You are on page 1of 8

MARCO NORMATIVO ACTUAL

DE LA PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA EN GALICIA

Galicia

Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección


do Medio Rural de Galicia (Modificada pola lei 15/2004)

Ley 10/1995, de Ordenación do Territorio

Avance das Directrices de Ordenación Territorial de Galicia

Lei 9/2001, de Conservación da Natureza

Lei 7/2008, de Protección da Paisaxe de Galicia


1995
Lei 10/1995, de Ordenación do Territorio

Art. 26
Ista lei establece os Plans de Ordenación do Medio Físico (POMF) como o seu principal
instrumento de actuación. Os POMF consideran a posibilidade de planificación en
función das características físicas do territorio, incluíndo a protección de valores
ambientais, incluso se exceden o ámbito municipal, constituíndo unha das figuras
posibles de planificación ambiental supra-municipal:

“Os plans de ordenación do medio físico teñen por obxecto desenvolve-las directrices de
ordenación do territorio nos ámbitos que aquelas delimiten en función das súas
características morfolóxicas, agrícolas, gandeiras, forestais, paisaxísticas ou ecolóxicas
diferenciadas (…)”
2001
Lei 9/2001 de Conservación da Natureza

Arts. 32 e 33
Ista lei transpón en grande medida os contidos da lei estatal 4/89 no que respecta a
espacios naturais protexidos, inda que ampliando as súas posibilidades. Os
instrumentos de referencia son o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN),
con contidos definidos no artigo 32, e o Plan Rector de Uso e Xestión, definido no art.
33, e no que se establece:

“os plans rectores de uso e xestión desenvolven as directrices emanadas do PORN e


establecen as previsións de actuacións da Administración no seu ámbito de aplicación
(…)
Estes plans prevalecerán sobre do planeamento urbanístico e a ordenación do territorio.
Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en
vigor, ésta será revisada de oficio polos organos competentes”
2004
Leis 9/2002 y 15/2004

Art. 61
Establecese neste artigo a inclusión dun estudio de sostibilidade ambiental, impacto
territorial e paisaxístico, tendo os contidos do mesmo de ser desenvolvidos por decreto,
pero para o que inicialmente especifícase que: “terá por obxecto a análise e ponderación
dos efectos da execución e desenvolvemento das determinacións do plan xeral sobre os
recursos naturais e o medio físico, a adopción das medidas correctoras necesarias para
minimiza-los seus impactos e a valoración da adecuación das infraestructuras e servicios
necesarios para garanti-los novos desenvolvementos en condicións de calidade e
sostibilidade ambiental, así como a súa coherencia cos obxectivos de protección do
dominio público natural”
2004
Leis 9/2002 y 15/2004
Art. 32
Establecido no artículo correspondente a figura do Plan Xeral de Ordenación Municipal
como figura fundamental de planificación do solo, establecense neste artigo as
categorías correspondentes de solos de protección do solo rústico:
Solo Rústico de Protección Agropecuaria, (…)
Solo Rústico de Protección Forestal (…)
Solo Rústico de Protección de Infraestructuras (…)

Solo Rústico de Protección de Augas: , (…) constituido polos terreos (…) definidos (…)
como cauces naturais, ribeiras e marxes das correntes de auga, e como leito ou fondo
das lagoas e encoros, terreos inundados e zonas húmidas e as súas zonas de
servidume (…)”

Solo rústico de protección de costas: (…) terreos (…) que se atopen a unha distancia
inferior a 200 m do limite interior da ribeira do mar (…).

