A.N.P.A A PENA DO EQUILIBRIO C.E.I.P. Mestre Ramiro Sabell Mosquera Barral s/n, 36860 Ponteareas http://anpapenadoequilibrio.blogspot.

com/
anparamirosabell@gmail.com

A anpa Pena de equilibrio pide unha vez mais a dimisión do Xefe territorial de zoa Sr. Pérez Ares.
O presidente da Anpa a pena do equilibrio David Soto pide a dimisión do xefe territorial de educación Cesar Pérez Ares, pola súa incapacidade para solucionar os problemas, unha incapacidade que lévalle a dicir os medios de comunicación autenticas aberracións como, que nun colexio que duplica o seu aforo de alumnos ten 36 prazas dispoñibles. Sr ares 9x25=225 prazas e o CEIP Fermín Bouza Brey supera o seu aforo en mais de 300 alumnos. E compre non esquecerse de que no colexio Ramiro Sabell tivo que rexeitar 17 solicitudes para este curso 2010/11, ¿Sr. Ares, que pretende, mesturar os nenos de distintos cursos nunha mesma aula?. Xa que si hai prazas dispoñibles, pero nos cursos de primaria, pero temos a esperanza de que non chegue a nunca a mesturar nenos de tres anos cos de dez, ou pretende facer aulas no salón do comedor o cal explicaría que nunca obtivera a documentación necesaria realizar este servizo. Os membros da anpa tamén lamentan que apiques de cumprirse dous anos desde que Sr. Ares ocupa este cargo foi incapaz de dar solución os problemas xerados polo Bipartito, como o comedor do Colexio Mestre Ramiro Sabell que a dia de hoxe a consellería de educación foi incapaz de obter a documentación necesaria para realizar este servizo, xa que debido a falta do mobiliario de cociña incumpre as normas de seguridade e hixiene. Sr Ares na ampliación do CEIP Mestre Ramiro Sabell supuxo un desembolso dar arcas publicas de mais de 1millón de euros, co que íase construír seis aulas de infantil e un comedor escolar con cociña totalmente amoblado, a dia de hoxe a anpa tivo que ir aportando mobiliario de cociña do seu esforzo económico, polo que desde a consellería debían responder ¿a onde foi parar a partida orzamentaria para o mobiliario de cociña? O presidente da anpa lamenta a aptitude dun señores que ostentan cargos para servir os cidadáns, e mesmo así prefiren mirar para outro lado antes que formalizar dunha vez por todas a documentación do comedor escolar do CEIP Mestre Ramiro Sabell,que a dia de hoxe consta xa con 60 comensais dos cales unha media de 50 comensais usan diariamente este servizo. Sr. Ares despois de case dous anos de inactividade nas súas funcións os membros da anpa recoméndanlle que só pode facer unha cousa boa pola cidadanía, presentar a súa dimisión.