You are on page 1of 42

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

ÍNDICE
MEMORIA DO AVANCE DE PLANEAMENTO ........................................................................... 1
1 INTRODUCIÓN ..................................................................................................................... 2
2 ALCANCE E CONTIDO DO P.X.O.M. ................................................................................... 2
3 ELEMENTOS ESTRUTURANTES DO TERRITORIO E A SÚA PROBLEMÁTICA .............. 3
3.1 A dinámica social e económica no contexto comarcal e subrexional ....................... 3
3.2 Os valores do territorio fronte ós diferentes intereses .............................................. 5
3.3 A problemática nas infraestruturas e dotacións ........................................................ 6
3.4 A problemática do solo para as actividades industriais e empresariais .................. 13
3.5 Diagnose específica da área urbana ....................................................................... 15
4 OBXECTIVOS DO PLANEAMENTO ................................................................................... 24
4.1 Obxectivos xerais .................................................................................................... 24
4.2 A área urbana .......................................................................................................... 28
5 AVANCE DE ORDENACIÓN: ALTERNATIVAS .................................................................. 33
5.1 Alternativa 0 ............................................................................................................. 33
5.2 A Serra do Careón e o parque empresarial da Madanela ...................................... 33
5.3 Estudos previos ás alternativas ............................................................................... 34
5.4 Outras alternativas .................................................................................................. 34
5.5 Valoración das alternativas respecto aos obxectivos perseguidos ......................... 36
5.6 Matriz de avaliación de sustentabilidade ambiental das alternativas ..................... 36
5.7 Conclusións ............................................................................................................. 39
5.8 Efectos previsibles do planeamento ........................................................................ 39
5.9 Efectos previsibles do planeamento sobre a lexislación sectorial .......................... 40
6 ÍNDICE DE PLANOS ........................................................................................................... 48
ANEXO 1: MARCO NORMATIVO .............................................................................................. 48

DOCUMENTO DE INICIO
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

1 MEMORIA DO AVANCE DE PLANEAMENTO

DOCUMENTO DE INICIO 1
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

1- INTRODUCIÓN
O Concello de Melide conta cunha longa tradición en materia de ordenación
urbana e territorial; o documento urbanístico precedente ao presente Plan Xeral
o constitúen as Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico, aprobadas
definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo o día 7 de abril de
1994. Con anterioridade a estas Normas, o municipio contaba cun Proxecto de
Delimitación de Solo Urbano, aprobado en 1977; este último é, á súa vez,
posterior a un documento gráfico denominado “Programa de alineaciones para
el plan general de urbanización”, que data de 1958 e obra no poder do arquivo
municipal.
Transcorrida máis dunha década, considérase que os cambios tanto en
lexislación como sociais e económicos dan lugar á revisión do planeamento.
O presente documento constitúe un anteproxecto que serve como documento de
inicio no proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006 de 28
de abril sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no
medio ambiente.
Os traballos de redacción do P.X.O.M. son realizados pola empresa Monteoliva
Arquitectura S.L.P. en base ao contrato de asistencia técnica.
A empresa CALDERÓN&ASOCIADOS INGENIERÍA MEDIOAMBIENTAL,
S.L. actúa en calidade de colaboradora no traballo da Avaliación Ambiental
Estratéxica.

2- ALCANCE E CONTIDO DO P.X.O.M.


O Plan Xeral de Ordenación Municipal é un documento de ordenación
urbanística integral previsto na vixente Lei 9/2002 de ordenación urbanística e
protección do medio rural de Galicia.
O alcance do P.X.O.M. de Melide circunscríbese ao seu ámbito territorial
municipal, no cal se procederá ao establecemento do réxime xurídico do solo
mediante a clasificación consonte o establecido pola lexislación urbanística. Así
mesmo, o Plan definirá os elementos fundamentais da estrutura xeral adoptada
para a ordenación urbanística do territorio e establecerá as determinacións
orientadas a promover o seu desenvolvemento e execución.
Segundo o artigo 52 la Lei 9/2002, o Plan Xeral deberá ser congruente cos
fines que no mesmo se determinen e adaptarse ás características e
complexidade urbanística do territorio que sexa obxecto da ordenación,
garantindo a coordinación dos elementos fundamentais dos respectivos
sistemas xerais.
Así mesmo, o Plan Xeral deberá garantir a coherencia interna das
determinacións urbanísticas, a viabilidade técnica e económica da ordenación
proposta, o equilibrio dos beneficios e cargas derivados do Plan entre as
distintas áreas de reparto, a proporcionalidade entre o volume edificable e os
espazos libres públicos de cada ámbito de ordenación e a participación da
comunidade nas plusvalías xeradas en cada área de reparto.

DOCUMENTO DE INICIO 2
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

3- ELEMENTOS ESTRUTURANTES DO TERRITORIO E A SÚA


PROBLEMÁTICA
3.1- A DINÁMICA SOCIAL E ECONÓMICA NO CONTEXTO COMARCAL E SUBREXIONAL
A comarca de Melide sitúase no centro xeográfico de Galicia. A súa vila
cabeceira, Melide, constitúe un cruce de camiños de dous eixos importantes:
Santiago – Lugo e A Coruña – Lalín. Este feito fai posible a relación con outras
vilas, cidades e comarcas da xeografía galega.
As relacións máis inmediatas prodúcense cos concello de Toques e Santiso se
falamos do ámbito comarcal, pero certo é que outros concellos como Palas
(provincia de Lugo) ou Agolada (Pontevedra) presentan dependencia desta vila
cabeceira.
A relación en termos de igualdade prodúcese con outras vilas cabeceiras de
comarca como Arzúa, Lalín ou Betanzos. O problema é que Melide, pola súa
situación equidistante das grandes cidades, atópase en inferioridade respecto a
estas vilas mencionadas, as cales gardan unha maior relación co seus
respectivas cidades de referencia: Santiago, Pontevedra e A Coruña.
Falar de relacións, no caso de Melide supón falar de comercio. Melide foi e é
agora unha referencia no comercio relacionado co mundo rural. Dende os seus
inicios medievais está a contar cunha feira que se celebra o derradeiro
domingo de mes.
Hoxe en día a actividade comercial parece inclinarse cara ao sector industrial,
grazas, en parte, á recente posta en funcionamento dun parque empresarial.
Dende o enfoque social e económico prodúcese en Melide un forte
afastamento entre o medio rural e a vila de Melide; unha fendedura que cada
vez é, e irremediablemente será, máis grande.
A dinámica poboacional no medio rural apunta pola non renovación dos seus
efectivos, en sincronía co fenómeno que acontece no entorno rural inmediato.
No entanto, os parámetros económicos do sector primario son alentadores e
indican unha reconversión e modernización apoiada en tres piares básicos:
- Sector gandeiro adaptado ás esixencias da CEE.
- Produtos de calidade. Denominación de orixe.
- Cooperativismo.
Sen dúbida, haberá que asumir que o mantemento do sector primario e, en
definitiva, a sostibilidade do medio rural, pasa pola diminución dos efectivos e
pola súa modernización.
A área urbana de Melide presenta outros indicadores ben distintos. A Vila é
receptora de habitantes a un nivel aínda débil (de 4.331 habitantes en 2001
supéranse hoxe os 5.000 habitantes). Non e quen de compensa-la perda de
efectivos do medio rural xa que hai que competir con outras cidades no éxodo
rural e o factor avellentamento é moi alto. Aínda así, tanto a Vila de Melide
como outras vilas ou cidades de tamaño pequeno, estanse a converter nos
redutos de actividade fora do eixo principal de Galicia – Costa.
De cara ao mantemento do sector primario, a Vila de Melide constitúe un centro
de control, venta e distribución da produción. A feira, o mercado de gando, as
cooperativas, son a mostra visible desta actividade.

DOCUMENTO DE INICIO 3
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

A actividade industrial ocupa a un 32% dos efectivos, cunha evolución crecente


nos derradeiros anos.
No caso de Melide é destacable a existencia dun bo número de recursos
endóxenos que son transformados no propio ámbito municipal. Entre estes
destacan a industria de extracción e transformación de áridos.
A Vila de Melide centraliza os servizos a escala comarcal. As principais
actividades son o comercio, servizos bancarios, hostalería, aos que hai que
engadi-lo conxunto de dotacións públicas que se foron centralizando nas dúas
derradeiras décadas e que obedece na maioría dos casos a políticas do
goberno autonómico como a educación e a sanidade.
Fronte a este panorama resumido, o Concello de Melide ten que arrepoñerse a
un problema de orden social, que non é outro que o forte índice de
avellentamento da súa poboación e o lastre que supón ter unha porcentaxe de
poboación inactiva superior á metade do total.
O esmorecemento do mundo rural tradicional é un problema que afecta a toda
Galicia. Para frear este proceso é necesaria a potenciación e desenvolvemento
dos recursos endóxenos do territorio, creando unha oferta e un atractivo que
permita fixa-la poboación, especialmente a poboación nova, capaz de xerar un
dinamismo socioeconómico maior. A intervención das administracións públicas
en consonancia coa iniciativa privada, é imprescindible para supera-la crise
demográfica.
A recuperación demográfica depende da revitalización socioeconómica do
rural, que pasa pola diversificación da súa base económica en base ao
potencial endóxeno do territorio. Afortunadamente, este potencial e abundante
e variado no concello e Terra de Melide.
Unha serie de fitos destacan na perspectiva socioeconómica do concello:

FORTALECEMENTO DO TECIDO INDUSTRIAL. A dinamización do parque


empresarial da Madanela, suporía unha maior diversificación económica da vila
de Melide e do seu entorno, potenciando un sector servizos xa de por si moi
consolidado.

AS INFRAESTRUTURAS VIARIAS. O paso da autovía Lugo–Santiago polo


termo municipal, pode e debe contribuír a potencia-la súa boa situación
estratéxica, incidindo de forma positiva na consolidación do tecido empresarial.
As grandes vías de comunicacións son armas de dobre fío que hai que saber
manexar, de igual maneira que unen e comunican o territorio, poden illar
aquelas poboacións que só representen un mero trámite no traxecto.

POTENCIAL AGROPECUARIO. Só parcialmente aproveitado por modernas


explotacións gandeiras que deberían marcala liña a seguir para unha
explotación rendible e sostida deste importante recurso natural, con capacidade
para atraer e reter a novos empresarios gandeiros.

POTENCIAL TURÍSTICO. Preservación do produto e fomento das


infraestruturas, en base á explotación racional dos recursos, na procura dun
turismo de calidade que responda ao cambio de tendencia na demanda, que
busca novos destinos nos que prime a tranquilidade e a natureza, rexeitando a
masificación. Un turismo de calidade que debe abandeira-lo desenvolvemento
DOCUMENTO DE INICIO 4
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

sostible e que xirará en torno a: Espazos Naturais de Interese - Paisaxe


Tradicional – Patrimonio Cultural - Ocio:
Importante patrimonio historico-artístico e cultural do municipio e da
comarca, abandeirado polo Camiño de Santiago, seguido de numerosos
monumentos, casco histórico, xacementos arqueolóxicos, patrimonio
etnográfico..., xeradores dunha gran actividade cultural.
Espazos de interese natural, entre os que destaca a Serra do Careón,
cordal montañoso onde existen unha gran cantidade de hábitats típicos con
especies endémicas. Declarado Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de
especial Protección dos Valores Naturais.

3.2- OS VALORES DO TERRITORIO FRONTE ÓS DIFERENTES INTERESES


Os valores atribuídos ao territorio de Melide, descritos no plano de Valores e
Potencialidades (dentro do conxunto de planos de información 25.000), deben
ser considerados como un conxunto unitario, e sempre en relación co contexto
xeográfico no que se sitúa a comarca de Melide.
Estes valores poden ser entendidos como un conxunto de elementos
relacionados entre si, nun equilibrio dinámico de tal xeito que a variación dun
deles producirá efectos, non necesariamente previstos, no resto de factores. É
necesario, polo tanto, non consideralos como valores illados aínda dentro deste
contexto rexional.
É preciso ter en conta a fraxilidade do medio, cales son os motivos e razóns
que sustentan un determinado valor, se ao pretende-la explotación dun recurso
pode traer consigo a súa perda.
A maior parte da actividade humana de Melide prodúcese nun escenario
natural de gran valor, no cal o home leva moitos séculos habitándoo,
transformándoo e servíndose dos seus recursos que alí existen.
Enténdese lóxico pensar que esta relación entre home e medio debe seguir a
ser equilibrada e respectuosa. O mantemento das actividades vinculadas co
medio, que sostén a paisaxe característica, o planeamento de novas
necesidades e a explotación racional dos recursos deben estar en consonancia
coa vocación natural do solo. Este equilibrio e respecto non sempre se ten
dado, e nalgunhas das súas manifestacións ten sido, é, irreversible.
Parece evidente que este desenvolvemento racional dos recursos pasa polo
impulso que supón a concentración parcelaria, que xa se iniciou nalgunhas
parroquias, e o sistema de cooperativas, e que conta con experiencia dentro do
concello.
Dentro deste necesario equilibrio entre o respecto ao medio e a necesidade de
explota-los recursos existentes, encadransen as actividades mineiras e o seu
impacto dentro do entorno. O desenvolvemento desta explotación supón unha
das actividades industriais de importancia dentro do concello, así como un
potencial. Pero é necesario ter en conta a súa proximidade a ámbitos que
posúen un especial valor natural.

DOCUMENTO DE INICIO 5
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Outro valor que debe axudar a manter un desenvolvemento sostible é o


patrimonio arquitectónico culto e popular do concello. Cabe destaca-lo valor e a
oportunidade que supón o paso do Camiño de Santiago, coa confluencia de
dous trazados, así como a existencia dun casco urbano histórico. Este
patrimonio, en moitos casos, atópase en estado de abandono, pero con gran
parte das súas calidades intactas, agardando a seren postas en valor. Tanto
para os tramos do Camiño de Santiago como para o casco histórico é
necesario o desenvolvemento de figuras de planeamento que os protexa,
organice e desenvolva.
Por último, non podemos esquece-la posición de centralidade que ocupa, tanto
o concello como o núcleo urbano de Melide, dentro da súa comarca e de
Galicia. Esta posición privilexiada, favorecida por unhas boas comunicacións,
dá a este lugar unha gran posibilidade de desenvolvemento futuro.

3.3- A PROBLEMÁTICA NAS INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS


Infraestruturas Viarias
O sistema principal de estradas que atravesa o concello atópase, en xeral, nun
bo estado de conservación. Ao longo destes anos lévanse desenvolvendo unha
serie de melloras en canto ao seu trazado, ancho de vía e sinalización. Estas
obras tiveron especial importancia na N-547 e na AC-840.
Da rede dependente da Deputación Provincial é a CP-4603, estrada a
Visantoña (Santiso), a que se atopa en peor estado, sendo a estrada provincial
de maior importancia dentro do concello, tanto polos asentamentos que une
como polo tráfico que soporta. Recentemente se aprobou un proxecto de
ensanche, mellora de trazado e afirmado desta estrada. O resto de estradas
atópanse, en xeral, nun estado correcto de conservación.
Desta rede xeral cabe destacar como problemas significativos o cruce que se
produce dentro do casco urbano entre a N-547 e a AC-840, e o carácter que
adquiren estas grandes vías de comunicación ao seu paso pola área urbana e
os distintos asentamentos de poboación que atravesa.
O cruce dentro do casco urbano supón un problema que se agrava, de maneira
especial, nos días nos que se celebran as feiras e festas locais. A este
problema puntual hai que lle engadi-lo condicionante que supón o paso do
tráfico que xera a actividade industrial e comercial da vila. Realizáronse obras
de mellora e acondicionamento deste cruce, aínda que parece necesario
reforza-la sinalización vertical e horizontal, para mellora-la difícil convivencia
entre tráfico rodado e peonil.
Dentro do casco urbano é fácil comprobar como a trama urbana vai
modificando o carácter destas infraestruturas, ata practicamente asimilala a
unha rúa máis da cidade. A súa sección, dimensións e urbanización síguenos a
amosa-la importancia que ten, tanto para o desenvolvemento urbano como na
súa capacidade estruturante dentro da propia vila, pero ten unha calidade
urbana que a integra dentro do espazo urbano. Pero esta calidade urbana
vaise diluíndo a medida que nos afastamos deste centro urbano, e convértese
en algo moi difícil de percibir no resto de asentamentos de poboación que,
loxicamente, non teñen a dimensión nin a presenza do núcleo urbano.
DOCUMENTO DE INICIO 6
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Do mesmo xeito que estas vías son melloradas en canto as súas


características técnicas de trazado, materiais, etc., parece lóxico pensar que
estas melloras débense tamén plasmar nos encontros coa trama urbana e
asentamentos de poboación, axeitando as solucións técnicas á escala e
necesidades do asentamentos que atravesa. Deste modo se melloraría a
integración da infraestrutura coa trama urbana.
No entanto, estas vías dependen de organismos supramunicipais (Deputación,
Xunta de Galicia, Estado), o que limita a capacidade de incidencia do concello
nas cuestións antes referidas.

De 2001 é un proxecto redactado pola Demarcación de Carreteras de mellora


da estrada nacional entre os puntos kilométricos p.k. 48,0 e p.k. 50,8, co
obxectivo de mellora-la funcionalidade no tramo urbano de Melide mediante a
ordenación do tráfico e do aparcadoiro. Entre as actuacións máis destacables
deste proxecto figuran a construción de vías de servizo, sinalización horizontal
e vertical e execución dunha glorieta na intersección coa estrada provincial CP-
4603. En xullo do 2009 dito proxecto tiña pendente a resolución de alegacións,
motivo polo cal non se iniciaron as obras. O resto dos viais son de titularidade
municipal.
O obxectivo do Plan será dotalo dunha orden xerárquica, de tal xeito que esta
rede municipal complete a principal, formando o sistema xeral viario do
concello. Así se poderá establecer cales son os obxectivos prioritarios e onde
débense concentra-los esforzos, de cara a mellora-la rede viaria.
Estase a desenvolver un novo trazado que comunicará Lugo con Santiago de
Compostela. Esta nova infraestrutura defínese como unha autovía e está
previsto que pase próxima ao núcleo urbano de Melide, onde posiblemente se
ubique un enlace. É evidente que isto constitúe unha oportunidade de mellora
nas comunicacións e transporte de mercadorías, reforzando os valores de
centralidade que presenta Melide.
Mais este tramo de trazado atópase co problema de ter que pasar pon un
extremo do L.I.C. da serra do Careón, que forma parte da Rede Natura 2000.
Isto implica a desafectación dos terreos por onde descorra o futuro trazado,
trámite que require da autorización da administración central e europea.

Infraestruturas de Servizos
Os servizos de abastecemento e saneamento de titularidade municipal
céntranse no núcleo urbano de Melide e a súa área de influencia.
En ámbolos dous casos estas redes atenden as necesidades dalgúns
asentamentos tradicionais próximos á área urbana, así como ao Parque
Empresarial.
Executouse recentemente parte dunha rede integral de saneamento. Esta rede
está composta por unha serie de colectores de PVC de diámetro 350 e 400
mm, cun trazado perimetral ao redor da área urbana. Conta con dúas bombas
intermedias que axudaran a salva-los problemas de diferenza de altura que se
presentan no seu percorrido. Este sistema conéctase cunha nova E.D.A.R.,
cunha capacidade de tratamento de caudal de 250 l/hab./día. Esta instalación
foi dimensionada para unha capacidade máxima de 15.000 habitantes
equivalentes.
DOCUMENTO DE INICIO 7
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Con estes datos do proxecto cóbrense de forma sobrada as necesidades que


planea a área urbana actual. Parece lóxico pensar en aproveita-lo
dimensionamento deste sistema para amplia-la rede e dar unha maior
cobertura ás poboacións próximas.
De igual modo, a rede de abastecemento conta con capacidade para cubri-las
demandas existentes da área urbana. É necesario completa-la trama da rede
para dar servizo a núcleos próximos, mellorando as condicións destes
asentamentos que dependen de captacións particulares e non contan con
tratamentos específicos para a auga que consumen.

Equipamento Público
O primeiro dato significativo que se extrae de maneira inmediata, é o
desequilibrio existente entre os equipamentos localizados no medio rural e o
medio urbano.
Para poder establecer un marco de comparación, tomáronse os valores
recollidos no cadro de estándares por tipo de equipamento que recolle as
Normas Complementarias e Subsidiarias do planeamento provincial, en función
da poboación do concello.
Fixándonos nos conceptos globais deste cadro (espazos libres e
equipamentos) elabórase a seguinte táboa por parroquias:

ESTÁNDAR DE DOTACIÓNS NO MEDIO RURAL


ESPAZO COCIENTE EQ COCIENTE EL
PARROQUIA EQUIPAMENTO POBOACIÓN 2 2
LIBRE (m /hab) (m /hab)
ABEANCOS 1.938 5.111 234 8,3 21,8
AS VARELAS 719 1.054 162 4,4 6,5
BALTAR 1.480 16.954 62 23,9 273,5
CAMPOS 882 3.180 122 7,2 26,1
CASTRO 631 - 50 12,6 -
FOLLADELA 990 2.876 143 6,9 20,1
FURELOS 36.250 16.864 246 147,4 68,6
GOLÁN 1.123 - 73 15,4 -
GONDOLLÍN 1.364 - 132 10,3 -
GROBAS - - 62 - -
MACEDA 2.252 - 174 12,9
MOLDES 1.603 261 106 15,1 2,5
O BARREIRO 796 3.383 108 7,4 31,3
O LEBOREIRO 2.663 10.308 90 29,6 114,5
O MEIRE 976 - 50 19,5 -
OROIS 512 1.980 57 9,0 34,7
OS ÁNXELES 1.782 4.401 377 4,7 11,7
PEDROUZOS 307 - 51 6,0 -
SAN CIBRAO - - 349 - -
SAN COSME DE ABEANCOS 1.095 2.341 129 8,5 18,1
SANTALLA DE AGRÓN 901 314 92 9,8 3,4
VITIRÍZ 1.135 483 44 25,8 11,0
XUBIAL 1.415 278 97 14,6 2,9
ZAS DE REI 913 - 142 6,4 -
ESTÁNDARES MARCADOS POLAS NORMAS SUBSIDIARIAS PROVINCIAIS 8,1 2,0

Do resultado desta táboa establécese que existen dúas parroquias (Grobas e


San Cibrao) que carecen de calquera tipo de equipamento e espazo libre. Así
mesmo son 7 as parroquias que non dispoñen de espazos libres. Estas

DOCUMENTO DE INICIO 8
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

parroquias son: Castro, Golán, Gondollín, Maceda, O Meire, Pedrouzos e Zas


de Rei. O resto das parroquias contan con dotacións de espazos libres e
equipamentos nunha proporción, como norma xeral, por riba do estándar que
ofrecen como referencia as Normas Subsidiarias Provinciais para un concello
do grupo D.
Existen parroquias, como por exemplo Furelos, onde o cociente é
excepcionalmente alto nalgúns dos seus conceptos. Esta situación explícase
pola presenza de equipamentos que ocupan grandes superficies (campamento
xuvenil, cemiterio parroquial, etc.) ou grandes espazos libres como son
algunhas das carballeiras do concello, como sucede no caso da parroquia de
Baltar.
Na área urbana de Melide concéntrase un gran número de dotacións de distinta
magnitude e alcance. Para realiza-lo diagnóstico correspondinte estableceuse
unha escala de valores en función do seu grao de cobertura:
- Dotacións cuxo nivel de cobertura transcende o ámbito municipal.
- Dotacións estruturantes a nivel municipal.
- Dotacións de carácter local, que dan cobertura a un distrito ou zona.
No primeiro grupo atópanse gran parte das dotacións de carácter educativo
como son os colexios públicos, o instituto de ensino secundario e profesional, a
unidade de acción formativa; de carácter administrativo como a casa cuartel;
sanitario como o centro de saúde; asistencial como a residencia para a terceira
idade ou o albergue de peregrinos. Tamén cabe destaca-los recintos dedicados
ao comercio e feiras como o mercado de gando ou o pazo de congresos e
exposicións
En relación coas dotacións xerais que dan servizo a todo o concello, recórrese
de novo aos estándares que marcan as Normas Subsidiarias Provinciais para
unha poboación de 7.901 habitantes, enmarcada polo tanto no grupo D.