Solo rústico de protección de espazos naturais: (…) terreos sometidos a algún réxime de
protección pola aplicación da lei 9/2001, de conservación da natureza, ou da lexislación
reguladora dos espazos naturais a flora e a fauna. Igualmente (…) os terreos nos que os
instrumentos de ordenación do territorio, as normas provinciais de planeamento ou o
planeamento urbanístico estimen necesario protexer polos seus valores naturais,
ambientais, científicos ou recreativos

Solo Rústico de Protección Paisaxística: “(…) constituído polos terreos que determine o
planeamento urbanístico ou os instrumentos de ordenación do territorio coa finalidade
de preservar as vistas panorámicas do territorio, do mar, do curso dos ríos ou dos
vales, e dos monumentos ou edificacións de singular valor”
Solo Rústico especialmente protexido para zonas con interés patrimonial, artístico ou histórico (…)
2008
Lei 7/2008, de Protección da Paisaxe de Galicia

Art. 5
Establécese no punto 2 deste artigo a obrigatoriedade de inclui-la paisaxe nas diferentes
políticas sectoriais, de forma que: “Os poderes públicos integrarán a consideración da
paisaxe nas políticas de ordenamento territorial e urbanístico, e nas súas políticas
ambientais, do patrimonio cultural, agrícolas, forestais, sociais, turísticas, industriais e
económicas (…)”

Art. 10
Iste artigo trata sobre as Directrices de Paisaxe, que baseadas nos previamente elaborados
Catálogos de Paisaxe, establecen dentro dos seus contidos, entre outras: “(…) Unha serie
de normas e recomendacións para a definición dos plans urbanísticos e sectoriais e das
estratexias rexionais ou locais encamiñadas a un desenvolvemento sostible do territorio, co
fin de integrar neles os obxectivos de calidade paisaxística (…)”
2008
Directrices de Ordenación do Territorio
Caps. 11, 12 e 13
As Directrices contan con aprobación inicial (Orden 15/09/08), e teñen como finalidade
básica definir un Modelo Territorial para Galicia IsteModelo Territorial achega criterios e
normas para os plans urbanísticos municipais e para os plans territoriais de escala
supramunicipal. No súa parte C, relativa ó Patrimonio Natural, Cultural e Paisaxístico,
propón:

O establecemento de Áreas Estratéxicas de Conservación: enclaves de especial valor


ecolóxico que se corresponden cos espazos incluídos en figuras de protección da
natureza, a Rede Natura 2000, e aqueles que as DOT consideran que deben contar
cunha protección específica polo planeamento territorial e urbanístico

A creación dunha Rede de Áreas Recreativas formada por espazos caracterizados pola súa
calidade ambiental e o seu atractivo natural, destinados a canalizar as demandas de
ocio en contacto co medio físico.

A conexión das Áreas Recreativas, e doutros elementos valiosos do patrimonio natural,


cultural e urbanístico de Galicia mediante unha Rede de Corredores Verdes
2008
Directrices de Ordenación do Territorio
Caps. 11, 12 e 13
(cont.)

O establecemento de Fitos Paisaxísticos, puntos críticos na percepción do territorio pois


son visibles dende amplas extensións na súa contorna, nos que se debe evita-la
alteración dos seus trazos morfolóxicos e topográficos e impedindo construcións neles
que alteren o seu perfil ou dificulten a súa visualización

A identificación inicial de Recintos Paisaxísticos, constituídos por cuncas e unidades


paisaxísticas propostos como referencia para a planificación a outras escalas, constituindo
espazos visuais de referencia na toma de decisións sobre tipoloxías e morfoloxías
urbanas, relación con elementos naturais, etc

Propón asimesmo dous tipos de Programas:

De Recuperación Paisaxística (PRP): O seu obxectivo é restaurar os espazos deteriorados e


harmonizar os novos procesos que se desenvolven no territorio para conservar os
elementos paisaxísticos significativos ou para xerar novos ambientes atractivos

De Imaxe Urbana: tentan propoñer accións para o fortalecemento dos elementos físicos que
definen a imaxe urbana co obxecto de conseguir unha imaxe máis coherente, é dicir,
unha imaxe lexible, identificable con estrutura e con significado

Establece asimesmo unha serie de Determinacións para o patrimonio natural, o medio


ambiente e a paisaxe, así coma para o litoral, no que se aconsellan os instrumentos e
políticas a desenvolver para cada caso