You are on page 1of 8

2.

A transmisión textual

1. O concepto de orixinal
1.1. Orixinais autógrafos e idiógrafos
1) Orixinal autógrafo: é o orixinal manuscrito realizado polo autor. Pero
pódense dar situacións máis complexas:
a) Inexistencia dun orixinal autógrafo. Exemplo: as viaxes de Marco Polo
escribiunas un compañeiro de cela ao que lle contou o seu percorrido por Oriente.
b) Existencia de varios autógrafos. Exemplo: nas cartas de Cunqueiro podemos
atopar diferentes versións dun mesmo poema.
2) Idiógrafo: texto non redactado directamente polo autor, pero revisado por el.
Exemplo: idiógrafo dactilografado de Os Eoas de Pondal.

O normal é que non se conserven orixinais da Idade Media, aínda que


parece que existe algún autógrafo de Petrarca (pero a maioría de textos deste autor
son idiógrafos).

1.2. Copias
1) Apógrafo: en senso estrito é unha copia tirada dun orixinal. Con todo, na
tradición manuscrita galego-portuguesa aplícaselle esta denominación a todos
os cancioneiros, aínda que non son copias directas dun orixinal.
2) Testemuño: cada unha das copias dun texto.
3) Lección: fragmento de texto (o que se le).
4) Tradición: conxunto dos testemuños dun texto. Pode ser:
a) Directa: os propios texto (A, B, e V no caso da tradición galego-
portuguesa).
b) Indirecta: todo tipo de testemuños de segunda man sobre un texto
(traducións, glosas, citas...). Exemplos:
 A Celestina: a edición orixinal é de 1504 pero non se conserva, de xeito que o
testemuño máis antigo conservado é unha tradución italiana de 1506.
 Coronica galega ou Coronica de Galiza, citada por Cristovão Rodrigues
Azinheiro no s. XV: debeuse escribir entre 1351 e 1342, pero é a única noticia
que temos dela.
 O Marqués de Santillana cita no seu Proemio e carta al condestable don
Pedro de Portugal a varios autores hoxe descoñecidos:
Había otras de Joan Suares de Pavía, el cual se dice haber muerto en Galicia
por amores de una infanta de Portugal; y de otro Fernand Gonzales de
Senabria. Después de ellos vinieron Vasco Peres de Camões, y Fernand
Casquicio y aquel grande enamorado Macías, del cual no se hallan sino cuatro
canciones, pero ciertamente amorosas y de muy hermosas sentencias,
conviene a saber Cativo de miña tristura, Amor cruel e brioso, Señora, en
quien fiança y Provei de buscar mesura.
 O testemuño ibérico máis antigo do Amadis de Gaula é o de R. de Montalvo
(1508), pero sabemos que fora xa moi difundido nos séculus XIV e XV, polo
que deberon existir textos anteriores (portugueses ou casteláns).
 No inventario de documentación do Mosteiro de Caaveiro cítanse
pergamiños medievais (probablemente escritos en galego) que estaban en moi
mal estado e que hoxe descoñecemos.

1 Crítica textual galega


2009/2010
2. A transmisión textual

1.3. O concepto de orixinal nas edicións impresas


1) Editio princeps: primeira edición dun texto.
2) Editio vulgata: edición máis difundida dun texto.
1.4. O concepto de orixinal nos textos non literarios
1) Notas: desde o século XII os notarios tiñan que ter por lei un borrador dos
seus documentos (redacción abreviada: carta firme). Os borradores debíanse
reunir nun libro de notas.
2) Documentos partidos por a / b / c: son documentos notariais que contaban
cun orixinal múltiple, cunha copia para cada unha das partes. Realizábanse
sobre un mesmo pergamiño que despois era cortado pola metade, onde se
escribían as letras A B C D, de xeito que a coincidencia entre as dúas partes era
proba da súa autenticidade.
3) Tombos: son copias en cartularios da documentación de mosteiros e
catedrais, que se realizaban periodicamente (moita desa documentación
probaba as posesións das institucións eclesiásticas).
4) Traslados: son copias nas que se sinala que se trata dunha nota de traslado,
pero estas copias podían implicar tamén a tradución do texto orixinal, algo
que non sempre é doado de determinar.
2. O libro medieval
2.1. Soporte
1) Papiro (rolo):
a) Soporte de orixe vexetal.
b) É moi flexible e tamén moi brando, de aí que se conserve en rolos xa que
de dobrarse rompería.
c) É incómodo para textos longos.
d) É moi barato.
e) Déixase de usar en occidente no s. VII.
2) Pergamiño / pergameo1:
a) Soporte de orixe animal, das peles de ovellas, años ou becerros. Para
confeccionalo é preciso tratalo con cal, secalo, afeitalo, corrixirlle as
impurezas, etc.
b) Das súas dúas caras, considérase que é de mellor calidade a de dentro (a
pegada á carne do animal), xa que a outra é máis áspera e ten pelo (que
cómpre afeitar).
c) Era moi caro, polo que adoitaba aproveitarse aínda que tivese
imperfeccións.
d) Era moi perdurable.
e) Conceptos:
 Pergamiño uterino: en principio é o pergamiño que se obtén dos fetos
dos abortos das vacas. Con todo, é improbable que se producisen tantos

1
Crese que a denominación procede de Pérgamo, cidade italiana na que se cre que foi inventado.
Segundo a lenda esta cidade sufriu un bloqueo comercial que impediu a chegada de papiro, polo que
recorreron a este novo soporte.

2 Crítica textual galega


2009/2010
2. A transmisión textual

abortos, polo que pode que a etiqueta se aplicase de xeito xeral para os
pergamiños máis finos (de animais novos, moi tratados, etc).
 Palimpsesto: dado que o pergamiño era un material moi caro, era
frecuente que se riscase e se reescribise. Co tempo a primeira escritura
adoita reaparecer, isto é o que se denomina un palimpsesto (pergamiño
reescrito).
 Codex ou códice: o pergamiño trouxo canda si un novo formato de libro
que supuxo unha importante innovación pola facilidade de consulta
(fronte aos rolos).
3) Papel:
a) Soporte inventado na China no s. II d. C., pero que chega a Occidente a
través dos árabes arredor do s. XIII, aínda que non é ata o XV cando se
xeneraliza.
b) O papel medieval confeccionábase cunha mestura de trapos, cánabo,
algodón e liño triturados. Tratábase dun papel moi resistente.
c) As marcas de auga ou filigranas dos diferentes fabricantes de papel son un
importante dato para a localización e datación de manuscritos. Exemplo: as
marcas de auga do libro de notas de Álvaro Pérez permítennos saber que se usou
un papel de orixe valenciana.

2.2. Material scriptorio


1) Instrumentos:
a) Cálamo: anaco de cana coa punta tallada no que se facía un corte polo
medio. Foi usado ata os séculos VI-VII (sobre todo sobre papiro).
b) Plumas (ganso):
 Usadas a partir dos séculos VI-VIII.
 Cómpre endurecer as plumas (as mellores son as de ganso), retirarlles a
película exterior e o miolo do cano. Isto dá como resultado un tubo
sólido.
 Condicionan o tipo de escritura:
 Cumpría colocala en ángulo recto en relación ao soporte, xa que a
tinta era moi espesa.
 O corte da punta da pluma podía permitir trazar só liñas rectas (letra
gótica) ou tamén curvas. É dicir, o tipo de pluma condicionaba o tipo
de letra. Neste senso podíase realizar unha probatio penna (proba da
pluma) antes de comezar a escribir.
2) Tinta:
a) Tipos de tinta:
 Tinta confeccionada con bugallo, auga de chuvia, caparrosa, goma
arábiga... (ás que se lle podían engadir outras substancias para obter
diferentes cores). Esta é unha tinta difícil de borrar.
 Tinta de carbón, fácil de borrar.
b) Tinteiros: de corno ou portátiles.

2.3. Morfoloxía libraria


1) Pecia: desmembramento para unha copia máis rápida. Posteriormente o
director da copia podía engadir correccións e comentarios. Exemplo: copia de B,
na que Colocci achega numerosas apostilas con información de todo tipo.

3 Crítica textual galega


2009/2010
2. A transmisión textual

2) Colofón: nota ao final da obra na que se explicitan detalles do autor ou da


obra en cuestión. O normal é que se fixese referencia ao traballo realizado.
3) Encadernación:
a) Papel:
 Pregos:
 Folio: dobrado unha vez.
 Cuarto: dobrado dúas veces.
 Oitavo: dobrado tres veces.
 Cadernos ou fascículos:
 Binión: 4 folios, 2 pregos dobrados.
 Ternión: 6 folios.
 Cuaternión: 8 folios.
b) Pergamiño: buscábase a coincidencia das caras do pelo e da carne (lei de
Gregory).
4) Signaturas: claves para a secuencia dos folios e reclamos (fóra da caixa
cópiase a palabra coa que comeza o folio seguinte).
5) Aliñación: para escribir en liña recta realizábanse uns buratos nos extremos
e realizábanse unhas raias con punta seca, case imperceptibles (sen tinta ou
con lapis de chumbo).
6) Encadernación: adoitaba realizarse en pergamiño, tamén no caso dos
códices en papel.

3. Os erros na transmisión textual


3.1. Erros monoxenéticos e polixenéticos
1) Erros monoxenéticos: poden aparecer en máis dun testemuño, pero trátase
de erros tan imprevisibles que necesariamente teñen que ter a súa orixe nun
testemuño común.
2) Erros polixenéticos: son erros que, aínda que poden coincidir en varios
testemuños, se poden orixinar independentemente.
3.2. Erros como por mor das operacións no proceso de copia
3.2.1. Operacións do proceso de copia (A. Blecua)
1) Segundo Alberto Blecua, o proceso de copia consta de 5 operacións2:
a) Lectura dun fragmento (de breve duración, aproximadamente unha ducia
de letras).
b) Memorización.
c) Dita o fragmento a si mesmo (o copista).
d) Transcrición.
e) Volta ao modelo.
2) Nestes operacións pódense producir erros:
a) De diferente tipo: visuais, psicolóxicos, mecánicos...
b) O número de erros varía dependendo das circunstancias (materiais,
psicolóxicas), pero a media está en 1 erro por páxina.
2
Se se trata dun orixinal, non se dá o paso a), mentres que b) se converte na creación e en c) o autor
pódelle ditar a outra persoa.

4 Crítica textual galega


2009/2010
2. A transmisión textual

c) Son aparentemente anárquicos, pero existen indicios que nos permiten


saber que estamos perante un erro:
 Posibilidade de malas interpretacións da escrita ou do que se dita:
Exemplo1: se un copista escribe o número 3 moi pechado, pode
levar a que se interprete coma un 8 e dar lugar a erros coma
133 (orixinal) → 188 (copia).
Exemplo2: confusións entre grafemas, como pode acontecer co <f>
e o <ſ> no seguinte manuscrito:

nós

finamento

Exmeplo2: confusión entre // e // se o texto é ditado de xeito ora.

 Regas mnemónicas (asociacións):


 Da memorización.
Exemplo1: 133 → 113
 Asociacións mentais inconscientes.
Exemplo1: representación de fenómenos dialectais, coma o
seseo.
 Poden dar lugar á aparición de hapax (que non sempre teñen porque
ser erros).
Exemplo1: copias do s. XII e do s. XVIII do Cartulario de Santa
María de Piasca (Cantabria):

s. XII s. XVIII
Ariulf Assial
Recoire Asci
Gondesalbus Fragonderalbus
Senior Senmon
Iustus notuit Iustus Solig
Petrui Pearius
Romanus Romques
Exemplo2: Tombo de Sobrado:
Queco Oueco (nome prerromano
frecuente)
Moum Monio

5 Crítica textual galega


2009/2010
2. A transmisión textual

Exemplo3: Colección documental de Xubia:


Petto Petro
Roustryz Roulfoyz
Moelido Oruelido ('ouro belido', nome
feminino moi frecuente)
Domniron don Mirón

 Saltos de ollos.
Exemplo1: 480 por 133 se as dúas cifras comezan liñas próximas.

3.2.2. Tipos de erros involuntarios


0) Lapsus calami: erros aleatorios.
1) Por adición.
Exemplo1:
Munior Munio
Ordoarius Odoario
Munionionis Munionis
Rododorigo Rodorigo
2) Por omisión:
a) Omisión de fonemas ou sílabas:
Exemplo1:
Tefaniz Estefaniz
Silour Sillobre
Viara Vimara
b) Saltos de ollos:
Exemplo1: se a liña 1 comeza por por ad Samanus e a 3 tamén, pode
que o copista salte todo o contido entre a liña 1 e a 3.
3) Alteración da orde: transposición de sílabas, palabras ou frases.
4) Por substitución.
Exemplo1:
<m> e <ni> Timosus Tiniosus
<n> e <ri> Trasuanus Trasuarius
<n> e <u> Aranando Aruando
(en editores modernos)

3.3. Interferencia do castelán


Exemplo1:muchas outras cousas nunha copia do s. XVIII dun texto do XV.
Exemplo2: Alonso (por Afonso ou Alfonso), Martínez (por Martíns), etc.
Exemplo3: na Tradución galega da Cronica Xeral podemos ler Paay Uello
(como nome dun cabalo), mentres que na versión castelá pon Pelayuelo.
É dicir, o copista traduce Pelayo (interpretanto <y> como vogal) e
interpreta <u> como consoante e <l> como lateral palatal.

6 Crítica textual galega


2009/2010
2. A transmisión textual

3.3. Innovacións voluntarias


1) Cortes:
a) Definición: supresións que non afectan ao sentido e non se explican a
primeira vista por un salto de ollos.
b) Causas: morais, relixiosas ou políticas (censura), estilísticas, etc.

2) Interpolacións:
a) Definición: inserción nun texto de elementos estraños á redacción
auténtica e orixinal.
b) Causas: didactismo, causas políticas, retóricas, estéticas, etc.
Exemplo1: introdución na Crónica Troiana dunha digresión sobre as sogras que
non existía no orixinal francés (edición de R. Lorenzo, p. 262).
Exemplo2: intercalación de refráns na Crónica Troiana (ca diz o prouerbio..., p.
325).
Exemplo3: o manuscrito da Catedral de Santiago da Crónica de Iria contén
interpolacións sobre feitos acontecidos en 1468 que non se atopan
noutros manuscritos, coma o da Biblioteca Vaticana. Isto, xunto coa
mención de que a obra orixinal data de 1444, deulle pé a D. Mackenzie a
considerar que este segundo manuscrito é máis antigo e que o autor da
obra é J. Rodríguez de Padrón (mencionado neste manuscrito). Porén,
para Souto cabo a situación é diferente, xa que considera que no
manuscrito conservado no Vaticano se produce unha omisión das partes
que aparecen a maiores no da Catedral de Santiago, de xeito que
establece este coma o testemuño orixinal e, ademais, atribúello a Rui
Vasques (do que se di que a escribiu, pero non se especifica se como
copista ou como autor).

3) Adaptacións:
a) Definición:
 Normalizacións de tipo gráfico, morfolóxico ou sintáctico (por parte do
copista ou do editor).
 Substitución de vocábulos.
 Cambios estilísticos.
 Alteracións no contido.
b) Causas: estilísticas, ideolóxicas (censura), lingüísticas (castelanismos).

Exemplo1: os testemuños da Crónica de Iria copiados no s. XVII presentan


innovacións con respecto ao manuscrito do s. XV.
Exemplo2: en copias de textos medievais realizadas no s. XVII podemos ler en o
ou contenudas, formas que supoñen unha modernización (pasando polo
filtro do castelán) con respecto ás formas medievais.
Exemplo3: as edicións de A esmorga presentan diferenzas posiblemente debidas
á censura (ou á autocensura):

Edición 1 Edición 2
de uniforme fardado

7 Crítica textual galega


2009/2010
2. A transmisión textual

fillo de puta de fillo de puta de


Sargento mandamais
tapándolle a boca a facéndollas tragar se as
hostia limpa cando dice
quere falar
asasinos ...
Benemérita ...

8 Crítica textual galega


2009/2010