You are on page 1of 11

Unha das lendas máis coñecidas con respecto

á orixe do encaixe en Galicia, dinos que un


dos moitos barcos italianos que pasaban
fronte ás costas de Camariñas naufragou
debido á forte ondada, sendo moi poucos os
superviventes. En agradecemento á axuda
prestada pola xente destas terras, que lles
deron pousada e comida, unha dama italiana
que viaxaba neste barco, ensinou a arte de
palillar ás mulleres de Camariñas, dende onde
se estendeu por toda a costa galega.
O encaixe de palillos é unha testemuña da
supervivencia das artes e oficios populares e a
miña avoa é unha verdadeira artista.
As súas mans ademáis de dar as mellores
caricias tamén fan marabillas cos bolillos.
A almohadiña ou mundiño úsase para termar
da labor mentres se está a traballar.Pode estar
chea de palla, crin…
Os bolillos serven para enrolar o fío en
espiral e para suxeitalo nunha entalladura que
teñen na parte superior,mediante un nodo que
permite ir desenrolando o fío.
Alfileres:Para suxeitar os cruces das guías, os
enlaces, torsións e bucles mentres se realiza a
labor.
A miña avoa emprega para facelos
traballos fio de algodón.
Para facer os traballos hai que facer un deseño
previo sobre un material liso e tenso,coma
cartolinas o papel tela.Faise o debuxo
esquemático e aburatease nos lugares onda están
os alfileres.
Ten feito unha ampla mostra de mantelerías,
panos, sabas, flocos, colchas, etc
Tapetes

Mantelerías
A miña avoa é moi especial e ten mans de ouro