You are on page 1of 7

NAIARA

UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO (MANUEL CURROS ENRÍQUEZ)


-o mar, tumba do amor

Unha noite na eira do trigo


ó reflexo do branco lugar
unha nena choraba sin trégolas
os desdéns dun ingrato galán.

E a coitada entre queixas decía,


“xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.

Os seus ecos de melancolía


camiñaban nas alas do vento
e o lamento repetía,
“vou morrer e non vén o meu ben”.

Lonxe dela, de pé sobre a popa


dun aleve e negreiro vapor
emigrado camiño de America
vai o pobre e infelis Amador;

e ó mirar as xentís anduriñas


cara a terra que deixa cruzar
“quen puidera dar volta”, pensaba,
“quen puidera convosco voar”.

Mais a aves e o buque fuxían


sen oír os seus amargos lamentos
soio os ventos repetían,
“quen puidera convosco voar”.

Noites craras de aromas de lúa


dende entón qué tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena
prós que viron un varco marchar.

Dun amor celestial verdadeiro


quedou soio de bágoas a proba:
unha cova nun outeiro
e un cadavre no fondo do mar.
CRISTINA PÉREZ

SÓS (MANUEL ANTONIO)


-o mar na vangarda literaria
Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós

Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d' o horizonte

Este oucéano destracou d' as costas


e os ventos d' a Roseta
ouretáronse ao esquenzo

As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe

Pero tamén sabemos a maniobra


d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura

N' o cuadrante estantío d' as estrelas


ficou parada esta hora:
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito

Fume de pipa Saudade


Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
sen o Mar e sen o barco
nós.
LARA SÁEZ
O MAR ERA AZUL (LUPE GÓMEZ)
-o mar das mareas negras

É difícil falar do mar, da marea negra, do Prestige. É duro. Non hai


palabras que expliquen este acontecemento. A veces quedamos mudos e
tristes, ante a barbarie, ante a desolación, ante a dor. Eu bailei no mar
como unha nena sentindo a suavidade e a lucidez e a bravura da auga. Eu
bailei nas barcas dos mariñeiros. Xa non bailo. Xa non teño forza no
corpo. Estou mutilada por dentro, no interior, no sangue. O mar era azul e
agora é negro. Era azul e bonito e agora é unha marca destrutiva que nos
destrúe como pobo. Quixeramos rebentar e curar o mar, curar os nosos
corazóns, inventar unha metáfora eterna. Somos galegos. Tentaremos
recuperar un mar ferido. Ese mar que nos mira coa morte nos ollos, e
mirámonos todos uns a outros coa morte nas nosas miradas. O mar era
símbolo de riqueza e de fermosura. Era un símbolo de vida. E agora nada
queda. Só morte e praias manchadas. Eu quero ser un mar que avanza. Eu
necesito chorar. Eu síntome enferma. Eu quero soñar. Cae sangue polo
noso corpo. Cae sangue polo mar. Eu quero cantar no mar, no amor,
namorarme. O mar era e é verdade, era e é amor.
CRISTINA FONTÁN

VEU VISITARME O MAR (ROSA ANEIROS)


-o amor do mar

Alba incorporouse, puxo o albornoz e ollou pola fiestra. A galerna


batuxaba fóra a súa furia desmedida. A luz do día non lograra facerse oco
na penumbra do temporal e rebentaba nas costas das nubes a súa
impotencia. O mar berraba tanto que Alba o sentiu cómplice do seu
desasosego. E soñou que polo menos el a quería. Sempre o sentira así.
Resultaba difícil explicar o porqué pero sentíao. Antes que Marcos
reparara nela xa o Atlántico a amaba. Fora un amor súbito, sen preaviso, de
olladas que se cruzan e dedas de auga que se consumen nunha pel
aterecida de gana de ser querida. O mar quixéraa dende aquela primeira
noite na Coruña.
Marcos sabíao e por iso sentía tantos celos del... Por iso se negara a que o
dormitorio tivese o cabeceiro da cama ao pé da xanela que daba ao mar.
ISABEL

¡SOYA! (ROSALÍA DE CASTRO)


-o mar, destino final

Eran claros os días


risoñas as mañás.
Y era a tristeza súa
negra com'a orfandá.

Íase á amañecida
tornaba co serán...
Mais que fora ou viñera
ninguén llo ía esculcar.

Tomou un día leve


camiño do areal...
Como ninguén a esperaba
ela non tornou máis.

Ó cabo d'os tres días


botouna fora o mar...
I alí onde o corvo pousa
soya enterrada está.
LORETO

SEMPRE EN GALIZA (CASTELAO)


-o mar, fonte de riqueza

O peixe.
O peixe é un dos símbolos de Cristo.
O peixe é a prata do mar feita carne.
Cada peixe ten a sustancia do seu mar. O peixe do Mediterráneo sabe a
carne civilizada e xa decadente. O peixe do Atlántico -un mar
terriblemente salvaxe- sabe a sal de vida libre.
O peixe galego trae nas frebas da carne as mellores esencias do Océano.
A pesca era un traballo nobre e xeneroso. Por algo Xesús de Nazaret
escolleu, para os seus apóstolos, a doce mariñeiros.
Cando naufragaba unha lancha morría o patrón xunto cos mariñeiros.
Agora o patrón chámase armador e nunca morre afogado, porque xa non
vai ó mar.
O Fisterre galego -a punta máis avanzada de Euopa- fíxose para pescar.
Vexo piscifactorías, laboratorios costeiros e escolas de pesca...
vexo enormes criadeiros de mariscos. Vexo o traballo dun gran porto
pesqueiro -o máis importante de Europa-. Vexo cargar barcos con peras
urracas e mazás tabardillas...
A xente da Meseta só coñece as momias de sardiña, en ataúdes de
folladelata ou en tambores de madeira. O día que teñamos un gran porto
pesqueiro e vías de transporte lixeiras e baratas, toda Hespaña comerá
peixe fresco.
A Hespaña que morre de carne de porco revivirá pola carne de peixe
galego.
O día que Galiza sexa nosa, os mariñeiros vivirán na fartura.
LARA SANTAMARÍA

ONDAS DO MAR DE VIGO (MARTIN CODAX)


-o mar como escenario e confidente
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo!
E ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,


se vistes meu amado!
E ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,


o por que eu sospiro!
E ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado,


por que hei gran coidado!
E ai Deus, se verrá cedo!

You might also like