PREMIO DE ILUSTRACIÓN

2MIL10
A palabra como materia prima dunha obra de arte.

VI CERTAME LITERARIO IES de SANXENXO

Co obxectivo de publicar os textos gañadores e finalistas, seleccionados nas distintas categorías do VI CERTAME LITERARIO, o IES de Sanxenxo, a través da Biblioteca do centro e en colaboración cos Departamentos de Galego, Castelán, Plástica e Normalización Lingüística convoca o PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2mil10 para a portada do libro, de acordo coas seguintes bases: • • •

Participantes: Estudantes menores de 23 anos. Categoría: única. Premios: un único premio de 80 €

O premio consistirá nun talón canxeable en librerías ou tendas de artes plásticas. •

Características da ilustración:

1.

Diseñar a portada do libro que recolla os textos gañadores e finalistas do VI Certame Literario IES de Sanxenxo.

2.

Tema: “A palabra como materia prima dunha obra de arte.”

3. Técnica: libre. 4. Serán orixinais e inéditos. 5. Asinaranse con seudónimo incluíndo en sobre adxunto os datos persoais e académicos e fotocopia do DNI.

6.

Enviaranse ao enderezo postal:

Premios ilustración 2mil10 IES de SANXENXO Baltar s/n Portonovo 36970 Sanxenxo. Pontevedra

ou ben ao enderezo electrónico: bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com antes do 30 de abril.

7. Entrega de premios: terá lugar en acto público en Sanxenxo, no lugar e data dos que se informará. 8. Xurado: A presidencia será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca do centro convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores de arte e humanidades. As súas deliberacións serán secretas e das súas

decisións inapelábeis; redactarase a acta correspondente. 9. Orixinais seleccionados: Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do centro. A obra premiada e as finalistas poderán ser obxecto de publicación. 10. Aceptación das bases: A presentación no Premio supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descalificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos. 11. Máis información: http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/ Tfno: 986 724 108

Sanxenxo, 5 de marzo de 2010