COCIENTE
EQUIPAMENTO ADMINISTRATIVO SUPERFICIE (m²)
(m²/HAB.)
AD-01 CASA CUARTEL DA GARDA CIVIL 1.814,00
AD-02 CASA DO CONCELLO 1.224,00
AD-03 AXENCIA EXTENSIÓN AGRARIA 305,00
3.343,00 0,4

COCIENTE
EQUIPAMENTO COMERCIAL SUPERFICIE (m²)
(m²/HAB.)
CO-01 MERCADO COMARCAL DE GANDOS 5.913,40
CO-02 LAVADO DE CAMIÓNS 2.290,28
8.203,68 1,0

COCIENTE
EQUIPAMENTO ASISTENCIAL SUPERFICIE (m²)
(m²/HAB.)
AS-02 CENTRO SERVIZOS SOCIAIS 372,35
AS-03 RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE PADRES 7.381,21
AS-04 ALBERGUE DE PEREGRINOS 673,96
8.427,52 1,1

EQUIPAMENTO DEPORTIVO SUPERFICIE (m²) COCIENTE

DOCUMENTO DE INICIO 9
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

(m²/HAB.)
DP-01 PISCINAS MUNICIPAIS 2.040,00
DP-03 CAMPO DE FÚTBOL 12.287,58
DP-04 ESCOLA MUNICIPAL DE EQUITACIÓN 2.912,00
DP-05 PISCINA CUBERTA MUNICIPAL 1.288,52
DP-06 PISTA DEPORTIVA 934,88
DP-07 PISTA POLIDEPORTIVA 1.973,77
DP-08 POLIDEPORTIVO MUNICIPAL 2.246,27
23.683,02 3,0

COCIENTE
EQUIPAMENTO EDUCATIVO SUPERFICIE (m²)
(m²/HAB.)
ED-02 COLEXIO PÚBLICO Nº 1 DE MELIDE 4.852,00
ED-03 COLEXIO PÚBLICO DE E.X.B. Nº 2 DE MELIDE 8.335,61
ED-04 COLEXIO PÚBLICO Nº 3 DE MELIDE 6.335,50
ED-05 GARDERÍA MUNICIPAL 2.002,24
ED-06 INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO E
15.079,07
PROFESIONAL
ED-07 UNIDADE DE ACCIÓN FORMATIVA 2.747,44
39.351,86 5,0

COCIENTE
EQUIPAMENTO ESPAZO LIBRE SUPERFICIE (m²)
(m²/HAB.)
EL-09 PRAIA FLUVIAL, ÁREA RECREATIVA DO
16.864,00
RÍO FURELOS
EL-19 CANTÓN DE SAN RONQUE 2.597,28
EL-23 PARQUE, PRAZA DAS UNIVERSIDADES 6.482,92
EL-24 XARDÍN DA CAPELA DO CARME 2.939,00
EL-28 ALAMEDA 589,39
EL-29 XARDÍN NO ENTORNO DO CAMIÑO DE
8.830,70
SANTIAGO
38.303,29 4,8

SUPERFICIE COCIENTE
EQUIPAMENTO CEMITERIO
(m²) (m²/HAB.)
RE/SA-34 CEMITERIO MUNICIPAL 3.225,19
RE/SA-35 CEMITERIO PARROQUIAL DE STA. MARÍA
639,64
DE MELIDE
SA-04 CEMITERIO MUNICIPAL EN FURELOS 20.214,00
24.078,83 3,0

COCIENTE
EQUIPAMENTO SANITARIO SUPERFICIE (m²)
(m²/HAB.)
SA-02 CENTRO DE SAÚDE 2.354,82
SA-03 TANATORIO MUNICIPAL 202,70
2.557,52 0,5

COCIENTE
EQUIPAMENTO SOCIO-CULTURAL SUPERFICIE (m²)
(m²/HAB.)
SC-14 CASA DA CULTURA 1.689,35
SC-15 CENTRO MULTIUSOS 1.669,00
SC-16 MUSEO TERRA DE MELIDE 98,03
SC-18 PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS 4.413,39
7.869,77 1,0

COCIENTE
EQUIPAMENTO POLIVALENTE SUPERFICIE (m²) (m²/HAB.)
PO-01 ESPAZO EN CAMPO DA FEIRA 4.020,89
4.020,89 0,5

DOCUMENTO DE INICIO 10
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Estas táboas reflicten o estándar actual para cada grupo de equipamentos.


Contabilizáronse tan só os elementos que teñen un carácter de servizo a
escala municipal, descartándose aqueles equipamentos cuxo uso é específico
dunha zona ou distrito (centros sociais, pequenos espazos libres).
Obsérvase que tódolos cocientes atópanse por riba dos valores indicados
como referencia no cadro das Normas Subsidiarias Provinciais.
As relacións en equipamentos sanitario, cultural e deportivo de carácter xeral
presentan uns valores altos. Isto indícanos que estamos ante unha capital de
concello cunha gran influencia no seu entorno, e que asumiu o seu papel
protagonista como cabeceira comarcal.
Para o diagnóstico inicial dos espazos libres considerouse o estándar mínimo
de 5 m²/hab que marcaba a hoxe derrogada Ley del Suelo de Galicia de 1997.
Cunha relación de 4,9 m² por habitante, Melide quédase as portas de cumprir
con este parámetro, en canto a espazos libres de carácter xeral. Analizando
estes datos en relación estrita ao solo urbano, é dicir, descontando os espazos
que están fora deste solo e contando unicamente a poboación da área urbana,
atopámonos cun valor de 4,6, lixeiramente inferior.
No entanto, aínda sendo escasa a diferenza, constátase a necesidade dunha
zona libre ou parque que sexa o referente da área urbana. Na enquisa
realizada polo Instituto Galego de Estatística aparece como principal
preocupación dos cidadáns de Melide a falta de espazos verdes.
O espazo libre que podería xogar este papel polo seu tamaño e importancia, a
área verde da praia fluvial, atópase fora do ámbito estritamente urbano; e a que
é ata agora a praza de maior superficie da vila, a Praza das Universidades, xa
non ten a suficiente entidade para xogar este papel. A área urbana de Melide
desenvolveuse o suficiente como para necesitar espazos libres á altura das
súas necesidades e expectativas.
Analizando estas dotacións dende o punto de vista dos distritos urbanos
podemos extraer estas conclusións:
Existen tres distritos que reciben os equipamentos de maior importancia para o
concello e a comarca. Esta distribución, pódese dicir, que é complementaria. O
distrito de Casco Histórico asume a oferta administrativa e relixiosa de maior
importancia ou significación; Campo da Feira asume, como o seu propio nome
indica, o espazo feiral, o mercado e o pazo de exposicións; e por último O
Marco asume o principal lote de equipamento educativo e cultural, cos colexios,
instituto, formación profesional, gardería, así como o edificio multiusos e a
Casa da Cultura.
O distrito de Codeseiras carece de calquera tipo de equipamento ou espazo
libre local, que dea servizo as súas necesidades.
Os distritos de Castiñeiro, Furelos e Santa María carecen de espazos libres
públicos, e a súa dotación de equipamento e moi reducida, limitándose no
primeiro á Casa Cuartel e nos dous últimos as igrexas parroquiais.
É necesario apuntar que algúns dos equipamentos de carácter xeral e de
servizo ao núcleo urbano (piscinas municipais, praia fluvial e área de recreo
desta, campo de fútbol municipal, cemiterio en Furelos, etc.) localízanse fóra
dos distritos urbanos.

DOCUMENTO DE INICIO 11
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Un dos principais problemas que se detectan como falta de equipamentos e


servizos urbanos é o de aparcadoiro. Parte das actividades que se
desenvolven na vila como cabeza de comarca traen consigo a presenza dun
gran número de vehículos. A trama urbana de Melide non ten a capacidade
necesaria para absorber este incremento de vehículos, que se presenta de
maneira puntual, nos días onde se realizan as feiras e mercados da vila. O dar
solución a este problema é un dos obxectivos deste Plan.
Inserción das dotacións dentro da trama urbana
Observando a trama urbana de Melide e despois de realiza-lo traballo de
campo necesario, extráense de maneira clara dúas conclusións sobre a
posición global e relativa dos distintos equipamentos dentro da trama urbana.
Dende o punto de vista do conxunto urbano, apréciase a dispersión dos
equipamentos cara ao perímetro urbano. Este feito obedece en parte á
mesmas razóns que se describiron para explica-la medra radial, en mancha de
aceite da área urbana: a tensión da trama polas vías de comunicación e a
dispoñibilidade de solo en todo o perímetro urbano.

Distribución de equipamentos e espazos libres na área urbana de Melide


Descendendo a unha escala con maior detalle e observando a posición relativa
dos edificios dentro da trama urbana que o rodea, atopámonos como norma
xeral que o equipamento tende a ocupa-la totalidade da parcela onde se
asenta. Isto significa que case non se cede espazo para poder desenvolver
viais de ancho suficiente, espazo de aparcadoiro con capacidade para a
actividade que xeran, ou un espazo público previo ao edificio que desafogue o
edificio e permita organiza-lo fluxo de persoas que se poden congregar en
momentos de uso. Estes problemas atopámolos nos colexios, instituto e
gardería, no pazo de exposicións e mercado de gando, así como, de xeito
especial, no Casco Vello onde se concentra moita actividade comercial e de
servizo administrativo.
Na primeira conclusión é posible que esta dispersión se converta nun factor
positivo para a planificación urbana da vila. Un dos elementos que a tradición
do deseño urbano utilizou para organiza-la medra foi a ubicación, en posicións
estratéxicas, de elementos de equipamento de carácter público. En Melide isto
produciuse dun xeito máis ou menos espontáneo, sen planificación. Pero o feito
DOCUMENTO DE INICIO 12
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

é que nos atopamos con equipamentos públicos importantes tensando a medra


da cidade.
A colocación destes elementos na periferia pode ser aproveitada para articula-
los desenvolvementos urbanos. En torno a eles pode xurdi-lo espazo público,
que tanto se bota en falta en Melide, que sexa o público o que realmente dea
sentido á trama urbana, cobrando un protagonismo como elemento
dinamizador da zona. Enténdese que nestes momentos este concepto non foi
utilizado e desenvolvido en tódalas súas posibilidades. Deste modo poderase
pór remedio á segunda conclusión descrita neste punto, utilizando de modo
positivo algo que neste momento supón un problema.
Neste sentido é necesario referirnos á que é a segunda maior preocupación
dos cidadáns de Melide, segundo a enquisa antes referida: a falta de limpeza
nas rúas. Analizando este concepto dende un punto de vista amplo, non só
centrándonos na súa acepción máis inmediata, parece lóxico pensar que se
está reflectindo un sentir máis profundo que a simple presenza de sucidade na
rúa. Enténdese que este punto recolle a sensación de cidade incompleta que a
área urbana transmite.
A urbanización de rúas sen terminar, rúas que quedan cortadas abruptamente,
a presenza de numerosos soares baleiros onde se acumulan todo tipo de
materiais, edificios sen terminar de executar coa estrutura e peche de ladrillo
visto, etc., son factores que contribúen a dar unha imaxe dunha cidade
incompleta e pouco limpa.

3.4- APROBLEMÁTICA DO SOLO PARA AS ACTIVIDADES E USOS INDUSTRIAIS E


EMPRESARIAIS

Constitúe un motivo de ordenación territorial e urbanístico o problema do uso


do solo como soporte para o desenvolvemento da actividade industrial e
empresarial. Unha parte do continxente empresarial susténtase en base ao
aproveitamento dos recursos naturais, o cal implica que as instalacións
vinculadas a estes usos teñan cabida en solo rústico, dada a necesidade e
absoluta dependencia do medio físico e natural.
Dentro deste grupo estarían os parques eólicos, a industria forestal de primeira
transformación, a industria gandeira, as canteiras, etc.
Mais a existencia en Melide de recursos endóxenos non é razón suficiente para
obviar outro grupo de empresas ao que pertencen as industrias de segunda e
terceira transformación, de produtos manufacturados, as empresas dedicadas
á distribución e almacenaxe, e xa noutro nivel, as que dependen directamente
do comercio ou a prestación de servizos. Este segundo grupo precisa de
instalacións e edificios que non teñen cabida en solo rústico e que polo tanto
precisan dun soporte de solo axeitado que implica a transformación e
urbanización como paso previo á implantación edificatoria.
Melide conta na actualidade co Parque Empresarial da Madanela,
recentemente urbanizado e edificado nun 40% da súa capacidade.

É destacable o interese que esta actuación tivo para o concello pois permitiu o
desenvolvemento dun tecido empresarial acorde ao estatus que a Vila de
Melide ostenta como polo ou centro de actividade e cabeceira de comarca. O
DOCUMENTO DE INICIO 13
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

auxe empresarial foi notorio nos derradeiros anos, coincidindo co período de


bonanza económica acontecido no resto do país. Da información estatística
aportada no Documento de Información Xeográfica e Histórica, Estudo do
Medio Rural e do Modelo de Asentamento Tradicional, extráese un dato que
fai referencia á existencia en 2007 de 747 empresas fronte ás 176 empresas en
2003. O 70% do total pertencen ao sector servizos mentres que o 30% restante
representa á industria e a construción.
Outro indicador interesante é a gran proporción de empresas con menos de 10
asalariados (97%), o que dá unha idea da debilidade da estrutura empresarial
existente sustentada pola microempresa, en moitos casos empresas de
carácter familiar ou unipersonais.
A estrutura parcelaria e a ordenación urbanística formulada no Polígono da
Madanela responde a unha demanda para pequenas empresas, cun tamaño
medio de parcela de 1.000 m². A posibilidade de implantación de empresas
cunha necesidade maior de superficie non sería posible en Melide coa actual
oferta de solo.
Podemos concluír entón que a oferta de solo actual cubre a demanda para un
tipo de empresa de pequeno e mediano tamaño pero non contempla a
posibilidade de enclaves de mediano e gran tamaño que precisen parcelas de
superficie superior aos 3.000 m². Este feito constitúe unha limitación que non
pode ser aceptada dende a posición dunha vila cabeceira de comarca en canto
ás súas proxeccións de futuro. De aí que o presente PXOM se marque como
obxectivo a medio e longo prazo, pero dentro da vixencia do Plan, a
clasificación de solo urbanizable para abrir máis expectativas de implantación
de usos industriais e empresariais.
O problema de orden físico e urbanístico ten orixe no condicionante que supón
a existencia dunha localización, o actual parque empresarial, o cal podería ser
susceptible de prolongación ou ampliación.
Porén existen dúas razóns principais que fan difícil dita pretensión: unha é de
tipo ambiental e a outra ten que ver coa mobilidade e os desprazamentos por
estrada debido á distancia que afasta o parque da Madanela do núcleo urbano
de Melide.
O motivo ambiental é claro e rotundo, e radica na declaración do LIC Serra do
Careón, afectando aos terreos do actual Parque. A pretensión de amplia-lo
parque empresarial da Madanela implicaría, polo tanto, modifica-lo ámbito do
espazo protexido.
O asunto da mobilidade sostible constitúe un motivo de reflexión sobre as
relacións de proximidade que deben darse entre áreas de distintos usos. Non
parece aceptable hoxe en día a localización de enclaves industriais en lugares
afastados dos asentamentos ou núcleos de poboación se non é por motivos
ambientais que obriguen ao arredamento (contaminación, molestias, …), e
cando isto implica o uso do vehículo privado como medio de desprazamento
ante a ausencia dunha rede de transporte colectivo eficiente. A realidade é que
unha gran proporción de actividades relacionadas coa industria son asumibles
en proximidade a zonas residenciais incorporando medidas de deseño
(zonificación axeitada) e atenuantes fronte a impactos non desexados.
Tralo estudo da información do medio e a análise da área urbana de Melide,
recoñécese a existencia dunha zona situada ao sur do citado núcleo e ao bordo
DOCUMENTO DE INICIO 14
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

da estrada AC-840 que reúne as características axeitadas para acolle-los usos


pretendidos.

3.5- DIAGNOSE ESPECÍFICA DA ÁREA URBANA


Problemas derivados do planeamento anterior.
Dende o momento no que se traza un Plano cun respaldo normativo ou
lexislativo existe a intención de dirixir e ordena-la medra da cidade.
Tanto no caso particular de Melide, cos diferentes documentos urbanísticos
aplicados dende a metade do século XX, como no caso xeral expresado na
lexislación urbanística no mesmo período de tempo, obsérvase como a
concepción do urbanismo tivo en cada momento un enfoque ou preocupación
propia. Ao final hai un resultado que non sempre responde á intención inicial,
ou o que é o mesmo, a concepción ou visión de futuro nun momento
determinado tórnase caduca ou desfasada co paso dos anos.
O fenómeno urbano ocorrido en Melide pódese equiparar ao doutras vilas da
xeografía galega como Carballo na Coruña ou Carballiño en Ourense, nun
contexto pasado que se encadra na década dos anos setenta e oitenta e a
entrada de capital procedente da emigración.
A fusión deste contexto socio-económico coa escasa importancia atribuída á
disciplina do urbanismo deu o resultado xa coñecido. Melide iniciou unha
transformación acelerada caracterizada pola expansión edificatoria sen o
soporte axeitado de planeamento, o que produciu unha expansión urbana entre
a planificación e a espontaneidade.
As Normas Subsidiarias constituíron un documento notablemente superior
tecnicamente, con vocación planificadora. Se ben, ao igual que os
predecesores, ordenaron unha excesiva extensión de solo urbano que superou
a expectativa de medra.
Sen dúbida este é o principal problema de Melide, o seu estado inacabado e o
seu permanente proceso de transformación.

DOCUMENTO DE INICIO 15
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Tras unha análise pormenorizada do planeamento anterior, explícanse de


seguido os seguintes problemas herdados:
1) A trama urbana de Melide apóiase en exceso nos dous eixes das estradas
nacional (Santiago - Lugo) e autonómica (Betanzos – Agolada). É unha trama
radial e centrífuga, carente dunha estrutura viaria concéntrica ou con calidade
de malla-lo viario radial.
2) A trama viaria de carácter local presenta un problema xeneralizado de
escasa dimensión transversal e de ausencia de xerarquía.
Da estrada ou travesía urbana, pásase a rúa estreita.
Esta falta de dimensión constitúe un problema importante en rueiros de vivenda
en altura.
3) As NN. SS. estableceron nun mesmo rueiro ordenanzas de diferente
tipoloxía (bloque de vivenda colectiva - vivenda unifamiliar) sen os mecanismos
necesarios que facilitasen a inserción. O resultado xeneralizado é a existencia
de muros de medianeira, diferenzas volumétricas e de escala, sombras
botadas sobre espazos libres privados, ...

DOCUMENTO DE INICIO 16
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

4) O planeamento anterior non considerou a reserva de espazo libre público


segundo as necesidades da poboación. Hoxe en día esta reserva antóllase
prioritaria, sendo escasas as posibilidades de elección.
5) A existencia de asentamentos orixinais ou de orixe antiga convivindo no
mesmo espazo de medra da cidade, suxería a necesidade dunha ordenanza
que contemplase o respecto e integración na trama antiga.
6) A existencia dunha ordenanza transitoria ou provisional para o Casco Antigo
non serviu aos efectos desexables para a súa necesaria protección.
Débese afrontar canto antes a tramitación dun Plan Especial de Protección.

Problemas derivados da falta de xestión, urbanización e disciplina


urbanística.
Gran parte dos problemas que afectan ao urbanismo teñen que ver cos medios
e forma de aplica-lo planeamento. De pouco serve un plan se durante a súa
vixencia non se fomenta e vixía o cumprimento das súas determinacións.
A sobredimensión do solo urbano de Melide trasladou o problema ao tempo de
vixencia das Normas Subsidiarias. Se ten comprobado que a delimitación das
sete unidade de actuación resultaron escasas, xa que un bo número de bolsas
de solo vacantes e interiores, ordenadas directamente, necesitaban dos
mecanismos de reparto de cargas e beneficios así como da oportuna
urbanización.
A falta de capacidade para xestiona-lo solo provocou unha medra baseada en
multitude de actuacións illadas, aparte de multitude de situacións de inxustiza
motivadas, por exemplo, polo simple trazado dunha rúa onde non a había.
O resultado, repetimos, é a cidade inacabada, inconexa e con grandes
carencias de urbanización.
A excepción a este fenómeno prodúcese nos ámbitos de desenvolvemento
previstos nas NN. SS., unidades de actuación e solo aptos para urbanizar, que
DOCUMENTO DE INICIO 17
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

afectivamente se ten desenvolvido. Dáse a circunstancia que o recente


desenvolvemento dos SAUS nos 5 e 11, en situación periférica, presentan un
nivel de urbanización superior a moitas áreas do interior do casco urbano.
En canto ao nivel de urbanización visible ou de acabado, detéctanse zonas
onde este resulta pobre ou falto de calidade, xeralmente por unha definición
imprecisa da calzada e as bandas peonís ou ben pola ausencia de mobiliario
urbano. Chama especialmente a atención a ausencia total de arborizado nas
rúas, signo inequívoco dunha imaxe urbana dura e pouco humanizada.
A falta de disciplina urbanística non se considera un problema grave en Melide.
Detectouse o incumprimento da normativa de forma sistemática no parámetro
do fondo edificable, en especial nos rueiros que encerran un patio (ordenanza 3
das NN. SS.), os cales presentan un nivel de ocupación excesivo que fixo
perde-las calidades que debera ter un patio de rueiro en termos de amplitude e
iluminación. Este é un vicio non visible dende a rúa.
O nivel de esixencia respecto ao acabado de edificios e urbanizacións non ten
sido moi estrito: cóntanse varios edificios que levan moito tempo coa obra
parada, o que agrava o problema da imaxe inacabada da cidade. Obsérvase
tamén que non sempre a promoción cumpre integramente o deber de urbanizar
nos casos nos que a licenza de edificación leva implícita o acabado da
urbanización.
Problemas específicos nos distritos. A problemática do casco vello.
Para abordar con precisión e a nivel de detalle a problemática actual do casco
urbano, resulta útil facelo dende unha escala urbana axeitada. A identificación
de distritos, como parte do proceso que recoñece o fenómeno urbano como a
suma de distintos ámbitos xurdidos nun tempo e nun espazo, facilita a
identificación dos problemas que ten a cidade.
A realidade urbana, diferenciada polos seus barrios ou zonas, presenta os seus
propios problemas conforme a motivos que teñen que ver coa orixe no tempo,
a súa situación e relación co medio físico e xeográfico, as decisións tecnico-
políticas tomadas en determinados momentos, etc.
Distrito 1. Priorada.
Os problemas detectados en Priorada localízanse nos redores da
“Urbanización Taboada Roca”:
- Trama viaria incompleta. As rúas Alcalde Manuel Pampín, Alcalde Ricardo
Portó, Alcalde Manuel Escudero, Doctor Francisco López, Alcalde Javier
Rodríguez, atópanse hoxe cortadas, sen solución de continuidade.
Non existe a necesaria conexión entre este mallado e a rúa Antonio Ponte.
- Déficits de urbanización. Algunhas carencias na rede de saneamento (rúas
Antonio Ponte, Camiño de Pedreiros e Camiño da Silva) e na rede de
abastecemento de auga (Camiño da Silva).
- Escasa relación entre este distrito e o resto do solo urbano, dependente en
exclusiva da estrada Betanzos – Agolada.
Distrito 2. Castiñeiro.
- Falta de consolidación urbana, cunha bolsa de solo pendente de
desenvolvemento no bordo de contacto coa estrada de Toques.
DOCUMENTO DE INICIO 18
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

- Escasa operatividade dun tramo da rúa San Xoán XXIII debido á escaseza da
súa dimensión transversal, polo que non pode asumi-lo papel de colector e vía
de comunicación entre a estrada de Toques e a estrada Betanzos – Agolada,
segundo a potencialidade do seu trazado.
- Ausencia de dotacións públicas ao servizo do distrito.
Distrito 3. O Marco.
- Falta de xerarquía e claridade no mallado viario o cal se presenta reiterativo.
A área do “ensanche” presenta viais con escaseza de dimensión transversal en
relación á altura dos edificios. Rúas sombrizas.
- Necesidade de acomete-lo ámbito do Polígono 2 do antigo SAU 11 ao
obxecto de consolida-la bolsa de solo interior.
- Necesidade de alterar puntualmente o ámbito e ordenación do Polígono 1 do
SAU 11 para dar continuidade á trama viaria, como futura área de expansión
urbana en dirección á estrada de Toques.
- Ausencia de elementos urbanos que faciliten a integración entre solucións
tipolóxicas diferentes. De feito, existen numerosos casos de coexistencias
tipolóxicas que son incompatibles dentro dun mesmo rueiro.

Distrito 4. Agüeiros.
O principal problema de Agüeiro é a debilidade da súa trama urbana, a cal
depende de dous viais radiais que parten de San Roque: Rúa Martagona e
estrada nacional.
- Existe un problema puntual no bordo de contacto do SAU-2 (actualmente en
tramitación) o cal carece da necesaria inserción urbana ao constituír un solo
desligado do mallado existente.
- O uso de serradoiro non ten cabida no solo urbano, debéndose proceder á
reforma interior e reurbanización axeitada ao uso residencial.
- O fronte edificado á estrada nacional. Na zona do serradoiro, precisa do
oportuno tratamento posterior.
- O distrito carece de dotacións públicas de tipo local.
- O distrito precisa da urbanización dos terreos onde se localizaron o SAU-2 e o
SAU-3 nas anteriores NN. SS., para adquiri-la axeitada entidade urbana.

Distrito 5. Furelos.
Furelos é un distrito periférico cuxa relación co resto do solo urbano prodúcese
a través do cordón da estrada nacional. A relación na dirección oposta, é dicir,
respecto ao núcleo rural orixinal prodúcese mediante dous camiños de orixe
rural, producíndose un oco entre estas dúas formas distintas de asentamento.
Ao problema de falta de inserción na trama urbana hai que engadi-la carencia
de dotacións locais e algunhas deficiencias nas redes de abastecemento e
saneamento.

Distrito 6. Campo da Feira.


- Falta de consolidación urbana nos redores do Camiño de San Roque, onde
existe un grande oco que é preciso urbanizar.
DOCUMENTO DE INICIO 19
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

- Problemas de vialidade e aparcamento en relación aos días de feira ou


mercado nos redores do Pazo de Exposicións.
- Falta de calidade no tramo orixinal do Camiño de Santiago (pavimento,
mobiliario, peches, etc.). Entorno degradado motivado pola imaxe da parte
traseira do rueiro que dá fronte á estrada nacional.
- Problema derivado da actividade do Mercado de Gando. Considérase que as
molestias que xera dita actividade non son compatibles no ámbito urbano
residencial.
Distrito 7. Campo Grande.
Debido á recente urbanización de áreas de desenvolvemento previstas nas NN.
SS., o distrito de Campo Grande presenta un escaso desenvolvemento
edificatorio, en concreto no lado esquerdo da estrada Betanzos – Agolada,
onde existe un número elevado de soares sen edificar e ocos por urbanizar.
Detectáronse outros problemas:
- Encontros sen solución entre edificios de tipoloxía vivenda colectiva dando
fronte á estrada e vivenda illada por detrás, coa existencia de muros
medianeiros e patios de parcela vistos.
- Na zona de San Vicente (Rúa San Cosme) é precisa a prolongación e
urbanización da rúa paralela á estrada.

Distrito 8. Casco Vello.


A problemática do Casco Vello ten a súa orixe a finais dos século XIX,
momento no que se trazou a estrada nacional Lugo – Santiago de forma
tanxencial e próxima ao mesmo, introducindo un elemento de tensión urbana.
Noutras cidades e vilas de orixe medieval o espazo ocupado no seu día polo
cinto fortificado deixou a súa pegada en bulevares ou aneis viarios.
Máis alá desta agresión na trama urbana, entendemos que o casco antigo de
Melide conservou en boa medida a súa traza antiga, definida pola dualidade
cheo – oco, espazo edificado – viario.
Sen dúbida, e como ten sido frecuente noutros cascos históricos, tanto a malla
urbana como a pegada do parcelario sobreviviron ao trauma do século XX.
Non así o patrimonio edificado, o cal iniciou o proceso de deterioro na década
dos anos 70, coa progresiva substitución de edificios de tipoloxía tradicional
construídos entre cruxías estreitas mediante muros de fábrica e forxados de
madeira por edificios de estrutura de formigón armado.
Esta renovación veu acompañada dunha transgresión das regras propias do
sistema construtivo anterior. A especulación do solo agravou aínda máis o
problema.
O resultado é a modificación da escala, aumento da altura en relación ao ancho
de vía, aparición de muros de medianeiría, alteración da fachada con “dentes
de serra”, tratamento de fachada cunha composición e uns materiais
inadecuados, etc.
O perfil global do casco antigo cambiou substancialmente perdéndose as
referencias de escala co coto do Castelo e coa Igrexa de Sancti Spiritus. Así,
un dos exemplos máis desgraciados produciuse na Rúa Calvo Sotelo onde os
DOCUMENTO DE INICIO 20
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

novos edificios ocultaron a impoñente visión da Igrexa na entrada a Melide


dende A Coruña.

No casco vello existe un elevado número de edificios anteriores á segunda


metade do século XX. Incluso as fachadas ás estradas nacional e autonómica
conteñen edificios interesantes de principios de século, o que motivou a súa
inclusión dentro do perímetro remitido ao Plan Especial.
A zona antiga presenta un nivel de poboación aceptable, non existe polo tanto
o problema da despoboación. No entanto, o avellentamento da poboación fai
pensar no futuro e na renovación.
A actividade económica principal segue a se-lo comercio (tendas en planta
baixa) e os servizos (hostalería). Tamén existe gran concentración de
dotacións públicas (administrativa, asistencial, cultural).
Os domingos desprégase a feira por gran parte do roteiro, o que, unido ao
constante fluxo de peregrinos que percorren a Rúa Principal, outórgalle ao
casco vello un “plus” de actividade.
Por último, establécese, a modo de orientación (xa que o Plan Xeral non é o
instrumento adecuado), unha orden de prioridades no proceso de avaliación da
problemática do casco vello:
1) É necesaria a redacción e aprobación canto antes do previsto Plan Especial
de Protección do Casco Vello, para poñer freo á degradación do mesmo, é por
en valor o patrimonio histórico-artístico.
2) É unha necesidade formular canto antes un documento de Plan Especial de
Protección, ao obxecto de:
- Tomar conciencia da problemática específica.
- Evita-la degradación - destrución do patrimonio construído e do espazo
público.
- Establecer un corpo normativo adecuado.
- Establece-las medidas tendentes á recuperación e revitalización.
3) Necesidade de aborda-lo estudo conxunto da trama urbana e o espazo
xeográfico do Couto do Castelo, como elementos distintos pero relacionados e
complementarios.

DOCUMENTO DE INICIO 21
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

O couto como enclave estratéxico e defensivo, como primeiro asentamento,


como referencia topográfica e paisaxística e como espazo baleiro ou vacante,
con vocación de se converter en parque urbano ao servizo da cidade.
O Casco Vello como asentamento desenvolvido ao abeiro do primeiro, en
esquema de rueiro e sobre topografía estable, como ocupación densa do
espazo.
O Camiño de Santiago como eixe que atravesa ámbolos dous espazos e os
relaciona.
Neste contexto ponse en evidencia o problema da ocupación do Couto por
edificacións e como a estrada nacional introduciu un elemento de distorsión
establecendo unha aliñación de casas que modifican a percepción do mesmo.

Distrito 9. Codeseiras.
Codeseiras constitúe un episodio urbano desafortunado, xurdido nun lugar
inadecuado e desvinculado do resto do solo urbano de Melide. A súa
problemática concrétase nos seguintes apartados:
- A ordenanza prevista nas NN. SS. non deu solución á fachada posterior en
tres dos catro rueiros existentes. A medición de alturas respecto á estrada
nacional permitiu que a fachada posterior adquirise oito alturas debido ao
desnivel do terreo. O resultado é unha imaxe pouco axeitada do volume
edificado en especial dende o camiño dos Tagarros e Campo Grande, dende
onde se perdeu a percepción orixinal do Couto e o Casco Vello.
- A trama urbana é débil e está inacabada, sen solución de continuidade. Un
tramo da Rúa Catasol morre contra o camiño dos Tagarros.

Distrito 10. Santa María.


A problemática de Santa María deriva da súa orixe rural e a súa situación
periférica respecto ao resto da área urbana de Melide. A estrada de Visantoña,
a través do cruce coa Nacional, é o único nexo de relación.
Existe a oportunidade de reforza-lo mallado urbano e de mellora-la súa
inserción, en primeiro lugar co Distrito colindante de Codeseiras, abrindo unha
rúa que comunique a estrada de Visantoña coa Rúa Catasol.
O camiño dos Tagarros constitúe un itinerario peonil potencialmente
interesante para reforza-la relación entre Santa María e os Distritos da parte
sur de Melide. O seu estado de abandono require actuacións tendentes a súa
recuperación.

DOCUMENTO DE INICIO 22
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

A dinámica da vivenda en Melide.

O termo municipal de Melide ten actualmente unhas 5.400 vivendas, delas,


unhas 1.300 corresponden a vivendas localizadas, mediante traballo de campo,
nos asentamentos rurais tradicionais. Na área urbana de Melide estímase que
existen unhas 4.000 vivendas.

Un terzo das vivendas urbanas son en tipoloxía unifamiliar mentres que os


dous terzos restantes responden a vivenda colectiva. O tamaño medio da
vivenda é de 90 m², sendo de 2,8 o valor medio de habitantes por vivenda.
O núcleo urbano de Melide ten uns 5.200 habitantes, poñéndose en evidencia,
nunha primeira impresión, o desfase existente respecto ao número de vivendas
na área urbana, unhas 4.000. Consonte a información do INE, en 2001
contabilizáronse algo máis de 1.000 vivendas baleiras correspondentes a un
continxente de poboación estacional. O feito é que Melide sufriu durante
décadas unha forte emigración sen que por elo supuxera a ruptura dos lazos
ou o desapego ao lugar de orixe. O certo é que en época estival a Vila
experimenta un florecemento co retorno de familias que aproveitan as
vacacións para pasar un tempo. A poboación nesta época multiplícase por tres
e as vivendas baleiras, antes sinaladas, son ocupadas por dito colectivo.
A dinámica do sector da vivenda foi constante nos derradeiros anos.
Unicamente o ano 2006, con 216 vivendas construídas destaca sobre outros
anos, reflexo do auxe inmobiliario recente.
CONSTRUCIÓN RESIDENCIAL MEDIA ANUAL
2004 2005 2006 2007
NOVA PLANTA CUADRIENIO

VIVENDAS NOVA PLANTA 140 122 216 134 153

SUPERFICIE CONSTRUÍDA (m²) 27.182 26.288 48.001 26.000 31.868

Aínda que non existen datos precisos que o confirmen, tense comprobado en
campo que a construción de vivenda nos derradeiros anos localízase de forma
concentrada na área urbana, en consonancia co dinamismo social e económico
ao alza que apunta cara un fortalecemento das funcións da Vila de Melide
como centro ou polo de actividade.

DOCUMENTO DE INICIO 23
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

4- OBXECTIVOS DO PLANEAMENTO
4.1- OBXECTIVOS XERAIS
O Plan Xeral constituirá un instrumento de planificación territorial, cuxo
obxectivo fundamental consistirá en articula-lo conxunto de determinacións
encamiñadas a mellora-la complexa relación entre o home e o seu medio.
Para conseguir este obxectivo xenérico, será preciso ter en conta o contexto e
alcance do propio documento, así como as regras do xogo definidas polo corpo
lexislativo en materia urbanística e sectorial.
- O Plan Xeral é un documento de alcance municipal, e por isto os seus
obxectivos non só teñen unha limitación xeográfica, se non que se atopan
sometidos aos condicionantes de orden superior.
Así, dentro das determinacións propias do Plan Xeral, existirán contidos que
proveñan de actuacións e dominios supramunicipais que afectarán á
ordenación local. En Melide existen varios exemplos que mostran esta
xerarquía de dominios e competencias:
. A existencia de trazados viarios autonómicos e estatal.
. Documentos de ordenación territorial de orden autonómico. Estanse a
elabora-las Directrices de Ordenación do Territorio.
. Concesións administrativas de explotación de recursos.
. Etc.
- O Plan Xeral formularase segundo unhas complexas regras de xogo
estruturadas baixo unha lexislación urbanística básica a nivel estatal e
desenvolvida a nivel autonómico en virtude do réxime de competencias. A
súa vez, este corpo legal establece estreitas relacións coa lexislación
sectorial, a cal condicionará gran parte das determinacións do Plan.
Nos derradeiros tempos a lexislación de medio ambiente situouse nunha
posición influínte na ordenación territorial ata o punto que o binomio
urbanismo - medio ambiente, o home e o seu medio, constitúe o único
camiño posible para afronta-la ordenación territorial, en termos de
sostibilidade.
- A ordenación territorial municipal non só ten natureza técnica se non que
xorde dunha intención política. A corporación municipal como entidade que
exerce a vontade popular e que, coa toma de decisión, pretende uns
obxectivos de mellora e benestar nos ordes social e económico.
O territorio de Melide conta xa cunha estrutura básica operativa, froito do seu
propio devir histórico e das decisións técnico – políticas tomadas ao longo do
tempo, conformando un sistema de organización territorial baseado no
sistema de núcleos de poboación, un sistema de ocupación e utilización dos
recursos e un sistema de infraestruturas públicas ao servizo da poboación.

DOCUMENTO DE INICIO 24
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Preguntámonos entón; que obxectivos se marca un novo Plan Xeral?


A resposta non pode ser outra que a de reforza-la súa estrutura xeral
territorial:
. Definíndoa co precisión.
. Corrixindo os seus vicios ou defectos
. Reforzándoa mediante a incorporación de novos elementos.
. Potenciando aqueles elementos que se consideran máis importantes.

En conclusión, no caso concreto de Melide, o que se pretende é:


. Reforzar a estrutura social do concello e procurar a sostibilidade do medio
rural: potenciando o establecemento da poboación no municipio e o uso do
territorio conforme os seus valores produtivos, preténdese favorecer a
residencia nos asentamentos de orixe rural.
. Identificar, dentro do municipio, os valores ou potencialidades naturais,
ambientais ou paisaxísticas, incluíndo os elementos que conforman o
patrimonio cultural e histórico, establecendo medidas para a súa protección.
. Fortalecemento do tecido empresarial, industrial e de servizos.
. Determinar as actuacións necesarias para implantar ou mellorar as
infraestruturas viarias, de servizos e dotacións.
. Reforzar a estrutura urbana da vila.

O sistema de núcleos de poboación


O Plan Xeral definirá o sistema de asentamento poboacional en virtude da
análise realizada na cal ponse en evidencia a dualidade entre un sistema de
asentamento rural e un núcleo urbano de referencia comarcal.
O sistema de asentamento rural é extremadamente disperso (2
unidades/km²) e de orixe ancestral, cunha profunda imbricación no medio
físico e natural.
O Plan Xeral asumirá como inevitable realidade a dinámica demográfica
regresiva e o avellentamento da poboación residente nos núcleos rurais.
Co recoñecemento do sistema de núcleos preténdese potencia-lo uso de
residencia nos mesmos. O Plan Xeral articulará un conxunto de medidas que
farán mellora-las condicións de vida, reforzando e mellorando infraestruturas
e dotacións públicas.
Así mesmo, o Plan Xeral establecerá os mecanismos que impidan o
deterioro do patrimonio construído e establecerá as medidas de integración
das novas construcións.
Os obxectivos na área urbana de Melide pretenden acaba-la cidade e
reconduci-la inercia actual cara a unha dirección correcta. De forma
pormenorizada serán expostos a continuación.
Os valores inherentes do territorio
O Plan Xeral pretende salvagarda-los diferentes valores que posúe o
territorio, independentemente de factores conxunturais que podan ou non se
producir.
DOCUMENTO DE INICIO 25
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Mediante as diferentes categorías de solo rústico e o réxime de usos


aplicable, establecerase a vocación de solo. O recoñecemento do solo de
protección agrícola e forestal permite racionaliza-la explotación dos recursos
da terra poñéndoo a disposición das futuras actuacións sectoriais tendentes
a mellora-la produción. En Melide existe unha gran potencialidade respecto a
este recurso o cal se explota parcialmente pero baixo parámetros de
modernidade e racionalidade.
O solo de protección das augas e dos espazos naturais constitúe un
recoñecemento cara aos valores ambientais. Melide conta cunha complexa
rede hidrográfica de pequenos e medianos canles pertencentes ao sistema
do Río Ulla, sendo un territorio onde a auga ten unha forte presenza, o que
leva asociada unha serie de ecosistemas característicos (rede de ribeira,
brañas, praderías, ...).
Así mesmo, Melide atópase afectada polo L.I.C. de “Serra do Careón”,
sendo o ecosistema das uceiras o máis representativo dentro do termo
municipal.
Melide conta cun extenso patrimonio histórico e cultural nas súas diferentes
manifestacións que se remontan á época megalítica. O Plan Xeral asumirá a
responsabilidade de inventariar, identificar e protexe-lo patrimonio,
establecendo nalgúns casos actuacións concretas para a súa recuperación e
posta en valor.
O Camiño de Santiago, considerado como un valor a protexer e como un
recurso a potenciar, constitúe un dos elementos dinamizadores do Concello.
O recoñecemento dos valores propios do medio rural completarase cun
corpo normativo que garanta o mantemento da paisaxe rural, a cal é produto
do conxunto de interaccións de dende antigo se viñeron producindo entre o
home e o seu medio.
A compoñente activa do planeamento, entendida esta como o conxunto de
actuacións concretas sobre o territorio (desenvolvementos urbanísticos,
creación de infraestruturas, ...), planearase sempre dende un enfoque de
respecto e consideración dos valores do territorio ou, no seu caso,
advertindo aos documentos de desenvolvemento posterior sobre a
existencia de afeccións pendentes de análise específica.
As áreas de actividade económica
Melide conta cun potencial endóxeno importante susceptible de se converter
en valores engadidos mediante os diferentes procesos de produción,
transformación e comercialización.
A súa posición estratéxica, en virtude da existencia de axeitadas
infraestruturas viarias, así como a súa condición de cabeceira de comarca,
son motivos suficientes para que o Plan Xeral estableza o lugar onde
desenvolve-las actividades económicas necesarias cando estas non teñan
cabida no solo rústico nin son compatibles co uso residencial.
Ante a problemática xa expresada, o Plan Xeral optará por descarta-la
opción de amplia-lo parque empresarial da Madanela, por mor da existencia
do L.I.C. “Serra do Careón”. O Plan clasificará novo solo urbanizable de uso
industrial en proximidade ao núcleo urbano de Melide, ao carón da estrada
AC-840 e preto do futuro enlace coa autovía Lugo-Santigo.
DOCUMENTO DE INICIO 26
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

O sistema de infraestruturas e dotacións


O sistema de infraestruturas e dotacións comprende o conxunto de
elementos funcionais que presentan un servizo público ao conxunto da
poboación e que, pola súa transcendencia, anulan calquera consideración a
título privado.
O Plan Xeral recoñecerá o sistema existente e proporá como obxectivo o
reforzo e mellora dos sistemas cuxa incidencia poda contribuír a mellora-la
calidade de vida dos habitantes de Melide.
- O Plan Xeral formulará unha rede viaria básica ao obxecto de racionaliza-
las inversións e contribuír a mellora-la comunicación e a accesibilidade.
Como se verá no apartado dos obxectivos na área urbana, o groso das
actuacións necesarias no sistema viario localizaranse nos redores do núcleo
de Melide.
Ante o problema de falta de aparcamento, o Plan proporá a execución de
catro plataformas situadas en localizacións estratéxicas coa pretensión de
minimiza-los problemas que, en momentos puntuais debido á actividade
social ou económica, se dan en Melide. Estas zonas son o Casco Vello, o
entorno do Pazo de Congresos e Exposicións e o entorno do campo de
fútbol municipal (nova área de actividade empresarial).
- As redes e infraestruturas sanitarias concentraranse no entorno da área
urbana. Así, dende un enfoque integral e coñecido o sistema de
asentamento disperso, considérase inviable a formulación de sistemas
integrais de abastecemento de auga e saneamento no medio rural. A
solución ao problema pasa pola análise pormenorizada e a cobertura local
apoiada no complexo sistema hídrico e de concas fluviais.
O Plan Xeral pretenderá completa-las redes fundamentais dando cobertura
aos asentamentos do entorno da área urbana.
- O Plan Xeral proporá reforza-lo equipamento público de carácter básico
considerando tanto as demandas futuras da poboación de Melide como o
carácter central que ten a Vila e, polo tanto, a necesidade de cubrir
demandas a escala supralocal.
Así, as necesidades de dotación a escala comarcal que poderían ter sentido
en Melide e que son susceptibles de execución, son:
. Unha instalación para a seguridade onde aloxa-los servizos de protección
civil e bombeiros.
. Reforzo da rede de albergues vinculados ao Camiño de Santiago.
. Centro de educación especial.
Como reforma do sistema proporase o cambio de ubicación do Mercado
Comarcal de Gando aos terreos onde o Plan habilitará unha nova área de
desenvolvemento empresarial, no eixo da estrada AC-840. Con esta acción
liberarase ao distrito de Campo da Feira do problema de falta de inserción
urbana que presenta a actividade así como das molestias que xera nun
ámbito puramente urbano.
Dentro das necesidades a escala simplemente municipal, o Plan considerará
unha oportunidade a reserva de solo para os seguintes equipamentos:
DOCUMENTO DE INICIO 27
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

. Sede para a policía local e outros servizos administrativos que liberen o


actual equipamento da Casa do Concello, no Casco Vello.
. Ampliación da parcela do Centro de Saúde, ante posibles demandas de
medra, creación de aparcadoiro e outros servizos vinculados á sanidade.
- Será obxectivo prioritario do Plan Xeral reforza-lo sistema xeral de espazos
libres para palia-la actual carencia deste tipo de dotación. A falta de
previsión dos documentos urbanísticos anteriores, unido ao
desenvolvemento urbano acadado, de forma disgregada, dificulta as
posibilidades de reserva de grandes áreas. Mais existen tres localizacións
nos redores do solo urbano que constituirían unha oportunidade de resolve-
lo problema:

. O Coto do Castelo, como referencia topográfica que dá sentido ao


desenvolvemento do casco vello. Ten vocación de se converter en parque
urbano.
. A valgada de Codeseira supón outra oportunidade de crear un parque
urbano próximo ao centro de Melide.
. A ampliación da área recreativa da praia fluvial constituiría unha
oportunidade de facer público o espazo da ribeira do Río Furelos, entre a
praia e Ponte Furelos. Desta forma, poderíase mellora-la accesibilidade
dende o núcleo urbano utilizando o camiño de Santiago ata Furelos para
continuar por un paseo fluvial.
Con esta actuación melloraríase substancialmente a capacidade da actual
área recreativa na cal existe un problema de falta de espazo nos meses de
verán debido á grande afluencia de persoas.

4.2- A ÁREA URBANA


A formulación duns obxectivos na área urbana de Melide arranca dende a
consideración dos seguintes aspectos:
- A definición dun espazo territorial axeitado que trate de acoutar fisicamente un
escenario de vocación urbana. O Plan Xeral establecerá onde vai ter lugar ese
escenario urbano.
- O fenómeno urbano actual conleva unha inercia pasada que se debe
reconducir. O Plan Xeral dirá que aspectos desa traxectoria herdada non deben
continuar e que deben ser obxecto dunha corrección.
- E, por último, o Plan establecerá como deben conseguirse eses obxectivos en
virtude das ferramentas de actuación, desenvolvemento e xestión previstas na
lexislación urbanística.
A definición dun escenario urbano
Tense repetido numerosas veces ao longo da exposición que o principal
problema atribuído á área urbana de Melide provén da súa propia
sobredimensión e falta de acabado. A súa particular estrutura viaria radial
favoreceu a medra centrífuga e estrelada característica, cunha forma de
ocupación do solo bastante disgregada e solta, que deixou importantes ocos no
seu interior.
DOCUMENTO DE INICIO 28
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Parece lóxico pensar que ten chegado o momento de acouta-la cidade e


establecer unha tregua á expansión para acomete-la súa mellora e acabado.
A análise do medio físico, plasmado na colección de Planos de Información e
na exposición da problemática permitiu establecer un criterio ben formado que
se resume nas seguintes conclusións:
- Non sería necesario amplia-la área urbana respecto ao planeado polas
anteriores NN. SS., articulada polo solo urbano e os solos aptos para urbanizar.
En todo caso, a proposta sería obxecto de corrección, anulando antigas bolsas
de medra (SAU 1, SAU 7, SAU 8 e SAU 10) e establecendo outras que
contribuísen a consegui-lo obxectivos previsto de colma-la cidade.
Como se verá máis adiante, no apartado da capacidade edificatoria prevista,
Melide ten capacidade suficiente para aborda-la demanda futura de vivenda en
virtude da dinámica demográfica e segundo os criterios de sostibilidade.
- A definición dun ámbito territorial preciso farase tendo en conta o contexto
xeográfico e a propia estrutura básica territorial. É evidente que as principais
vías de comunicación que converxen no núcleo urbano seguen a ser elementos
capaces de sustenta-la medra, no entanto, existen varios motivos que poñen o
límite á expansión urbana.
A medra apoiada na estrada nacional atópase con dous límites claros. En
dirección a Lugo a medra non debería sobrepasa-lo cruce de Furelos, debido
ao límite natural e afección ambiental do Río. En dirección a Santiago a área
urbana non debería ir máis alá do cruce da estrada de Visantoña, pois
dificilmente se podería establecer unha axeitada inserción urbana co Couto do
Castelo de por medio e a diferenza de cota entre este punto e a zona dorsal de
Melide.
A estrada autonómica descorre por territorio menos condicionado. Cara ao
norte, en dirección a Betanzos, e máis alá de Priorada, atópase o núcleo rural
de Cazallas inmerso nun contexto rural, que non se debería alterar. Cara ao
sur, en dirección a Agolada, existe posibilidade de desenvolvemento antes de
perde-la cota da dorsal. Se ben, como se ten exposto en apartados anteriores,
constituiría unha área de vocación industrial.
Por outra parte, sería desexable corrixi-lo efecto tensionador das estradas e
aborda-la consolidación dos cuadrantes definidos por estas.
Dende este punto de vista, detéctanse dous motivos que aconsellarían a
opción de medra nos cuadrantes primeiro e segundo en detrimento do terceiro
e cuarto. Así, nestes dous últimos existe un condicionante topográfico que ten
sido determinante para que, de feito, a medra urbana tivera lugar cara ao outro
lado: O Marco, Agüeiros, Campo da Feira, etc. A valgada de Codeseiras,
encaixada no cuadrante terceiro, deberíase preservar da edificación por
motivos ambientais e de paisaxe urbana. A súa proximidade ao centro urbano
serviría de escusa para a súa proposta como parque público. Máis ao sur do
camiño dos Tagarros esténdese un solo rústico que non debería ser obxecto de
transformación urbanística.

DOCUMENTO DE INICIO 29
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

As características dos sistemas de abastecemento de auga e de saneamento


condicionarían tamén eses límites que debe te-la área urbana.
Para o caso do abastecemento de auga, as limitacións virían dadas, en
primeira instancia, por problemas de cota piezométrica, os cales non existen no
caso de Melide xa que o desenvolvemento urbano se sitúa sempre por debaixo
dos depósitos existentes.
A cubicación da nova EDAR si condicionaría a localización xeográfica da
expansión urbana no momento que se asuma o criterio de evacuación por
gravidade e o recurso puntual ao emprego de sistemas de bombeo. Como
dicimos, a cubicación da EDAR na ribeira do Río Furelos, permitiría a
evacuación por gravidade aos cuadrantes primeiro e segundo.
- Non será suficiente con definir un escenario urbano delimitando unha liña que
o afastase do solo rústico, senón que se fai necesario soluciona-lo axeitado
encontro entre ámbolos dous.
A definición que establece o artigo 11 da Lei 9/2002 para considerar un terreo
incluído na malla urbana, fai referencia á existencia de “unhas vías
perimetrais”. Estas vías perimetrais son unha garantía para que o medio
urbano non termine na fachada traseira dun bloque residencial tal e como
adoitaba ser habitual ata entón. Para que os futuros desenvolvementos
urbanísticos podan ter un arranque e conexión axeitada, será preciso utiliza-lo
viario como elemento límite, ou no seu caso, preve-los elementos de conexión.
Os obxectivos de mellora urbana, relación interna e cohesión urbana
O estado inconexo e desmembrado da área urbana debe ser corrixido polo
Plan.
- Consolidando áreas vacantes interiores e acabando a urbanización.
- Mellorando a relación e comunicación entre Distritos. Nalgúns casos
recorrirase a un novo desenvolvemento urbanístico para conseguir este
obxectivo.
- Planeando espazos públicos e outras dotacións que contribúan a reforza-la
cohesión urbana ou a potenciar unha determinada área da cidade.
- Reformulándose a malla viaria como elemento de relación.
A imaxe do solo urbano debe mellorar:
- Mediante a recondución da asignación tipolóxica e o corpo normativo.
- Evitando o estado prolongado de obra.
- Forzando a edificar.
- Mellorando os elementos visibles da urbanización. A árbore débese incorporar
á rúa para abranda-la imaxe dura da cidade.
- Débese afronta-la posta en valor dos dous elementos máis valiosos da área
urbana: o Casco Vello e o Camiño de Santiago, os cales constitúen unha
referencia de cara a mellora-la calidade urbana e unha potencialidade no
ámbito económico da cidade.

DOCUMENTO DE INICIO 30
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

A articulación de usos e actividades


O Plan deber establecer un réxime de compatibilidade e complementariedade
ao uso residencial maioritario.
- Mediante un réxime de compatibilidade, preténdese establece-la necesaria
seguridade xurídica á vez que enriquece-la actividade urbana.
- A existencia de ocos interiores constituirá unha oportunidade de redeseña-la
cidade incorporando usos dotacionais que contribuirán a mellora-la calidade de
vida na cidade.
- Os usos terciarios deben ter maior presenza:
. Uso hoteleiro en relación ao turismo xacobeo
. Uso comercial en mediana e gran superficie, comercio expositor ou
especializado.
- Na actualidade existen usos industriais (serradoiro, cooperativa) sen futuro no
proxecto da área urbana, debido a súa posición. No entanto, o Plan
considerará o eixe sur da estrada Betanzos – Agolada como elemento de
sustento das actividades económicas en relación inmediata coa cidade.
. O eixe de actividade iníciase no Distrito de Campo da Feira, mediante os
edificios para exposicións e feira de mostras e feira de gando, este último
enclave modificarase, aínda que mantén a posición no eixo da AC-840.
. Os terreos da antiga U.A.4 constitúen unha oportunidade para establecer usos
comerciais necesarios para a Vila.
- En colindancia e mesmo no antigo SAU 6, o Plan considerará un ámbito que
pon fin a este eixe e onde terían cabida usos comerciais e industriais
compatibles e necesarios nunha situación de proximidade ao uso residencial.
Os obxectivos nos elementos funcionais
Será obxectivo do Plan redeseñar e completa-lo sistema de elementos
funcionais que arman a estrutura da área urbana: o sistema de parques, zonas
verdes e prazas, o sistema de equipamentos, os sistema de infraestruturas e a
rede viaria.
- O sistema de espazos libres comporase dun conxunto de parques urbanos
que solucionan o problema a nivel xeral completado por un sistema de prazas e
xardíns que atenderán á problemática de cada Distrito.
- O sistema de equipamentos será reforzado a nivel xeral segundo as
necesidades expresadas no apartado de diagnóstico. A existencia de ocos
interiores na área urbana permite obter, mediante áreas de reparto, pequenas
dotacións públicas que enriquezan a oferta e dean solución ás carencias
detectadas.
- Os sistemas de infraestruturas de redes de subministro serán completados a
nivel local. O Plan enfronta completa-la urbanización para dar cobertura á
totalidade da área urbana.

DOCUMENTO DE INICIO 31
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

- O sistema viario e de comunicación deberá experimentar unha clara melloría,


tanto no que representa o acabado da malla como no establecemento dunha
orden xerárquica e organizativa que mellore a accesibilidade, o tráfico, a
relación entre Distritos, os itinerarios peonís, etc:
. O esquema básico radial podería ser completado con elementos concéntricos
que contribúan a evita-lo obrigado paso polo cruce da alameda así como
mellora-la relación entre distritos.
. Establecerase unha axeitada dimensión do viario ao obxecto de clarifica-la
xerarquía buscada.
. Rematarase o trazado de rúas cortadas.
. Buscarase solución ao problema de aparcamento no entorno de Campo
Grande e Campo da Feira.
. Aínda que hoxe en día non constitúe un problema de urxente solución, o Plan
deber dar solución ao estacionamento e tráfico das liñas regulares de autobús.
. O Plan potenciará itinerarios peonís ou, no seu caso, os de tipo mixto con
prioridade ao peón. Para isto débense pór en valor os itinerarios clásicos
(Camiño de Santiago, Tagarros), así como os de orixe rural que están a
sobrevivir á transformación urbana. Entre estes pódense cita-lo Camiño das
Cavadas, o Camiño Real, etc.

DEBERÁ EXISTIR, POLO TANTO, A OPORTUNIDADE DE ESTABLECER PERCORRIDOS


ALTERNATIVOS AOS DEFINIDOS POLA ESTRADA NACIONAL E AUTONÓMICA EN
CONDICIÓNS DE CALIDADE E BENEFICIO AO PEÓN. ESTES PERCORRIDOS NON SÓ
MELLORARÁN A RELACIÓN ENTRE DISTRITOS, SE NON QUE CONSTITUIRÁN
VERDADEIROS ACCESOS A PÉ ÁS DOTACIÓNS SITUADAS EN POSICIÓN PERIFÉRICA
(PISCINA MUNICIPAL EN PRIORADA, PRAIA FLUVIAL EN FURELOS, COLEXIO PÚBLICO EN
CAMPO GRANDE, ...).

DOCUMENTO DE INICIO 32
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

5- AVANCE DE ORDENACIÓN: ALTERNATIVAS


5.1- ALTERNATIVA CERO
A necesidade dun novo P.X.O.M. para o Concello de Melide xorde como
consecuencia da aparición de nova lexislación urbanística e medioambiental á
que é preciso adaptarse. Ademais, unha vez exposta toda a problemática
existente actualmente no municipio, parece necesaria a aplicación dun novo
planeamento; en caso contrario, a presión urbanística, as fortes carencias do
actual estrutura e as novas necesidades requeridas (equipamentos,
residenciais, sistemas xerais, industriais, empresariais, turísticas,…),
incrementarían a actual desorde edificatoria e poderían chegar a ocasionar o
colapso total do concello.

O desenvolvemento urbanístico non planificado ocasionaría importantes


impactos sobre o medio ambiente, sobre todo de tipo paisaxístico y de
recursos. As consecuencias inmediatas causadas por un desenvolvemento
difuso serían as seguintes:
. Consumo intensivo de solo.
. Transporte insostible.
. Perda de calidade de vida por dependencia do vehículo privado.
. Despilfarro enerxético e consumo de recursos, debido a tipoloxías
edificatorias de baixa densidade.
. Maior presión sobre o medio natural e rural.
. Segregación social.
. Ineficacia do sistema.
. Destrución da paisaxe.
. Ausencia de integración paisaxística das novas edificacións.

Por todo isto, enténdese que a alternativa cero ou alternativa sen P.X.O.M.,
resulta inviable, non só polos efectos antes sinalados, se non porque o
desenvolvemento dun novo P.X.O.M. baseado na sostibilidade dos recursos e
na minimización dos impactos sobre o medio é necesario en cumprimento da
lexislación actual vixente.

5.2- A SERRA DO CAREÓN E O PARQUE EMPRESARIAL DE MADANELA


Urxe en Melide a recuperación demográfica no medio rural e na vila, para o que
sería preciso unha revitalización económica do concello. A este propósito pode
axudar a existencia de solo para fins empresariais e industriais; o concello
conta, dentro do seu territorio, co Parque Empresarial de Madanela, tecido
empresarial situado na Serra do Careón e cun 60% da súa capacidade sen
desenvolver. A declaración deste espazo como Lugar de Interese Comunitario
(LIC), paralizou a desenrolo do Polígono e actualmente fai difícil a ampliación
do Parque Empresarial, así como a clasificación de solo urbanizable en terreos
que, por imperativo legal, deben ter a clasificación de solo rústico de protección
de espazo natural.

Este espazo de protección xa presenta danos na actualidade, polo que se


expón a cuestión acerca de se continuar a ampliación neste ámbito e así non
prexudicar outros espazos, ou conservar o que aínda se poda da serra e
buscar outros solos no municipio.
DOCUMENTO DE INICIO 33
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

5.3- ESTUDOS PREVIOS ÁS ALTERNATIVAS


O Plan pretende corrixir a problemática territorial actual contendo o crecemento
disperso, recoñecendo os asentamentos de orixe rural e protexendo os valores
do medio rural e natural; ao mesmo tempo, articular un conxunto de decisións
que permitan reorientala forma de utilizar e relacionarse co territorio de cara a
dinamizala vida do concello.

As alternativas expostas contan coa creación dunha rede de dotacións e


equipamentos públicos para satisfacer as necesidades actuais, ademais de
reserva para as necesidades futuras como consecuencia dun probable
crecemento do número de habitantes (dada súa situación como cabeceira
comarcal). Proponse tamén dotalo sistema de infraestruturas viario dunha
orden xerárquica que complete a rede principal.

Durante o proceso de definición da proposta de planeamento as dúbidas ou


posibilidades que xurdiron nos diferentes usos para conseguir os obxectivos do
PXOM foron as seguintes:

- Uso industrial: O ideal ao propor a ampliación de solo de uso industrial é que


esta se leve a cabo contiguamente ao xa desenvolvido. Neste caso non é así; a
principal dúbida que xurdiu no estudo da ampliación do Polígono Industrial foi a
dificultade de facela na actual localización polo problema exposto
anteriormente e pola súa afección a un medio catalogado na Rede Natura
2000. Nas propostas barállanse as posibilidades de realizala mellora deste uso
nunha zona diferente a actual e acercala ao núcleo de Melide, ou facela
contigua ao Parque actual tal e como está exposto no planeamento vixente.

- Uso residencial: É necesaria a reserva de solo na vila de Melide posto que é


receptora de habitantes e cabeceira da comarca. Ademais, coa ampliación do
sector industrial, espérase un incremento da poboación do concello, e en
especial do núcleo de Melide. Por iso proponse solo de uso residencial nas
dúas alternativas presentadas; estas sitúanse completando os espazos
baleiros, e a diferenza das alternativas reside na cantidade de superficie
dedicada a este uso sendo nun caso maior que en outro.

- Uso terciario: Nun caso consideráronse suficientes os usos terciarios actuais


e noutro caso proponse a reserva de solo para este fin.

Ademais das zonas verdes que se desenvolverán cos desenrolos residenciais


de ámbalas dúas alternativas, proponse un espazo libre na ribeira do río
Furelos para o goce dos habitantes do concello.

5.4- OUTRAS ALTERNATIVAS


Alternativa 1
Para reforzala estrutura económica do concello de Melide favorécese o
desenvolvemento industrial ampliando o actual Polígono Empresarial de
Madanela. Nesta alternativa, a mellora deste sector proponse contigua a
existente e tal como aparece no planeamento vixente, aínda tendo en conta a
problemática xa exposta da localización deste desenrolo nun enclave
DOCUMENTO DE INICIO 34
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

catalogado na Rede Natura 2000. Considerouse esta posibilidade pola


existencia dunha alternativa de autovía A-54 Lugo- Santiago, que pasa próxima
ao sector industrial xa presente no concello. Dita vía, se chegara a
desenvolverse, afectaría á Serra do Careón; por isto e pola xa presenza deste
sector na zona, proponse a reserva de solo para a ampliación do polígono
contiguo ao existente. Unha das vantaxes máis significativas sería a boa
comunicación que tería o parque empresarial co desenrolo da Autovía .

A necesidade de recuperación da poboación do concello e a mellora


económica que se espera coa ampliación do polígono industrial, fai que se
precise dunha reserva de solo que permita o desenvolvemento residencial.
Nesta alternativa esta reserva faise completando os espazos baleiros na Vila
de Melide e sempre asociando aos desenrolos residenciais espazos verdes e
equipamentos públicos, tal e como pode apreciarse no plano AO-01.

No que refírese ao uso terciario, esta alternativa non propón ningún desenrolo
xa que considérase que o concello de Melide ten uns usos suficientes para
cubrir as necesidades da poboación.

Alternativa 2
Esta alternativa basease en formular un planeamento que manteña un
equilibrio sostible entre os usos residencial, industrial e terciario e que estea
baseado en perspectivas realistas respecto ao crecemento e desenvolvemento
de cada un deles no marco socioeconómico do Concello de Melide.

Nesta alternativa proponse a ampliación do polígono industrial de Madanela có


obxectivo de dinamizalo tecido empresarial do concello e a implantación de
novas industrias que contribúan a reforzala estrutura económica do concello.
Dita ampliación virá dada pola reserva de solo de uso industrial, para elo
elixiuse unha opción diferente á exposta na alternativa 1, buscando unha zona
de menor impacto ao LIC Serra de Careón e acercando as actividades
empresariais ao núcleo de Melide. Esta proposta ten, ademais da vantaxe
medioambiental e o achegamento á Vila, as boas infraestruturas de
comunicación, xa que a nova situación atópase ao longo da vía autonómica
que atravesa a vila. Outro factor que determinou a localización foi que unha das
alternativas que presentouse para a autovía A-54 Lugo-Santiago cruza o viario
autonómico preto do núcleo o que fai pensar, dada a importancia de Melide na
comarca, que neste encontro farase un enlace, o que melloraría moito máis as
comunicacións do Parque Empresarial.

Respecto ó uso residencial e ao igual que na alternativa anterior, búscase


rematar e completar a trama urbana dándolle un uso racional e proporcionado
aos espazos baleiros presentes na vila, pero a superficie dedicada para o
desenvolvemento deste uso e algo menor que na proposta 1. Estes desenrolos
tamén irán asociados a reservas de solo para zonas verdes e equipamentos
públicos, sempre dispoñendo ou superando o estándar definido na Lei 9/2002.

Referente ao uso terciario, proponse unha bolsa de solo nunha zona entre o
núcleo e o novo Parque Empresarial de Melide, que podería dedicarse a
potenciar o turismo en relación ao turismo xacobeo e para dotar ao concello
dunha superficie de uso comercial (AO-02).
DOCUMENTO DE INICIO 35
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

5.5- VALORACIÓN DAS ALTERNATIVAS RESPECTO ÓS OBXECTIVOS PERSEGUIDOS NO


PXOM DE MELIDE
As dúas alternativas expostas cumpren os obxectivos perseguidos, pero unhas
en maior contía que outras, dende o punto de vista da sustentabilidade
ambiental respecto do consumo de recursos. Neste apartado imos a valoralas
en función da maior calidade de cumprimento de ditos obxectivos.

- Reforzala estrutura social e económica de Melide dentro do seu marco


territorial:
Ambas alternativas cumpren este obxectivo propoñendo solo para o desenrolo
e mellora do tecido industrial e residencial no concello. Aínda así a alternativa 2
ademais propón a mellora do uso terciario.

- Identificar os valores do territorio de Melide e establecer medidas para a súa


protección.
A alternativa 2 leva a cabo este obxectivo mellor que a 1, xa que protexe o
valor natural da Serra do Careón, non desenvolvendo a mellora do tecido
industrial neste lugar e propoñendo outra situación.

- Facilitar o desenvolvemento de actividades económicas pouco


potencializadas na actualidade.
A alternativa 2 leva a cabo este obxectivo mellor que a 1, porque se propón
maior superficie de solo para o desenrolo de actividades económicas (usos
terciarios, industriais, …) en proximidade ó núcleo urbano de Melide.

- Establecer as medidas necesarias para rematar e mellorar a trama urbana


existente, a estrutura viaria e as infraestruturas de servizo público.
O PXOM vixente establece un modelo urbanístico descentralizado e
disperso. As dúas alternativas cumpren o obxectivo de consolidar a trama
urbana, xa que buscan rematar a indefinición dándolle uso aos espazos
baleiros presentes na vila e determinando así unha estrutura urbana sólida,
consolidando de forma racional a estrutura viaria do núcleo e as súas
conexións, tanto coa periferia rural coma co resto da comarca.

5.6- MATRIZ DE AVALIACIÓN DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL DAS ALTERNATIVAS


Analízanse de seguido brevemente as diferentes alternativas; dunha maneira
gráfica utilizaremos unha metodoloxía para avaliar as alternativas posibles para
o Plan. Basearase na consecución dun único valor resultado para cada unha
delas, a través dunha valoración semi-cualitativa do grado de Integración dos
criterios de sustentabilidade.

O resultado será un valor único que represente como se tiveron en conta as


variables de sustentabilidade en cada unha das alternativas, e que ademais
permita realizar unha elección final.

O valor global para a elección da alternativa virá dado pola seguinte expresión:

DOCUMENTO DE INICIO 36
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

Unha cuestión a ter en conta para a análise das alternativas son as carencias
de información en relación a aspectos ambientais que obriga moitas veces a
partir de hipóteses, extrapolacións ou do coñecemento e experiencia dos
técnicos tanto do equipo como dos consultados nas materias obxecto da
análise e valoración.

O resultado da avaliación recóllese na táboa seguinte:

DOCUMENTO DE INICIO 37
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

DOCUMENTO DE INICIO 38
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

5.7- CONCLUSIÓNS
Para formular un planeamento que manteña o equilibrio entre os usos
residencial, industrial e terciario e que estea baseado en perspectivas realistas
respecto ao crecemento e desenvolvemento de cada un deles no marco
socioeconómico do Concello de Melide, considérase a alternativa 2 como a
mellor das expostas. Dende o punto de vista da sostibilidade e o respecto polo
medio natural, entendemos que esta é a alternativa válida como punto de
partida do planeamento e polo tanto a ALTERNATIVA ELEXIDA É A Nº2.

5.8- EFECTOS PREVISIBLES DO PLANEAMENTO


O desenvolvemento do PXOM leva consigo unha serie de efectos, tanto
positivos como negativos, sobre o territorio e sobre o medio ambiente.
No PXOM que estamos redactando, entendemos que predominan os efectos
positivos, xa que búscase un equilibrio entre as potencialidades do territorio, as
necesidades da poboación e a conservación dos recursos e do medio natural
do Concello de Melide.

O principal dos efectos é a ocupación de solo, que implica cambios nas


característica naturais destes, coma pode ser a perda de vexetación, hábitats,
impermeabilización do solo, etc.

Outros efectos veñen derivados da clasificación. A segregación, a diversidade


nos usos das diferentes zonas, as intensidades, as condicións de deseño
espacial, o planeamento de desenvolvemento, a integración paisaxística, etc.
farán que as accións do planeamento teñan máis ou menos impactos co medio.

Económicamente, prodúcese un efecto positivo para o concello de Melide, pois


o desenrolo do Plan Xeral implica creación de postos de traballo tanto no sector
servizos como no industrial pola ampliación do solo para uso industrial e
terciario, actuando o Concello de Melide como polo de atracción económica da
Comarca.

Outros dos efectos producidos pola ocupación do solo teñen que ver co maior
consumo de recursos, auga, solo,enerxía, residuos… Por iso tomarase unha
serie de medidas sobre os ámbitos de transformación, establecendo sistemas
de aforro de auga e consumo enerxético, previndo espazos para recollida de
lixo, puntos limpos, mellora do saneamento, etc.

A mobilidade mellora coa execución de viarios peonís que comunican os


núcleos rurais como O camiño dos Tagarros que constitúe un itinerario peonil
potencialmente interesante para reforzala relación entre Santa María e os
Distritos da parte sur de Melide e a ampliación; ademais, as melloras de
servizos,equipamentos, dotacións, infraestruturas viarias e sendas peonís que
fan que a necesidade de transporte para recorrer a certos servizos sexa menor,
promovendo desta forma unha mobilidade sostible no Concello.

O sistema de espazos libres mellora co desenrolo do Plan; este comporase


dun conxunto de parques urbanos que solucionan o problema a nivel xeral
completado por un sistema de prazas e xardíns que atenderán á problemática
de cada Distrito. A recuperación e consolidación dos espazos de interese
DOCUMENTO DE INICIO 39
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MELIDE

ambiental, así como a potenciación das súas características naturais,


constitúen unha acción positiva para o territorio, ademais de contribuír na
mellora de calidade de vida dos habitantes do concello e na mellora do paisaxe
como patrimonio cultural do Concello de Melide.

A integración de criterios ambientais e de sostibilidade nas distintas fases de


planificación permiten evitar impactos negativos antes de que estes se
produzan mediante a coherente aplicación de medidas preventivas/correctoras
e que detallaranse no Informe de Sostibilidade Ambiental.

5.9- EFECTOS PREVISIBLES DO PLANEAMENTO SOBRE A LEXISLACIÓN SECTORIAL


O PXOM ten un efecto positivo no que se refire o seu impacto xa que as
determinacións e normativa serán sometidas á lexislación urbanística e
sectorial vixente.

Os sistemas de equipamentos e sistemas de espazos libres que se propoñen


coas reservas de solo necesarias cumprirán cos estándares de equipamentos
establecidos legalmente.

Para a proposta de PXOM de Melide tivéronse en conta as directrices que


sobre o concello establecen as D.O.T. (Directrices de Ordenación do
Territorio de Galicia), respectando e non invadindo ningunha das zonas que
marca como de especial protección; pero, si se actúa nalgunha zona de mellora
ambiental e paisaxística, en todo caso coas correspondentes cautelas.

O CONCELLO DE MELIDE TEN CATALOGADO COMO ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN


DOS VALORES NATURAIS (Z.E.P.V.N) O ESPAZO NATURAL DE SERRA DO CAREÓN,
PROTEXIDO E INCLUÍDO NA REDE NATURA 2000 E RESPECTADO ESTRITAMENTE POLO
PXOM. ADEMAIS, EXISTEN OUTROS ESPAZOS DE INTERESE NATURAL, AMBIENTAL,
ECOLÓXICO E PAISAXÍSTICO DENTRO DO CONCELLO, QUE PREVE ZONAS TAMPÓN
(BUFFER) DAS MESMAS PARA EVITAR IMPACTOS NON DESEXADOS NESTES ENTORNO.

DOCUMENTO DE INICIO 40