Informarse de maneira automática mediante o uso de Bloglines

Daniel Veiga Martínez Comisión de Recursos de APOEGAL Durante o curso 2005/2006 comezamos a traballar con blogs no IES “García Barbón” e, pouco a pouco, descubrimos BLOGLINES, unha aplicación en internet -sen costeque nos permite informarnos de maneira automática. A información actualizada que nos interesa chega sen ter que visitar a web/weblog orixinal. O primeiro paso é rexistrarnos e crear unha conta en Bloglines.

Unha vez realizado o rexistro, temos que visitar o noso correo electrónico para valida-la mensaxe que nos fai chegar o equipo de Bloglines –tan só se trata de premer nunha ligazón para confirma-la alta-. Xa estamos listos para traballar.

EXEMPLO NÚMERO UN: ENGADIR AS NOVAS DE EDUCACIÓN DUN XORNAL NO BLOGLINES 1.- Identificar o rss do xornal –na parte inferior da páxina inicial- (EL PAÍS) e das novas que nos interesan –educación-.

Unha vez que prememos no RSS da categoría “Educación” aparece unha información que nos permite engadir a nova suscrición a Bloglines inmediatamente.

A continuación prememos na aplicación (BLOGLINES) –a segunda na lista-. Xa podemos identificarnos co noso correo electrónico e a clave e completar o proceso de engadido da nova información –El PAIS, categoría Educación-.

Creamos unha carpeta nova co nome de “El País Educación”

Por último, prememos en suscribir.

EXEMPLO NÚMERO DOUS: ENGADIR INFORMACIÓN SOBRE EDUCACIÓN DA XUNTA NO BLOGLINES

WEB: http://novas.xunta.es/educacion RSS: http://novas.xunta.es/educacion.xml En primeiro lugar, temos que premer no botón “añadir” e, a continuación, pegar o rss no lugar que nos pide a url do blog ou canle e suscribir no boton correspondente.

Rematamos o proceso premendo no boton de “suscribir”. EXEMPLO NÚMERO TRES: ENGADIR INFORMACIÓN DUN BLOG NO BLOGLINES WEB BO BLOG DE ORIENTACIÓN http://orientacion.blogia.com Rss do blog de Orientación: http://orientacion.blogia.com/index.xml Na parte inferior esquerda do blog –páxina inicial- temos un símbolo que identifica o RSS do blog. Hai que premer no símbolo do rss e, acto seguido, aparecerá unha páxina en linguaxe de programación da que só copiaremos a url ou enderezo (http://orientacion.blogia.com/index.xml).

Abrimos o noso BLOGLINES e prememos no botón “añadir” para, a continuación, pegar o rss do blog de orientación e suscribir.

Para continuar, creamos unha carpeta nova co nome Blog de Orientación e aceptamos.

Para rematar, prememos no botón “suscribir”. Máis información sobre Bloglines en:

http://portasabertas2007.blogia.com/2007/040706-informarse-de-maneira-automatica-1-.php

http://docs.google.com/View?docid=dx23xqn_131fv669f