You are on page 1of 2

Regata de primavera 2010 Ribeira

Anuncio de regata

Volandeira e Zoa na primeira proba da Regata de inverno 2010. No Lajareu, virando para o Camouco e coas Airoas ao fondo.

Asociación Cultural Lajareu por Barlovento

Regata de primavera 2010
Asociación Cultural Lajareu por Barlovento Ribeira
1. 1.1. 1.2. 2. 2.1. Organización, lugar e datas

Anuncio de regata

7. 7.1. 7.2. 7.3. 8. 8.1. 8.2. 8.3.

Percorridos A Regata constará de catro probas nas datas sinaladas e terá lugar nas augas da Ría de Arousa, podendo ser o percorrido diferente para cada unha delas. A ubicación da liña de saída e de chegada será na praia de Coroso, en Ribeira. Utilizaranse como balizas as que coloque a Organización, as sinais marítimas e os accidentes naturais dentro da ría. O percorrido definitivo detallarase nas Instrucións de Regata. Inspección e medición O Comité de Control e Medición realizará as tarefas de control, medición e inspección. Unha dorna ou o seu equipo poden ser inspeccionados antes, durante ou despois de cada proba para comprobar o cumprimento das regras e as Instrucións de Regata. Especialmente revisará os elementos que afecten ás condicións de seguridade e navegabilidade que reflicte o RCDV ou o RCD. En todo momento será obrigatoria a presencia e bo estado de uso dos seguintes elementos: a) Empanetado, que o terá completo. b) Chalecos salvavidas, un por cada tripulante. c) Medios de fondeo, de 4 Kg e o seu cabo. d) Elementos de flotabilidade. e) Vela: lonxitude da relinga (máx. 440 cm). Se unha dorna non cumpre calquera dos requisitos anteriores será descalificada. Puntuación Individual: Establecerase unha única clasificación xeral individual para o que se aplicará o Sistema de Puntuación Baixa do Apéndice A4 do RRV. a) A puntuación provisional virá definida pola posición de chegada das dornas á liña de chegada. b) A puntuación individual de cada proba será a que resulte das correccións da puntuación provisional logo do control de medición e das reclamacións que se formulen. c) A clasificación individual definitiva da Regata será a que resulte de sumar as puntuacións de máximo tres probas, logo de elexir un descarte, ordeada de menor a maior. Premios

As diferentes probas da Regata de primavera 2010 celebraranse en Ribeira, nas augas da Ría de Arousa, entre os meses de abril e maio de 2010, organizada pola A. C. Lajareu por Barlovento de Ribeira. A organización da Regata está a cargo do correspondente Comité de Regata, contarase así mesmo cun Comité de Control e Medición e un Xuíz de Regata. Regras A Regata rexerase por: a) O Regulamento da clase dorna (RCD) aceptado pola A.C. Lajareu por Barlovento. b) Subsidiariamente polas regras de regata tal e como se definen no Regulamento de Regatas a Vela da ISAF 2009-2012, en adiante RRV. c) Este Anuncio de Regata e as Instrucións de Regata, que poden modificar a algúns dos anteriores. Participantes A Regata de primavera 2010 está aberta a todas as embarcacións da categoría dorna tal e como se define no RCD que pertenzan á A.C. Lajareu por Barlovento. A Organización poderá aceptar a inscrición doutras dornas que non pertenzan a esta Asociación. A Organización poderá aceptar a inscrición doutras dornas que non cumpran co RCD. Os participantes deberán estar en posesión do correspondente seguro de responsabilidade civil en regata. Publicidade Os participantes poderán exhibir publicidade individual. Inscricións Inscricións a) A inscrición da dorna e os seus dous tripulantes poderá realizarse no local social da A. C. Lajareu por Barlovento, sito no peirao deportivo, s/n, Ribeira. b) Será necesaria a inscrición para cada unha das probas da Regata nas que se queira participar. c) A momento límite para inscribirse en cada proba será 30 minutos antes da saída da Regata. d) A inscrición formalizarase na folla de inscrición oficial e estará asinada polo patrón da dorna inscrita. e) Será preciso presentar ou confirmar que ten en vigor o seguro de responsabilidade civil en regata. f) A inscrición é gratuíta. Calendario de regatas e programa O calendario das probas da Regata é o seguinte: 1ª proba 10 de abril 2ª proba 24 de abril 3ª proba 8 de maio 4ª proba 22 de maio O programa de cada proba será o seguinte: 12:00 Apertura da oficina de regatas Rexistro de participantes e entrega das Instrucións de Regata 16:30 Inicio da proba (1ª pitada) 19:30 Finalización da proba Medicións e reclamacións, de selo caso *20:00 Entrega de trofeos (este último punto unicamente na derradeira proba) De producirse a suspensión dalgunha proba trasladarase a súa celebración ao sábado seguinte ou á data que fixe o Comité de Regata. As Instrucións de Regata poderán introducir variacións no programa previsto.

8.4. 9. 9.1.

3. 3.1. 3.2. 3.3. 3.4. 4. 4.1. 5. 5.1.

10.

10.1. Entregarase un trofeo a cada un dos tripulantes das cinco primeiras dornas clasificadas. 10.2. Entregarase un recordo da Regata a todos os participantes en recoñecemento á súa participación. 11. Regulamentacións locais de mariña 11.1. Será de aplicación o R/D 62/2008 de 25 de xaneiro polo que se aproba o “Reglamento de las condiciones de seguridad marítima, de la navegación y de la vida humana en el mar aplicables a las concentraciones náuticas de carácter conmemorativo y pruebas náutico deportivas”. 11.2. A A. C. Lajareu por Barlovento informa a tódolos participantes que dispón da correspondente póliza de seguros de responsabilidade civil. 11.3. É responsabilidade de cada barco estar provisto dos seguros complementarios que estime convenientes, ademais do esixido neste Anuncio de Regata. 12. Responsabilidade 12.1. Todos os participantes na Regata de primavera 2010 farano baixo o seu propio risco e responsabilidade. 12.2. A Organización, ou calquera outra persoa ou organismo involucrado na organización do evento, carecen de responsabilidade algunha por perdidas, danos, lesións ou molestias que puideran acaecer a persoas ou cousas, tanto en terra como en mar, como consecuencia da participación nas probas amparadas por este Anuncio de Regata. 12.3. Chamase a atención sobre a regra 4 “Decisión de regatear” da parte 1 do RRV, que establece: “É de exclusiva responsabilidade dun barco decidir se participa nunha proba ou se continua en regata”. 13. Dereitos de imaxe 13.1. Os dereitos de imaxe pertencen, en exclusiva, á A. C. Lajareu por Barlovento, que poderá usalos da forma que estime conveniente. 14. Modificacións deste anuncio 14.1. A Organización reservase o dereito de modificar este Anuncio. Calquera modificación feita a este Anuncio con anterioridade á celebración da Regata será publicada de forma axeitada.
lajareu@gmail.com http://lajareu.blogspot.com tel. 647553332

6. 6.1.

6.2.

6.3. 6.4.

A. C. Lajareu por Barlovento. Peirao deportivo s/n, Ribeira