AS GAMAS CROMÁTICAS

Chámase gama cromática á mestura de cores onde predomina un pigmento primario. As gamas son a forma máis sinxela de conseguir unha harmonía de cores. As duas gamas cromáticas máis frecuentes son a gama quente, na que predomina a cor vermella, e a gama fría, que ten a cor azul como dominante. Existe tamén a gama pastel, na que as cores son moi rebaixadas coa cor branca, ase como a gama escura, onde as cores son escurecidas engadíndolles a cor negra. Entenderemos as cores do círculo cromático que pertencen as duas gamas principais como as seguintes:  Gama quente: cores amarela, laranxa, vermella, carmín, maxenta e púrpura.  Gama fría: cores azul violeta, añil, azul cian, verde esmeralda, verde e verde claro. PRÁCTICA Nº : A GAMA QUENTE A partir da imaxe seleccionada coloréala aplicándolle os tonos que pertencen a gama quente. PRÁCTICA Nº : A GAMA FRÍA A partir da imaxe seleccionada coloréala aplicándolle os tonos que pertencen a gama fría.

AS CORES COMPLEMENTARIAS
As cores complementarias son aquelas que mesturadas dan a cor negra. Atópanse en posicións opostas no círculo cromático, relacionadas por parellas, unha enfronte da outra. As cores primarias teñen as seguintes complementarias: • Verde complementaria da maxenta • Vermella complementaria da azul cián • Azul Violeta complementaria da amarela limón Resumindo, a cor complementaria dunha primaria é a cor secundaria composta das outras duas cores primarias. PRÁCTICA Nº : AS CORES COMPLEMENTARIAS A partir da imaxe seleccionada coloréala cunha parella de cores complementarias podendo variar lixeiramente a tonalidade.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful