a02[b].

Unhas breves cuestións sobre proteínas e enzimas
1. Sabendo que o pH isoeléctrico (pI) da Alanina é 6, indica a carga e estructura química que posúe dito aminoácido a pH 6, 2 e 9. (Valoración: 1 pto) Podes consultar o fundamento deste exercicio aquí. Aplicando o indicado á estructura da Alanina, a solución sería a que segue:

2. A 1L de disolución que posúe 1 mol de HCl, engádenselle uns g de Alanina (podes usar tamén o nome inglés, Alanine, para facer procuras na web). Indica a fórmula molecular dese aminoácido tal e coma se atopa na disolución indicada. (Valoración: 1,5 ptos) O ácido clorhídrico é un ácido moi fort e e monoprótico que se disocia totalmente, entón o pH da disolución estará referido totalmente a concentración do protón disociado; HCl(aq) H+ + Cl pH = -log(H+) neste caso a concentración do HCl é 10 -6M, polo que o pH da disolución será: pH = -log(10 -6) = 6, tamén podería sumar a concentración do auga no punto de equilibrio que é 10 -14 pero teriamolo mesmo resultado. Polo tanto a este pH, atopámonos no punto isoeléctrico da alanina, polo que se atopará en forma neutra ou Zwitterion (do alemán hermafrodita) 3. Certo polipéptido está formado por 6 restos de Lys, 8 de Ala e 2 de Val. Calcula a masa molecular do peptido en cuestión. (Lysine, Alanine e Valine para as procuras na web). (Valoración: 1 pto) Masa molecular Lys Masa molecular Ala Masa molecular Val Temos que descontar 146,188 x 6 = 877,128 89,0932 x 8 = 712,7456 117,146 x 2 = 234,292 a masa molecular das moléculas de auga

desprendidas no establecimento de cada enlace peptídico, coma son 16 restos de aminoácidos, o número de ligazóns peptídicas é de n-1=15. Masa molecular auga 18,0153 x 15 = 270,2295 A masa molecular do péptido problema é 1553,9361 4. La tripsina é unha enzima proteolítica que só cataliza a hidrólise determinadas ligazóns peptídicas. ¿Cal é o resultado da acción da tripsina sobre os seguintes péptidos? (Valoración: 1 pto)  H2N-Lys-Met-Cys-Met-Lys-Ala-Cys-Arg-COOH  H2N-Asp-Lys-Gly-Ala-Ala-COOH  H2N-Arg-Lys-Phe-Gly-Ala-Lys-Asp Na ligazón web que ofrece o enunciado podemos atopar que " Es una enzima específica ya que liga al péptido en las posiciones del carboxilo de residuos Arginina (Arg) o Lisina (Lys) en la cadena". Logo esta enzima rompe as cadeas nas ligazóns peptídicas nas que a función carbonilo é aportada pola Arg ou a Lys. Os fragmentos obtidos serían (xa non se indican os extremos H2N e COOH, enténdese que se segue a orde convencional):  Lys / Met-Cys-Met-Lys / Ala-Cys-Arg  Asp-Lys / Gly-Ala-Ala  Arg / Lys / Phe-Gly-Ala-Lys / Asp Un péptido de 14 aminoácidos illado de cerebro de can sométese a análise co fin de determinar a súa secuencia. Os datos obtidos danse de seguido; deduce a secuencia colocando os fragmentos peptídicos no ordenamento axeitado: (Valoración: 1,5 ptos)  N-terminal: Val  C-terminal: Thr  Dixestión con tripsina:  Asp-Thr  Val-Ser-Lys  Phe-Gly-Tyr-Arg  Ala-His-Trp-Glu-Lys  Dixestión con quimiotripsina:  Gly-Tyr  Arg-Ala-His-Trp  Val-Ser-Lys-Phe  Glu-Lys-Asp-Thr Para obter a solución só temos que compeñer o quebratestas. Combinando os datos obtidos por restricción enzimática, a orde sería a seguinte: Val-Ser-Lys-Phe-Gly-Tyr-Arg-Ala-His-Trp-Glu-Lys-Asp-Thr Unha forma de separar aminoácidos é usar técnicas cromatográficas. Colócase unha mestura dos aminoácidos Ala, Leu e Cys sobre un papel para cromatografía e este introdúcese nunha cubeta pechada con auga e benceno (un disolvente non polar). O papel humedécese co vapor de auga e o benceno faise esbarar sobre o papel para desprazar ós aminoácidos a unha distancia proporcional á relación que existe entre o tempo que permanece no disolvente apolar e o que pasan na auga. Dacordo con iso, ¿coma se despraza a mestura? (Valoración: 1, 5 ptos) O benceno (fase móvil segundo o indicado no enunciado) desprazará aqueles aminoácidos con cadeas laterais de características semellantes

(isto é apolares) de forma que cubrirán unha distancia maior os que teñan maior masa molecular. Dos aminoácidos da mestura a Cys é polar ionizable (grupo tiol, -SH, no extremo da cadea lateral) mentres que Ala e Leu son apolares (cadeas laterais alifáticas), desprazándose máis lonxe a Leucina dado a súa maior masa molecular (131,173 fronte os 89,0932 da Ala). Así as cousas, a separación cromatográfica da mestura indicada, por orden de menor a maior desprazamento desde o punto de aplicación, será: Cys < Ala < Leu.

Determinadas resinas de intercambio iónico de tipo Dowex conteñen aneis aromáticos que, por afinidade, reteñen os aminoáci dos con radicais do mesmo tipo. Temos unha mestura de Ala, Cys, Gly, Ser e Glu que se fai pasar por unha resina tipo Dowex, ¿que aminoácidos quedan retidos na mesma? (Valoración: 1,5 ptos) Dos aminoácidos da mestura serían retidos os que posúan aneis aromáticos na súa estructura (podes consultar esta táboa de clasificación). Na mestura do enunciado nengún aminoácido sería retido.
Nota: As ligazóns do enunciado apórtanse a título informativo, coma un complemento. Non se precisan para resolver a cuestión.

NOTA: Quen contesta ben a todo obtén 1 pto extra ata o máximo (10)

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful