You are on page 1of 1

2.

Oracións adverbiais comparativas


→ Principais nexos
Tipo Nexos Exemplos
tan / tanto ... E os outros somellaban estar tan magoados coma
Igualdade
como / coma min... (A esmorga, Blanco Amor)
Puñan máis medo que unha ducia de homes
armados (A esmorga, Blanco Amor)

Outros máis novos ca ti xa o fan cos ollos pechos


máis ... que / (Parábolas chairegas, Xosé Manuel Carballo
Superioridade
ca / do que Ferreiro)

Así, a vida dos fuxitivos hespañoes é máis triste e


doorosa do que nunca foi para ninguén (Sempre
en Galiza, Castelao)
Esto resulta menos metafísico que o dereito divino
(Sempre en Galiza, Castelao)

Eran menos unha crase capitalista autónoma ca


unha axencia do capitalismo español (A relación
menos ... que vila-aldea: conflicto esplícito e implícito, Xosé
Inferioridade
/ ca / do que Vilas Nogueira)

A cidadanía é moito menos insensible e acrítica


do que por veces se pensa (entrevista a Yolanda
Castaño en xornal.com, publicada o 26/01/2011
[http://bit.ly/f1QMzq])

→ Actividades
1) Completa os seguintes enunciados cun nexo comparativo do cadro
anterior:
a) A peza é menos longa __________ cres.
b) Ao final has conseguir chegar máis lonxe __________ min.
c) Hoxe non dei feito tantas cousas __________ ti.
d) Por iso non vas ser menos importante __________ túa irmá.
e) A rapaza saíu de alí tan axiña __________ puido.
f) Non creo que poidas chegar a ser máis maleducado __________ é esoutro
rapaz.

2) Analiza sintacticamente: a cidadanía é moito menos insensible do


que se pensa