You are on page 1of 17

1.

Unidades sintácticas e construcións sintácticas

1. As relacións sintácticas
1.1. Relacións paradigmáticas e relacións sintagmáticas
Saussure distinguiu entre dous tipos de relacións entre unidades
lingüísticas, unha distinción que sería completada por autores posteriores:
1) Relación paradigmáticas (in absentia): danse entre un elemento e todos os
que poden ocupar o seu mesmo lugar. Son relacións que se verifican en
todos os niveis da lingua:
a) Fonolóxico. Exemplo: // e // → paso vs. caso.
b) Morfolóxico. Exemplo: |o| e |a| (morfemas de xénero) → neno vs. nena.
c) Sintáctico. Exemplo: o libro de matemáticas é novo (Mod. = FPrep.) vs. o libro
verde é novo (Mod. = FAdx.). Neste caso a conmutación non implica que se trate
do mesmo tipo de unidade, pero si da mesma función.
2) Relacións sintagmáticas (in praesentia): prodúcense entre elementos
presentes na cadea. Segundo Saussure estableceríanse entre elementos
sucesivos ou secuenciais no tempo, o que implica que só se refería a relacións
en niveis máis altos có fonema (xa que os trazos fónicos son simultáneos). Con
todo, outros autores tamén aplicaron esta etiqueta para as relacións
simultáneas que se dan en planos inferiores.
1.2. As relacións sintagmáticas: tipos

simultáneas
entre partes secuenciais
conectivas

integrativas (parte-todo)
entre as partes
constitutivas (todo-parte)
e o todo
funcionais

1) Relacións entre partes: trátase das relacións que se producen entre os


elementos da cadea (en horizontal). Poden ser de tres tipos:
a) Simultáneas: realización simultánea das partes dentro do todo, de xeito que
non se pode constatar unha secuencia temporal. Por exemplo:
 Trazos fónicos no fonema.
 Trazos sémicos no semema.
b) Secuenciais: realización sucesiva no tempo das unidades dentro do todo.
 Planos con maior rixidez posicional (fonoloxía e morfoloxía): son máis
relevantes. Exemplo: en neno o morfema de xénero |o| realízase despois do
lexema |nen| e ten que aparecer necesariamente nesa posición
 Planos con maior flexibilidade posicional (sintaxe): menos relevantes.
c) Conectivas: prodúcense case de xeito exclusivo no plano sintáctico, xa que
se refiren á necesidade relativa entre as partes que conforman un todo.

1 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

 Tipos de relacións conectivas:


 Coordinación.
 Subordinación.
 Interordinación.
 Son especialmente importantes para a gramática de dependencias (que
considera que nunha oración todos os elementos manteñen unha relación
de subordinación con respecto ao verbo).
 Ademais, dependendo dos elementos cos que se constrúa un verbo pode
adquirir unha ou outra acepción. Exemplos:
alguén (+animado)
chamar1 reclamar a atención de alguén
por alguén (+animado)
alguén
chamar2 denominar a algo / alguén (Dat.)
dun determinado xeito (CPvo)
 Planos: son especialmente importantes no plano sintáctico, pero non
están presentes no morfolóxico. Exemplos:
 Vin nenos de cinco anos (P + CD): podemos prescindir do elemento
subordinado a nenos e teremos os mesmos ocos funcionais nun
primeiro nivel (vin nenos → P + CD).
 |nen|a|: non podemos prescindir do morfema de xénero.

2) Relacións entre as partes e o todo: ademais das relacións entre as partes,


cómpre ter en conta tamén as relacións que cada unidade mantén no conxunto
no que se integra, xa que desempeña nel unha determinada función ou papel,
é dicir, ten un valor. Este tipo de relacións son máis ou menos nítidas
dependendo do plano da lingua (as unidades mínimas carecen deste tipo de
relacións). Podemos distinguir dous tipos principais:
a) Parte-todo-parte:
 Integrativas (parte-todo): relacións entre as partes e o seu todo. Son máis
claras na fonoloxía e na morfoloxía. Por exemplo, no morfema léxico |nen| o
// ten que aparecer nunha determinada posición para que o resultado sexa ese
morfema.
 Constitutivas (todo-parte): relacións entre o todo e os seus elementos
constitutivos. Exemplo: // é un elemento constitutivo do morfema |nen|.
b) Funcionais: refírense ao papel, o valor ou a finalidade dun elemento
nunha estrutura determinada na que se integra. Son moi relevantes nas
unidades sintácticas, xa que a flexibilidade estrutural permite varias
formas de integración. Exemplos:
Exemplo Elementos Funcións
mesa de madeira mesa N
de madeira Mod.

2 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

Exemplo Elementos Funcións


madeira de mesa madeira N
de mesa Mod.

un Det.
un vello activista1 vello N (subs.)
activista Mod. (adx.)
un Det.
un vello activista2 vello Mod. (adx.)
activista N (subs.)

1.2.1 As relacións conectivas: tipos


1) Coordinación :
a) Trátase dun tipo de relación que se dá entre unidades que:
 Desempeñan a mesma función.
 Están ao mesmo nivel.
 Non son interdependentes.
b) Constitúe estruturas abertas,. xa que desde o punto de vista sintáctico é
posible engadir ou eliminar elementos.
2) Interordinación:
a) Dáse entre unidades que:
 Están ao mesmo nivel.
 Son interdependentes, xa que se esixen mutuamente (pero non están
subordinadas).
b) Constitúe estruturas pechadas, xa que non é posible engadir ou eliminar
elementos dentro delas.
3) Subordinación:
a) Dáse en unidades que son dependentes doutras, que necesitan outras.
Exemplos:
 Dentro da F o Mod. depende do N, independentemente das unidades que
desempeñen a función de Mod, e podemos prescindir do Mod. e estarmos
igualmente perante unha F:
cor N
cor branca e azul F
branca e azul Mod.

cor N
cor branca F
branca Mod.

cor cor N → F

 No caso dos Det. a situación é diferente, xa que a función de actualización


que desempeñan é en moitos casos necesaria e non se pode prescindir dela na

3 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

maioría dos casos. Exemplo: o seu fillo ou seu fillo, pero que lle deixase o
coche (*que lle deixase coche).
 Exercicio
1. Bandeira de cor branca e azul

bandeira de cor branca e azul


|
FSubs.

Mod.
N |
FPrep.

Term.
Dir. |
FSubs.

N Mod.

bandeira de cor branca e azul

 A preposición de introduce unha F que funciona globalmente como Mod.


do N da FSubs.
 A función de Mod. do N de F cor é desempeñada por branca e azul, que
funcionan globalmente.
2. O seu fillo pediulle que lle deixase o coche esta semana

O seu fillo pediulle que lle deixase o coche esta semana


|
cláusula

Sux. P CI CD
| |
FN OCompl.

Det. Nom & CI P CD CCT

Det. Nom.

o seu fillo pediu lle que lle deixase o coche esta semana

4 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

ou

O seu fillo pediulle que lle deixase o coche esta semana


|
cláusula

Sux. P CI CD CCT
| |
FN OCompl

Det. Nom & CI P CD

Det. Nom.

o seu pediu lle que lle deixase o coche esta semana

3. Díxonos que nos reservaría a habitación aínda que chegásemos tarde

Díxonos que nos reservaría a habitación aínda que chegásemos tarde


|
cláusula

P CI CD
|
OCompl.

& Est. bipolar

M1 & M2

CI P CD P CCT

dixo nos que nos reservaría a habitación aínda que chegásemo tarde
s

4. Flores de papel con deseños moi rechamantes


5. Os cidadáns doutros estados presentarán os seus documentos
oficialmente traducidos ó español ou ó galego
6. O meu tío quérelle máis ó meu irmán ca a min
7. Fago os deberes se mi me axudas
8. Quero que teñas memoria do tempo en que te servín
9. O neno do que che falei vai a unha escola pública
10. Non foi onte, senón o outro antonte, cando o atopei bébedo no camiño,
mais iso de beber non che vén de agora
11. Fun á festa, paseino ben e decidín volver máis veces
12. Coa túa axuda poderei superar o problema
13. Se ti me axudas, poderei superar o problema
14. Os agasallos merqueinos eu cos meus aforros

5 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

15. Polas mañás María traballa e a súa irmá estuda


16. Ela sempre lle facía carantoñas á cadela. Escuso dicir que eu o tiña todo
moi estudiado. O paseo nocturno de Perla estaba rigorosamente sometido
ao horario de chegada de Lola. Eran os minutos máis preciosos do día,
alí, no portal do bloque Tulipáns, barrio das Flores, os dous facéndolle
carantoñas a Perla... Nesas ocasións púñame moi nervioso e ela
parecíame unha señora e eu un mocoso... No espello do ascensor vía o
retrato dun tipo sen futuro, sen traballo, sen coche, apalancado no sofá
tragando toda a merda embutida da tele, rabuñando moedas polos
caixóns para mercar tabaco. Tiña a sensación nese momento de que era a
Perla a que sostiña a correa para sacarme a pasear.
17. O irmán de Antón, o actor de Sarria, actúa esta semana en Santiago

2. Tipos de unidades sintácticas


2.1. Criterios de clasificación
1) Criterios externos: son criterios alleos á estrutura interna das unidades.
Así, por exemplo, a gramática tradicional adoita definir a oración coma unha
unidade composta de Sux. e Pred. (criterio interno) que ten que ter sentido
completo (criterio externo). Con todo, parece que esta definición non é
aplicable en todos os casos:

Exemplo Comentario
- Está constituída de Sux. (María) e Pred. (le / le
María le libros libros).
- Ten sentido completo.
- Está constituída de Sux. (María) e Pred. (quere /
quere que veñas).
- Ten sentido completo.
María quere que veñas
- Contén outra oración, que veñas, que:
- Ten Sux. e Pred.
- Non ten sentido completo por si mesma.
socorro! - Ten sentido completo, pero non é unha oración.
o secuestro no Índico dun
- Ten sentido completo, pero non é unha oración.
pesqueiro

2) Criterios internos: son criterios que miran cara a constitución interna das
unidades para clasificalas en diferentes tipos. Neste senso pódense ter en conta:
a) As relacións funcionais (entre as partes e o todo):

María le libros

Sux. N do Pred. CD
  
María le libros

6 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

María quere que veñas

Sux. N do Pred. CD
  
María quere que veñas

b) As relacións conectivas (entre as partes: coordinación, interordinación ou


subordinación). Neste caso caben varias interpretacións:
 Os elementos subordínanse ao predicado (gramática de dependencias):

María le libros
|
le

María libros

María quere que veñas


|
quere

María que veñas

 Os elementos están no mesmo nivel:


 María le libros: Sux. + Pred. + CD.
 María quere que veñas: Sux. + Pred. + CD.

 O Sux. e o Pred. están ao mesmo nivel, mentres que os complementos


dependen do N do Pred.:

María le libros

Sux. Pred.

N CD
 
María le libros

2.2. Dificultades terminolóxicas


1) A gramática tradicional:
a) Adoita asociar cada clase de palabras cun función privativa ou exclusiva
que pode desempeñar sen que cumpra ningunha modificación:

Sux.
substativo
CD
verbo Pred.
adxectivo Mod.
7 Curso monográfico de gramática galega
(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

b) De aí que cando esas funcións, en principio privativas dunha determinada


clase, son desempeñadas por outras unidades reciban etiquetas que fan
referencia á clase que se asocia a esa función:

Cláusula que desempeña a


subordinada substantiva
función de CD ou Sux.
Cláusula que desempeña a
subordinada adxectiva
función de Mod.
 Cómpre ter en conta que non só se fai referencia á clase de palabras que
se asocia á función, senón que tamén se lle engade a etiqueta de
subordinada (enténdese que porque desempeña unha función dentro da
cláusula principal), algo que non se especifica cando a función é
desempeñada pola clase de palabra coa que se asocia.
2) O certo é que calquera unidade pode desempeñar calquera función,
necesite ou non ser acomodada mediante mecanismos existentes na lingua
(conxuncións, estilo directo, etc.).

2.3. Tipos de unidades e características


2.3.1. O sintagma
O sintagma é unha unidade que se refire a calquera elemento constituído
por dúas ou máis palabras que funcionan conxuntamente, sen ter en conta as
características estruturais dos elementos que a constitúen. É, polo tanto, unha
unidade máis xeral que esta por riba das unidades caracterizadas pola súa
estrutura interna.
2.3.2. Unidades caracterizadas pola súa estrutura interna
2.3.2.1. Características xerais
1) En principio, parece existir unha xerarquía entre as unidades sintácticas:
palabra > frase > cláusula > oración.
2) Porén, existen mecanismos que nos permiten:
a) Un salto de nivel. Exemplo: unha F con só unha palabra; unha cláusula con só
unha palabra, etc.
b) A recursividade: un elemento pode estar desempeñando unha función
dentro dunha unidade do seu mesmo nivel ou dun nivel inferior.
 Exemplos de FSubs. que desempeñan funcións dentro doutras Fsubs:

8 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

A área lingüística do norte


|
FN

Det. Nom.
|
FSubs.

N Mod.
| |
FSubs. FPrep.

N Mod

novelas románticas españolas


|
FSubs.

N Mod
|
FSubs

N Mod

novelas españolas románticas


|
FSubs.

N Mod
|
FSubs

N Mod

9 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

A mesa de madeira escura1


|
FN

Nom.
Det. |
FSubs.

Mod.
N |
FPrep.

Term
Dir. |
FSubs

N Mod.

A mesa de madeira escura2


|
FN

Det. Nom.
|
FSubs.

N Mod
|
FSubs

N Mod
|
FPrep.

10 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

2.3.2.2. Mecanismos empregados na constitución de unidades sintácticas

J. Juliá (1997): "Endocentrismo y exocentrismo en un marco funcional" en Iglesias Bango, M. (ed.):


Gramma, pp. 297-331

1) Desde o distribucionalismo americano (Bloomfield) propúxose a


distinción entre dous tipos de construcións, definidas atendendo só ás súas
propiedades formais (sen ter en conta a semántica):
a) Endocentrismo.
b) Exocentrismo.
2) Os dous conceptos anteriores poden ser reformulados desde unha
perspectiva funcionalista, o que nos permite distinguir entre dous
mecanismos construtivos:
a) Expansión (construcións endocéntricas):
 Constitución:
A (+B)
 Son construcións que contan cun elemento dominante ao que se lle
pode engadir outro. O elemento que se engade é necesariamente un
só, por moi complexo que sexa.
 O conxunto resultante ten as mesmas propiedades formais có
elemento dominante.
 As expansións pódense identificar en galego mediante:
• A concordancia. Exemplo: patacas vermellas.
11 Curso monográfico de gramática galega
(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

• A adxunción dunha estrutura preposicional. Exemplo: patacas de


Verín.
A adxunción dunha estrutura de relativo. Exemplo: patacas que

merquei.
 As expansións son semanticamente:
• Restricións de significado do elemento nuclear.
• Elementos que salientan unha característica do núcleo, pero que
non achegan información a maiores. Exemplos: a branca neve,
mansas ovellas (dependencia do contexto).

 Propiedades semánticas: expresan prototipicamente procesos,


circunstancias e intuicións da realidade. Desde o punto de vista
comunicativo as complementacións supoñen un enriquecemento da
información.

b) Fusión ou construcións asociativas (construcións exocéntricas):


 Constitución:
A&B
 Consiste na asociación de elementos que están ao mesmo nivel (polo
que non existe un elemento nuclear) e que son necesarios.
 Cómpre diferenciar entre:
• Construcións asociativas coordinativas:
A & B & C & D & E ...
 Son construcións abertas, nas que teñen que aparecer polo
menos dous elementos, pero a partir de aí o número de
elementos é potencialmente infinito.
• Construcións asociativas exocéntricas (propiamente ditas): trátase
de estruturas pechadas:
 Relacións entre dous membros unidos por un nexo
(condicionalidade, causalidade, etc.). Estes nexos adoitan ser
conxuncións (a excepción de que e se, que non relacionan
elementos semanticamente homoxéneos):

estrutura trimembre

A & B

 Relacións entre dous membros que se dán nas FPrep e nas FN,
nas que a preposición e o artigo son caracterizadores.

FPrep

R Term

12 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

FN

Det Nom

 Estruturas predicativas, nas que o verbo actúa como nexo.

 Propiedades semánticas: expresan relacións lóxicas entre unidades


(causalidade, implicacións...).

Con todo, nos textos reais non sempre é doado analizar as relacións entre
os elementos. Exemplo:

No espello do ascensor vía o retrato dun tipo sen futuro, sen traballo, sen
coche, apalancado no sofá tragando toda a merda embutida da tele,
rabuñando moedas polos caixóns para mercar tabaco

CCL NPred. CD
|
FN

Det. Nom
|
FSubs

N Mod.
|
FPrep.

R Term
|
FN

Det Nom
|
FSubs

N Mod.
|
est. coord.

M1 M2 M3 M4 M5

13 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

 A estrutura sen futuro, sen traballo, sen coche, apalancado no sofá


tragando toda a merda embutida da tele, rabuñando moedas polos
caixóns para mercar tabaco actúa en bloque como modificador de tipo.
 Esta estrutura pode estar constituída por:
 FPrep + FPrep + FPrep + est. participio + est. xerundio (como
representamos).
 FPrep + FPrep + FPrep + est. participio: deste xeito intepretamos
que rabuñando moedas polos caixóns para mercar tabaco depende do
participio apalancado.

2.3.2.3. Tipos de unidades


1) Palabra:
2) Frase:
a) As relación prodúcense entre elementos ou bloques de elementos, sempre
de dous en dous. Exemplos:
 Exemplo 1:
mazás e peras maduras
|
FSubs

N
| Mod.
Est. coord.

Subs. & Subs.

 Exemplo 2
A área lingüística do norte
|
FN

Det. Nom.
|
FSubs.

N Mod.
| |
FSubs. FPrep.

N Mod

14 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

 Exemplos3-4
novelas románticas españolas
|
FSubs.

N Mod
|
FSubs

N Mod

novelas españolas románticas


|
FSubs.

N Mod
|
FSubs

N Mod

 Exemplos 5-6: podemos observar que as diferentes interpretacións semánticas


tamén se reflicten nas análises sintácticas:

A mesa de madeira escura1


|
FN

Nom.
Det. |
FSubs.

Mod.
N |
FPrep.

Term
Dir. |
FSubs

N Mod.

15 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

A mesa de madeira escura2


|
FN

Det. Nom.
|
FSubs.

N Mod
|
FSubs

N Mod
|
FPrep.

 Exemplos 7: contraste cunha oración, na que podemos observar que as


relacións son diferentes:

compro e vendo casas de segunda man


|
O / cláusula

N CD
|
Est. coord.

v & v

cómproas e véndoas
|
Est. coord.

M1 & M2
| |
O / cláusula O / cláusula

N CD N CD

3) Cláusula:
a) O complemento que a gramática tradicional etiqueta como CC pode ser
nuclear (chegar esixe lugar e tempo) ou non (dixo non esixe lugar e
tempo).

4) Oración:

16 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC
1. Unidades sintácticas e construcións sintácticas

 Exercicios
1. Estruturas de relativo precedidas de preposición
estrutura función da preposición
[...]
por: marca a función do relativo que dentro
Que ata lle dan de prestado
da súa oración (CPrep).
a beira por que camiña
a: marca a función da oración de relativo na
ó que naceu desdichado
estrutura na que se integra (CI).
[...]
Hora en que cantan os galos
en: marca a función do relativo que na súa
hora en que xemen os ventos,
oración (CCT).
en que as meigas bailan
Quero que teñas memoria do tempo en que en: marca a función do relativo que na súa
te servín oración (CCT).
[...] eu xa son máis vella, e sei os bois con
con: marca a función do relativo que na súa
que labro [...] oración (CPrep).
¡Voz amorosa con que chamas nas portas do con: marca a función do relativo que na súa
ceo [...] oración (CPrep).
con: marca a función do relativo que na súa
Non soubo con que golpearon o valado [...]
oración (CPrep).
de: marca a función da oración de relativo na
Algúns dos que chegaron tarde vivían noutra
estrutura na que se integra (funciona como
cidade
Mod. de N de FN).
O neno do que che falei vai a unha escola de: marca a función do relativo que na súa
pública oración (CPrep).

17 Curso monográfico de gramática galega


(morfoloxía e sintaxe)
2009/2010
USC