You are on page 1of 109

Título orixinal: Le petit prince
Tradutor: Carlos Casares
1ª edición: xullo, 1972
Tipografías de portada: Grand Hotel, Carrington, Helvética Neue 65 Medium

Ten verdadeira necesidade de consolo.A LEÓN WERTH Pídolles perdón aos nenos por lle dedicar este libro a unha persoa maior. (Pero poucas se lembran). Teño unha terceira escusa: esta persoa maior viven en Francia. Tódalas persoas maiores foron nenos antes. a miña dedicatoria: A LEÓN WERTH Cando era neno . Teño unha seria escusa: esta persoa maior é o mellor amigo que teño no mundo. onde pasa fame e frío. Corrixo. Teño outra escusa: esta persoa maior pode comprendelo todo. ata os libros para os nenos. quérolle dedicar este libro ao neno que esa persoa maior foi noutro tempo. pois. Se todas estas escusas non chegasen.

I Cando eu tiña seis anos. unha vez vin nun libro sobre a Selva Virxe que se titulaba «Historias Vividas». O meu debuxo número 1. Representaba unha serpe «boa» tragando unha fera. sen mastigala. e cun lápiz de cores conseguín traza-lo meu primeiro debuxo. Despois non se poden mover e dormen durante os seis meses que tardan en face-la dixestión». Dicíase no libro: «As serpes ‘boas’ tragan a súa presa enteiriña de todo. Era así: . Matinei eu entón moito sobre as aventuras da xungla. unha magnífica estampa.

Foi deste xeito como abandonei. Voei un pouco por todo o mundo.Ensinéille-la miña obra de arte ás persoas maiores e pregunteilles se o meu debuxo lles metía medo. Entón xa non lle falaba nin de serpes «boas». Á primeira ollada sabía distinguir China de Arizona. Os maiores necesitan sempre explicacións. que conservei sempre. e que me interesase máis pola xeografía. Cando me atopaba con alguén que me parecía lúcido. serviume de moito. Quería saber se se trataba dunha persoa verdadeiramente comprensiva. unha magnífica carreira de pintor. Respondéronme: «¿Por que nos vai meter medo un sombreiro?» O meu debuxo non representaba un sombreiro. As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións. Quedara desalentado polo fracaso dos meus debuxos números 1 e 2. Pero sempre me respondían: «É un sombreiro». Tiven. que elixir outro oficio e aprendín a pilotar avións. Ó longo da miña vida tiven montóns de contactos con montóns de xente seria. O meu debuxo número 2 era así: As persoas maiores aconselláronme que deixase os debuxos de serpes «boa». a historia. Isto é moi útil se se perde un na noite. ós seis anos de idade. o cálculo e a gramática. Vivín moito entre persoas maiores e téñoas visto moi de preto. é certo. Non mellorei gran cousa a miña opinión sobre elas. ben as pintase por dentro ou por fóra. Entón debuxei o interior da serpe «boa» para que as persoas maiores puidesen comprender. nin . Representaba unha serpe «boa» facendo a dixestión dun elefante. pois. E a xeografía. facía con el a experiencia do meu debuxo número 1.

Todos quedaban sempre encantados de coñecer un home tan asisado. de golf. de política e de gravatas. .de selvas virxes. Púñame á súa altura e faláballe de bridge. nin de estrelas.

Derramárase algo no meu motor. As persoas maiores desalentáronme da miña carreira de pintor cando eu tiña seis anos e aínda non aprendera a facer máis que as «boas» pechadas e as «boas» abertas. sen ninguén con quen poder falar verdadeiramente.. prepareime para facer. Velaí téde-lo mellor retrato que. unha reparación difícil. Estaba ben máis illado que un náufrago nunha balsa no medio do océano. é moito menos engaiolante có modelo. E como non levaba comigo nin mecánico nin pasaxeiros.. ¡píntame un año! -¡Eh! -¡Píntame un año! Peguei un brinco como se me ferise un raio. conseguín facer del. . A primeira noite durmín sobre da area. ó romper do día. lmaxinade entón a miña sorpresa cando.II Deste xeito. A penas tiña auga para beber durante oito días. vivín só. no deserto do Sahara. Para min era cuestión de vida ou morte. mirei ben arredor de min e vin un rapaciño extraordinario que me ollaba gravemente. Pero o meu debuxo. ata que tiven unha avaría. máis adiante. eu soíño. despertoume unha graciosa vociña que dicía: -Por favor. restreguei os ollos. hai seis anos.. A culpa non é miña. estou seguro. a mil millas de distancia do lugar habitado máis próximo.

. . como se se tratase dunha cousa moi importante: -Por favor.Velaí téde-lo retrato que. ¿que fas ti aquí? E el repetiu entón docemente.. Contemplei esta aparición cos ollos redondos polo abraio. nin morto de sede.. nin morto de medo. conseguín facer del.. De ningunha maneira parecía un neno perdido no medio do deserto. a mil millas de distancia do lugar habitado máis próximo. nin morto de fame.. Ademais o rapaciño non me parecía perdido.. píntame un año. nin morto de cansazo. Cando por fin conseguín falar díxenlle: -Pero.. máis adiante. Non vos esquezades de que me atopaba a mil millas de distancia do lugar habitado máis próximo.

Cando o misterio é demasiado impresionante, non se atreve un a
desobedecer. Por moi absurdo que aquilo me parecese a mil millas do lugar
habitado máis próximo e en peligro de morte, saquei do meu peto unha folla
de papel e unha pluma estilográfica. Recordei entón que eu estudiara, sobre
todo, xeografía, historia, cálculo e gramática, e xa cun pouco de mal humor,
díxenlle ó rapaciño que eu non sabía debuxar.
-Non importa. Píntame un año.
Como nunca debuxara un año, pinteille un dos únicos debuxos que era
capaz de facer. O da «boa» pechada. E quedei chafucado cando lle oín dicir:
-¡Non! ¡Non! Eu non quero un elefante dentro dunha «boa». Unha «boa» é
moi peligrosa e un elefante é demasiado embarazoso. No meu país todo é
pequeniño. A min cómpreme un año. Píntame un año.
Debuxeillo e o rapaciño miroume atentamente e dixo:
-¡Non! Este xa está moi enfermo. Faime outro.

Volvín debuxar. O meu amigo sorriu xentilmente, con indulxencia.
-¿Ves?... Isto non é un año, que é un carneiro. Ten cornos...

Refixen outra vez o meu debuxo, que foi rexeitado como os anteriores.
-Este é demasiado vello. Eu quero un año que viva moito tempo.

Perdendo a paciencia e con ganas de empezar a desmonta-lo motor. . esborranchei un novo debuxo e díxenlle: -Esta é a caixa. O año que ti queres está dentro.

o rostro do meu xove xuíz iluminouse: -¡Así é o que eu quería! ¿Pensas que fai falla moita herba para este año? -¿Por que? -Porque no meu país é todo tan pequeniño. lnclinouse sobre o debuxo e dixo: -Non é tan pequeno. ..Cunha gran sorpresa para min. O año que che dei é moi pequeno. -Chegarache. E así foi como coñecín o principiño.. ¡Mira! Quedou durmido.

Despois. que me facía moitas preguntas. o meu avión. Foron palabras pronunciadas ó chou as que me revelaron o segredo pouco a pouco. engadiu: -Logo ti tamén vés do ceo. . Sentíame orgulloso de dicirlle que eu voaba. semellaba que nunca oía as miñas.¡Que gracia! E o principiño soltou unha gargallada que me molestou moito. Voa. preguntoume: -¿Que cousa é esa? -Isto non é unha cousa. Así. Entón exclamou: -¿Como? ¿Caeches do ceo? -Si -respondinlle modestamente.III Tardei moito tempo en comprender de onde viña. É un avión. ¿De que planeta es? De repente. un cachiño de luz iluminoume o misterio da súa presencia. O principiño. e pregunteille bruscamente: -¿Logo ti vés doutro planeta? . Gústame que as miñas desgracias se tomen en serio. cando se decatou por primeira vez da presencia do meu avión (non vos pintarei o meu avión porque sería un debuxo demasiado complicado para min).

Pero non me respondeu. ollando detidamente o meu avión. Meneaba a cabeza con dozura. .

-Claro que andando enriba diso non podes vir de moi lonxe...
E fundiuse nun soño que durou moito tempo. Despois, sacando o meu año
do seu peto, abismouse na contemplación do seu tesouro.
Xa podedes imaxinar canto me puido intrigar esta semiconfidencia sobre
«os outros planetas». Esforceime por saber algo máis:
-¿De onde vés, meu rapaciño? ¿Onde está esa terra túa de que falas? ¿Para
onde queres leva-lo meu año?

Despois de meditar un intre en silencio, respondeume:
-O mellor da caixa que me deches é que, pola noite, lle servirá de casa.
-Seguro. E se es bo, dareiche tamén unha corda e unha estaquiña para que o
teñas atado polo día.
A miña proposta chocoulle ó principiño.
-¿Atalo? ¡Que idea máis rara!
-É que se non o atas, irase e poderase perder.
O meu amigo riu de novo a gargalladas.
-Pero, ¿a onde queres que vaia?
-Non sei. Pode tirar todo dereito para adiante...
Entón o principiño advertiume con gravidade:
-Non importa. ¡Na miña terra é todo tan pequerrechiño...!
E con certa melancolía, quizais, engadiu:
-Camiñando todo dereito para adiante non pode ir moi lonxe...

coa axuda do telescopio. Este asteroide non foi visto máis que unha vez. Chámalle por exemplo: «O asteroide 325».IV Deste xeito. no ano 1909. Teño razóns ben serias para crer que o planeta de onde viña o principiño é o asteroide B 612. Xúpiter. ás veces. Sabía moi ben que á parte dos grandes planetas como a Terra. . son tan pequenos que non se poden distinguir nin coa axuda do telescopio. Venus. por un astrónomo turco. ponlle un número por nome. hai centos doutros que. ¡O seu planeta de orixe era pouco máis grande ca unha casa! Isto non me podía sorprender moito. ós que se lles puxo nome. Marte. Cando un astrónomo descobre un destes planetas. souben unha segunda cousa moi importante.

Pero ninguén lle creu por culpa do seu vestido. un dictador turco impuxo ó seu pobo. As persoas maiores son así. . Felizmente para o asteroide B 612.O dito astrónomo fixera entón unha gran demostración do seu descubrimento nun Congreso Internacional de Astronomía.

non chegan a imaxinar como é esa casa. Se vos conto estes detalles sobre o asteroide B 612. Entón exclaman: «Ah.. Pensan que soamente así o poden coñecer. Ás persoas maiores gústanlle-las cifras. Ía vestido dun xeito moi elegante e todo o mundo aceptou a súa demostración. as persoas maiores preguntan: «¿Cal é a súa idade? ¿Cantos irmáns ten? ¿Canto pesa? ¿Canto gaña o seu pai?». O astrónomo informou de novo sobre o seu descubrimento. no ano 1920. Non. a obrigación de se vestir á europea.». Non vos din: «¿Como é a súa voz? ¿Que xogos lle gustan máis? ¿Colecciona bolboretas?». con xeranios nas fiestras e con pombas no tellado. Hailles que dicir: «Vin unha casa que vale cen mil pesos». Se lles dicides: «Vin unha fermosa casa chea de ladrillos cor de rosa.baixo pena de morte. ¡que fermosa é!». . é por causa das persoas maiores. e se vos digo o seu número. Cando lles falades dun novo amigo.. nunca vos preguntan nada esencial del.

Non se lles pode ter isto en conta. e que tiña necesidade dun amigo. entón quedarán convencidos e deixaranvos en paz coas súas preguntas. A min gustaríame comezar esta historia á maneira dos contos de fadas. e o feito de querer un año. isto tería máis aire de verdade. Pero se lles dicides: «O planeta de onde viña é o asteroide B 612». é unha proba de que existe»... se lles dicides: «A proba de que o principiño existiu. Son así. Se intento describilo aquí é só coa intención de non me esquecer . Sinto unha pena fonda ó contar estas lembranzas. Pero nós. encollerán o lombo e dirán que sodes uns nenos.». é que se trataba dun ser engaiolante.Así. Para os que comprenden a vida. Non me gusta que o meu libro sexa lido con lixeireza. burlámonos dos números. que comprendémo-la vida. Gustaríame dicir: «Era unha vez un principiño que vivía nun planeta pouco máis grande ca el. Hai xa seis anos que o meu amigo marchou co seu año. Os nenos teñen que ser moi indulxentes coas persoas maiores. que ría e que quería un año.

O meu amigo non me daba nunca explicacións. Por iso merquei unha caixa de lápices de cores. e outro non se parecerá nada. Tratarei de facer uns retratos o máis parecidos que poida. Andarei como ás atoutiñadas sobre isto e aquilo. É moi duro poñerse de novo a debuxar á miña idade. Ó mellor envellecín xa. pero non estou seguro de conseguilo. unha «boa» aberta ou unha «boa» pechada. Pero teredes que me perdoar. E eu podo chegar a ser como as persoas maiores.del. cando soamente tiña intentado pintar. porque é triste esquecerse dun amigo. demasiado pequeno. Trabucareime tamén un pouco ó reproduci-lo tamaño. Un debuxo parecerase. Quizais pensaba que eu era semellante a el. . Unhas veces o principiño ha ser demasiado grande e outras. E eu. non son capaz de ve-los años a través das caixas. Non todo o mundo gozou da sorte de ter un amigo. por desgracia. Tal vez eu sexa un pouco como as persoas maiores. á idade de seis anos. heime trabucar nalgúns detalles importantes. Tamén hei ter dúbidas sobre a cor do seu vestido. En fin. que soamente senten interese polas cifras.

Díxenlle ó principiño que os baobabs non son arbustos. É certo. . Isto sucedeu gracias ó año. senón árbores tan grandes como igrexas e que aínda que levase consigo unha manada de elefantes. claro. moi lentamente e como ó chou dalgunhas reflexións. preocupado por unha grave dúbida.. non serían capaces de acabar cun só baobab.. Pero o principiño engadiu: -Entón tamén comerán os baobabs. A idea dunha manada de elefantes fixo rir ó principiño. -¡Ah! ¡Estou contento! Non comprendín por que lle parecía tan importante que os años comesen os arbustos. O principiño. ía aprendendo novas cousas sobre o planeta. preguntoume: -Os años comen os arbustos ¿non é? -Si. -Habería que os poñer uns por riba dos outros.V Cada día. a partida e a viaxe do principiño. Así foi como ó terceiro día coñecín o drama dos baobabs.

herbas boas e herbas malas. como se se tratase de algo evidente.E logo observou intelixentemente: -Os baobabs antes de se faceren grandes. -É certo. Pero a min custoume moito traballo chegar a comprender este problema. como resultado de grans bos de herbas boas e de grans . no planeta do principiño había. como en tódolos planetas. En efecto. Pero ¿por que queres que os teus años coman os baobabs pequenos? Respondeume: «Claro». son moi pequeniños.

Pero os grans son invisibles.. e non se acode a tempo e non se corta de seguida. Hai que se dedicar a arrinca-los baobabs tan pronto como se distinguen das roseiras. Entón despreguízase e alonga primeiro timidamente cara ó sol unha engaiolante ponliña inofensiva. pero moi fácil».malos de herbas malas. Dormen no segredo da terra ata que un deles ten a fantástica idea de despertar. . Pero se se trata dunha planta mala. O chan do planeta estaba infectado deles. «Esta é unha cuestión de disciplina -dicíame máis tarde o principiño-. Eran os grans dos baobabs. ás que se semellan moito cando son noviños. Cando pola mañá acaba un o seu aseo cómpre facer tamén con moito coidado a limpeza do planeta. Se se trata dunha ponla de rábano ou de roseira pódese deixar medrar como ela queira. No planeta do principiño había grans terribles. É un traballo moi aburrido. Se aparece un baobab. Cobre o planeta enteiro e fúrao coas súas raíces. haina que arrincar axiña. E se o planeta é pequeniño e os baobabs son moitos. en canto se recoñeza.. despois xa non se pode un desfacer del. féndeno ó medio.

Eu coñecín un planeta habitado por un preguiceiro que deixou medrar tres arbustos. pero se se fai isto tratándose de baobabs. Coas indicacións que me fixo o principiño. atención ós baobabs!». ocorre sempre unha catástrofe. pódelles servir de algo. Non me gusta falar como se fora un moralista. penso que valía a pena. quizais moitos de vós preguntaredes: ¿Por que non hai neste libro outros debuxos tan grandiosos como o debuxo dos baobabs? A resposta é ben simple: .. Ás veces non hai inconveniente en retrasar calquera traballo. Soamente por advertir ós meus amigos dun perigo que os ronda dende hai tempo sen sabéreno. A lección que poida dar con el.». debuxei aquel planeta. farei unha excepción para berrar: «¡Nenos.Un día aconselloume que fixese un debuxo ben clariño para meterlles isto na cabeza ós rapaces da miña terra.. pero o perigo dos baobabs é tan pouco coñecido e os riscos que pode correr quen se perda nun asteroide son tan considerables que. «Se algunha vez fan unha viaxe -dicíame-. por unha vez. púxenme a traballar neste debuxo. como me pasaba a min.

Cando debuxei os baobabs estaba animado por un sentimento de urxencia.Intentei facelos. pero non o conseguín. .

así fun comprendendo eu. pouquiño a pouco.. -¿Agarda-lo que? -Agardar que o sol se poña. despois riches de ti mesmo e dixeches: -Sempre penso que estou no meu planeta. Ó principio sorprendícheste moito. a túa vidiña melancólica! Durante moito tempo non tiveches outra distracción que a dozura que sentías ó contempla-lo solpor. . Imos ver un solpor.VI ¡Ah. -Pero hai que agardar.. meu principiño. Aprendín este novo detalle cando na mañá do cuarto día me dixeches: -Gústame moito o solpor.

En troques.En efecto. pero desgraciadamente Francia queda demasiado lonxe. Todo o mundo sabe que cando é mediodía nos Estados Unidos ponse o sol en Francia.la túa silla algúns . no teu pequeno planeta abondaba con arrastra. Abondaría con visitar Francia durante un minuto para asistir ó solpor.

. ¿verdade? Pero o principiño non me respondeu. E logo engadías: -¡Un día vin pórse o sol corenta e catro veces! ¿Sabes? Cando un está moi triste gusta ve-lo solpor. . o día das corenta e catro veces estarías moi triste. -Entón.pasos e contemplába-lo crepúsculo cada vez que o desexabas..

.

-¡Non. -¡Oh! E despois dun intre de silencio. -¿Para que serven as espiñas? Unha vez que facía unha pregunta.. non. As flores téñenas por pura maldade. espetoume cunha especie de xenreira: -¡Non che creo! As flores son débiles e inxenuas. Tamén as flores que teñen espiñas. Crense terribles coas súas espiñas. porque a auga que tiña para beber íase esgotando pouco a pouco. -Entón. -¿Tamén as flores que teñen espiñas? -Si. Non lle respondín. Pero o principiño interrompeu novamente as miñas reflexións: -E ti coidas que as flores. ¿para que serven as espiñas? Eu non o sabía.. Sentíame inquedo porque a miña avaría empezábame a parecer moi grave e xa temía que me ocorrese o peor.. comerá tamén as flores ¿non é? -Un año come todo canto encontra. Atopábame moi ocupado tratando de destornillar un perno do meu motor que estaba demasiado apretado.VII O quinto día. vouno facer saltar dun martelazo». Bruscamente e sen preámbulos. eu non creo nada! ¡Respondinche o primeiro que me veu á . Eu estaba irritado por culpa do perno e respondinlle o primeiro que me veu á cabeza: -As espiñas non serven para nada. se come os arbustos. e tratan de tranquilizarse como poden. enteireime destoutro segredo da vida do principiño. e sempre gracias ó año.. preguntoume: -Un año. como se fose o froito dun problema longamente meditado en silencio. Naquel instante eu estaba a pensar: «Se este perno segue resistindo. o principiño non renunciaba nunca á súa resposta.

!» Parece que isto infla o seu orgullo. E pasa o día repetindo coma ti: «¡Eu son un home serio. eu son un home serio. e o vento axitaba os seus cabelos dourados. misturas todo! Estaba verdadeiramente irritado..cabeza! ¡Estou ocupado en cousas serias! Miroume pampo: -¡Cousas serias! Estábame vendo co meu martelo na man. Nunca cheirou o recendo dunha flor. inclinado sobre un obxecto que lle parecía moi feo. nunca mirou a unha estrela e xamais quixo a ninguén. -Coñezo un planeta onde vive un señor moi colorado. e el. engadiu: -¡Ti confúndelo todo. iso é un cogordo. os dedos negros de graxa. Pero iso non é un home.. Na súa vida fixo outra cousa que non fosen sumas. -¿Un que? -¡Un cogordo! O principiño estaba pálido de cólera. Sacudía a cabeza. . despiadado. -¡Falas igual que as persoas maiores! Sentín vergonza.

.

sentíame desmañado e tampouco sabía como consolalo ou como atopar algo que lle devolvese a confianza en min. ¿tampouco che parece importante? O principiño púxose vermello e seguiu dicindo: -Se alguén ama a unha flor da que soamente existe un único exemplar en millóns de estrelas.. Heiche debuxar un bozo para o teu año e unha armadura para a túa flor e. había un principiño a quen consolar. ¡É tan misterioso o país das bágoas! .» Non sabía que outra cousa lle podía dicir. o perno. ¿É que isto non é importante? Non puido falar máis e estralou en saloucos. Hai tamén millóns de anos que os años. A noite caera xa. que non a hai en ningún outro sitio máis que no meu planeta e que calquera mañá pode ser aniquilada para sempre por un año que nin sabería sequera o que facía. para el é como se de repente se apagasen tódalas estrelas. a sede e a morte. nalgunha parte.. Sobre unha estrela. comen as flores.. ¿E paréceche pouco serio tratar de comprender por que as flores levan o traballo de fabricar unhas espiñas que non lles serven para nada? ¿É que non che parece importante entón a guerra dos años e das flores? ¿Non é isto moito máis serio e importante que as sumas dun señor groso e vermello? E se eu che digo que coñezo unha flor única no mundo. Eu deixara as ferramentas e importábanme pouco o meu martelo. abonda con isto para se sentir ditoso ó contemplalas..-Hai millóns de anos que as flores fabrican espiñas. o meu.. sobre un planeta.. Pode decir: «A miña flor está alá. Collino nos meus brazos e arroleino dicíndolle: «A flor que ti amas non corre perigo.» Pero se o año come a flor. a Terra. a pesar disto.

Era moi coqueta. vestíase lentamente e axustaba un a un os seus pétalos. E nacín canda o sol. Perdoádeme. pero a flor pechada no seu cuarto verde. . Pero o arbusto deixou de medrar axiña e comezou a botar unha flor. ¡Estou toda despeinada. Levaba xa moitos días poñéndose fermosa..! O principiño non puido conte-la súa admiración: -¡Que fermosa es! -¿Verdade que si? -respondeu docemente a flor-. E ela que traballara con tanto detalle.. adornadas cunha soa fila de pétalos. dixo boquexando: ..¡Ah! Acabo de espertar. apareceu. senón aparecer con todo o esplendor da súa fermosura. Se tiveses a bondade de pensar en min. pero ¡era tan conmovedora! -Paréceme que é a hora do almorzo -dixo de seguida-. O principiño pensou que non era demasiado modesta. Aparecían unha mañá entre a herba e apagábanse xa á tardiña... Non quería saír xa murcha como as papoulas..VIII Aprendín ben pronto a coñecer a esta flor. O principiño asistiu ó nacemento dun enorme capullo e pensou que de alí ía saír algo milagroso. Elixía con coidado as súas cores. e o principiño vixiaba atentamente a esta ponliña que non se asemellaba ás demais.. xusto á hora de se erguelo sol... non acababa de se engalanar.. ata que unha mañá. dun gran chegado quen sabe de onde. que a penas ocupaban sitio e que non molestaban a ninguén. Podíase tratar dun novo tipo de baobab. No planeta do principiño sempre houbera flores moi simples. Pero aquela xermolara un día.

díxolle ó principiño: -¡Xa poden vi-los tigres coas súas poutas! .E o principiño. falando das súas catro espiñas. foi procurar unha regadeira de auga fresca e serviu á flor. Pero ela axiña o empezou a atormentar coa súa vaidade un pouco sospeitosa. todo confuso. por exemplo. Un día.

-Eu non son unha herba.. A flor calou de pronto. Alá. -respondeu a flor con dozura.. Humillada por se deixar sorprender inventando unha .... -¡Perdóame! -Eu non lles teño medo ós tigres.» -Pola noite terás que me cubrir cun fanal. Ela viñera en forma de gran. Non é ningunha sorte para unha planta o sentir medo das correntes de aire. ¡Esta flor é ben complicada. pero sinto terror ante as correntes de aire. Está mal emprazado... Fai moito frío no teu planeta.-Non hai tigres no meu planeta -fíxolle sabe-lo principiño-. de onde veño eu. e ademais os tigres non comen herba. Era imposible que coñecese outros mundos. ¿Non terás un biombo? «¡Uf! -pensou o principiño-..

Abonda con miralas e con respira-lo seu recendo. o principiño. pese á boa vontade do seu amor. pero isto non conseguía aledarme. Nunca se debe escoitar ás flores... Deste xeito.mentira tan inxenua. pero como me estabas falando. que tanto me irritara. Tomara en serio palabras que non tiñan importancia e sentíase desgraciado. tusiu dúas ou tres veces. A historia das poutas. Entón ela forzou a tose para lle facer sentir remordementos. Un día confesoume: «Non a debía escoitar. -¿E o biombo? -Íao buscar. penso que me debería entenrecer.. A miña flor embalsamaba co seu perfume o meu planeta. para distrae-la atención do principiño.» . axiña empezou a dubidar dela..

Debín xulgala polos seus actos e non polas súas palabras. ¡As flores son tan contraditorias! E eu era demasiado noviño para sabela amar». .Despois engadiu: «¡Daquela non souben comprender nada. Non souben adiviña-la tenrura que se escondía tralas súas pobres solercias. Ela embalsamaba e iluminaba a miña vida e eu nunca debín fuxir de alí.

.

e se preparou para colocala ó abrigo do fanal. Se se lles quita o charrizo. As erupcións volcánicas son como o lume das chemineas. Tiña tamén un volcán apagado que limpou así mesmo. como el dicía. Pensaba que non ía voltar xamais e todos aqueles traballos familiares parecíanlle aquela mañá extremadamente doces. o principiño aproveitou unha emigración de paxaros salvaxes. lentamente e con regularidade. Por iso nos dan tantos disgustos. Aquela mañá puxo o seu planeta en orde. Limpou con coidado o charrizo dos dous volcáns que tiña en actividade e que lle servían para quentalo almorzo polas mañás. os derradeiros xermolos de baobab. os volcáns arden sen erupcións. para se ir. pois.IX Penso que. nunca se sabe o que pode pasar. Vese ben que na Terra somos demasiado pequenos para limpa-los nosos volcáns. O principiño arrincou tamén. Cando regou a flor. sentiu ganas de chorar. . con melalancolía.

Ela non lle respondeu. -Adeus -repetiulle. .-Adeus -díxolle á flor.

-Si.. non sinto medo. pero non porque estivese acatarrada. Despois engadiu: -Xa que tes decidido marchar... O aire fresco da noitiña farame ben. Coido que son moi fermosas. -Fun unha parva -díxolle ó fin-. Se non ¿quen vai vir a me facer visitas? Ti estarás lonxe. Trata de ser feliz. -Pero o vento... Sorprendeuse de que non lle zafrañase e quedou desconcertado. Solta dunha vez ese fanal. Son unha flor. Non quería que a vise chorar. E amosaba inxenuamente as súas catro espiñas. Ti fuches máis parvo ca min. quérote -díxolle a flor-. En canto ós animais grandes. Se non te decataches foi por culpa miña. Xa non o quero. Teño as miñas poutas.. . pero iso non ten importancia.. co fanal no aire. marcha xa.A flor tusiu. -Non estou tan acatarrada. -¿E os animais? -Terei que soportar dúas ou tres eirugas. Non alongues máis a incomodidade da despedida. Non comprendía esta tranquila dozura. Trata de ser feliz.. se quero coñece-las bolboretas. Era tan orgullosa.

-Achégate para que te poida ver mellor -díxolle o rei. -dixo o principiño póndose vermello. 329 e 330. decidiu visitalos todos. Aquí temos un súbdito. Fixen unha longa viaxe e non durmín. -Boquexar dediante dun rei vai en contra da etiqueta. Hai anos que non vexo boquexar a ninguén. 328.. -¡Hum! ¡Hum! -respondeu o rei. 326. -Non podo evitalo -respondeu o principiño moi confuso-. que estaba todo contento de ser. daba . -¡Ah! -exclamou o rei ó divisa-lo principiño-.... boquexa outra vez! É unha orde.. O rei. Porque o rei daba moita importancia a que a súa autoridade fose respetada. Farfullaba un pouco e parecía fastidiado. Por buscar unha ocupación e para se instruír... 327. Ordénoche que boquexes e que non.. Os boquexos son moi curiosos para min. ¡Veña. pero como estaba canso. ordénoche que boquexes. vestido de púrpura e de armiño. -Entón -dixo o rei-. Prohíboche que o fagas. Tódolos homes son súbditos. pero o planeta estaba enteiramente ocupado polo magnífico manto de armiño. Pero como era bo. Non toleraba a desobediencia. Entón quedou de pé. buscando onde se sentar. O primeiro estaba habitado por un rei. boquexou. E o principiño preguntouse: -¿Como me pode recoñecer se non me viu endexamais? Non sabía que para os reis o mundo está moi simplificado. estaba sentado nun trono moi simple. Non podo. O principiño mirou arredor. Era un monarca absoluto. -Dáme vergonza.X Atopábase na rexión dos asteroides 325. ó fin. rei para alguén. pero maxestuoso.

se lle ordenase a un xeneral que se convertese en paxaro de mar e non me obedecese. non sería por culpa del.» . Sería por culpa miña. «Se lle ordenase -dicía con frecuencia-.ordes razoables.

-¿Sobre todo iso? -dixo o principiño. sen necesidade de andar arrastrando o seu asento... senón a setenta e dous. -respondeu o rei. ou que escribise unha traxedia.. -¿Sobre todo? Cun xesto. o rei sinalou o seu planeta. ¿sobre que reinades vós? -Sobre todo -respondeu o rei cunha gran simplicidade.. O planeta era minúsculo. Pero o principiño estaba sorprendido. senón que era un monarca universal. -Señor. Eu non tolero a indisciplina.. e o xeneral non executase a orde ¿de quen sería a culpa.. ou que se convertese nun paxaro do mar. -¿E obedécenvo-las estrelas? -¡Claro! -dixo o rei-. pídovos perdón por me atrever a preguntar.. Obedecen axiña. Se o tivese el. -Se eu lle ordenase a un xeneral que voase de flor en flor como unha bolboreta. -Sobre todo iso. ou cen ou a douscentos solpores no mesmo día.. - Ordénoche que te sentes -respondeulle o rei.. Dádeme ese gusto. ¿Sobre quen podería reinar aquel rei alí? -Señor.-¿Pódome sentar? -preguntou o principiño con moita timidez. Dicídelle ó sol que se poña. -dixo-.. -Xusto. os outros planetas e as estrelas. Semellante poder maravillou ó principiño. Porque non era só un monarca absoluto. recollendo maxestuosamente un faldón do seu manto de armiño. miña ou del? -A culpa sería vosa -dixo o principiño con firmeza. Soamente se lle pode pedir a un o que un pode dar -continuou o rei- ... Como se sentía un pouco triste ó se lembrar do seu pequeno planeta abandonado. podería asistir non a corenta e catro. atreveuse a pedirlle unha gracia ó rei: -Gustaríame ver unha posta de sol. -Ordénoche que me preguntes -dixo o rei de presa.

Pero seguindo a miña ciencia de goberno. O principiño boquexou. na razón. que estaba moi contento de ter un súbdito-.díxolle ó rei. ¡hem!.. Alá embaixo non hai ninguén tampouco. será. e ademais estábase aburrindo un pouco. Nunca percorrín o meu reino. é que es un verdadeiro sabio. -¿Cando será iso? -preguntou o principiño.. pero non teño sitio para unha carroza. ¡de xusticia! -¡Pero se non hai ninguén a quen xulgar. Lamentaba o seu solpor frustado..! -Iso non se sabe -díxolle o rei-. É o máis difícil. -Non te vaias -dixo o rei. quero agardar a que as condicións sexan favorables. A autoridade descansa. -¿Entón a miña posta de sol. Se consegues xulgarte ben. E verás como se me obedece. Vou marchar. que non esquecía nunca calquera cousa que tivese preguntado. -¿Ministro de que? -De. Podes xulgar a esta rata.. fará a revolución.. Así a súa vida dependerá da túa xusticia. Esixireina. Eu teño dereito a esixir obediencia porque as miñas ordes son razoables.. Se lle ordenas ó teu pobo que se tire ó mar.. Estou seguro de que no meu planeta hai unha rata vella. -¡Hem! ¡Hem! -respondeulle o rei. cara ás sete corenta. ¡hem!. -Non teño nada que facer aquí. que se inclinou para botar unha ollada á outra banda do planeta-. -¡Hem! ¡Hem! -dixo o rei-.. Escóitoa polas noites.¡Oh! Eu xa vin -dixo o principiño. Non te vaias e fágote ministro. -Tera-la túa posta de sol.. -Eu podo xulgarme a min mesmo en calquera parte -dixo o principiño-.. -Entón xulgaraste ti a ti mesmo -respondeulle o rei-. É ben máis difícil xulgarse un a si mesmo que xulgar ós demais. Condénala a morte de cando en cando.? -recordou o principiño. Cada vez que a . despois de consultar un calendario-. Non teño necesidade de vivir aquí. sobre todo. Son moi vello e cánsame o camiñar.. .

. -Non -dixo o rei. dicía para si o principiño durante a viaxe. poderíame dar unha orde razoable. Non hai máis que unha. despois de atariñar un pouco. dixo: -Se a Vosa Maxestade desexa ser obedecido sen chistar. por exemplo. -A min non me gusta condenar a morte a ninguén -respondeu o principiño. suspirou e púxose en marcha. que tiña todo disposto e non quería disgustar ó monarca. Paréceme que as condicións son favorables. Vou marchar. .condenes. Poderíame ordenar. pois temos que economizala. Como o rei non respondeu nada. terás que lle concede-lo indulto. que marche antes de que pase un minuto. «As persoas maiores son moi raras». Pero o principiño. o principiño.. -¡Fágote o meu embaixador! -apresurouse a berra-lo rei.

Por desgracia nunca pasa ninguén por aquí. -Bate as túas mans unha contra a outra -aconselloulle o vaidoso. Porque para os vaidosos tódolos demais homes son admiradores. -¡Bos días! -dixo o principiño-.¡Ah! ¡Ah!. . ¡Que sombreiro máis chusco ten vostede! -É para saudar -respondeulle o vaidoso-. quitando o seu sombreiro. -¿Ah. O principiño bateu as súas mans e o vaidoso saudou modestamente. . É para saudar cando me aclaman. que non comprendeu. vénme visitar un admirador -berrou dende lonxe o vaidoso cando viu ó principiño. si? -dixo o principiño.XI O segundo planeta estaba habitado por un vaidoso.

o principiño cansou da monotonía .-Isto é máis divertido que a visita que lle fixen ó principiño. e o vaidoso púxose a saudar outra vez quitando o sombreiro. Despois de cinco minutos de exercicio. Volveu bate-las mans unha contra a outra.

pero ¿para que che pode servir iso? E o principiño marchou. -¡Cúmpreme ese gusto! ¡Admírame. o máis elegante. a pesar de todo! -Ben. -Pero ti estás só neste planeta. as persoas maiores son ben raras!» . -Ti admírasme moito. Os vaidosos non oen máis que as louvanzas. -¿Que hai que facer para que caia o sombreiro? -preguntou o principiño.do xogo. o máis rico e o máis intelixente do planeta. Pero o vaidoso non o oíu. admírote -dixo o principiño encollendo o lombo-. ¿verdade? -¿Que significa admirar? -Admirar significa recoñecer que eu son o home máis fermoso. «¡Dende logo -ía dicindo para si durante a viaxe-.

.XII O planeta seguinte estaba habitado por un bebedor. -¿Que fas aí? -preguntoulle ó bebedor. que estaba sentado en silencio dediante dunha colección de botellas baleiras e outra colección de botellas cheas. Esta visita foi moi curta. pero sumiu ó principiño nunha gran melancolía.

que quería socorrelo. -Para esquecer. -¿Para esquecer que? -inquiriu o principiño. xa compadecido.-¡Bebo! -respondeu o bebedor con ton lúgubre. -¡Vergonza de beber! -dixo o bebedor. E o principiño marchou todo perplexo. «Decididamente -ía dicindo para si durante a viaxe. -Para esquecer que sinto vergonza -confesou o bebedor baixando a cabeza. -¿Vergonza de que? -preguntou o principiño. que se pechou definitivamente no silencio. .as persoas maiores son moi raras». -¿Por que bebes? -preguntou o principiño.

Quince e sete.XIII No cuarto planeta vivía un home de negocios. Vintedous e seis. vinteoito. doce. -¿Cincocentos un millóns de que? . ¡Uf! Isto suma cincocentos un millóns seiscentos vintedous mil setecentos trinta e un. Non teño tempo para acendelo. trinta e un. quince. -Bos días -dixo ó chegar-. Bos días. Cinco e sete. Vinteseis e cinco. vintedous. -Tres e dous fan cinco. e tres. O seu cigarro está apagado. Estaba tan ocupado que nin sequera levantou a cabeza cando chegou o principiño.

.. -Hai cincoentos catro anos que vivo aquí e soamente me molestaron en tres ocasións. Estrelas. . Son un home serio... Fixo un ruído espantoso e metín catro erros nunha suma. E a terceira vez. -¿Cincocentos un millóns de que? -repetiu o principiño. que nunca na súa vida renunciara a que lle deran unha resposta a calquera pregunta que fixera. ¡a terceira vez é esta! Dicía que eran cincocentos un millóns. Unhas cousiñas douradas que fan soñar ós folgazáns. sete. Non teño tempo de andar ruando. ¡Eu son un home serio e exacto! -¿E que fas ti con esas estrelas? -¿Que que fago? -Si.. -¿Moscas? -Non.. A segunda vez foi hai once anos e tivo a culpa o reuma. Eu non fago exercicio. -¿Abellas? -Non.. O home de negocios ergueu a cabeza. ¡Eu son un home serio e non teño tempo para soñar! -¡Ah! ¿Estrelas? -Iso é. por culpa dun abellón que caera Deus sabe de onde. Xa non sei.. -¿E que fas ti con cincocentos un millóns de estrelas? -Cincocentos un millóns seiscentos vintedous mil setecentos trinta e un. -¿Millóns de que? O home de negocios comprendeu que non había esperanza de que o deixase en paz.-¿Eh? ¿Aínda está aí? Cincocentos un millóns de.. ¡Teño tanto traballo! ¡Eu son un home serio e non me divirto con parvadas! Dous e cinco. -Millóns desas cousiñas que ás veces se ven no ceo.. A primeira vez foi hai vintedous anos. cousiñas que brillan.

. Eles «reinan» sobre algo. Eu teño as estrelas porque nunca ninguén antes ca min pensou en telas. «Este -dixo para si o principiño. é teu. enfadado. que é moi diferente. Cóntoas e volvo contalas unha e outra vez -contestou o home de negocios-. -¿Que quere dicir iso? . pois fun o primeiro en pensar esa idea. Se teño unha flor. -Iso é certo -dixo o principiño-. pero podo metelas nun banco. -¿E para que che serve te-las estrelas? -Sérveme para ser rico. se é que se descobre algunha. Nembargantes.razoa un pouco como o meu borracho». -Non sei. -Se eu teño un pano de seda. seguiu preguntando: -¿Como se poden te-las estrelas? -¿E logo de quen son? -retrucou. podo levalo arredor do pescozo. o home de negocios. -¿E abonda con iso? -Claro que si. pódela patentar e é túa. Se atopas un diamante que non é de ninguén. -Pois eu vin a un rei que. ¡Pero ti non podes colle-las estrelas! -Non. Se atopas unha illa que non é de ninguén.-Nada. De ninguén. -Entón son miñas. -¿Que ti es dono desas estrelas? -Si.. podo collela e levala. -¿E para que che serve ser rico? -Para mercar outras estrelas. é para ti. ¿E que fas con elas? -Adminístroas. Téñoas. ¡É difícil. Se tes unha idea que ninguén tivo antes ca ti. -Os reis non teñen nada. pero eu son un home serio! O principiño aínda non estaba satisfeito.

«É divertido -pensou o principiño-. E é bastante poético. Pero ti non es útil para as estrelas. O principiño tiña. ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores.as persoas maiores son extraordinarias».. -Eu -dixo. pero non é serio». -¿E iso é todo? -Abonda.ía dicindo para si durante a viaxe. «Decididamente . Nunca se sabe o que pode ocorrer. e o principiño foise de alí.teño unha flor que rego tódolos días. É bo para os meus volcáns e para a miña flor que eu sexa o seu dono.. pero non atopou palabras para responder. Teño tres volcáns que limpo de charrizo tódalas semanas. O home de nogocios abriu a boca. . pois limpo tamén o que está apagado.-Quero dicir que escribo nun papel o número de estrelas que teño e logo péchoo con chave nun caixón. sobre as cousas serias.

Cando acende o seu farol é como se fixese nacer unha estrela máis ou unha flor. Polo menos o seu traballo ten un senso. O principiño non chegaba a comprender para que podían servir alí. -¿E dende entón cambiaron a consigna? . A penas había sitio para un farol e un faroleiro. Cando o apaga fai durmir a estrela e a flor. e nun planeta sen casas e sen xente. Non obstante dixo para si: -Este home pode que sexa absurdo. E por ser bonita é verdadeiramente útil. Despois enxugou a fronte cun pano de cadros vermellos. que o vaidoso. Así tiña o resto do día para descansar. nalgún lugar do ceo.XIV O quinto planeta era moi curioso. É unha ocupación bonita. Era o máis pequeniño de todos. ¿Por que apága-lo teu farol? -É a consigna -respondeu o faroleiro-. ¡Bos días! -¿Que é a consigna? -Apaga-lo meu farol. e o resto da noite para durmir.. ¡Boas noites! E acendeu o farol. un farol e un faroleiro. ¡Bos días! E apagou o seu farol. -¿E por que o acendes? -É a consigna.. Antes aínda era razoable. -Non o entendo -dixo o principiño. -O meu oficio é terrible. -Non hai nada que entender -dixo o faroleiro-. Cando chegou ó planeta saudou respectuosamente ó faroleiro: -Bos días. Nembargantes é menos absurdo que o rei. Apagaba pola mañá e acendía pola noite. que o home de negocios e que o bebedor. A consigna é a consigna.

Porque se pode ser a un tempo fiel e preguiceiro. non -dixo o faroleiro-. camiñas. O principiño mirouno e sentiu cariño por este faroleiro tan fiel á consigna. Cando queiras descansar. que o planeta foi xirando máis de presa de ano en ano e a consigna non cambiou. -Iso non é unha sorte -dixo o principiño. Non tes máis que camiñar moi paseniño para estar sempre ó sol. Xa hai un mes que ti e mais eu estamos falando. ¡Bos días! E apagou o seu farol. Trinta minutos. O principiño proseguiu: -O teu planeta é tan pequeniño que lle podes da-la volta en tres alancadas. ¡Acendo e apago unha vez por minuto! -¡Ten gracia! Na túa terra os días só duran un minuto. e así o día durará o tempo que ti queiras. -Non é unha sorte. -Eu quero descansar sempre -dixo o faroleiro. Lembrouse dos solpores que noutro tempo el ía buscar arrastrando a súa silla.. -¿E entón? -dixo o principiño. E volveu acende-lo seu farol.. Quixo axudar ó seu amigo: -¿Sabes? Eu sei de que xeito podes descansar cando queiras.-Non cambiaron a consigna -dixo o faroleiro-. -Pois non ten tanta gracia -dixo o faroleiro-. -¿Un mes? -Si. O que a min máis me gusta na vida é durmir. ¡Trinta días! Boas noites. -Con iso pouco adianto -dixo o faroleiro-. -Pois agora que dá unha volta por minuto non teño un segundo de descanso. Iso é o malo. .

el é o único que non me parece ridículo.«Este . . polo rei.ía dicindo para si o principiño mentres seguía máis lonxe a súa viaxe-. Quizais porque se preocupa doutra cousa que de si mesmo». polo home de negocios. este sería despreciado por tódolos demais. Nembargantes. polo bebedor. polo vaidoso.

.». Non hai sitio para os dous. .. O que o principiño non se ousaba confesar era que el añoraba este bendito planeta por causa. dos mil catrocentos corenta solpores que podía contemplar cada día. sobre todo.Suspirou con sentimento e seguiu dicindo para si: «É o único que podería se-lo meu amigo. Pero o seu planeta é demasiado pequeniño.

XV O sexto planeta era un planeta dez veces máis grande. Estaba habitado por un vello que escribía nuns libros moi grandes. .

olla un explorador! -dixo ó albiscar ó principiño. .-¡Anda. O principiño sentou na mesa e respirou fondo. ¡Levaba tanto tempo viaxando! -¿De onde vés ti? -díxolle o vello.

. Entón o xeógrafo poría dúas montañas onde só hai unha. as montañas. os océanos e os desertos. E non teño exploradores. O xeógrafo é demasiado importante para andar dun sitio para outro. -¿E cidades e ríos e desertos? -Tampouco o podo saber. os mares.) ¿E montañas? -Non o podo saber -repetiu o xeógrafo.-¿Que libro é ese tan grande? -preguntou o principiño-. Nunca vira aínda un planeta tan maxestuoso. -¿Por que? -Porque un explorador que mentise sería unha catástrofe para os libros de xeografía. Pregúntalles e toma nota dos seus recordos. os ríos. os ríos. ¡Por fin. pero recibe os exploradores. ¿Que fai vostede aquí? -Eu son xeógrafo -respondeu o vello. -¡Pero vostede é xeógrafo! -Si. pero non son explorador. claro -dixo o xeógrafo-. Tamén un explorador que bebese demasiado. un verdadeiro oficio! E botou unha ollada ó planeta do xeógrafo. E se os recordos dun deles lle parecen interesantes. as cidades. -¿E que é un xeógrafo? -É un sabio que sabe onde se atopan os mares. E o xeógrafo non vai andar contando as cidades. Non sae do despacho. o xeógrafo manda facer un inquérito sobre a moralidade do explorador. -Porque os borrachos ven dobre. ¿Hai océanos aquí? -Non o podo saber -dixo o xeógrafo. as montañas e os desertos. -É moi fermoso o voso planeta. -¿Por que? -preguntou o principiño. -Iso é moi interesante -dixo o principiño-. -¡Ah! (o principiño sentiuse decepcionado.

Para pasalos a pluma agárdase ata que se presenten as probas. É moi raro que un océano se baleire. -A ver -dixo o xeógrafo. É pequeniño. Nós anotamos cousas eternas. ¿Que significa «efémera»? -Que os volcáns estean apagados ou espertos.son os libros máis serios de tódolos libros. -Nunca se sabe -dixo o xeógrafo. -É posible. Pero nunca se sabe. Cando a moralidade dun explorador parece boa.que sería mal explorador. O meu país non é moi interesante.dixo o xeógrafo. o xeógrafo sentiuse emocionado. despois de abri-lo seu libro rexistro. Dous volcáns en actividade e un apagado. por exemplo. Pídeselle ó explorador que traia probas. afiou a punta do lápiz.-Eu coñezo a un -dixo o principiño. -Pero ti. Nunca pasan de moda.. -Pero os volcáns apagados pódense espertar -interrompeu o principiño-. é igual para nós -dixo o .. -¿Por que? ¡Son o máis bonito! -Porque as flores son efémeras. Os relatos dos exploradores anótanse primeiro con lápiz. -¿Que significa «efémeras»? -As xeografías -dixo o xeógrafo. haille que esixir que traia grandes pedras. ¡Ti vés de moi lonxe! ¡Ti es explorador! ¡Vasme describi-lo teu planeta! E o xeógrafo. Iso é demasiado trambilicado. -¿Vaise ver? -Non. -Nós non tomamos nota das flores . do descubrimento dunha gran montaña. De súpeto. -Teño tamén unha flor. faise un inquérito sobre o seu descubrimento. Se se trata. É moi raro que unha montaña cambie de sitio. Teño tres volcáns. -¡Oh! -dixo o principiño-.

xeógrafo-. Ela non cambia nunca. De principio. arrepentiuse. Ten unha boa reputación..¡e non ten máis que catro espiñas para se defender do mundo! E deixeina soíña no meu planeta». -¿Que planeta me aconsella visitar agora? -preguntou. E o principiño foise.. . -¿A miña flor está ameazada? -Claro. pero recobrou o seu valor. que na súa vida renunciara a unha resposta. «A miña flor é efémera -dixo para si o principiño. -Significa «que está ameazada de próxima desaparición». -¿Pero que significa «efémera»? -repetiu o principiño. O que conta é a montaña. pensando na súa flor. -A Terra -respondeulle o xeógrafo-. unha vez feita a pregunta.

. a Terra.XVI O sétimo planeta foi. polo tanto.

arredor de dous mil millóns de persoas maiores. os reis negros). é dicir. sete mil xeógrafos. trescentos once millóns de vaidosos. claro está. . novecentos mil homes de negocios.A Terra non é un planeta calquera. Nel cóntanse cento once reis (sen esquecer. sete millóns e medio de borrachos.

Entón tocáballe-lo turno de danza ós da China e de Siberia. levaban unha vida de ociosidade e de descanso: traballaban dúas veces por ano.Para que vos deades unha idea das dimensións da Terra. finalmente. os de África e de Europa e. chegaban os da América do Sur e da América do Norte. Primeiro viñan os faroleiros de Nova Zelanda e de Australia. Logo viñan os faroleiros de Rusia e da India. Os movementos deste exército estaban regulados como os dun ballet de ópera. direivos que antes de que se inventase a electricidade. Visto dende lonxe. sobre o conxunto dos seis continentes. Acendían os seus farois e marchaban durmir. había que manter. . A continuación. un verdadeiro exército de catrocentos sesenta e dous mil cincocentos once faroleiros. Era grandioso. Soamente o faroleiro do único farol do Polo Norte e o seu colega do único farol do Polo Sur. o efecto era espléndido. que tamén se perdían despois entre bastidores. Nunca se trabucaban na súa orde de entrada na escena.

xa que tedes confianza en min. Pero ¡que lonxe queda! -É fermoso -dixo a serpe-. como nun mitin. está un exposto a mentir un pouco. Os homes ocupan moi pouco sitio na Terra. As persoas maiores seguro que non vos han crer. Se os dous mil millóns de habitantes que a poboan se puxesen de pé e un pouco apretados. cando un anelo da cor da lúa se removeu na area.se as estrelas están acendidas para que cada un poida un día atopa-la súa. A terra é grande -dixo a serpe. Risco de dar unha falsa idea do noso planeta ós que non o coñecen. -Pregúntome -dixo. Pero non perdáde-lo tempo inutilmente con ese problema. -Boas noites -dixo a serpe. -Boas noites -dixo o principiño. A humanidade poderíase amontoar sobre o illote máis pequeno do Pacífico. o principiño sorprendeuse de non ver ninguén. Imaxinan que ocupan moito sitio. Cando chegou á Terra. -¿Sobre que planeta caín? -preguntou o principiño. Está xusto por riba de nós. Nos desertos non hai ninguén. -Sobre a Terra. O principiño sentou nunha pedra e elevou os ollos ó ceo. -¡Ah. caberían ben nunha praza de vinte millas de longo por vinte de ancho.. Debedes aconsellarlles que fagan cálculos. Gustaralles. Tiña xa medo de se ter equivocado de planeta. ¿Que vés ti facer aquí? . Non fun moi honrado ó falar dos faroleiros..! ¿E non hai ninguén na Terra? -Isto é o deserto.. porque adoran as cifras. en África -respondeu a serpe. Mira o meu planeta.. Crense importantes como os baobabs.XVII Cando se quere facer gracia.

-Tamén se está só entre os homes -dixo a serpe..-Teño dificultades cunha flor -dixo o principiño.. Séntese un só no deserto.. O principiño mirouna durante un anaco de tempo. delgado como un dedo. .. -Es un bicho raro... -¿Onde están os homes? -preguntou logo o principiño-.! E calaron. -¡Ah.

..-Pero son máis poderosa có dedo dun rei -contestou a serpe. ... Non tes patas. fágoo volver á terra de onde saíu. . -Ó que lle toco.¡Oh! Xa te comprendin -dixo o principiño-. Pódoche axudar se un día botas moito de menos o teu planeta. como unha abrazadeira de ouro. ti.. O principiño non respondeu.. O principiño sorriu: -Ti non es poderosa. tan débil sobre esta terra de granito. Pero ti es puro e vés dunha estrela.. -Dásme pena. -Eu pódote levar máis lonxe que un navío -dixo a serpe. pero ¿por que falas sempre por medio de enigmas? -Eu resólvoos todos -dixo a serpe. E calaron... nin podes viaxar.. Enroscouse arredor do nocello do principiño.. Podo.

sen importancia. Lévaos o vento porque non teñen raíces. Vinos hai anos. -Adeus -dixo a flor. -Adeus -dixo o principiño. -Bos días -contestou a flor. . -dixo o principiño. Unha flor de tres pétalos.. -Bos días. pero nunca se sabe onde atopalos. -¿Onde están os homes? -preguntou cortesmente o principiño.. -¿Os homes? Coido que non existen máis de seis ou sete. e iso debe ser moi molesto.XVIII O principiño atravesou o deserto e non atopou máis que unha flor. A flor vira pasar un día unha caravana.

¿Quen es ti?. O volcán apagado usábao de taburete.....»... . -Bos días -dixo ó chou. estou só -dixo. «Dende unha montaña coma esta -dixo para si. -¡Estou só!. ¡Estou só!.poderei ver todo o planeta e a tódolos homes. As únicas que tiña coñecido eran os tres volcáns que lle chegaban ós xeonllos. -¿Quen es ti?... Pero non viu máis que as puntas aguzadas das rocas. -Sede os meus amigos... -respondeu o eco.. -respondeu o eco.... -¿Quen es ti? -dixo o principiño.XIX O principiño subiu a unha alta montaña. ¡Estou só!. ¿Quen es ti?. -¡Bos días! ¡Bos días! ¡Bos días! -respondeu o eco.

Está todo seco.. Na miña terra eu tiña unha flor: ela falaba sempre a primeira».. E os homes non teñen imaxinación. . aguzado e salgado. Repiten todo canto se lles di.«¡Que planeta máis raro! -pensou o principiño-.

.

. nun só xardín. descubriu por fin un camiño. E velaquí que había cinco mil. E os camiños van dar todos a onde habitan os homes. as rocas e as neves. «Se ela vira isto -dicíase o principiño -sentiríase avergoñada. -Bos días -dixeron as rosas. Era un xardín cheíño de rosas. -¿Quen sodes? -preguntou estupefacto.. A súa flor dixéralle que ela era a única da súa especie en todo o universo. -Somos rosas -responderon as rosas. E sentiuse moi desgraciado. Parecíanse todas á súa flor. -Bos días -dixo. despois de camiñar moito tempo por medio da area. O principiño mirounas.XX Pero sucedeu que o principiño.! -exclamou o principiño. todas parecidas. tosería . -¡Ah.

moitísimo e finxiría morrer para escapar do ridículo. o principiño chorou. E eu tería que facer que a coidaba porque se non. un dos cales ademais ó mellor está apagado xa para sempre. Isto e os meus tres volcáns que me chegan ós xeonllos. deixaríase morrer de verdade.» E seguiu dicíndose: «Eu coidaba que era rico. e resulta que non teño máis que unha rosa ordinaria...» E deitándose na herba. por me humillar a min tamén. non fan de min un príncipe moi importante que digamos.. . porque tiña unha flor única..

-Eu son un raposo -dixo o raposo. Non estou domesticado. ¿Ti buscas galiñas? -Non -contestou o principiño-. -Estou aquí -dixo a voz-. -¿Quen es ti? -preguntou o principiño-. ¡Estou tan triste. -Bos días -dixo. debaixo da mazaira... Eu busco amigos... ¿Que significa «domesticar»? -Os homes -dixo o raposo. -¡Ah. ¡É moi molesto! Tamén crían galiñas. engadiu: -¿Que significa «domesticar»? -Ti non es de aquí -dixo o raposo-. pero non viu a ninguén.! -Non podo xogar contigo -dixo o raposo-. Es moi bonito.propúxolle o principiño-.XXI Entón apareceu o raposo.! ¡Perdón! -disculpouse o principiño. Só son interesantes por esto. Pero ¿que significa «domesticar»? . Pero despois de pensar un pouco.. -Bos días -respondeu cortesmente o principiño. -Ven xogar comigo ... que se volveu.. ¿Que buscas? -Busco ós homes -respondeu o principiño-.teñen escopetas e cazan.

¡Na Terra vense tantas cousas.! -¡Oh! Non é na Terra -exclamou o principiño..-É unha cousa demasiado esquecida -dixo o raposo-. -¿Crear vencellos? -Claro -dixo o raposo. -Empezo a comprender -comentou o principiño-. Hai unha flor. teremos necesidade un do outro. E non me compres para nada. E eu tamén serei para ti único no mundo. -É posible -dixo o raposo-... Para ti eu non son máis que un raposo semellante a outros cen mil raposos.. Ti non es aínda para min máis que un rapaciño semellante a outros cen mil rapaciños. Significa «crear vencellos». Ti serás para min único no mundo. O raposo pareceu todo intrigado: .... Pero se ti me domesticas. Eu penso que ela me ten domesticado.. Tampouco ti tes necesidade de min..

Pero ti te-los cabelos dourados. como se foran unha música. . Os outros pasos fanme meter debaixo da terra. dixo: -A miña vida é monótona. Os teus chamaranme. -Non hai nada perfecto -suspirou o raposo. Por iso abúrrome un pouco. ¿Ves alá os campos de trigo? Eu non como pan. Para min o trigo é inútil. que é dourado tamén.-¿Noutro planeta? -Si. Pero se ti me domesticas. volvendo á súa idea. -É interesante. mira. -¿Hai cazadores nese planeta? -Non.. Os campos de trigo non me recordan nada. O trigo. a miña vida estará chea de sol e coñecerei un ruído de pasos diferente de tódolos demais. Tódalas galiñas se parecen e tódolos homes se parecen tamén. Cazo galiñas e os homes cázanme a min. ¿E galiñas? -Non.. Ademais. traerame o teu recordo e gustarame escoita-lo ruído que fai o vento entre as meses. E despois. e iso é triste. Se me domesticas será marabilloso.

porque a linguaxe é fonte de malentendidos. e eu mírote polo rabo do ollo. -Por favor . domestícame! -¿Que hai que facer? -preguntou o principiño.. . os días serían todos iguais e eu non tería nunca vacacións. ti séntaste un pouco lonxe de min. Pero se os cazadores bailaran cando lles dera a gana. O principiño volveu ó día seguinte. dende as tres empezarei a ser feliz. E cando estaba cerca a hora da despedida. ¡Se queres un amigo. -É tamén unha cousa demasiado esquecida -dixo o raposo-. -Hai que ter moita paciencia -respondeu o raposo-. Pero se ti vés a calquera hora nunca saberei cando teño que muda-lo corazón. por exemplo.O raposo calou e quedou mirando un bo anaco de tempo para o principiño. Ti non me dirás nada. Ás catro sentireime axitado e inquedo. sobre a herba. -¿Que é un rito? -preguntou o principiño. ireime sentindo máis feliz. ás catro da tarde. pero non me queda tempo.. -De boa gana o faría -respondeulle o principiño-.. Entón o xoves é un día marabilloso: eu vou paseando ata a viña. Os ritos son necesarios.! ¡Vou chorar! -A culpa é túa -díxolle o principiño-. domestícame. Entre os meus cazadores.. Primeiro. Pero cada día pódeste sentar un pouco máis preto de min. para descubrir así o que custa a felicidade.. E conforme vaia avanzando a hora.díxolle-. Os homes non teñen tempo de coñecer nada. pero como non hai ningunha onde se vendan amigos. Deste xeito o principiño domesticou ó raposo. -Fora mellor que viñeras á mesma hora -dixo o raposo-. pero ti empeñácheste en que te domesticase. así. o raposo dixo: -¡Ah. Os xoves bailan coas mozas da vila. Se vés. por exemplo. É o que fai que un día sexa diferente doutro día e que unha hora non se pareza ás outras horas. hai un rito. Eu non che quería facer mal. Mercan todo xa feito nas tendas. -Soamente se coñecen ben as cousas que se domestican -dixo o raposo-. Teño que descubrir outros amigos e coñecer moitas cousas aínda.. os homes non teñen amigos...

. -Adeus -dixo o raposo-. Pero eu fíxeno amigo meu e agora é único no mundo. Velaquí o meu segredo. se non se fixa un nela. É moi simple: Soamente se ve ben co corazón.. Pero ela sabe que é máis importante ca todas vós xuntas. e porque lle matei os vermes (salvo dous ou tres que deixei para que chegaran a bolboretas).. A miña rosa. porque a reguei eu. gañei gracias á cor do trigo. pero estades baleiras.. Comprenderás que a túa é única no mundo. E porque moitas veces escoitei as súas queixas e as súas louvanzas e aínda tamén o seu silencio. O esencial é invisible para os ollos. E volveu para se despedir do raposo. -Entón pouco saíches gañando. -Vós non vos parecedes nada á miña rosa.. -Si que gañei -dixo o raposo-. Ninguén sería capaz de da-la vida por vós..E logo engadiu: -Claro. O principiño foi ve-las rosas. vós non sodes nada .. porque é a miña rosa. -Adeus -díxolle. -Claro. En fin.. As rosas estaban moi molestas e o principiño aínda lles dixo: -Sodes fermosas. Ven despois a dicirme adeus e descubrireiche un segredo.. -Pero vas chorar. Sodes como era antes o meu raposo: Un raposo semellante a outros cen mil raposos. podería parecer igual ca vós. porque eu a metín no fanal e abrigueina do vento.díxolles-. Ningúen vos domesticou e vós non domesticastes a ninguén. .. E logo engadiu: -Volve mira-las rosas.

.. . pero ti non a debes esquecer. -Os homes esqueceron esta verdade -dixo o raposo-. -repetiu o principiño para se acordar. Es responsable da túa rosa. -É o tempo que perdín coa miña rosa. -Son responsable da miña rosa... -repetiu o principiño para se acordar. Es responsable para sempre daquilo que domesticaches..-O esencial é invisible para os ollos -repetiu o principiño para non se esquecer.. -É o tempo que perdiches con ela o que fai á túa rosa tan importante.

.

-Levan ben presa. E un tren todo iluminado. -Teñen sorte -dixo o garda-agullas... -¿Que fas aquí? -preguntoulle o principiño. É un cambio. -Non son os mesmos -contestou o garda-agullas-. -Coloco os viaxeiros en paquetes de mil e despacho os trens que os levan. Soamente os nenos esmagan o seu nariz contra os cristais. que se converte en algo moi importante para eles. -Soamente os nenos saben o que buscan -dixo o principiño.. Perden o tempo cunha boneca de trapo. -¿Van perseguindo ós primeiros viaxeiros? -preguntou o principiño. E ruxiu de novo o trono dun terceiro tren iluminado. e se llela levan. ruxindo coma o trono. uns para a dereita e outros para a esquerda. choran..XXII -Bos días -dixo o principiño. Alí dentro dormen ou boquexan. . -Non perseguen absolutamente nada -dixo o garda-agullas-.¿Que buscan? -Nin sequera o maquinista o sabe -dixo o garda-agullas. -¿Volveu xa? -preguntou o principiño. -dixo o principiño-. E pasou ruxindo.... outro tren iluminado. fixo trema-la caseta do garda-agullas. en sentido contrario. -Bos días -dixo o garda-agullas. -¿Non se atopaban contentos onde estaban? -Un nunca se sente contento onde está -dixo o garda-agullas.

-¿Por que vendes iso? -preguntou o principiño. Os expertos fixeron cálculos e afórranse cincuenta e tres minutos á semana.». -Porque con isto afórrase moito tempo.. camiñaría paseniño cara a unha fonte. -Bos días -dixo o comerciante..XXIII -Bos días -dixo o principiño. -¿E que se fai con eses cincuenta e tres minutos? -Cada un fai deles o que quere... Era un comerciante de píldoras perfeccionadas que quitan a sede. . «Eu -pensou o principiño. Engúlese unha por semana e vanse as ganas de beber.se tivera cincuenta e tres minutos.

as túas lembranzas son moi fermosas. Cando levabamos camiñado dúas horas en silencio. Non entendín o que quería dicir.XXIV Estabamos xa no oitavo día da miña avaría no deserto e escoitaba a historia do comerciante bebendo a última gota da miña provisión de auga. Nunca tivo nin fame nin sede.. puxémonos en camiño. -¡Meu rapaciño. Dixo simplemente: -A auga tamén pode ser boa para o corazón. Pero miroume e respondeu ó meu pensamento: -Eu tamén teño sede. Sabía moi ben que non se lle ..... Abóndalle un pouco sol. Sen embargo. Vamos buscar un pozo.. caeu a noite a as estrelas comezaron a brillar.. As palabras do principiño danzaban na miña memoria: -¿Ti tamén tes sede? -pregunteille.. É incapaz de medi-lo peligro -pensei-... -díxome.. Pero non me respondeu. é bo ter un amigo. -O meu amigo o raposo. Eu víaas como en soños.. Eu estou moi contento de ter un amigo raposo..... pois a causa da sede tiña algo de febre. Fixen un xesto de cansazo. Tamén eu sería feliz se puidera camiñar paseniño cara a unha fonte. peroeu aínda non reparei o meu avión e non teño nada para beber. -¡Ah! -díxenlle ó principiño. non se trata do raposo! -¿Por que? -Porque imos morrer de sede. É absurdo buscar un pozo na inmensidade do deserto. pero calei. Non comprendeu o meu razoamento e respondeume: -Aínda que un vaia morrer.

. Eu sentei á beira del e despois dun bo anaco de silencio dixo: -As estrelas son fermosas gracias a unha flor que non se ve.. a imaxe dunha rosa que brilla nel coma a chama dunha lámpada. o máis importante é invisible. aqueles cabelos que tremían co vento. Pero a casa enteira estaba encantada por el. -O deserto é fermoso -engadiu. había un tesouro soterrado. segundo unha lenda.. -Si -díxenlle ó principiño. non se escoita nada . Ás lámpadas hainas que protexer: unha lufada de vento pódeas apagar. as enrugas da area baixo a lúa.. -Gústame que esteas de acordo co meu raposo.. Senta un sobre unha duna e non se ve nada.. E pareceume máis fráxil o principiño. hai algo que brilla no silencio. aqueles ollos pechados. e dicíame: Isto que vexo non é máis que a codia.. Respondinlle que «seguramente» e quedei mirando... O principiño estaba canso e sentou. Nunca ninguén o soubo descubrir ou quizais nin o buscaron sequera. o que os fai fermosos é invisible.. Á luz da lúa ía contemplando aquela fronte pálida.trátese da casa. sen dicir palabra.. ...debían facer preguntas. E era certo: A min sempre me gustou o deserto. Entón os seus beizos entreabertos esbozaron un sorriso e pensei: «O que me emociona tanto deste principiño durmido é a súa fidelidade a unha flor. das estrelas ou do deserto..». Estaba emocionado.. Sen embargo. aínda cando dorme.. Como o principiño ía quedando durmido. Cando eu era neno vivía nunha casa vella onde. A miña casa gardaba un segredo no fondo do seu corazón.. -O que fai máis fermoso o deserto é que esconde un pozo en calquera parte. collino nos meus brazos e púxenme novamente en camiño. Quedei sorprendido ó comprender de repente o significado daquel misterioso brillar da area. Parecíame que levaba un tesouro fráxil e que non había nada máis fráxil sobre a Terra..

ó romper do día descubrín o pozo. .E camiñando deste xeito.

. Aquel parecía o pozo dunha vila.. o caldeiro e a corda.XXV -Os homes -dixo o principiño. Riu. E engadiu: -Non vale a pena. Os pozos do Sahara son simples buracos cavados na area. colleu a corda e fixo xira-la polea. -É raro -díxenlle ó principiño-. Por iso se axitan e dan voltas. pero non saben o que buscan. . pero alí non había ningunha vila. O pozo que atoparamos non se parecía nada ós pozos do Sahara...enfórnanse nos trens. e a min parecíame que estaba soñando. Está todo listo para sacar auga: a polea. que xemeu como xeme unha vella veleta cando o vento leva moito tempo durmido.

Despertámo-lo pozo e agora canta. . Non quería que fixese esforzos e díxenlle: -Déixame a min. Isto é demasiado pesado para ti.-¿Oes? -dixo o principiño-.

A area ó romper do día é da cor do mel.. ¡Comprendín entón o que el buscara! Erguín o caldeiro ata os seus beizos e bebeu cos ollos pechados. do esforzo dos meus brazos... Eu bebera.. a luz da árbore de Nadal. Era como un regalo para o corazón. -E nembargantes o que eles buscan podería atoparse nunha soa rosa ou nunha pouca auga. e na auga que estaba tremendo. Nacera do noso camiñar baixo as estrelas. -¡Oh! ... do canto da polea. -Non. Aquela auga era doce coma unha festa. Dáme de beber.... -Teño sede desta auga -dixo o principiño-. a música da misa do galo.. que se volvera xa sentar á miña beira. ¿Por que tiña que sentir pena. a dozura dos sorrisos. -No teu planeta -dixo o principiño. todo lle daba aquel fermoso brillar ós regalos que me botaban os Reis.Subín paseniño o caldeiro ata o peitoril do pozo e deixeino alí. Saquei do meu peto os debuxos que esbozara. E o principiño engadiu: -Os ollos están cegos.. Era algo máis que un alimento.. Eu son responsable da miña flor. -¿Que promesa? -Xa sabes.. E eu sentíame ditoso de poder gozar desta cor. un bozo para o meu año. Hai que buscar co corazón. non o atopan -respondinlle. Cando os viu. Cando eu era neno.? -Tes que cumpri-la túa promesa -díxome docemente o principiño. o principiño dixo rindo: -Os teus baobabs parecen repolos. vía treme-lo sol. -Seguro -respondín..os homes cultivan cinco mil rosas no mesmo xardín. e respiraba ben. e non atopan o que buscan.. Aínda soaba nos meus oídos o canto da polea..

Volve mañá. Mentres tanto. a mil millas de distancia do lugar habitado máis próximo.. novamente... Debuxei entón un bozo e.. ¿É que voltabas ó punto onde caeras? O principiño volveuse poñer vermello. Os nenos saben. ¡Son demasiado longas! E volveu rir. co corazón encollido. as orellas parécenlle cornos. Púxose vermello e. rapaciño. ti só. non paseabas ó chou. -Es inxusto.¡E eu que estaba tan orgulloso dos baobabs! -E o raposo.. ocorréuseme unha pregunta: -Entón. Lembrábame do raposo.... sentín unha pena estraña... Eu non sabía debuxar máis que «boas» abertas ou «boas» pechadas. quere dicir que «si». Non respondía ás preguntas. Eu agárdote aquí.. Se un se deixa domesticar. Volta onda a túa máquina. a mañá que te coñecín. Pero eu non me atopaba tranquilo.. E tartariñando engadín: -¿Quizais polo aniversario. .. Teño medo..? O principiño púxose vermello novamente.. Pero non me respondeu. todo se arranxará -dixo-. Pero respondeume: -Agora tes que traballar. pero cando un se avermella. -¿Sabes? -díxome-. sen saber por que. Mañá fai un ano que caín na Terra. entregueillo: -Ti tes proxectos que eu ignoro. -Oh. exponse a chorar un pouco. E despois dun silencio. engadiu: -Caín moi preto de aquí. hai oito días. ¿verdade? -¡Ah! -díxenlle-..

.

. dende lonxe vin ó principiño sentado no alto. que estaba branco coma a neve. foise esvarando entre as pedras cun lixeiro ruído de metal. Non tes máis que agardar alí. Non vía nin oía a ninguén. Entón baixei os meus ollos ata o pé do muro e peguei un brinco. porque contestou: -Si. . boteime a correr. Cheguei ó muro co tempo xusto para recoller nos meus brazos ó pequerrecho principiño. Eu atopábame a vinte metros do muro e aínda non vía a ninguén. Oín que dicía: -¿Non te lembras? ¡Non foi aquí. como un chafarís de auga que morre e. estou seguro! Había outra voz que lle respondía. pero este non é o lugar. Despois dun anaco de silencio.. sen dúbida. Seguín andando cara ó muro..XXVI Á beira do pozo había un vello muro de pedra en ruínas. ó día seguinte á tardiña. coas pernas colgando. pero sen comprender nada aínda. si. Irei esta noite. pero fixen ruído e a cobra deixouse caer docemente na area. foi ese día. sen se apurar demasiado. Unha cobra desas amarelas que matan a unha persoa en menos de trinta segundos erguíase frente do principiño. o principiño dixo: -¿Tes un bo veneno? ¿Non me farás sufrir moito tempo? Detívenme de repente. nembargantes o principiño respondía de novo: -¡Seguro! Xa verás onde comenzan as miñas pisadas na area. quero baixar de aquí. co corazón encollido. Buscando o meu revólver no peto. -Agora vaite -dixo-.. Cando volvín do meu traballo.

Non respondeu á miña pregunta. pero dixo: -Tamén eu volto hoxe para a miña casa. engadiu: -¡É máis lonxe.! . conseguira rematalo meu traballo... Oía bate-lo seu corazón como o dun paxariño que morre dun tiro de escopeta. -¿Como é que o sabes? Viña xustamente a lle dicir que. contra toda esperanza.. molleille as sens e deille de beber. Non me atrevía a lle preguntar nada..-¡Que historia é esta! ¡Ti falas tamén coas cobras! Quiteille a súa bufanda de ouro. e é ben máis difícil. Díxome: -Alégrome de que arranxára-la avaría da túa máquina.. Miroume con moita tristeza e abrazoume con forza. E logo. Agora poderás volver á túa casa.. con moita melancolía.

-Meu pequeno. E comprendín que non soportaba a idea de non volver oír nunca máis aquel riso. . -Seguro.... -Seguro.. -É como a flor. díxenlle: . quero escoitar outra vez o teu riso... pequeniño. Sorriu con melancolía....Tiveches medo. é ben bonito mirar ó ceo pola noite.. Tódalas estrelas están cheíñas de flores. pero sorriu docemente: -Terei máis medo esta noite.. A miña estrela atoparase xusto enriba do lugar onde caín o ano pasado. Sentín que de novo me xeaba un sentimento de algo irreparable. Tiña unha ollada seria. A que ti me deches era como unha música. pero pareceume que se fundía nun abismo sen que eu puidese facer nada para impedilo. que era para min como unha fonte no deserto. a causa da polea e da corda. Estreiteino nos meus brazos como a un meniño. Claro que o tivera.. ¿Lémbraste? ¡Que rica estaba! -Seguro. perdida ó lonxe... Se che gusta unha flor que se atopa nunha estrela.. Pero díxome: -Esta noite fará un ano.. -É como a auga. Dixo: -O que é importante non se ve nunca. -¿Verdade que esta historia da cobra. -Teño o teu año e a caixa para metelo. Cando sentín que ía recobrando a calor.. Agardei bastante tempo. E teño o bozo....Decatábame de que algo extraordinario estaba a pasar. da cita e da estrela non é máis que un mal soño? Pero non contestou á miña pregunta.

-Esta noite... Riu outra vez... unha mala xogada. -Non te deixarei. Eles pensarán que estás tolo. A miña é tan pequeniña que nin sequera cha podo ensinar dende aquí. E eu fareiche deste xeito. Todas serán amigas túas... Ti en cambio terás estrelas como ninguén as ten.. Deste xeito gustarache ollar tódalas estrelas.. como se fora morrer. Para os que viaxan. meu pequeniño. Entón diraslles: «Si. como me gusta oí-lo teu riso! -Pois ese é o meu regalo. É mellor así. -Terei aspecto de enfermo. -E cando estea xa consolado (sempre se acaba consolando un) sentiraste contento de me ter coñecido. meu pequeniño. non veñas. E os teus amigos quedarán pasmados de te ver rir ollando o ceo. Terás estrelas que saben rir. E riu outra vez. -¿Que queres dicir? -As estrelas non son a mesma cousa para todo o mundo. Será como a auga... Para o meu home de negocios eran ouro. che dera un montón de axouxeriños que souberan rir... -Será como se en vez de estrelas. Ás veces abrira-la túa fiestra soamente por pracer. as estrelas son guías. Sera-lo meu amigo e terás ganas de rir comigo. ¿sabes?. -¿Que queres dicir? -Cando mires ó ceo. Non vale a pena que . Pero todas estas estrelas están caladas. as estrelas fanme rir sempre».. -¡Ah...-Polas noites ti mirara-las estrelas. Para os sabios son problemas. Para outros non son máis que luces pequerrechas. como eu vivirei e rirei nunha delas. polas noites. Riu unha vez máis e despois púxose serio. A miña estrela será para ti unha estrela de tantas. entón será como se risen tódalas estrelas. Riu outra vez.. Ademais vouche facer un regalo.

. . El ía perdendo ánimos. Eu seguía calado. Vas sentir pena.. Eu calaba. -Comprende. -Non. Aínda estaba preocupado: -Fixeches mal. E eu non podo levar comigo este corpo.. andaba con paso rápido e decidido... Non quero que che morda. Eu seguía sen dicir nada. -Pero isto será como unha vella codia abandonada. Soamente me dixo: -¡Ah! Estás aí.. E as codias vellas non son tristes. é demasiado lonxe. porque vou ter aspecto de estar morto. Pero algunha cousa o sosegou: -Claro que non teñen veleno para unha segunda mordida. Cando conseguín alcanzalo. aínda que non sexa certo. eu non te deixarei..... Pesa demasiado. As cobras son malas e ás veces morden por pracer. Pero fixo aínda un esforzo e dixo: -Será agradable.. -Non. ¿sabes? Eu tamén mirarei as estrelas. Eu seguía calado.. non te deixarei.veñas. e eu terei cincocentos millóns de fontes. Colleume pola man. -Dígoche isto por culpa da cobra. Aquela noite non o vin poñerse en camiño. Tódalas estrelas serán pozos cunha polea enferruxada.. Tódalas estrelas me darán de beber. -¡Será tan divertido! Ti terás cincocentos millóns de axóuxeres. Foise sen facer ruído.. Pero el estaba preocupado.

.. porque estaba chorando.... E sentou porque tiña medo... Déixame ir só. eu son responsable dela. -¿Sabes? -dixo-. -Aí está. a miña flor. Sentei porque xa non me tiña de pé. iso é todo -dixo o principiño.O principiño calou tamén.. ¡É tan flebe e tan inocente! Soamente ten catro espiñas de nada para se defender do mundo. . -É alí.

a causa da area. sen facer ruído. ergueuse e deu un paso. como cae unha árbore. . Caeu lentamente. Non lle escapou un só berro.Despois dun momento de dúbida. Ficou un instante inmóbil. Non foi máis que un lóstrego amarelo no seu nocelo. Eu non me podía mover.

.

. pero dicíalles: «É o cansazo». se en calquera parte... Pero ocorre algo extraordinario.. Entón eu pregúntome: ¿Que sucedería no seu planeta? O mellor. que non era tan pesado. e abonda con iso. non se sabe onde. Ó mellor. Seguro que non lla puido atar ó año. os axóuxeres convértense en bágoas. Unhas veces digo para min: «¡Seguro que non! O principiño pecha tódalas noites a flor na súa campá de cristal e vixía o año.! Aí está o gran misterio... todo será distinto no universo. unha noite esqueceuse da campá de cristal ou o año saíu sen facer ruído.. Sei que voltou ó seu planeta porque ó romper do día xa non atopei o seu corpo.. Nunca contei esta historia. Co tempo consoleime un pouco. Pero outras veces penso: «Un distráese de cando en cando. ¡Entón. Gústame escoita-las estrelas pola noite.. pero non de todo. ¡E ningunha persoa maior chegará a comprender xamais que isto teña tanta importancia! .». como para min... Eu estaba triste. Para vós. que amáde-lo principiño. Esquecinme de poñerlle a correa de coiro ó bozo que pintei para o principiño.». Os compañeiros que me volveron ver aledáronse de me atopar vivo. un año que non coñecemos comeu ou non comeu unha rosa. Entón síntome ditoso e tódalas estrelas rin docemente.. É como se escoitara cincocentos millóns de axóuxeres. o año comeu a flor. Ollade o ceo e preguntádevos: ¿Comeu ou non comeu o año a flor? E veredes como todo cambia.XXVII Agora pasaron xa seis anos dende aquela.

.

adiviñaredes de seguida quen é. É a mesma paisaxe da páxina anterior. a máis fermosa e a máis triste paisaxe do mundo. Aquí foi onde o principiño apareceu sobre a Terra. sede amables con el! E non me deixedes tan triste: escribídeme axiña para me dicir que voltou. Se un neno se achega a vós. ¡Entón.. se ri. Agardade un intre. Fixádevos ben nesta paisaxe para estar seguros de recoñecela se algún día visitades África e atravesáde-lo deserto. . prégovos que non pasedes correndo.Esta é. pero volvina debuxar para ensinárvola ben. xusto debaixo da estrela. Se pasades por alí.. se ten cabelos de ouro. e aquí desapareceu despois. para min. se non contesta cando se lle pregunta.