3.

Oracións adverbiais impropias
→ Principais nexos
Tipo Nexos porque xa que Exemplos no que poderíamos chamar « mundo interior » porque nil coinciden as tres dimensións espritoás do home (Siñificado metafísico da saudade, Ramón Piñeiro) Deixade que volva co pensamento, xa que co corpo non podo (Os pecados capitais, Francisco A. Vidal) En medios policiais barállase un posible axuste de contas entre bandos rivais, visto que ambos internos, víctima e agresor, pertencían a coñecidos clas da droga (A vida apoteósica, Bieito Iglesias Araúxo) Na sala do postoperatorio só quedan catro camas, dado que a dirección tivo que improvisar un sitio para a reunión do séquito retirando a media ducia restante (Expediente Artieda, Luís Rei Núñez) O ruso machucáballe a man ata o punto de que comezou a temer a necesidade dunha amputación por mor de que o órgano ficara desecado de sangue (Cabaret Voltaire, Jaureguizar) A casa na que vivo é de construción antiga e ten os teitos moi altos, polo que resulta difícil quentar o cuarto cun mínimo de garantías (Tres segundos de memoria, Diego Ameixeiras) Gardaba unhas moedas aforradas, que collían la no esconderixo sombrizo, de modo que se vía obrigado a botalas a secar no corredor, nas tardes soleada (A historia escríbese de noite, Bieito Iglesias) Lugares para agocharse había, conque decidiu bordear a lagoa (Atuado na braña, Xabier Quiroga) Non lle vai ben na vida a Casimiro, de aí que deba pasar aquí as noites a cambio dos patacos que o contratista teña a ben darlle (Expediente Artieda, Luís Rei Núñez) O futuro xa está aquí, por iso teño gana de sacar a bailar a unha descoñecida e botarlle o meu alento, como mínimo (Tres segundos de memoria, Diego Ameixeiras) Se me queres servir, como espero, has de correr á súa campaña para lle comunicar a nova (As chaves do tempo, Luísa Villalta) Pois díxolle que como non diga a verdá [...] que tén de facer un escarmento (A Ponte, drama en dous actos en prosa, Manuel Lugrís Freire) Iso pódeo ver o máis parvo, a nada que analice con tino (Atuado na braña, Xabier Quiroga) No do cristal pódese facer a vista gorda, sempre que se arranxe de contado (Na maleta, Xurxo Borrazás) Prometeu que o faría sen ningún inconveniente, sempre e cando alí seguira o meu compadre (O bandido casanova, Hixinio Puentes) Caso de que sexan magoados, póñalles unhas cataplasmas de cerato simple cando vaia deitarse (O bandido casanova, Hixinio Puentes)

visto que Causais dado que

por mor de que

polo que

de modo que Consecutivos conque de aí que

por iso

se

como a nada que sempre que sempre e cando caso de que

Condicionais

1

Tipo

Nexos aínda que

Concesivos

por máis que a pesar de que malia que mal que para que

Finais a fin de que

Exemplos O nome de Costa da Morte é moderno, ten apenas 100 anos, aínda que o mito da comarca sexa milenario (adaptado de “Cando naceu o nome da "Costa da morte"?”, artigo de Ubaldo Cerqueiro en Galicia confidencial [18/03/2011, http://galiciaconfidencial.com/nova/7418.html]) Por máis que coincidisen no patio nos períodos de lecer, estáballes prohibido falar (Memoria para Xoana, Marica Campo) E esta vez, a pesar de que aseguraches con perseverancia que non vería máis a túa cara pálida, aquí estás de novo, profesor (A rosa de Borges, Xosé Carlos Caneiro) Cando a atopou xa o sabía, malia que neses días tentou facelo mil veces (Na maleta, Xurxo Borrazás) Mal que che pese, nunca tan fortificado me sentín (Binomio Newton, Cándido Pazó) Colocarei esta manta entre os dous, para que o voso pudor non se vexa turbado pola miña presenza (Unha primavera para Aldara, Teresa Moure) Remito a V.S. informe adxunto a fin de que proceda a instruír causa (Como levar un morto, Xesús Rábade Paredes)

→ Actividades 1) Substitúe os nexos subliñados por outros equivalentes: a) Sen embargo, por máis que os cárceres estaban ateigados, os nosos inimigos seguían buscando con lupa... (Luís Rei Núñez, Expediente Artieda)

__________________________________
b) A pouco que se pense, resulta sorprendente o xeito perfecto en que funciona o mundo (Teresa Moure, Herba moura)

__________________________________
c) Sei tamén que tes gana de chorar pero non estou disposto a aturarte, de maneira que terma das bágoas e garda para ti as incomprensións que a ninguén lle interesan... (Paco Martín, A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe)

__________________________________
d) Cando o descubriron, explicáronlle que estaba tal e como o atoparan, boca abaixo (Xesús Franco González, Matalote)

__________________________________
2

e) Artieda sabe que en tanto estea entre a multitude non se atreverán a disparar sobre el (Luís Rei Núñez, Expediente Artieda)

__________________________________
f) Oliveira é o único que nos pode poñer no camiño da Caravela alí onde queira que estea desta vez, cousa que aínda non sabemos (Víctor Freixanes, O triángulo inscrito na circunferencia)

__________________________________
1) Indica o tipo de oración subordinada (substantiva, adxectiva ou adverbial) en cada caso: a) Canalla, sálvaste que non quero que haxa unha morte (Méndez Ferrín, Antón e os inocentes)

__________________________________
b) Vai sempre sen afeitar e con tías boas, aínda que saiba que ao final terá razón (Diego Ameixeiras, Tres segundos de memoria)

__________________________________
c) A praia que vía entre os penedos tiña cor granate (Jaureguizar, A rutina corsaria)

__________________________________
d) Algún, a xeito de brincadeira, sinala que xa está ben de cobrar sen traballar (Francisco Castro, Amor de cinema)

__________________________________
e) -Se marchas, mátome (Xosé Antonio Moreno, O cable inglés)

__________________________________
f) Apagou o ordenador que o seu fillo pequeno, Brais, deixara aceso cun videoxogo (Jaureguizar, As horas sucias)

__________________________________
3

2) Analiza sintacticamente: a) Deixade que volva co pensamento, xa que co corpo non podo (Os pecados capitais, Francisco A. Vidal)

b) Se vés agora Camilo non volverá ser igual (adaptado de Como paxaro caído do niño, Xosé Manuel Martínez Oca)

c)

Non lle vai ben a Casimiro, de aí que deba pasar aquí as noites (adaptado de Expediente Artieda, Luís Rei Núñez)

d) Remito a V.S. informe adxunto a fin de que proceda a instruír causa (Como levar un morto, Xesús Rábade Paredes) e) Mal que che pese, nunca tan fortificado me sentín (Binomio Newton, Cándido Pazó)

→ Outras actividades 3) Indica á esquerda de cada un dos seguintes enunciados cal é o número que lle corresponde, segundo as oracións subliñadas sexan reflexivas (predicativas activas), recíprocas (predicativas activas) ou reflexas (predicativas pasivas):
1 Reflexiva 2 Recíproca 3 Reflexa

Alí peitéanse, rezan sete salves e dan nove voltas arredor dun lavadeiro (Fina María Antón e Manuel Mandianes, O ciclo da vida) Dígolle que se vai vender unha cousa e véndese, ¿ou non? (Manuel Rivas, ¿Que me queres, amor?) [...] en seis anos escríbense moitas cancións (Jaureguizar, Comendo espaguetis diante da televisión) reconciliándose unha coa outra do susto que mutuamente se deran, para falar da verdade da vida, que naquela casa sen homes nunca se falara de tal cousa (Teresa Moure, Herba moura) Vístese sen présas (Xosé Antonio Perozo, Martázul) Xoana sae correndo fóra, dona Maior le as súas oracións na cama, as novicias peitéanse o cabelo unha á outra (Teresa Moure, Unha primavera para Aldara)

4

4) Sinala a función dos fragmentos subliñadas no seguinte texto:
Un rapaz que sería quen de manxar a seu pai polas pernas1 A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para mandarllo ós meniños de Farruco2: un sobriño casado fóra da vila. A probe vella mantíñase de peixes pequenos, dos peixes que mercan as señoras gordas para botarllos ó gato, e todo por aforrar para os fillos de Farruco3. En días sinalados a tía Ádega mandáballe[s] ós sobriños un caixón cheo de cousas de comer4, e quedábase cavilando no contentamento dos rapaces. A caixa sempre contiña lambetadas de mérito: chourizos, anacos de pernil, roscas de ovo, cachos de tarta, melindres, zucre... Farruco ben merescía as axudas da tía Ádega porque vivía feito un azacán5; ¡el, que fora o mozo máis enfonchado da vila, por quen toleaban as mozas de máis porqué! 6 Casárase Farruco e axiña comezaran a choverlle nenos do ceo. O mozo, denantes algareiro e parrandista, trocárase nun limón estruchado polo traballo e as cavilacións. Os nenos eran fazuleiros e bonitos7, como anxelotiños de retablo barroco; pero compría moito pan para tantos peteiros abertos. A rolada dos nenos de Farruco enchía de rechouchíos o abrente do día, e o probe pai tiña que erguerse co corpo magoado polo traballo da véspera8. Os rapaces non paraban de piar. Eles comían, comían, e as súas cariñas ledas e bonitas sempre amostraban o degoiro de comer. O probe Farruco chegou a decatarse de que as andorgas dos nenos endexamais se fartarían, e adicouse a traballar sen acougo, resiñado coa súa cativa sorte. Cando chegaba o caixón da tía Ádega9, os rapaces bailaban ó seu redor e non saían da casa antramentras o caixón non se baldeirase nos seus bandulliños. Cando non había ningún rapaz de Farruco na rúa, era sinal de que chegara o caixón da tía Ádega. Eu quero contarvos un sucedido que amostra os degoiros de comida que sempre sentían os rapaces de Farruco. Estaba o probe pai ensumido en cavilacións, pois acababa de recebir un novo meniño10, moi repoludo e bonito, certamente, pero que non traía consigo a comida do mañán, e achegouse a el Pedro, o fillo máis vello, que o despertou das súas cavilacións. —¿De onde veu o meniño, papai?

5

E Farruco respondeulle, por decir algo: —Mandouno a tía Ádega no caixón das lambetadas. E Pedro, dispois dun anaco de meditación, volveu a perguntar, cos seus ollos de acibeche, brilantes de ledicia: —¿E cando o comemos? Castelao, Os dous de sempre (texto tirado do Museo Castelao)

1. Un rapaz que sería quen de manxar a seu pai polas pernas

__________________________________
2. A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para mandarllo ós meniños de Farruco

__________________________________
3. todo por aforrar para os fillos de Farruco

__________________________________
4. un caixón cheo de cousas de comer

__________________________________
5. Farruco ben merescía as axudas da tía Ádega porque vivía feito un azacán

__________________________________
6. ¡el, que fora o mozo máis enfonchado da vila, por quen toleaban as mozas de máis porqué!

__________________________________
7. Os nenos eran fazuleiros e bonitos

__________________________________

6

8. A rolada dos nenos de Farruco enchía de rechouchíos o abrente do día, e o probe pai tiña que erguerse co corpo magoado polo traballo da véspera

__________________________________
9. Cando chegaba o caixón da tía Ádega, os rapaces bailaban ó seu redor

__________________________________
10. Estaba o probe pai ensumido en cavilacións, pois acababa de recebir un novo meniño

__________________________________

7

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful