You are on page 1of 15

IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH

TEMA 9

E. Prindustrial E. Industrial E. Postindustrial


Cronoloxía Desde a orixe da cidade Desde o inicio da industrialización Desde 1980.
ó inicio da industrialización á crises económica de 1975.

Taxa de Modesta (a poboación urbana non supera o 10% do Experimenta un gran crecemento: Se estabiliza: crece a ritmo menor pola
Urbanización total) e estabilizada, porque, aínda que hai crecemento o incremento da poboación urbana redución dos movementos migratorios ás
urbano, o incremento da poboación urbana es paralelo supera ó da poboación rural. cidades e a diminución do crecemento
ó da poboación rural. natural.

Factores – Estratéxico-militares (control do territorio). – Administrativos: a nova división – A industria perde importancia como
de la – Políticos e administrativos (organización do do territorio en provincias en 1833 factor de urbanización porque a crise
urbanización territorio). estimulou o crecemento das novas industrial provoca a perda de atracción ou
– Económicos (control dos recursos do entorno e capitais provinciais. o declive das cidades industriais e pola
centros de actividade comercial e artesanal). – Económicos e sociais: naceu e nova tendencia a dispersar a produción
– Relixiosos (sedes do poder relixioso). desenvolveuse a industria industrial no espazo.
moderna, que localizouse nas – A terciarización gana importancia como
-Colonización fenicia e grega (litoral mediterráneo) cidades e atraeu ata elas a unha factor de urbanización (actividades punta,
-Romanización: fundaron moitas cidades. poboación campesiña numerosa, centros de decisión e turismo), mais aínda
-Invasións xermánicas: fase de desurbanización. polo alto crecemento da non substitúe á industria.
-Idade media: Musulmáns: crearon cidades e poboación, que viu facilitado o -Na etapa postindustrial fréase o proceso de
revitalizaron outras. traslado pola mellora dos crecemento das maiores cidades a favor das
Cristiáns: escasa vida urbana ata os séculos XII e XIII transportes. cidades medias e pequenas debido á
no que se reactivou. saturación das grandes urbes e á tendencia
-Idade moderna: S.XVI auxe urbano; s.XVII -Ata mediados do XIX: a actual á descentralización das actividades
estancamento; s.XVIII, reanimouse. concentración demográfica foi económicas. O resultado é a dispersión da
pequena (24,6%) urbanización ou urbanización difusa que
-Dende mediados do XIX a 1936: estende a cidade sobre espazos cada vez
a taxa case se dobrou (40%). máis amplos.
-Guerra Civil e posguerra:
ralentizouse e non favoreceu o
crecemento.
-Dende 1960 ata 1975 : etapa de
maior crecemento

Profesora: Rosa María Cid Galante 1


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

Profesora: Rosa María Cid Galante 2


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

Casco E. Preindustrial E. Industrial E. Postindustrial


histórico
Plano – Cidade rodeada de murallas.– Reformas interiores do século XIX e el primeiro terzo del Política de rehabilitación integrada, que
– Plano irregular, aínda que século XX causadas polo crecemento da poboación e a pretende a recuperación do casco antigo:
hai exemplos radiocéntricos edesamortización (apertura ou ensanche de rúas e prazas, peatonalización de rúas e ensanche e
en cuadrícula. corrección de sinuosidades) e apertura de novas prazas e de axardinamento de prazas.
grandes vías.
– Políticas de renovación da década de 1960: destrución de
parte do plano pola apertura o modificación de rúas.
– Deterioro morfolóxico e social das áreas menos valoradas.
Trama Cerrada, compacta, con casas Densificación da trama para aproveitar mellor o espazo. A trama herdada e difícil de alterar, pero
unas xunto a outras. trátase de diminuíla densificación con
medidas como as anteriores.
Edificación Unifamiliar, dunha ou dúas – Reutilización de algúns edificios desamortizados. Rehabilitación de vivendas privadas e de
plantas, con currais e hortos. – Verticalización: 3-5 plantas. edificios do patrimonio histórico.
– Renovación e substitución de edificios antigos por outros
modernos de máis altura e morfoloxía sen relación coa
tradicional.
Usos del – Multifuncionalidade: As zonas máis centrais e máis valoradas son elixidas como Defensa dos usos tradicionais (residencia
solo mestúranse residencias, lugar de residencia pola burguesía e comezan a recibir funcións popular) e
talleres e comercios. terciarias. implantación de actividades
– Certa especialización En elas, especialmente durante a década de 1960, se instalan innovadoras.
profesional, racial ou funcións que necesitan accesibilidade e rango.
relixiosa. O casco antigo convertese así no centro comercial e de
negocios, co conseguinte desprazamento de usos residenciais.

Composición – Coexistencia de diversos – No século XIX a burguesía aprópiase das zonas máis centrais Mantemento da diversidade social.
social grupos. e valoradas do casco antigo.
– Certa xerarquía: elite no – Posteriormente, ó trasladarse ós novos ensanches, algúns
centro e traballadores na barrios quedaron ocupados por grupos sociais de baixos
periferia. ingresos e sufriron un importante deterioro ó longo do século
XX.

Profesora: Rosa María Cid Galante 3


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

Ensanche Burgués Obreiro e industrial Barrios axardinados


Época 1800-50 1850-1900 1800-50 Actualidade 1890-1930 Actualidade
plano Regular/cuadricula Diverso: Regular
Hixiénicos (dotados incontrolado,
de servizos) especulativo,
entorno vías
comunicación
e fábricas.
Trama Baixa densidade Densifícase Cerrada e Aberta Densifícase
(aberta ou densa
semiaberta)
Edificación Palacetes, vilas Verticalízase: Unifamiliar e Unifamiliar Colectivas,
axardinadas,inmobles bloques colectiva de bloques.
mediana altura. vivendas. mala calidade.
Máis en 1960
Usos do Residencial burgués Residencial Residencial Baleirado Residencial Vivenda,
Solo burgués, obreira industrial: burgués/obreiro centros
Terciario: industrial -Deterioro comerciais
comercio e ambiental.
oficinas. -Incorporación
Actualidade: a cidade:
modernización. Reutilización
(minipolígonos,
usos terciarios
Barrio obreiro:
-revalorización
-espazos
marxinais)

Profesora: Rosa María Cid Galante 4


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

ESTRUTURA DA CIDADE ( Páx. 350-363)

O CASO HISTÓRICO

Entendemos por casco histórico a parte máis antiga da cidade ou a parte dende onde se orixinou
a cidade. Este casco histórico foi evolucionando dende a súa orixe. Podemos falar de diversas
etapas. Nunha primeira etapa esta parte da cidade ou núcleo presentaba un plano irregular e
nalgúns casos podería presentar radiocéntrico. Normalmente as rúas eran irregulares e estreitas e
estaba rodeado por unha muralla. Dentro desas murallas a trama era compacta, é dicir, as
edificacións estaban xuntas e pegadas unhas ás outras. Casas que eran unifamiliares e poderían
presentar patios ou currais. Nas rúas mesturábanse residencias, con comercios, talleres
artesáns...e convivían diversos grupos sociais. Nunha etapa posterior, digamos que industrial,
prodúcense reformas no plano do casco histórico e se abren prazas, novas rúas, ensánchanse
outras (Gran vía)...e tamén se produce certo deterioro. A trama segue densificándose con
edificios que acadan tres cinco alturas, substitución de edificios vellos por novos. O centro
histórico nesta etapa confírmase como centro comercial reducindo o de residencia. Os residentes
nesta zona serán xente burguesa que pouco a pouco comeza a abandonar este centro para irse á
periferia, o que trae consigo un deterioro do casco histórico. Na etapa postindustrial procúrase
rehabilitar esta zona. Os edificios son remozados e preténdese dotar ao casco histórico de lugar
tanto residencial como comercial, tamén arránxanse prazas, fanse rúas peonís, etc.

CIDADE INDUSTRIAL: ENSANCHES E BARRIOS


Entre mediados do século XIX e o primeiro terzo do século XX, a industria moderna atraeu
poboación rural ás principais cidades industriais ocasionando a súa expansión máis alá das
murallas preindustriais. Estas cidades tiveron que medrar e seguiron medrando fóra das murallas
nos chamados ensanches:
 Para os burgueses.
 Barrios obreiros
 barrios axardinados.

Ensanche burgués: é un espazo novo que responde aos gustos burgueses e polo tanto plasma
as súas ideas de orde cun plano regular; de hixiene por iso aparecen rede de sumidoiros,
alumeado, auga, prazas...; e de beneficio económico con comercios, transportes...As rúas son
rectas e deséñanse en cuadrícula. A trama edificatoria é de baixa densidade con espazos entre
casas con xardín. As casas podían ser palacetes e vilas. Principalmente o uso do solo era
residencial burgués. Co paso do tempo a trama densifícase e as casas elévanse en altura e a zona
comeza a ter usos comerciais e terciarios.

Ensanche obreiro: barrios obreiros e industriais: establécense na periferia das cidades xunto
ás vías de acceso á cidade ou xunto ás estacións de ferrocarril xa que os traballadores que
emigraban ás cidades non podían instalarse no casco histórico nin no ensanche burgués porque
era caro. Nun primeiro momento o plano era desordenado cunha trama pechada, densa e
vivendas de escasa calidade e dimensión en pisos. Os usos do solo eran diversos: residencia,
talleres, servizos, almacéns...Na actualidade, polo traslado da industria o solo foi ocupado por
outros usos terciarios como centros comerciais, recreativos, campus universitarios ou
residencias para xente de maior poder adquisitivo. Nos antigos barrios de obreiros que
permanecen trátase de revalorizalos pera que non caian na marxinación e deterioro. Aínda que
os menos accesibles seguen sendo espazos marxinais.

Barrios xardín: Creáronse a finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX. Son o
resultado da difusión en España das ideas naturalistas que propugnaban o achegamento á

Profesora: Rosa María Cid Galante 5


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

naturaza, e das ideas hixienistas, que valoraban os efectos positivos do sol e do aire libre sobre a
saùde. Como propostas, as cidades xardín, que achegan o campo á cidade. A cidade xardín,
desenvolvida por Howard; consistía en proxectar casas para o proletariado con Casas Baratas,
de tal xeito que se eliminaban as casas insalubres e erguer casas unifamiliares monótonas con
xardín. Logo estas casas orientáronse ás clases medias (similares aos chalets adosados). A
Cidade Lineal de Arturo Soria, proxectada para arredores de Madrid, concebía unha grande rúa
de 40 metros de ancho bordeada de casas unifamiliares con horta e xardín. Tamén pretendíase
superar a segregación social incluíndo casas de distinto nivel e prezo.

A PERIFERIA

Barrios residenciais: pode haber de cinco tipos:


 Barrios marxinais de choupanas que xorden sobre solo ilegal, rústico ou
verde e sen organización urbanística. As vivendas son autoconstruídas
con materiais de refugallo e carecen de servizos como auga, luz,
saneamento. Fronte a este problema leváronse a cabo operacións de
mellora pero actualmente volveu a incrementarse o problema coa
inmigración.
 Barrios de vivendas de promoción social: é dicir, construídas con axuda
estatal e con limitacións de prezo de venda ou aluguer. Normalmente son
de trama aberta, con vivendas unifamiliares ou de bloques, de baixa
calidade construtiva, etc.
 Polígonos de vivendas de promoción privada: de trama aberta en bloques
ou torres con espazos para xardíns ou aparcamentos.Crearon paisaxes
monótonos.
 Barrios de quinteiro pechado con casas con patio colectivo, xardíns,
piscinas, prazas.
 Áreas de vivenda unifamiliar que son de trama aberta e edificación
individual en vivendas exentas.
Áreas industriais e de equipamento na periferia:
 Áreas industriais que inclúen polígonos industriais.
 Áreas de equipamento como grandes superficies comerciais, centros
escolares, sanitarios…

AGLOMERACIÓNS URBANAS
A área metropolitana é unha grande extensión urbana que rodea a unha cidade importante e
abarca administrativamente varios municipios, entre os que existen importantes relacións
económicas e sociais.
As características son:
 Está presidida por unha cidade importante
 Establécense relacións sociais e económicas. A cidade central proporciona
emprego e servizos e a área de influenza permite a instalación de actividades
económicas por ter un solo máis barato e alberga traballadores de diferente
categoría.
 A rede de comunicacións é esencial
 Hai variedade social e poboación nova.
 A estrutura espacial corresponde a coroas concéntricas por sectores
especializados en diferentes actividades.

Rexión urbana: é unha área urbana discontinua, integrada por cidades dispersas (nebulosa
urbana) pero o suficientemente densa como para que todo o territorio posúa características
urbanas. Exemplo: centro de Asturias

Profesora: Rosa María Cid Galante 6


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

Conurbación: é unha área urbana continua formada polo crecemento paralelo de dúas ou máis
cidades ata unirse. Cada cidade da conurbación mantén a súa independencia. Exemplo:
Marbella-Málaga.
Megalópole: É unha aglomeración urbana de extensión suprarrexional e está constituída por
diversos elementos urbanos con funcións distintas que medran e forman unha área urbana
descontínua, pero sen fracturas importantes: Ex: o Eixe Mediterráneo.

COMENTARIO MAPA DA REDE URBANA

O mapa representa a organización xerárquica do sistema de cidades español mediante


figuras cuxo tamaño é proporcional á categoría do núcleo urbano.

As bases para establecer a xerarquía urbana son o tamaño demográfico, as funcións e a


extensión da área de influenza.
O tamaño demográfico das cidades é unha das bases da xerarquía urbana. A distribución
espacial das aglomeracións urbanas polo seu tamaño demográfico caracterízase porque
as grandes cidades dispóñense de forma semianular na periferia, rodeando a un espazo
interior pouco poboado en cuxo centro está a maior aglomeración urbana do país:
Madrid. As grandes metrópoles concéntranse no NE, onde se localizan cinco das sete
cidades con máis de 500 000 habitantes os catro grandes polos de actividade económica
(Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia) e Zaragoza, que ocupa unha posición estratéxica
como lugar de encrucillada.
As funcións urbanas. Son tamén outro dos elementos que determinan a posición das
cidades no sistema urbano. Os servizos son as actividades que mellor definen o rango
dunha cidade e o seu papel organizador do espazo, polo que aquelas cidades
especializadas nos servizos de máis nivel ocuparán unha posición xerárquica superior.

A área de influenza urbana será maior canto máis diversas e especializadas sexan as
funcións urbanas.

1. O sistema español de cidades está formado polos núcleos urbano, e polas relacións
que se establecen entre eles, que conforman subsistemas con diferente grao de
integración.

A) Os núcleos urbanos do sistema organízanse de maneira xerárquica de modo que as


cidades con maior tamaño demográfico concentran máis funcións e de maior rango e
teñen unha área de influenza maior. Así, como mostra o mapa, pode establecerse a
seguinte xerarquía:

a) Metrópoles. Son as cidades que se atopan na cima da Xerarquía do sistema urbano. A


súa poboación supera os 250 000 habitantes. Desempeñan funcións máis especializadas
e diversificadas que as restantes cidades, relacionadas co sector terciario de maior nivel
e coa industria (sobre todo de alta tecnoloxía). A súa área de influenza é ampla, Dentro
das metrópoles existe unha xerarquía en función do seu tamaño, das súas funcións e da
extensión da súa área de influenza. As metrópoles nacionais son as áreas metropolitanas
de Madrid e Barcelona. A súa poboación supera os 1.500.000 habitantes e contan coas
funcións máis diversificadas (servizos moi especializados de xestión, innovación,

Profesora: Rosa María Cid Galante 7


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

cultura e esparexemento e industrias de alta tecnoloxía). A súa área de influenza


esténdese por todo o país e atópanse estreitamente relacionadas a outras metrópoles
mundiais.
As metrópoles rexionais son as áreas metropolitanas de Valencia, Bilbao, Sevilla e
Zaragoza. Teñen unha poboación de entre 500.000 e 1500.000 habitantes, e contan con
servizos de alto rango especialmente administrativos e comerciais . Teñen unha área de
influenza rexional e manteñen relacións intensas coas metrópoles nacionais. As
metrópoles rexionais de segunda orde son cidades como Oviedo, Murcia, Alacante, A
Coruña, etc. Teñen unha poboación de entre 500 000 e 250 000 habitantes e contan
aínda con funcións e algúns servizos altamente especializados (universidade). A súa
área de influenza é subrexional ou rexional no caso de comunidades autónomas
uniprovinciais, Manteñen relacións intensas coas correspondentes capitais rexionais ou
son capitais de espazos rexionais pouco extensos (Oviedo).

b) Cidades medias. A maioría son capitais de provincia non incluídas nos apartados
anteriores. A súa poboación está ao redor dos 250 000 50 000 habitantes e as súas
funcións son principalmente terciarias, pero menos especializadas: o comercio e
servizos de ámbito provincial (administrativos, educativos e sanitarios). Son puntos
terminais dunha densa rede de., autobuses que as comunican cos pobos próximos.

B) De acordo coas relacións que establecen entre si as cidades poden establecerse


distintos tipos de subsistemas:

Monocéntricos primardos: unha cidade constitúe o centro dominante, a gran distancia


das demais, concentrando desproporcionadamente a poboación e as funcións; faltan os
niveis inmediatamente inferiores ao da cidade principal e existen fortes relacións de
dominancia dependencia.
Monocéntricos xerarquizados: unha cidade ocupa a cúspide do sistema, pero a seguen
os distintos niveis xerárquicos.Policéntricos: varias metrópoles compiten na
organización do sistema, do que resultan importantes fluxos bidireccionais entre as
metrópoles e fluxos de dependencia cara a elas desde os niveis inferiores.
C) A distribución espacial destes subsistemas mostra un maior grao de integración nas
rexións periféricas da Península. No centro aparecen espazos debilmente articulados coa
excepción de Madrid e os arquipélagos acusan a insularidade
Os subsistemas da periferia forman tres eixos: o setentrional, o mediterráneo e o
andaluz. O eixo setentrional é descontinuo. Está integrado polo eixo atlántico de Galicia
e as cidades interiores que dependen del (Ourense e Lugo) e polo eixo cantábrico,
comprendido entre o triángulo asturiano (Oviedo-Xixón Avilés), o País Vasco e
Pamplona, tamén con ramificacións cara o interior (León, Burgos e Logroño
respectivamente).
O eixo mediterráneo comprende desde Xirona a Cartaxena. O subsistema catalán é
monocéntrico primado, presidido por Barcelona. As autoestradas do Mediterráneo e do
Ebro aseguran unha conexión fácil entre as principais cidades, que tenden a
concentrarse na costa, en forma de sistema lineal, con algunhas penetracións cara ao
interior. O subsistema valenciano levantino é monocéntrico xerarquizado, cunha cidade
reitora, Valencia, e unha ordenación equilibrada do tamaño das cidades. A autoestrada
do Mediterráneo actúa como eixo vertebrador deste sistema, que tamén presenta unha
marcada concentración das cidades no litoral ou preto del. A influenza de Valencia

Profesora: Rosa María Cid Galante 8


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

desborda os límites da súa comunidade e alcanza a Albacete e Murcia. O eixo andaluz é


tamén monocéntrico xerarquizado, pero máis complexo porque Sevilla, como gran
metrópole rexional, exerce unha influenza indiscutible en Andalucía occidental e
mesmo en Badaxoz. Pero en Andalucía oriental a súa influenza debilítase ante a
presenza de dúas metrópoles subrexionais: Málaga e Selecta. As cidades disponse ao
longo de dous eixos principais: o eixo litoral (desde Almería a Huelva) e o de
Guadalquivir (desde Huelva e Cádiz até Xaén). O subsistema do val do Ebro funciona
como corredor entre o subsistema cantábrico e o mediterráneo. é monocéntrico primado,
baseado na influenza de Zaragoza, estreitamente relacionada cos subsistemas catalán e
vasco periferia (a través da Rioxa e Navarra, á que alcanza tamén a influenza aragonesa)
e co subsistema madrileño. O interior peninsular é un espazo pouco articulado. A gran
metrópole nacional, Madrid, encabeza un subsistema monocéntrico primado, no medio
dun espazo pouco urbanizado, sen outras metrópoles que poidan supor un factor de
equilibrio. Así, a súa influenza directa desborda os seus límites autonómicos e chega até
centros relativamente afastados: todas as cidades de Castela A Mancha (salvo Albacete,
máis vinculada a Valencia); Segovia e Ávila e, en menor medida, Soria. Ademais, o
papel nodal de Madrid na rede radial de transportes fai dela un centro de conexión de
todo o territorio. Só Vailladolid, beneficiada da súa condición de capital autonómica,
adquire rango metropolitano, aínda que o seu ámbito de influenza é aínda limitado. Os
subsistemas canario e balear teñen en común a insularidade como factor negativo para
as súas comunicacións coa Península e mesmo entre as illas. Esta é máis acusada en
Canarias, pola súa maior distancia á Península. O subsistema balear é monocéntrico
primado: Palma ten un peso demográfico e económico desproporcionado en relación ás
dimensións do arquipélago e xoga o papel de metrópole rexional. En Canarias dáse a
bipolaridade pola existencia de dúas metrópoles rexionais: Las Palmas de Gran Canaria
(sobre a que gravitan as cidades das illas orientais) e Santa Cruz de Tenerife (sobre a
que gravitan as das illas occidentais). A distribución do sistema urbano axuda a
explicar a distribución da poboación pois actualmente máis do 75% da poboación
española reside nas cidades. As principais metrópoles polas súas funcións industriais e
de servizos atraeron entre 1950 e 1975 a unha importante poboación procedente do
campo. Este feito explica, por exemplo, que, na actualidade, a macrorrexión
xeodemográfica do leste, que agrupa os subsistemas urbanos catalán e valenciano
levantino, o eixo urbano e económico máis dinámico de España, teña a maior
porcentaxe de poboación en relación coa súa superficie. En cambio, a macrorrexión do
centro, coas excepcións de Madrid e Valladolid, caracterízase polo seu menor
desenvolvemento económico, a expulsión de poboación até datas recentes e a ausencia
de núcleos urbanos de rango superior, o que explica que presente nunha superficie
maior menores porcentaxes de poboación, que aínda serían inferiores de non ser pola
presenza nesta rexión da gran aglomeración madrileña. Tipoloxía urbana e localización
das cidades. A clasificación refírese ao tamaño demográfico e á morfoloxía estrutural
das áreas urbanas, non ao seu rango funcional. O feito máis visible é a distribución das
cidades maiores de acordo cun modelo anular que rodea aínda espazo central pouco
urbanizado, onde sobresae a rexión urbana de Madrid.

Profesora: Rosa María Cid Galante 9


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

O URBANISMO OURENSÁN

Antes de nada pódese considerar á cidade de Ourense como itineraria, xa que as súas estradas
conducen ao norte, pola de Vigo e cara o Leste por Santiago.
O vello Ourense, enraizado nas saias graníticas do Montealegre, o novo e brilante tendido sobre
a profunda terraza estrutural formado por antigos niveis do río, integran unha unidade urbana de amplas
relacións comerciais, rúas máis arbitrarias e outras nos rumbos Norte e Noroeste máis modernas.
Cumpriuse a simbiose da capital e o barrio da Ponte. Con iso o Miño intervén máis, coas súas pontes,
paseos ao marxe na vida diaria dunha cidade eminentemente administrativa e comercial. A apreciación
das beiras do río que fai que se integren coas termas na vida dos ourensáns e ourensás.
Esta cidade foi medrando e este desenvolvemento fixo que se formasen sectores claros:
 O sector norte
 O couto
 O casco propiamente dito
A cidade está metida no val dos ríos e distribúese en terrazas, as rúas tamén, continúan as liñas
das terrazas e outras rúas van transversais. Polo que a cidade está determinada polo relevo. Ademais do
río Miño e do Barbaña, Ourense ten outros que hai que destacar: O loña, e o Río Sil. O casco está
“apretado”, pero o campo adéntrase na cidade e isto unido a que as rúas non son cuadriculadas, senón
axustadas á topografía, orixina continuos cambios. Os itinerarios seguen tamén as mellores estradas e
varios destes recorridos son lineais, é dicir, débese regresar polo mesmo camiño en sentido inverso,
porque a confluencia radial deles en Ourense así o esixe.
En Ourense podemos destacar ou diferenciar claramente a parte norte e a parte sur. En poucas
cidades aparece tan acentuado a diferenza entre a rexión norte e a sur da Praza Maior, ata os anos 40, o
indiscutido centro da cidade. A sur da praza a construción gris, apretada, conserva aínda os aires dos
vellos tempos con rúas entrelazadas, sinuosas, estreitas, pero cada vez máis revalorizadas e cun empuxe
por parte do Concello por salvar esta parte antiga da cidade.
Pódese dicir que é unha cidade desordenada e atendendo ao punto de vista estrutural é diferente
ás demais, xa que non seguen o paradigma na súa construción como pode observarse noutras cidades.
Estas rúas córtanse, hainas transversais, lonxitudinais,perpendiculares, etc.,é un fluír de rúas sen
disposición ningunha. Crece esta cidade e nos barrios periféricos, ultramodernos uns e outros non o son
tanto, é cara onde se estira a cidade.
.-As prazas:
Ourense é unha cidade onde as prazas e prazueletas vense por doquier, a estas prazueletas van converxer
cantidade de rúas, todas con historia, prazas que eran o centro de reunión tanto cultural, de ocio como
económico. Prazas que aínda conservan o pasado histórico:
 Praza Maior: antigamente era o centro de reunión. É unha praza perfectamente cadrada,
en tres dos seus lados está porticada, sen moita regularidade, ocupada ao sur polo
edificio do Concello. A súa irregularidade radica nas diferentes épocas de construción e
no desnivel do pavimento.
 Praza das Damas , da Magdalena e do Trigo: Praza da Magdalena que recibe ese nome
pola capela hoxe desaparecida. É unha zona de tránsito entre as dúas catedrais. Antes
era aquí a praza de abastos.
 Praza do Correxidor e do Anxo
 Praza das Mercedes e Tomás María Mosquera: Parque das Mercedes, é un pequeno
campo dividido en dous escalóns por un paredón interrumpido por unha escalinata. A
parte inferior ten unha forma triangular. Sobre o paredón situábase a Inclusa e a capela
das Mercedes. Polo norte esténdese a Avenida de Bos Aires.
 Prazas da Constitución, do Cid e Regreo
 Praza da Fonte do Rei, Bispo Cesáreo e San Lázaro
 Praza da Victoria
 Praza da Ferreiría e da Trindade
 Praza de San Marcial

Profesora: Rosa María Cid Galante 10


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

 Praza do Ferro: Antiga cruz dos Ferreiros, centro do mercado de ferros que alí facían os
asturianos. Destaca a casa dos Boán e outras interesantes e tamén a fonte de Oseira
renacentista.
 Praza do Trigo: de pequenas dimensións e de forma irregular. Fonte de Oseira. Esta
praza xunto coa do Correxidor, a do Trigo e a das Damas compoñen a paisaxe sur da
Catedral.
 Praza de San Cosme: A graza das rúas e costas, coñecida como Fonte dos Coiros.
Estas son as prazas máis destacadas de Ourense, todas elas pertencen á parte antiga de Ourense,
conservando aínda eses aires históricos e o seu nome por razón xustificada. Case todas as prazas se
estenden pola parte sur de Ourense, tomando como referencia a Catedral. Menos a praza do Ferro, a das
Mercedes, a de San Cosme, que se sitúan ao Norte, contigua á Catedral e ao este respectivamente. Son de
vital importancia porque constitúen a parte antiga, ou o casco antigo desta urbanización.
-Parques:
Ourense é unha cidade con poucos parques, aínda que na actualidade procúrase crear zonas de
esparcemento.
 Parque de San Lázaro: é o máis destacado porque é o centro ourensán. O recente
desenvolvemento converteuno en centro urbano que se expresou verticalmente coa
Torre de Ourense construída en 1968. No centro do parque está a terceira e menos
valiosa fonte de Oseira. Na rúa norte do parque está a Igrexa de San Francisco. Na zona
oeste a rúa Curros Enríquez, ao sur a Bedoia e ao Este a de Cardeal Quevedo. No oeste
presenta catro escalinatas e no centro a gran estatua da Vitoria.É o centro social e
comercial da cidade, por iso o solo é moi caro. As vivendas, xa de anos, seguen a ser
das máis caras e o nivel socioeconómico desta zona é elevado. Concéntranse bancos,
comercios, hostelería, ocio, etc.
 Alameda: lugar transitado pola xente maior. Antigamente era a horta do Concello e
agora está cortado pola estrada. A parte de arriba está axardinada e na zona de abaixo
está dividida en tres sectores sendo o central un paseo.
 Parque de Padre FEixóo: está situado ao comezo da rúa do Paseo e no termo da Rúa
Lamas Carvajal.
 Xardíns do Posío: Son de gran tamaño presenta aproximadamente 240 metros cadrados
e está dividido en tres sectores con catro portas en cada punto.
 Campo dos Remedios: no oeste da Ponte Romana. Forman un conxunto histórico
artístico. Antigamente chamábaselle Campo do Desafío.
 Parque Infantil: Adicado aos nenos principalmente. Comunica coa rúa do Progreso.
 Parque do Barbaña: de grandes dimensións, foi creado recentemente e a raíz diso
construíronse vivendas. En torno ao parque o nivel socioeconómico é medio alto.
 Parque Miño: de gran dimensión pero agora recortado polo Centro Comercial. É unha
zona verde de esparcemento que mira ao río.

.-Rúas:
As rúas de Ourense están distribuídas en Barrios, barrios que poden ser periféricos ou simplemente
urbanos. No centro mesmo da cidade non se fala de barrios propiamente ditos, as rúas do centro están
compostas por edificios comerciais, oficinas, axencias, etc.
Agora, cada vez os barrios ofrecen máis, están mellor equipados polo que permite que os
habitantes non recorran diariamente ao centro de Ourense a realizar as súas compras.
As rúas que tiveron gran importancia na estrutura de Ourense son:
 Rúa San Miguel: é a que vai da Praza do Ferro á Rúa de Lamas Carvajal. É o eixe
gastronómico da cidade.
 Rúa de Santo Domingo: a rúa antiga Corredoira, prolongada ao NW o recinto histórico.
Pronto se encheu de edificios de estilo moderno. O nome tradicional da rúa do Progreso
indicaba o seu papel e o seu destino.
 Rúa do Progreso: Estrada de Villacastín a Vigo. Paralela ao Barbaña. Da rúa parten
varias transversais que dan ingreso á poboación. Atravesa á cidade de Norte a Sur,
dende o Posío á Ponte Romana. Está formada, na súa maioría, por edificios comerciais,

Profesora: Rosa María Cid Galante 11


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

restos de antigos edificios e edificios modernos. As vivendas son caras e o que se fai é
rehabilitar edificios vellos ou tirar antigos edificios para erguer edificios de sete ou oito
prantas bastante caros.
 Rúa Lepanto: e subindo cara o antigo Cuartel de San Francisco e o Cemiterio. Hai a
través dela un gran número de rúas (Fornos, San Francisco, Correxidor...).
 Rúa de Xoan XXIII, forma unha diagonal e está destinada a bancos e comercios,
inaugurada en 1959. Tamén hai edificios de vivendas moi caras, polo tanto estamos a
falar dun nivel socioeconómico moi alto. É a rúa que engarza a zona do parque de San
Lázaro co Progreso de fora transversal.

En definitiva, e volvendo ao estudo do Medina Somoza (2001) parece ser que foi na época do
desarrollismo cando a cidade se converteu nunha urbe un tanto desorganizada debido aos favores
políticos e a especulación. Fai fincapé nos poderes políticos como garantes dunha urbe ben artellada,
pensada para a sociedade e os habitantes.
Desenvolvemento da cidade nos últimos anos: a partir de 1960:
Na actualidade contamos con dous interesantes estudos sobre a configuración da cidade de Ourense, un
deles é unha tese de doutoramento presentada por Don José Somoza Medina na Universidade de Santiago
de Compostela do 2001 sobre o Urbanismo Ourensán, concretamente titulada Desarrollo urbano en
Orense 1895-2000. Nesta tese o obxectivo principal é comprobar como se foi configurando a cidade e
cales foron os factores decisivos para tal desenvolvemento e crecemento. O outro estudo é anterior e o
seu autor é Precedo Ledo. Estes estudos servirannos de referencia para a elaboración desta parte.
Segundo o estudo levado a cabo por Precedo Ledo (1991), os condicionamentos xeográficos
exerceron a súa influenza no asentamento da cidade ourensá. O curso medio do río Miño facía de encadre
territorial. Mais tamén presenta unha serie de restricións. Aparentemente a cidade de Ourense parece ser
unha cidade fluvial, máis nun primeiro momento a cidade xurdiu nun cerro ou ao pé das Burgas, como xa
indicamos anteriormente. Non obstante, o río tivo unha influenza notable por canto a que a cidade ten
unha disposición bastante lineal e tendencia ao escalonamento. De feito, na cidade anterior aos anos 50
tiñan as prazas e parques un perfil en pendente, incluso a catedral. Unha cidade en costas e de morfoloxía
lineal dominante. Non obstante, e isto é para destacar, a pesares desta disposición o río Miño non estaba
incorporado á paisaxe urbanística debido ás diferentes medras e retrocesos da auga facía desta zona un
lugar fráxil. A súa incorporación veu dado pola liña de ferrocarril que chegou a Ourense. A partir de
entón a cidade oriéntase nunha nova dirección. A cidade moderna descendeu ás terrazas do Miño.
Contribuíron a todo isto a construción da Ponte Nova entre 1910 e 1918. O barrio da Ponte era unha área
de comercio mayorista que se incrementou co ferrocarril. En canto ao centro histórico segue a manter o
seu proceso de renovación. Cara o Norte construíuse unha zona de expansión coa morfoloxía propia da
arquitectura de comezos de século, sendo este sector urbano o máis representativo do primeiro terzo do
século XX. A súa formación non se debeu a ningún deseño previo, como ocorría cos ensanches, senón
que foi o resultado da prolongación das rúas do centro histórico, seguindo o trazado das estradas. O eixe
principal era a prolongación da rúa do Instituto, a rúa comercial e aínda o Paseo de Ourense; comezaba na
Praza Mayor e enlazaba o corazón do Centro Histórico co Parque de San Lázaro. Outro eixe importante
foi o formado pola estrada de Trives (actual Capitán Eloi), paralelo a el a chamada estrada de
Circunvalación ascendía dende o Cruceiro ata o campo de San Lázaro. O terceiro trazado apoiábase na
rúa de Santo Domingo. Estas rúas abriron novas perspectivas urbanísticas.
O despegue urbano despois da guerra Civil foi notable sobre todo na década dos setenta. Os
factores que xogaron un papel principal foron:
1. Éxodo rural derivado da industrialización de Ourense coa creación do Polígono Industrial de San
Cibrán en 1974.
2. Desenvolvemento das actividades terciarias: entre elas o remate do ferrocarril Ourense-Zamora e
en 1952 inaugúrase a estación empalme que substitúe á anterior da Ponte. En 1957 ábrese a
estación de San Francisco e tamén desenvólvense os Plans de acceso a Galicia coa construción
dunha nova Ponte.
3. Despegue industrial e a política da Caixa de Aforros que actuou como promotora de vivendas en
Mariñamansa, O Couto, Barrocás, O Pino, Cardenal Quevedo, Avenida de Portugal a Torre.
4. A emigración que inviste en vivenda.En 1960 a taxa anual de crecemento do parque de vivendas
foi superior á poboación polo que a taxa de ocupación é menor que o resto das cidades de
Galicia.
5. Comercio transfronteirizo.

Profesora: Rosa María Cid Galante 12


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

A Planificación urbana nestes últimos anos do século XX encamíñase en tres direccións:


o A barreira creada polo río Barbaña rebásase (Avenida de Portugal, Ervedelo)
o A barreira do Miño sobrepásase e consolida o crecemento.
o As estradas
o Desenvólvese pola topografía desfavorable cunhas vivendas unifamiliares e
desordenadas.

En 1961 dende a Administración desenvólvese o Plan General para el Municipio de Ourense pero non é
operativo e non se leva a cabo. Despois de desacertos o que permanece como un urbanismo racionalista é
o barrio das Lagoas. Nesta época de desarrollismo os barrios de San Francisco, Montealegre,
Mariñamansa, Val do Barbaña, son os que reciben un forte impulso.
En 1971-1976 prodúcese unha densificación do tecido histórico, desenvolvemento das rúas
entorno ao Parque de San Lázaro, o Centro, Posío, Mariñamansa, Pelamios e o Couto. A Ponte e o
Vinteún.
A construción nesta época son de casas de planta baixa e catro pisos e posteriormente de seis
pisos. Constrúese por manzás que son:
o Mazás xeométricas (sector que rodea San Francismo)
o Poligonais irregular (San Lázaro)
o Poligonais irregulares con espazos abertos (San Lázaro)
o Mazás regulares (nos ensanches centrais)
o Mazás sen consolidar (Vinteún, O Couto, A Ponte)
o Desorde
o Lineais entorno á estrada de Ponferrada e Portugal (Marcelo Macías)
o Casas lineais adosadas (periurbanización)

Logo observamos por zonas diferentes formas de edificación como os edificios bloque, racionalista ou
bloque laminados, rururbanos ou semiurbanos, construción diversas.
Distribución dos servizos que ofrece a cidade e zonificación: Para finalizar é moi interesante reseñar
que servizos ofrece cada barrio e que situación socioeconómica predomina en cada un deles.
En canto ao mapa económico observan algunhas cuestións de interese:
o Preeminencia da Area Central con empresas de tamaño medio.
o Dentro da Area Central destaca o elevado nivel de actividade que posúe o Casco Vello. O vello
Ourense segue a ser un barrio funcionalmente activo (Deputación, Concello, Institucións
Financieiras)
o Barrios que rodean as Areas centrais teñen un peso económico secundario de pequena empresa e
equipamentos urbanos (hospitais, centros educativos, pequena industria…)
o Periferia peso polo número de empresas, polas persoas que nelas traballan e polas dimensións
dos establecementos, moi superior á media da cidade.
o As áreas centrais recollen preferentemente o emprego terciario e ás empresas construtoras que
teñen alí as súas sedes sociais.
o Os Barrios que forman a periferia interior non teñen unha definición precisa en conxunto, sendo
nota común a todos eles a importancia adquirid polas empresas relacionadas coa construción.
Pero pódense establecer diferentas:
-Barrios septentrionais: singularízanse pola súa función manufactureira,
preferentemente o Vinteún, onde existe unha importante zona industrial, de
gran tradición urbana por ser área de asentamento dos establecementos fabrís
con anterioridade á creación do polígono. A proximidade da Estación de
ferrocarril foron factores favorables.
-Os barrios situados aos dous lados do Barbaña, é dicir, os occidentais, son
tamén áreas industriais secundarias, e asento de actividades relacionadas coa
construción (principalmente o Couto e os Pelamios)

o A Periferia urbana é principalmente industrial pero cunha trama edificada pouco densa.

Profesora: Rosa María Cid Galante 13


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

Distribución socioeconómica por zonas ou barrios: Dende o punto de vista socioeconómico a cidade
tamén presenta unha distribución centrípeta.
Pódense establecer diferentes sectores:
o Hai unha pequena área que se pode considerar de maior rango social que coinciden coas rúas que
rodean o Parque de San Lázaro, que é tamén a área de maior rango comercial e de servizos. Este
núcleo central está rodeado por un extenso sector residencial de grupos socioprofesionais
medios-altos. Abarca todo o ensanche moderno e a súa expansión cara O couto. Nesta zona o
solo edificable é pouco e polo tanto hai un excesivo custe do terreo que fan que as vivendas
sexan caras.
o Sectores de nivel medio que se limitan a áreas de edificación compacta próximos ao centro e
situados nos eixes de acceso (As Lagoas, San Francisco, Caneiro) ou en sectores de nova
construción (A Ponte, O Couto, Seminario, Pelamios)
o Logo queda unha extensa periferia na que predominan os grupos socioculturais de rango medio-
baixo. Unhas veces coinciden con vivendas sociais de promoción pública ou privada (como o
barrio do Vinteún) e outras con espazos rurais semi-incorporados á cidade (como o barrio de
Montealegre).

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA

LÓPEZ CUEVILLAS, F., “Como naceu a cidade de Ourense”, en Revista Nós, Tomo VI.

OTERO PEDRAYO, R., Orense, Faro de Vigo, Vigo, 1966.

PRECEDO LEDO, Orense, centro de equilibrio, A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1991.

SOMOZA MEDINA, J., El desarrollo urbano en Ourense : 1895-2000, Alicante : Biblioteca Virtual
Miguel de Cervantes, 2001.

VVAA. “Orense”, Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 23, pp. 64-100.

VV.AA. Ourense en el siglo XX, La Voz de Galicia, fascículos coleccionables.

Profesora: Rosa María Cid Galante 14


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

Profesora: Rosa María Cid Galante 15

You might also like