VI CERTAME LITERARIO IES de SANXENXO

Cando teñas algo que dicir, dio; cando non, tamén. Escribe sempre. Augusto Monterroso.

Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o Ies de Sanxenxo a través da Biblioteca do centro e en colaboración cos Departamentos de Galego, Castelán, Plástica e Normalización Lingüística convoca o VI CERTAME LITERARIO, de acordo coas seguintes bases: Primeira. Participantes e categorías. A B Terceiro ciclo de Primaria Primeiro ciclo de Secundaria C D Segundo ciclo de Secundaria Bacharelato

Segunda. Fases do certame. 1ª. Fase de selección: realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por categorías antes do 13 abril ao endezo eléctrónico: bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com O alumnado do centro convocante inscribirase na Biblioteca antes da data sinalada, poidendo requerirlle un traballo de redacción previo para a súa selección. 2º. Fase de realización. Terá lugar no Ies Sanxenxo o 23 de abril dende ás 9:30 h. ás 12 h. Terceira. Características do texto de redacción. Tema: será elexido polo participante entre dúas opcións propostas pola organización. Lingua: galega ou castelá. Modalidade: prosa ou verso. Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1DIN– A4 polas dúas caras escritas a bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da categoría como única identificación para garantizar o anonimato.

Cuarta: Premios. Establécense dous premios por categoría: PRIMEIRO PREMIO: 80 €

SEGUNDO PREMIO: 50 € Os premios consistirán nun talón económico canxeable en librerías. A entrega de premios terá lugar en acto público en lugar e data dos que se informará. Quinta. Xurado. A presidencia do xurado será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca escolar do instituto convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores da área de linguas e de arte e humanidades, e ex- alumnos premiados en edicións anteriores. As súas deliberacións serán secretas e das súas decisións inapelábeis; redactarase a acta correspondente. Sexta. Traballos seleccionados Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do centro. As obras premiadas e finalistas poderán ser obxecto de publicación. Sétima. Aceptación das bases. A presentación no Certame supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descalificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos. Máis información: http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/ Tfno: 986 724 10
Sanxenxo, 5 de marzo de 2010