A COMUNICACIÓN VISUAL

Na civilización actual a imaxe goza de moita importancia comunicativa: sinais de circulación, carteis publicitarios, spots televisivos, etc. A maior parte da información cotidiá a recibimos por vía audiovisual porque a escritura require dunha lectura lenta, e as imaxes enténdense fácil e rápidamente. Neste “bosque” de imaxes e signos visuais debemos interpretar correctamente as mensaxes para convertirnos en cidadáns informados e libres. As mensaxes visuais empregan signos que buscan guiarnos, protexernos, ou simplemente informarnos... pero tamén manipularnos. A miudo, na publicidade e no deseño gráfico especialmente, a xeometría está moi presente na composición para sintetizar e facilitar a percepción e interpretación da imaxe.

SIGNOS GRÁFICOS E SÍMBOLOS
O signo gráfico ou visual é unha imaxe moi sinxela, facil de visualizar e recordar, que no contexto da imaxe de empresa1, forma parte do logotipo dunha marca. De seguido, tedes uns signos visuais que pertencen a logotipos de marcas diferentes. Como vedes algúns deles están baseados na xeometría do círculo e do cadrado.

1

Imaxe de empresa: tamén chamada imaxe corporativa, é a creación e adecuación do deseño gráfico da marca en todo o ámbito da empresa. É dicir, a elaboración e estudo da colocación do logotipo en rótulos, papel de cartas, sobres, roupa dos traballadores, vehículos, etc. e productos xenerados pola empresa.

Un símbolo gráfico é un signo que ademáis do seu significado visual ten outro que se lle atribúe convencionalmente. Neste caso o significado que culturalmente se lle atribúe a calaveira é o de morte ou perigo de morte.

AS IMAXES DE IDENTIDADE: AS MARCAS A marca é un signo aplicado a unha cousa para deducir a sua orixe ou a sua identidade. As marcas son signos gráficos aplicados a institucións ou empresas e que foron empregadas dende a antigüedade; como pode verse no caso dun comerciante do século XIV, dun canteiro medieval ou dun manuscrito do século XIII.

Un logotipo é un signo gráfico que integra tanto imaxes como texto. E busca impactar visualmente polo seu deseño sinxelo ou as suas cores. De seguido tedes un logotipo dunha marca fotográfica e outro dunha marca de ordenadores.

Un monograma é un signo visual que contén únicamente letras que forman o nome ou as iniciais do nome. A continuación tedes o monograma dunha marca de ordenadores e outro dunha marca de alimentación.

PRÁCTICA Nº

: O MONOGRAMA

Na resolución gráfica do monograma tedes que prestar especial atención ao tipo de letra (tipografía2) que empregaredes no nome, asi como as cores que lle ides a incorporar. A técnica que utilizaredes serán lapis de cores ou rotuladores, podendo empregar todas as cores que queirades. Previamente realizaredes uns bosquexos antes de debuxar o deseño definitivo na lámina. De seguido tedes uns exemplos de diferentes tipos de letras e de monogramas feitos por alumnos doutros anos.

TIPOGRAFÍA tipografía TIPOGRAFÍA tipografía TIPOGRAFÍA tipografía TIPOGRAFÍA tipografía TIPOGRAFÍA tipografía TIPOGRAFÍA tipografía TIPOGRAFÍA TIPOGRAFÍA

2

A tipografía ocúpase do estudo e creación de letras, números e símbolos atendendo ao deseño, á forma, ao tamaño e ás relacións visuais que se establecen entre eles.

OS PICTOGRAMAS
Un pictograma é un símbolo gráfico que expresa unha idea moi concreta por medio de imaxes esquemáticas de obxectos ou conceptos. A continuación tedes os pictogramas para a sinalización dun hospital. Como vedes son moi sinxelos, fácilmente identificables e con poucas cores moi contrastadas para mellorar a súa visibilidade, lectura e comprensión. E debaixo uns pictogramas empregados na sinalización dos Xogos Olímpicos de Barcelona 92.

PRÁCTICA Nº : PROXECTO DE SINALIZACIÓN
Realiza un proxecto de sinalización deseñando dous pictogramas que indiquen algúns dos seguintes espazos: Aula de Plástica, Aula de Música, Aula de Tecnoloxía, Aula de Informática ou o Ximnasio. Realiza os teus deseños a partir do cadrado ou da circunferencia. Emprega dous tonos (contando o fondo), formas moi simplificadas e técnica de lapis de cores ou rotuladores. Os dous pictogramas deberán ter o mesmo estilo gráfico. Previamente debuxarás uns bosquexos que mostrarás ao profesor.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful