpre visibilizar un proxecto de ruptura democrática e denuncia da ilexitimidade do
30 marco actual (réxime monárquico español, unión europea do capital, …) e das súas institucións.
31
32 Constátase un progresivo recorte de dereitos e liberdades e unha maior impunidade do dos
33 corpos armados e do seu papel represivo; así, a pesar de que cada vez contan con máis pre-
34 senza na nosa sociedade, esta é sistematicamente enmascarada como humanitaria ou asisten-
35 cial; ocupan un papel coercitivo evidente tanto dos dereitos individuais como colectivos das
36 nacións sen soberanía e das loitas sociais.
37
38 Máis de 25 anos de autonomía provocaron a maior perda de falantes rexistrada na historia e
39 revestida dunha normalidade social, institucional e mesmo democrática. No noso país acele-
40 rouse o proceso de substitución do galego polo español ao mesmo tempo que se estigmatizan
41 as variantes propias do idioma –un fenómeno causado pola colonización-, prestixiando como

14
1 galego aquelas falas máis aproximadas ao español. Temos que denunciar a ficción do bilin-
2 güismo harmónico e a normalización deste concepto ideolóxico na nosa sociedade, cunhas
3 consecuencias que están á vista. O obxectivo dunha organización nacionalista non pode ser
4 outro que o monolingüismo social e o galego como única lingua oficial, dentro do recoñecemento
5 da unidade lingüística co portugués e a valoración desta alternativa de futuro para o noso
6 idioma. O cuestionamento do actual sistema vai acompañado da defensa da lingua, e esta non
7 pode cinguirse só a conquistas legais que chegan serodia e raquiticamente.
8
9 Para nós é tamén unha prioridade a loita pola igualdade real entre homes e mulleres, no camiño
10 da superación da sociedade patriarcal que tan rendíbel é para o capitalismo (por exemplo, co
11 encubrimento do traballo doméstico ou os coidados, que nen sequera son considerados como
12 traballo digno de ser remunerado apesar de ser imprescindíbeis para a vida). Debemos posi-
13 cionarnos en contra da institucionalización da loita feminista polo sistema actual.
14
15 A nosa acción política parte tamén dunha práctica ecoloxista de carácter transformador, única
16 alternativa sustentábel para a humanidade e para a natureza. Neste sentido, prestamos unha
17 atención prioritaria á defensa da terra ante todas as agresións que sofre, e fronte as cales a mo-
18 bilización da sociedade galega ten un papel central. Nomeadamente, denunciamos a especu-
19 lación como inimiga directa da nosa soberanía nacional, e socialmente inxusta.
20
21 Tampouco podemos esquecer o traballo pola integración e pola implicación da inmigración no
22 tecido social galego. Cómpre incorporar á inmigración á loita política pola soberanía nacional
23 de Galiza, desde a solidariedade de clase coas traballadoras e traballadores doutros países que
24 chegan ao noso país, desde o respecto ao resto de culturas alleas e desde a necesidade de re-
25 coller e valorizar outras aportacións políticas.
26
27 Eivas do traballo institucional
28
29 O traballo electoral-institucional é só unha parte da actividade política. Debemos rachar coa irreal
30 separación entre o político e o social. É claro que unha solución satisfactoria ao conflito histórico
31 do noso país co estado español non virá dunha vía institucional nas coordenadas actuais.
32
33 O nacionalismo é un movemento transformador e calquera movemento digno de tal condición
34 non pode permitirse unha sociedade desmobilizada. A loita institucional, coa importancia ob-
35 xectiva que ten e que non se lle nega, non é por si mesma un factor de tensión e mobilización
36 social. Mesmo se convirte habitualmente nun factor desmobilizador e de freo a loitas populares
37 en función de intereses de partido. É na interrelación coa acción social e cos conflitos populares
38 -ademais de contribuír á mellora das condicións de vida- onde a loita institucional ten sentido
39 para un movemento transformador. A participación fronte a elitización son chaves nun traballo
40 electoral e institucional que avance nos obxectivos estratéxicos.
41

15
1 Cómpre reforzar un traballo a longo prazo de aumento da consciencia nacional e de clase e de
2 avultamento da base social favorábel á transformación política. Isto virá principalmente da can-
3 tidade de pequenos frontes que o movemento popular sexa quen de abrir na nosa sociedade.
4 E aí é onde o poder institucional debera estar a altura das circunstancias.
5
6 Defendemos que na política institucional os e as nacionalistas debemos de ter alternativas pro-
7 pias e perder o medo a parecer diferentes ao PP ou o PSOE, tamén nas formas, rexeitando os
8 bochornosos privilexios dos políticos. O nacionalismo é un movemento transformador e non hai
9 que ter medo a parecelo. O contrario cria confusión e desilusión nas fileiras propias e na base
10 social máis consciente. Boa parte, por non dicir que a maior parte, do prestixio social que
11 acadou o nacionalismo, o que se traduciu en apoio electoral vén do traballo social e coherente
12 de anos.
13
14 A nosa acción debe de ser desacomplexada fronte ao conservadorismo que se impón na política
15 convencional. Tal como nos eduquemos como pobo así seremos capaces de avanzar. Fronte a
16 política do marqueting, debemos defender a política das ideas. Actualmente, emprégase a mer-
17 cadotecnia para igualar e equiparar ao nacionalismo ao resto de forzas políticas aínda que ben
18 se podería facer o contrario. Pór a imaxe ao servizo das ideas e non á inversa.
19
20 A acción política, en contra do que se ten instalado como práctica viciada no seo do naciona-
21 lismo actual, non se circunscribe á vida interna dunha organización política nin á súa actuación
22 institucional, onde se perpetúan os cargos institucionais e orgánicos. Debemos neste sentido
23 combater o afán de figurar derivado desta concepción. A nosa posición é de oposición frontal
24 á política piramidal e gregaria.
25
26 O traballo nos movementos sociais
27
28 Percibimos claramente que na Galiza existe un enorme baleiro na autoorganización da socie-
29 dade, cunha excepción no sindicalismo. Carecemos de movemento asociativo nacionalista e
30 emancipador con implantación nacional e social en aspectos tan importantes como o veciñal,
31 cultural, cooperativo, ecoloxista, deportivo, etc. De non contarmos con base social autoorgani-
32 zada, non existirá nunca un movemento nacional de liberación; podemos dicir que a a situación
33 actual é o reflexo da participación dunha minoría elitista que pretende “salvar ao pobo sen o
34 pobo”.
35
36 Entendemos que temos aquí o noso principal campo de traballo, a partir dunha participación
37 non sectaria. O obxectivo, aínda rompendo cos vellos paradigmas, non é unicamente que máis
38 compañeiros e compañeiras se incorporen á nosa organización ou que asuman como seus os
39 nosos presupostos, senón que o propio desenvolvemento dun tecido social forte e de facer aflo-
40 rar as evidentes contradicións entre Galiza e o Estado que nos nega, así como a denuncia e su-
41 peración deste sistema inxusto e antidemocrático.

16
1 Dentro deste proceso, recoñecemos como parte do movemento popular galego a todas aquelas
2 organizacións, asociacións, iniciativas e proxectos que traballan desde a autoorganización e o
3 carácter popular na defensa de obxectivos concretos. O traballo social ten que servir ademais
4 para contrastar e completar a nosa proposta política.
5
6 O Movemento Pola Base entende como o eixo da sua actuación política a autoorganización
7 do pobo galego no camiño da sua liberación nacional e social. Esta autoorganización ten,
8 polo tanto, que se facer efectiva no reartellamento dun movemento popular galego en todos
9 os sectores onde sexa preciso que as clases populares se unan na defensa dos seus inte-
10 reses.
11
12 Temos sido testemuñas nestes últimos anos da deriva do nacionalismo político cara a un único
13 referente e polo de importancia ao cal se supedita o resto, a representación política e institu-
14 cional. Esta deriva, ademais de amosar-se totalmente ineficaz á hora de acadar unha mudanza
15 real do marco político, xurídico e económico no cal vivimos, provocou a supeditación do resto
16 das organizacións sociais á consecución deste obxectivo, afogando e aniquilando a moitas
17 delas, aínda que sempre con evidentes excepcións.
18
19 O resultado desta situación non é outro que unha certa presenza nas institucións (municipais
20 e autonómicas), nas cales se efectiviza unha xestión netamente continuísta de modelos ante-
21 riores e garantista a todos os efectos do sistema neoliberal actual, e un notábel deterioro do Mo-
22 vemento Popular, cunha considerábel perda de militantes nacionalistas, e con sectores de
23 traballo tan importantes como o viciñal, cultural, de normalización lingüística, xuvenil, ecoloxista,
24 etc., sen referentes de carácter nacional e convertidos en moitos dos casos en ermos nos que
25 se carece de capacidade de actuación real a nivel galego, e en todo caso moi inferiores aos exis-
26 tentes hai duas décadas, agás o sindicalismo obreiro.
27
28 O MPB entende que sen o construción deste Movemento Popular Galego non existe nin a máis
29 mínima posibilidade de que Galiza camiñe cara a sua liberación nacional e social. Deste xeito,
30 actuaremos como organización directamente no artellamento do Movemento Popular nos seus
31 diferentes sectores (veciñal, cultural, xuvenil, cooperativo, centros sociais, etc.), sen que estes
32 se supediten en ningunha circunstancia ao traballo máis electoral e institucional que tamén se
33 debe realizar.
34
35 Avaliación xeral da situación no BNG
36
37 O MPB participa do BNG e polo tanto o recoñece como a única organización política na cal tra-
38 ballar desde unha perspectiva estritamente política, electoral e institucional. O traballo funda-
39 mental a realizar no BNG debe ser rematar coa deriva liquidacionista que a quere homologar a
40 calquera outra forza política do sistema e renunciar aos seus principios transformadores e de
41 superación do actual marco político-xurídico. Estamos certos de que estas teses, aínda a dia

17
1 de hoxe, son compartidas por bastantes militantes do BNG que nin acreditan nin comparten a
2 liña ideolóxica nova imposta nestes últimos anos.
3
4 Sen embargo, cómpre analizar o descontento e desconfianza que o devir actual do BNG ten xe-
5 rado en moitos sectores activos das clases populares, aos cales non se pode desprezar na
6 construción e artellamento do movemento popular galego, e que comparten moitas das nosas
7 coordenadas ideolóxicas e de actuación. O MPB, na sua liña de priorización de construción
8 dunha Galiza autoorganizada, non supedita a pertenza e participación na nosa organización á
9 afiliación ao BNG, entendendo que o traballo nos movementos populares sen vinculación orgá-
10 nica individual ao BNG por parte de compañeiros e compañeiras que non queiran dar ese paso
11 por desconfianza ao que o BNG representa en moitos aspectos a dia de hoxe, pode contribuír
12 en boa medida ao noso medre organizativo, e aportar un traballo que non se pode desprezar
13 pola sua importancia na autoorganización social galega.
14
15 No documento “Facermos do BNG o instrumento para a autodeterminación nacional e a eman-
16 cipación social” presentabamos unha análise das causas que nos levaban a conformármonos
17 como colectivo dentro do BNG dada a deriva político-ideolóxica e organizativa da fronte.
18
19 Esa análise segue tendo plena vixencia xa que, lonxe de se produciren avanzos que permitisen
20 corrixir a situación aí constatada, tanto as teses aprobadas na XII Asemblea Nacional como os
21 últimos acontecementos políticos, contribuíron a agudizar aínda máis esa deriva.
22
23 Actuación do MpB dentro do BNG
24
25 A evolución política e organizativa do BNG dificulta que un proxecto como o que representamos
26 poida desenvolverse en condicións de normalidade, como demostran feitos tan emblemáticos
27 como a convocatoria de asembleas nacionais por delegados, o papel decorativo das asembleas
28 ou a ausencia de debate político. Con todo, debemos definir cales son os obxectivos inmediatos
29 do noso percorrido dentro da fronte, e nomeadamente a nosa relación e interacción co conxunto
30 das bases do BNG, que debe ser a nosa prioridade.
31
32 Certamente, cando iniciamos os traballos de conformación dun grupo crítico de militantes na-
33 cionalistas dentro do BNG, tiñamos como premisa non só a crítica necesaria e oportuna do
34 rumbo actual da dirección política, senón a vontade de colaborar na súa rectificación e mudanza;
35 aínda con esta vontade intacta, temos que partir da realidade e da asunción da auténtica co-
36 rrelación de forzas neste momento; tamén é prioritario que poñamos en destaque as contradi-
37 cións entre a ideoloxía de fondo –en teoría aínda non abandonada- e a práctica exercida pola
38 dirección da fronte.
39
40 Entre outras ideas xa elaboradas, suxeriamos acentuar o discurso soberanista e transformador
41 do BNG en troca da obsesión pola mercadotecnia e a linguaxe política retórica e baleira, recu-

18
1 perar a capacidade de debate e decisión das asembleas, a fiscalización permanente da tarefa
2 de goberno por parte dos órganos de dirección e, na medida do posíbel, polo conxunto da mi-
3 litancia, un novo modelo de relación entre o BNG e os movementos sociais ou un reformula-
4 mento das relacións internacionais que superase o formato, limitado na forma e no fondo, da
5 alianza Galeuscat.
6
7 Agora é o momento de definir con máis precisión as alternativas que queremos formular a
8 curto prazo, nos distintos niveis da organización, o modo de transmitilas e debatelas, mais
9 tamén a partir da realidade, sen que as dificultades existentes as convertan nunha frustración.
10 En todo caso as alternativas teñen que server tamén para nuclear a base militante en torno á
11 nosa proposta transformadora e alternativa.
12
13 O funcionamento dos organismos do BNG está marcado polos verticalismos e os persoalismos,
14 e pola ausencia, agora xa indisimulada do debate. As decisións importantes tómanse sempre
15 desde arriba a abaixo, e reléganse as asembleas, ou mesmo o proprio Consello Nacional a un
16 papel de ratificación de acordos xa tomados, polo xeral sen ningún debate previo. Desta maneira
17 é a Executiva a que marca o rumbo da organización (excedendo as funcións que o seu propio
18 nome indica), e non o Consello Nacional e moito menos as Asembleas. O Consello Nacional do
19 BNG ten ratificado as máis pesimistas das nosas análises: cun funcionamento máis propio
20 dunha xunta de accionistas que do organismo de dirección dunha fronte política, limítase a ra-
21 tificar as decisións previas da Executiva, e nin sequera se debate xa da política, nin de liñas xe-
22 rais. A liña de actuación no goberno tampouco é discutida dentro do Consello Nacional do BNG.
23
24 No entanto, nas asembleas o debate político queda relegado a un papel marxinal, cando non
25 se substitúe pola simple información das decisións tomadas en instancias superiores. Liqui-
26 douse de facto o asemblearismo e construíuse un modelo de afiliado mo lonxe dun modelo de
27 militante, educado nos peores hábitos do dirixismo e o control, deseñado para ter contacto coa
28 organización nos procesos electorais ou nas asembleas nas que hai que escoller organismos
29 de dirección que son despois os que levan o peso da actuación diaria.
30
31 Liñas de traballo xerais dentro do BNG
32
33 Apostamos por impulsar o proxecto histórico que o BNG representa para o país, como instru-
34 mento para a autodeterminación nacional e a emancipación social do nacionalismo popular.
35 Para iso, promoveremos a recuperación dos sinais de identidade fundamentais nun duplo sen-
36 tido:
37
38 - a defensa da liberación nacional e social como principais obxectivos do BNG, tanto desde as
39 institucións como a nivel orgánico, e unha acción política que non pretenda lexitimar o actual
40 sistema ou traballar acomodadamente dentro del, senón para traballar pola súa ruptura.
41

19
1 - a necesaria recuperación do modelo frontista -entendido como alianza dos sectores populares
2 obxectivamente interesados na liberación nacional- e democrático.
3
4 A) No plano ideolóxico-político
5
6 A primeira dificultade estriba non só en apostar por outra forma de política, senón por insistir,
7 contra o que argumenta a dirección do BNG, en que hai máis formas de facer política. Nese sen-
8 tido, afirmamos que si é posíbel é desexábel construír un modelo alternativo.
9
10 Como organización frontista, o BNG precisa de se dotar (como xa o fixo na súa fundación) duns
11 puntos mínimos que funcionen como eixo unificador e orienten o traballo diario. En concreto, o
12 obxectivo prioritario (que non pode ser tratado como un máximo) é a defensa do dereito da au-
13 todeterminación. O BNG en toda a súa acción política, sexa institucional ou do carácter que sexa,
14 deberá ter como horizonte estratéxico e inmutábel este obxectivo, a autodeterminación nacional,
15 que é irrenunciábel. Dentro deste campo deben respectarse todas as opcións, tamén a máis
16 avanzada e coherente, a que avoga pola constitución dun estado galego independente.
17
18 Debemos apostar por definir ao BNG como unha ferramenta de transformación social e de li-
19 beración nacional que non pode vivir presa do ciclo electoral, senón que debe partir das loitas
20 do día a día. Resulta imprescindíbel que a acción política do BNG non se limite ao plano insti-
21 tucional e se combine coa mobilización social. Un proceso de autodeterminación nacional e de
22 emancipación social precisa dun alto grao de concienciación popular, desde esa combinación
23 de espazos de loita.
24
25 Ao contrario do que se vén practicando moi maioritariamente, a conquista dun maior espazo
26 institucional para o nacionalismo debe servir como máis unha alavanca que axude a sociedade,
27 ou a xerar contradicións no sistema e respaldar as mobilizacións sociais, e en todo caso deben
28 poñerse ao servizo da maioría social do noso país, através de políticas sociais que teñan real-
29 mente unha vontade transformadora; tamén debemos pular por que se supere a política de
30 mera representación e se dea un maior protagonismo ás persoas na vida institucional. Ademais
31 as políticas nas institucións deben estar incardinadas na procura doutra política económica
32 xeral, que cuestione e defenda alternativas perante o actual modelo de globalización neoliberal
33 tamén desde Galiza.
34
35 Resulta imprescindíbel que o BNG recupere canto antes a relación en pé de igualdade cos move-
36 mentos e organizacións sociais actuantes no noso país, a partir do respecto á súa autonomía, evi-
37 tando tutelas innecesarias e impulsando unha coordinación e unhas relacións abertas construídas
38 en base ao respecto mutuo e a un proxecto transformador compartido, de carácter estratéxico.
39
40 Outras liñas de traballo cruciais son a defensa da normalización do noso idioma e da mobiliza-
41 ción social en torno a esta cuestión, a recuperación do perfil inequivocamente nacionalista e de

20
1 esquerdas e a superación da dependencia absoluta do marketing, o compromiso coa democra-
2 cia participativa, a defensa coherente do territorio ante o avanzo das políticas neoliberais e
3 unha nova política de alianzas internacionais.
4
5 B) No plano organizativo
6
7 A democracia interna non é apenas unha ferramenta útil para tomar decisións colectivamente,
8 senón a única forma congruente co modelo de democracia participativa que defendemos. O
9 único xeito de a militancia se implicar no traballo diario é implicala tamén en todo momento na
10 toma de decisións. Porén, o modelo organizativo no que se vén camiñando, agora acrecentado
11 coa convocatoria de asembleas nacionais por delegados, é exactamente o contrario: abandona
12 o asemblearismo como principio reitor e favorece o verticalismo na toma de decisións, fúrtase
13 o debate, o contraste de ideas e a construción do consenso na toma de decisións, pola que a
14 base militante vai perdendo a capacidade de participación no seo do BNG. Tivo como único
15 froito significativo o reforzamento do control da organización por parte do bloque hexemónico
16 e provocar que unha grande parte da militancia nacionalista estea instalada xa na pasividade
17 ou no escepticismo máis absoluto.
18
19 Porén, todo avanzo real do nacionalismo só pode asentar nunha organización que funcione
20 máis alá do traballo específico nos períodos electorais, na que a militancia participa plenamente
21 da toma de decisións. Debemos fomentar o debate constante desde a base, así como a for-
22 mación interna.
23
24 Apostamos por un funcionamento realmente democrático do BNG, onde as asembleas teñan
25 capacidade de debate, reflexión, opinión e toma de decisión de forma que a base militante re-
26 cupere un papel determinante na dinamización da vida política, tanto interna como externa-
27 mente. Non todo pode depender dos grupos municipais, parlamentares ou goberno, ou do
28 organismo máis reducido dentro do BNG.
29
30 Para avanzar nestas materias propoñemos ademais unha serie de mudanzas organizativas que
31 poden axudar a un maior dinamismo das estruturas nacionais, comarcais e locais:
32
33 - Mantemos unha postura contraria á duplicidade de cargos.
34
35 - Apostamos por compensar o déficit de liberados orgánicos fronte ao liberados dos grupos
36 municipais, parlamentares ou do goberno.
37
38 - Promoveremos que formen parte dos organismos e das candidaturas representantes de or-
39 ganizacións sociais, como representantes das demandas sociais.
40
41 - Proporemos unha reformulación da Carta Financeira, a partir dos principios de austeridade e

21
1 solidariedade, de xeito que se evite o beneficio persoal obtido dunha acción política que se pre-
2 tende transformadora, e que parte dos salarios dos cargos revertan solidariamente na organi-
3 zación.
4
5 Metodoloxía de traballo nacional/comarcal/local
6
7 A práctica política en organizacións frontistas e plurais ten as súas propias dificultades, co risco
8 constatado de que moitas das organización políticas que as compoñen se convertan en meros
9 grupos de presión que exercen unha sorte de goberno na sombra. Desde a nosa posición ide-
10 olóxica, temos que pular por unha relación franca e aberta co conxunto da militancia do BNG
11 coa que compartimos espazo, e defender un cambio de actitude e de práctica na complexa re-
12 lación entre organizacións partidarias ou colectivos organizados e a estrutura unitaria da fronte,
13 a comezar por facilitar que sexa nos organismos onde se dean os debates, con respecto para
14 todas as posicións, e onde realmente se tomen as decisións.
15
16 Isto non exclúe que poidamos debater, discutir e afirmar as nosas posicións propias, partindo
17 da mesma esixencia (debate nos organismos, ausencia de sectarismo, respecto ás outras po-
18 sicións) para con outros colectivos organizados. Do mesmo xeito, e desde a concepción máis
19 lóxica co frontismo, temos plena lexitimidade para transmitir dentro da militancia do BNG aque-
20 las cuestións coas que discrepemos, nomeadamente cando se propoñen alternativas coherentes
21 co nacionalismo e coa esquerda, e mesmo esixir que nas informacións emitidas polo BNG e nos
22 seus medios de comunicación teñan cabida as posturas minoritarias.
23
24 O noso traballo debe ter un eixo fundamental na realidade local, aínda que sempre cunha pers-
25 pectiva nacional. Periodicamente debemos avaliar a nosa acción política en todos os niveis, e
26 favorecer a comunicación e o diálogo entre todas as estruturas e niveis territoriais.
27
28 Medios de comunicación e presenza pública
29
30 Desde o noso nacemento tivemos vocación de favorecer o debate social sobre ideas e propostas
31 de actuación, cando menos entre as base social e militante do nacionalismo e os movementos
32 sociais, e ese continuará a ser, de aquí en diante, o noso principal obxectivo neste campo.
33
34 Desde a nosa posición no seo do nacionalismo e do movemento popular, consideramos de
35 grande importancia expoñermos por nós mesmos as nosas alternativas e evitar a manipulación
36 das nosas posicións políticas. Por iso favoreceremos o desenvolvemento de medios propios e
37 de áxil difusión que fagan posíbeis estes obxectivos:
38
39 - Desenvolverase a páxina web, que ven funcionando, dándolle unha maior dimensión e axilidade
40 prestando especial atención á difusión de documentos e artigos que favorezan o debate social
41 e o coñecemento de cada momento político.

22
1 - Contaremos, no menor prazo posíbel, cun voceiro nacional periódico, que poidamos distribuír
2 entre a base social do nacionalismo e o movemento popular. Contarán con especial peso artigos
3 que fixen posicións políticas e de documentos de análise sobre temas concretos.
4
5 - Edición de cadernos monográficos sobre aqueles asuntos que se consideren de interese e es-
6 pecialmente naqueles nos que o Organización teña manifestado a súa posición, de cara a dala
7 a coñecer socialmente e que pola súa extensión non teñan cabida no voceiro nacional.
8
9 - No terreo de información interna aproveitaranse os medios dixitais para a edición dun boletín
10 que achegue información e documentación internas a cada militante.
11
12 A nivel social apoiaremos ou impulsaremos aquelas iniciativas que no terreo da comunicación
13 sexan xeradas no país, valorizando a súa horizontalidade e apertura á participación así como o
14 seu non sectarismo. Teñen especial interese os medios de comunicación alternativos e proxectos
15 de contrainformación que contribúan a rachar o monopolio da información por parte do sistema.
16
17 No terreo da presenza pública, situándonos nun papel secundario e respectando a referencia-
18 lidade social do BNG e as organizacións sociais, teremos presenza e opinión directas naqueles
19 momentos onde se considere oportuno, tanto nas diferentes zonas como a nivel nacional.
20
21 En todo caso, no que ten a ver cos medios de comunicación, parécenos criticábel a tendencia
22 a dar os debates internos das organizacións nos medios oficiais, sobre todo cando moitas veces
23 non se deron antes nestas. É evidente que, con frecuencia, o único que perseguen estes medios
24 é danar ao conxunto do movemento nacionalista e criminalizar as loitas populares.
25
26 Política de alianzas
27
28 En consonancia co que levamos exposto até o de agora, desde a nosa organización recoñece-
29 mos como movemento nacionalista as organizacións que traballan, desde a autoorganización,
30 pola superación, en chave soberanista, do marco político imposto ao noso país. Cómpre, xa
31 que logo, ultrapasar o sectarismo actual e recuperarmos o sentido do movemento e familia na-
32 cionalista, onde diferentes organizacións traballan por un obxectivo que, con todos os matices
33 que cumpran, é compatíbel nas loitas diarias da etapa actual. As continuas loitas internas teñen
34 deixado a moitos compañeiros e compañeiras no camiño fartos dunha situación que moitas
35 veces non se chega nin a entender. Isto é facilmente constatábel no referente ao BNG máis
36 tamén é aplicábel a calquera organización social ou plataforma.
37
38 Isto non quer dicir que teñamos que fuxir de tensionar ou dar debates difíceis xa que, moi ao
39 contrario, será nestes debates onde se clarifiquen as posicións e se avance. Mais nunca se si-
40 tuou aquí o problema, senón precisamente en furtar eses debates, tan necesarios hoxe, dei-
41 xando todo en repartos de cuotas e organizacións desde as cúpulas.

23
1 Á hora de estabelecermos relacións e, no seu caso, chegarmos a acordos puntuais ou dura-
2 deiros con aquelas organizacións coas que nos recoñezamos mutuamente será sempre desde
3 actitudes abertas e leais. Apostamos por unidade reais e non teóricas. Pensamos que as uni-
4 dades deben construírse na práctica, no traballo diario e de base. Nos movementos sociais e
5 organizacións populares, na fronte política,… coincidimos diariamente con militantes de outras
6 organizacións e con moitos e moitas compañeiras sen militancia algunha. Traballaremos xa
7 que logo sen preconceitos, analizando as situacións concretas en cada momento e en cada
8 lugar. As organizacións e as súas loitas serán as primeiras beneficiarias.
9
10 En todo caso, é evidente que unha organización que nace e comeza a ocupar o seu espazo po-
11 lítico primando a loita ideolóxica non adoita ser do agrado das mentes acomodadas. Na nosa
12 curta vida como colectivo xa nos temos enfrontado a exclusións e a ataques sectarios de com-
13 pañeiros e compañeiras de viaxe, que en función de conxunturas oportunistas mudan a súa ac-
14 titude fronte a nós. Ese é o noso límite. Non podemos aceptar a man tendida sexamos agredidos,
15 nin tampouco que onde somos fortes e contamos cunha presenza consolidada se nos respecte
16 e que onde teñamos máis debilidade se nos ataque impunemente.
17
18 As nosa relacións e tarefas no ámbito internacional
19
20 Coidamos que esta área ten moita importancia, sexa pola necesaria proxección de Galiza e dar
21 a coñecer a nosa situación social e política, como pola incidencia que sobre a nosa nación e o
22 seu futuro ten a evolución da situación internacional, tanto na orde económica como política.
23 As relacións internacionais do nacionalismo galego foron até hoxe moi limitadas; unha excepción
24 é o sindicalismo nacionalista, sexa obreiro ou labrego.
25
26 No eido internacional:
27
28 - Manteremos relacións con todas as organizacións antiimperialistas, e moi especialmente
29 coas que teñan maior proximidade e sensibilidade cos principios e obxectivos da nosa orga-
30 nización.
31
32 - Dámoslles ás relacións con Portugal un carácter estratéxico, xa que somos dúas ponlas dunha
33 mesma árbore. Importancia que facemos extensiva ás relacións con todos os países da área
34 lusófona.
35
36 - Hai outras tres áreas territoriais que teñen para nós especial interese. O continente europeo,
37 do que formamos parte; os países de América Latina, hoxe un dos centros fundamentais da loita
38 antiimperialista e de desenvolvemento de novas alternativas democráticas e populares, nacións
39 coas que temos antigas e especiais relacións migratorias; e o mundo árabe, en varios de cuxos
40 países se libra unha dura loita contra o imperialismo.
41

24
1 - No Estado as relacións coas outras nacións sen soberanía serán prioritarias. Coidamos, así
2 mesmo, que as relacións con outra organizacións do Estado español –que defendan o dereito
3 de autodeterminación- son necesarias. No referente ao chamado conflito vasco entendemos que
4 non se pode facer como se non existise ou fose un problema de orde pública; a nosa postura
5 é que haxa unha saída negociada respectando o marco vasco de decisión, ou sexa o dereito
6 de autodeterminación, rexeitando calquera exclusión ou criminalización da esquerda abertzale.
7
8 - Impulsaremos o coñecemento, a mobilización e a solidariedade do pobo galego con outras loita
9 antiimperialistas ou que procuren unhas relacións sociais xustas en calquera eido ou na defensa
10 do ecosistema.
11
12 - Traballaremos polo recoñecemento e representación de Galiza en todo tipo de foros interna-
13 cionais, e moi especialmente naqueles nos que se potencie a nosa lingua e cultura nacional, a
14 nosa identidade, por exemplo os do ámbito da lingua galego-portuguesa.
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41

25
1 Modelo organizativo
2
3 O grupo de mulleres e homes que estamos a dar a luz a este novo colectivo, acreditamos fir-
4 memente en que a organización que creemos debe ser no seu funcionamento interno un reflexo
5 da sociedade nova pola que loitamos, e debe pois reproducir no seu interior os mecanismos de
6 democracia participativa que defendemos a todos os niveis.
7
8 A nosa organización debe estar composta por militantes conscientes que asuman por tanto un
9 compromiso real coa nosa acción política transformadora. Pensamos que non é só cotizar a
10 cuota estabelecida o que define a condición de militante. Non é ese o modelo de afililada/o pa-
11 siva/o que defendemos, pois ao noso ver a militancia implica uns compromisos, que, por suposto
12 na medida das posibilidades de cadaquén, todos debemos cumprir. Compromisos baseados na
13 solidariedade, no compañeirismo e na participación en pé de igualdade tanto nos debates e a
14 definición da liña política e de actuación como no traballo diario.
15
16 Partimos do rexeitamento á política verticalizada onde os militantes pouco ou nada teñen que
17 dicer, limitándose a seren meros espectadores de decisións das súas cúpulas. Aspiramos a re-
18 cuperar o sentido ilusionante da militancia política, como acción transformadora e revolucionaria
19 que sexa capaz desde xa de construir modos de vida alternativos á lóxica do capital.
20
21 Cremos nun colectivo militante no que non existen debates dados nin ideas preconcebidas, do
22 mesmo xeito que non existen propostas proscritas nen censuras previas sobre nada ou ninguén.
23 Dentro dos parámetros da esquerda revolucionária, anticapitalista e independentista nos que
24 nos situamos, todo é debatíbel tanto a nivel táctico como estratéxico, de xeito leal e construtivo.
25
26 Frente a quen defende modelos no que a dirección é toda a organización, para nós cada mili-
27 tante debe ser un dirixente, asumindo polo tanto o compromiso responsábel que lle corresponde
28 cara o conxunto dos seus compañeiros.
29
30 Asumimos como fundamento da nosa organización o principio do traballo colectivo, antídoto
31 contra a burocracia, os personalismos e os voluntarismos que en diferentes épocas e lugares
32 tanto dano lle teñen feito ás organizacións de esquerda.
33
34 Desde o momento en que formamos parte do mesmo proxecto político, todas e todos os mili-
35 tantes deben contar cos mesmos dereitos e consideración. Deberemos fuxir dun modelo que,
36 directa ou indirectamente, consagre militantes de primeira e de segunda orde. A aportación de
37 todos e cada un de nós é igual de válida, e debemos traballar para que ninguén sinta que a súa
38 opinión ten menos valor que a do resto.
39
40 Ao igual que vimos tentando desde o noso nacimento como colectivo, a procura do consenso
41 na toma de decisións parécenos un importante principio do que partir. Substituir o necesario

26
1 debate previo á toma de decisións polo sometimento mecánico da maioría á minoría pouco
2 tería de democrático.
3
4 Sabendo isto, é tamén evidente que en determinados casos será inevitábel optarmos por umha
5 postura concreta na que non sexa posíbel tal consenso e por tanto, o respeito da minoria pola de-
6 cisión maioritaria tornase indispensábel. Mais este compromiso nunca debe implicar que o resul-
7 tado dunha votación ou dun acordo maioritario supoña a proscrición da postura minoritaria, que
8 debe ter direito a ser coñecida e valorada polo conxunto da organización. Debemos asumir que é
9 lóxico e normal que existan discrepancias, o noso deber será non tratalas como disidencias.
10
11 Apostamos por unha organización da carácter nacional, cun funcionamento con base territorial
12 (eixo básico da participación de toda a militancia) e de carácter asemblear, coordenada por
13 medio dun organismo de dirección nacional que combine na súa composición a representación
14 zonal coa elección en Asemblea Nacional de parte dos seus membros.
15
16 Falamos de asemblearismo porque entendemos que son as asembleas (onde participa o con-
17 xunto da militancia) o núcleo fundamental na toma de decisións, especialmente nas cuestións
18 de maior calado político. Do mesmo xeito, correspondelle ás asembleas elevar propostas á
19 Mesa Nacional (como organismo de dirección política) e participar de todos os debates que se
20 den a nivel nacional.
21
22 Por suposto, o asemblearismo ten que ser para nós unha ferramente útil e solvente e nunca un
23 lastre, para o cal é indispensábel un funcionamento áxil e ordenado que compatibilice a parti-
24 cipación colectiva na toma de decisións coa necesaria operatividade. Non sería admisíbel que
25 unha soa decisión deixase de ser tomada a tempo por erros derivados dun excesivo burocra-
26 tismo.
27
28 Para que este modelo sexa efectivo, é imprescindíbel unha comunicación fluída a todos os ni-
29 veis, de arriba a abaixo, de abaixo a arriba e mesmo tamén horizontalmente entre asembleas.
30
31 Ainda que poda resultar un traballo engadido, é fundamental garantir que os acordos e debates
32 centrais dos diferentes organismos (asembleas e Mesa Nacional) sexan sempre transmitidos
33 na maior brevidade posíbel ao conxunto das zonas, para garantirmos un funcionamente áxil e
34 fluído.
35
36 Nunha organización nova que está a dar os seus primeiros pasos como tal, vemos imprescin-
37 díbel actuar con flexibilidade adecuando o modelo organizativo ao variábel contexto, polo que
38 cada asemblea territorial debe adaptar os seus mecanismos de traballo á súa situación concreta.
39
40 Haberá lugares onde resulte máis acaído priorizar o traballo a nível local e non zonal, ou á in-
41 versa. Do mesmo xeito, e no entanto non contemos con militancia estruturada en todo o país,

27
1 será preciso adaptar a nosa realidade organizativa á nosa presenza territorial (sen ter necesa-
2 riamente en conta as comarcas naturais nin as organizativas no BNG) para sermos eficientes
3 e priorizando o obxectivo de que todos os militantes estexan organizados a nivel territorial.
4
5 Organismos Executivos
6
7 No caso de existiren organismos de carácter executivo nas zonas onde se precisar (por opera-
8 tividade ou número de militancia), é indispensábel delimitar ben as súas funcións, de xeito que
9 a capacidade de dirección política non deixe nunca de ser asumida polas asembleas. É a estas
10 ás que lles corresponde debater e planificar as liñas xerais do traballo na zona, o que nom im-
11 pide que os Consellos de Zona podan desenvolver esas liñas e dar resposta a cuestións de ca-
12 rácter inmediato cando for preciso.
13
14 Mesa Nacional
15
16 A Mesa Nacional, debe ser no seu traballo un reflexo do conxunto da militancia da organización,
17 recollendo todas as propostas formuladas desde as zonas e trasladando todos os seus debates
18 ao conxunto da militancia, o cal por suposto non debe ir en perxuizo da súa capacidade de di-
19 rección política.
20
21 A Mesa Nacional deberá eleixir entre os seus membros as responsabilidades de carácter político
22 ou organizativo que determine, sendo algunhas das indispensábeis organización, finanzas, for-
23 mación, comunicación ou propaganda.
24
25 Do mesmo xeito, tamén serán creadas as responsabilidades sectoriais que se determinen (mu-
26 lleres, sindical, cultural, medio ambiente...) co obxectivo de canalizar as iniciativas nos diferentes
27 ámbitos de traballo e coordenar as respectivas Comisións.
28
29 Comisións
30
31 O traballo en Comisións (ben nacionais, ben zonais ou locais) de carácter sectorial é útil á hora
32 da axilizar o traballo nos diferentes ámbitos e de liberar aos organismos de debates excesiva-
33 mente concretos que dificultarían a súa efectividade.
34
35 As Comisións deben ter carácter aberto a toda a militancia mais no caso de se constituiren
36 deben contar con un mínimo de militantes dispostas a sacalas adiante.
37
38 En calquera caso, debemos evitar unha excesiva “especialización”, no sentido de que sería ne-
39 gativo que cada militante limite a súa formación, análises e participación e xeral ao seu sector
40 prioritario de traballo. Neste sentido, pularase tamén por trasladar de xeito fluido os acordos e
41 debates das diferentes comisións ao conxunto da militancia.

28
1 Colaboradoras/es:
2
3 Existirá sempre (e é positivo e desexábel que así sexa) un amplo núcleo de persoas que, sen
4 estaren dispostas ainda a daren o paso á militancia política, si que se identifiquen e compartan
5 as nosas análises e proxecto. Estes simpatizantes, a maioría deles integrados nos Movimentos
6 Sociais nos que traballemos, deben contar cun apoio e información constante pola nosa parte,
7 habilitando tamén mecanismos para recollermos as súas propostas e valoracións, e traballando
8 pola súa futura integración na organización así como ao traballo político.
9
10 Representación colexiada
11
12 A cuestión da representación da organización é tamén algo no que debemos comezar a rachar
13 cos tópicos e as prácticas da maioría de partidos e organizacións políticas ao uso. Cremos que
14 aquí e agora non só non son imprescindíbeis, senón mesmo negativos os referentes persoais
15 únicos que identifiquen o proxecto con unha ou outra persoa. Nós ofrecemoslle á sociedade un
16 proxecto político e un traballo, que, mais alá de quen poda desenvolvelo en cada momento a
17 cada nivel, ten carácter colectivo e así debemos transmitilo. Ninguén é imprescindíbel e ao
18 mesmo todos somos necesarios. Por iso, é importante á hora de aparecer publicamente (e non
19 só ante os meios de comunicación) evitar a identificación da nosa organización con determi-
20 nados “liderazgos” ficticios, á marxe de quen ostente en cada momento as responsabilidades.
21
22 Esta debe ser tamén unha das nosas aportacións ao novo xeito de facer política que defende-
23 mos.
24
25 Formación
26
27 A formación debe pasar a un primeiro plano na vida diaria da nosa organización, non só a nivel
28 ideolóxico-político, mais tamén sectorial, dándolle un papel central ao debate de ideas na nosa
29 acción transformadora.
30
31 Debemos ter en conta que o xeito máis acaído de mellorar a formación dos militantes sempre
32 é a que se orixina a partir da súa practica concreta, aquela que se adquire na análise metódica
33 e no debate colectivo sobre o traballo que se vai realizar, o seu seguimento, e por último as re-
34 flexións que cumpre facer sobre os resultados, erros e acertos, unha vez rematado.
35
36 A formación teórica sempre será un complemento necesario á formación adquirida na practica
37 social e política, e nunca pode substituír a esta última. Por outra banda, a falta de análise
38 teórica, non enmarcar toda loita no contexto xeral e no proxecto estratéxico, e sobre todo non
39 achegar estas reflexións ás clases populares, leva ao practicismo e ao economicismo, por máis
40 combativa que sexa a actuación social, activa e teimosa a dirección.
41

29
1 Debemos tentar que -alén de que cada militante priorice o seu traballo nun sector- todas as
2 compañeiras e compañeiros podan opinar e defender a súas posicións en todos os temas, pois
3 a nosa organización vaise nutrir de xente procedente do traballo sectorial e non sempre existirá
4 unha visión global da actividade política.
5
6 A realización de actividades concretas dirixidas a este campo, como Xornadas Nacionais de
7 Formación adicadas a diferentes temas, contando tamén con aportacións de fora da organiza-
8 ción, pode ser unha das ferramentas coas que traballarmos neste campo, ao igual que a edición
9 de cadernos de formación ou a difusión e intercambio entre a militancia de leituras ou outro ma-
10 terial formativo de interese.
11
12 Defendemos un modelo de traballo formativo non dogmático, que non teña como obxectivo o
13 adoutrinamento desde a dirección ás bases senón á elaboración colectiva do noso proxecto
14 transformador dirixido a todos os ámbitos da sociedade.
15
16 Organizármonos nos territorios galegos fora da Comunidade Autónoma
17
18 Desde o momento en que asumimos que a nosa nación non se cinxe o seu território aos actuais
19 limites administrativos da actual C.A.G., é preciso adaptarmos o noso modelo organizativo a esa
20 realidade.
21
22 Coas obvias dificultades existentes, o obxectivo debería ser articular Asembleas de Zona no
23 Eo-Navia, no Bierzo e na Seabra e as Portelas, mais para avanzar nese camiño teremos que dar
24 moitos pasos antes, como pode ser a colaboración co tecido social galeguista e permeábel ao
25 nacionalismo galego, xa organizado na zona e ao tempo tentar facer chegar a nosa actividade,
26 propostas e campañas a eses lugares, para o cal será preciso unha atención concreta por parte
27 da MN e particularmente das comarcas limítrofes.
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41

30
1 Proposta de Estatutos
2
3 Art. 1- A nosa é unha organización revolucionaria que loita pola plena soberanía nacional de
4 Galiza -pola independencia nacional entendida como exercicio do direito de autodeterminación
5 a todos os niveis- e pola superación do capitalismo através da construción do poder popular
6 no camiño da sociedade socialista.
7
8 Art. 2- A nosa organización asume como principios e obxectivos os intereses estratéxicos da
9 Clase Obreira Galega.
10
11 Art. 3- A nosa organización rexeita todos os sistemas e modelos de dominación e loita contra
12 unha división xerarquizada e de xénero da sociedade, na defensa dun modelo de sociedade
13 igualitaria, sen discriminación de xénero nin por opción sexual.
14
15 Art. 4- A nosa organización utiliza como xeito de análise o marxismo, e o utiliza como unha teoría
16 de interpretación da realidade e de praxe concreta, de cara á transformación revolucionaria.
17 Recollemos tamén o legado da loita en Galiza a prol da identidade nacional e da nosa liberación,
18 así como as experiencias noutros países da clase obreira, das organizacións populares e dos
19 movementos de liberación nacional.
20
21 MILITANCIA
22
23 Art. 5- Pode ser militante calquera persoa que o desexe e aceite os presentes estatutos e os
24 principios ideolóxicos da organización.
25
26 Art. 6- O ingreso é individual é voluntario e quen o solicitar deberá ser presentado na Asemblea
27 de Zona que corresponda. A alta dun/ha militante farase efectiva de ter na Asemblea máis
28 votos a favor que en contra. No caso de non existir Asemblea de Zona constituída, a petición
29 de entrada farase a por medio da Mesa Nacional.
30
31 Art. 7- As baixas faranse efectivas no momento de seren notificadas na Asemblea de Zona co-
32 rrespondente.
33
34 Art. 8- Son dereitos das/os militantes:
35
36 – Participar en pé de igualdade co resto de compañeiros da vida diaria da organización e
37 na elaboración da liña política e propostas desta.
38
39 – Empregar os locais e demais infraestrutura da organización
40
41 – A formación política e ideolóxica. Recibir información sobre todos os debates e actividades

31
1 da organización.
2
3 – Votar, elixir e ser electo para calquera cargo na organización.
4
5 – Recibir apoio solidario da organización en caso de sufrir persecución ou represión por
6 causa da sua militancia.
7
8 Art. 9- Son deberes das/os militantes:
9
10 – Defender publicamente os acordos da organización e a súa liña política..
11
12 – Observar unha práctica, pública e privada, coherente coa súa militancia, comezando polo
13 emprego do noso idioma a todos os niveis.
14
15 – A solidariedade e compañeirismo con todos os membros da organización.
16
17 – Asistir ás reunións, participar dos debates e practicar a crítica e a autocrítica de xeito res-
18 ponsábel e construtivo.
19
20 – Cotizar coa cuota estabelecida.
21
22 Art. 10- Sancións:
23
24 a) A sanción poderá ser: chamada de atención, reprobación, relevo da responsabilidade que se
25 ocupe, baixa temporal ou definitiva.
26
27 b) A proposta de sanción correspóndelle á Asemblea de Zona na que milite a compañeira/o
28 obxecto da mesma ou á Mesa Nacional, e deberá contar co apoio da maioría dos presentes.
29 En todo caso o compañeiro/a poderá recorrer a sanción ante a Mesa Nacional.
30
31 c) Correspóndelle á Mesa Nacional a toma en consideración da sanción e do recurso.
32
33 d) As causas de sanción serán o incumprimento das obrigas aparelladas á militancia e aque-
34 loutras que estimar o organismo oportuno.
35
36 ORGANISMOS
37
38 ASEMBLEA NACIONAL
39
40 Art. 11- A Asemblea Nacional é o máximo organismo de decisión da organización, e está con-
41 formado por todos os militantes dados de alta conforme ao Regulamento da mesma. Reunirase

32
1 ordinariamente cada dous anos e de xeito extraordinario cando así o decida:
2
3 – A Mesa Nacional
4
5 – O 51% da militancia
6
7 – 2/3 das Asembleas de Zona
8
9 Art. 12-.Son funcións da Asemblea Nacional:
10
11 – Elixir mediante sufraxio directo e segredo once membros da Mesa Nacional.
12
13 – Definir a liña política da organización.
14
15 – Atender á rendición de contas dos organismos de dirección, debatendo o informe de xes-
16 tión elaborado pola MN.
17
18 – Definir e modificar os estatutos da organización.
19
20 – Dar conta do estado das finanzas da organización.
21
22 – Calquera outra que soberanamente a Asemblea decida.
23
24 MESA NACIONAL
25
26 Art. 13- A Mesa Nacional é o principal organismo de decisión entre Asembleas Nacionais. Está
27 conformado polos membros electos na AN e representantes por cada zona formalmente cons-
28 tituída e naquelas nas que contemos con presenza.
29
30 Art. 14- A Mesa Nacional contará coas responsabilidades de carácter político, organizativo ou
31 sectorial que se determinen.
32
33 Art. 15- Son funcións da Mesa Nacional:
34
35 – A representación colexiada da organización a nivel nacional
36
37 – Executar a liña política definida pola Asemblea Nacional.
38
39 – Coordinar o traballo nacional entre Asembleas Nacionais.
40
41 – A análise da conxuntura política.

33
1 – Traballar pola extensión territorial e de militancia da organización e aprobar a constitución
2 de novas zonas.
3
4 – Atender as propostas de sanción e os recursos ás mesmas
5
6 – O control sobre as finanzas da organización.
7
8 – Convocar a Asemblea Nacional cando corresponder ou así se solicitar conforme aos Es-
9 tatutos.
10
11 PLENARIO NACIONAL
12
13 Art. 16- A Mesa Nacional poderá convocar Plenarios Nacionais nos que poderá participar toda
14 a militancia co obxectivo de debater cuestións concretas. Tamén poderán convocarse a petición
15 da militancia coas mesmas condicións determinadas para as AN extraordinarias.
16
17 ASEMBLEAS DE ZONA
18
19 Art. 17- A organización estrutúrase en Asembleas de Zona que se reunirán ordinariamente con
20 unha periodicidade mensual. A súa extensión e configuración poderá variar conforme as nece-
21 sidades operativas de cada momento, en base ao criterio dos propios militantes da zona. En cal-
22 quera caso, a creación, agregación ou segregación de zonas será ratificada pola Mesa Nacional.
23
24 Art. 18- Cada zona formalmente constituída elixirá de entre os seus membros 1 representante
25 ante a MN, que serán dous no caso de que a zona conte con máis de 20 afiliados e afiliadas,
26 un dos cales exercerá como Responsábel de Organización na Zona e cuxa función será convocar
27 as Asembleas, facer cumprir os acordos tomados e servir de canle de comunicación coa orga-
28 nización nacional. A zona elixirá tamén todas aquelas responsabilidades que considere preci-
29 sas.
30
31 Art. 19 -Alá onde se estimar oportuno, poderanse elixir Consellos de Zona con carácter exe-
32 cutivo.
33
34 ASEMBLEAS LOCAIS E OUTRAS ESTRUTURAS
35
36 Art. 20- As Asembleas de Zona poderán aprobar a constitución de Asembleas Locais, de Centro
37 de Traballo, sector ou outras que se adapten á realidade organizativa alá onde for preciso.
38
39 SÍMBOLOS, HINO E VOCEIRO
40
41 Art. 21- Asumimos como propia a bandeira nacional galega coa estrela vermella de cinco pun-

34
1 tas, símbolo da liberación nacional, ademais da bandeira vermella coa fouce e o martelo, símbolo
2 da loita polo socialismo.
3
4 Art. 22- O anagrama será unha bandeira nacional galega parcialmente superposta a umha
5 bandeira vermella, de xeito que permita ver unha parte desta última.
6
7 Art. 23- Asumimos como propios o Himno Nacional da Galiza e A Internacional, himno da clase
8 traballadora.
9
10 Art. 24- O voceiro chámase “Pola Base” e terá a periodicidade que a MN determine.
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41

35