You are on page 1of 8

3.

Oracións adverbiais

→ Principais nexos (adverbiais propias)


Tipo Nexos Exemplos
Pois fai como queiras, pero eu de ti saía (A memoria do
como
boi, Xosé Vázquez Pintor)
Conforme dixo o portavoz parlamentario do PP, [...] os
Modo conforme grupos parlamentarios entenderon [...] as razóns para a
celebración deste debate (O Correo Galego, 22/05/2002)
Varios fulanos que sostiñan os cubatas coma se fosen
coma se
lanzas (Tres segundos de memoria, Diego Ameixeiras)
voltase supeto e vai onde deixara a escopeta (Lenta
Lugar onde
raigame, Francisco Taxes)
-Volve cando queiras, Sam (Os comedores de patacas,
cando
Manuel Rivas)
Pero e Sancha están a vestirse mentres aínda xogan
mentres
(Unha primavera para Aldara, Teresa Moure)
Tempo antes de Antes de marchar deposita un bico na súa fronte (Unha
(que) primavera para Aldara, Teresa Moure)
Chega ao convento despois de vivir atrapallada con sete
despois de
irmáns nun cortello e comer tres días á semana (Unha
(que)
primavera para Aldara, Teresa Moure)

→ Principais nexos (adverbiais impropias)

Tipo Nexos Exemplos


no que poderíamos chamar « mundo interior » porque
porque nil coinciden as tres dimensións espritoás do home
(Siñificado metafísico da saudade, Ramón Piñeiro)
Deixade que volva co pensamento, xa que co corpo non
xa que
podo (Os pecados capitais, Francisco A. Vidal)
En medios policiais barállase un posible axuste de contas
entre bandos rivais, visto que ambos internos, víctima e
visto que
agresor, pertencían a coñecidos clas da droga (A vida
Causais apoteósica, Bieito Iglesias Araúxo)
Na sala do postoperatorio só quedan catro camas, dado
dado que a dirección tivo que improvisar un sitio para a
que reunión do séquito retirando a media ducia restante
(Expediente Artieda, Luís Rei Núñez)
O ruso machucáballe a man ata o punto de que comezou
por mor a temer a necesidade dunha amputación por mor de
de que que o órgano ficara desecado de sangue (Cabaret
Voltaire, Jaureguizar)
A casa na que vivo é de construción antiga e ten os teitos
polo moi altos, polo que resulta difícil quentar o cuarto cun
Consecutivos
que mínimo de garantías (Tres segundos de memoria, Diego
Ameixeiras)
Gardaba unhas moedas aforradas, que collían la no
de modo esconderixo sombrizo, de modo que se vía obrigado a
que botalas a secar no corredor, nas tardes soleada (A
historia escríbese de noite, Bieito Iglesias)

1
Lugares para agocharse había, conque decidiu bordear
conque
a lagoa (Atuado na braña, Xabier Quiroga)
Non lle vai ben na vida a Casimiro, de aí que deba
pasar aquí as noites a cambio dos patacos que o
de aí que
contratista teña a ben darlle (Expediente Artieda, Luís
Rei Núñez)
O futuro xa está aquí, por iso teño gana de sacar a
por iso bailar a unha descoñecida e botarlle o meu alento, como
mínimo (Tres segundos de memoria, Diego Ameixeiras)
Se me queres servir, como espero, has de correr á súa
se campaña para lle comunicar a nova (As chaves do tempo,
Luísa Villalta)
Pois díxolle que como non diga a verdá [...] que tén de
como facer un escarmento (A Ponte, drama en dous actos en
prosa, Manuel Lugrís Freire)
a nada Iso pódeo ver o máis parvo, a nada que analice con tino
que (Atuado na braña, Xabier Quiroga)
Condicionais
sempre No do cristal pódese facer a vista gorda, sempre que se
que arranxe de contado (Na maleta, Xurxo Borrazás)
Prometeu que o faría sen ningún inconveniente, sempre
sempre e
e cando alí seguira o meu compadre (O bandido
cando
casanova, Hixinio Puentes)
Caso de que sexan magoados, póñalles unhas
caso de
cataplasmas de cerato simple cando vaia deitarse (O
que
bandido casanova, Hixinio Puentes)
O nome de Costa da Morte é moderno, ten apenas 100
anos, aínda que o mito da comarca sexa milenario
aínda (adaptado de “Cando naceu o nome da "Costa da
que morte"?”, artigo de Ubaldo Cerqueiro en Galicia
confidencial [18/03/2011,
http://galiciaconfidencial.com/nova/7418.html])
Por máis que coincidisen no patio nos períodos de lecer,
por máis
estáballes prohibido falar (Memoria para Xoana, Marica
que
Concesivos Campo)
E esta vez, a pesar de que aseguraches con
a pesar perseverancia que non vería máis a túa cara pálida, aquí
de que estás de novo, profesor (A rosa de Borges, Xosé Carlos
Caneiro)
malia Cando a atopou xa o sabía, malia que neses días tentou
que facelo mil veces (Na maleta, Xurxo Borrazás)
Mal que che pese, nunca tan fortificado me sentín
mal que
(Binomio Newton, Cándido Pazó)
Colocarei esta manta entre os dous, para que o voso
para
pudor non se vexa turbado pola miña presenza (Unha
que
primavera para Aldara, Teresa Moure)
Finais
Remito a V.S. informe adxunto a fin de que proceda a
a fin de
instruír causa (Como levar un morto, Xesús Rábade
que
Paredes)

2
→ Actividades
1) Substitúe os nexos subliñados por outros equivalentes:
a) Sen embargo, por máis que os cárceres estaban ateigados, os nosos
inimigos seguían buscando con lupa... (Luís Rei Núñez, Expediente
Artieda)

__________________________________
b) A pouco que se pense, resulta sorprendente o xeito perfecto en que
funciona o mundo (Teresa Moure, Herba moura)

__________________________________
c) Sei tamén que tes gana de chorar pero non estou disposto a aturarte, de
maneira que terma das bágoas e garda para ti as incomprensións que a
ninguén lle interesan... (Paco Martín, A bisneta lercha. Contos de sempre
para ler hoxe)

__________________________________
d) Cando o descubriron, explicáronlle que estaba tal e como o atoparan,
boca abaixo (Xesús Franco González, Matalote)

__________________________________
e) Artieda sabe que en tanto estea entre a multitude non se atreverán a
disparar sobre el (Luís Rei Núñez, Expediente Artieda)

__________________________________
f) Oliveira é o único que nos pode poñer no camiño da Caravela alí onde
queira que estea desta vez, cousa que aínda non sabemos (Víctor
Freixanes, O triángulo inscrito na circunferencia)

__________________________________

3
2) Indica o tipo de oración subordinada (substantiva, adxectiva ou
adverbial) en cada caso:
a) Canalla, sálvaste que non quero que haxa unha morte (Méndez Ferrín,
Antón e os inocentes)

__________________________________
b) Vai sempre sen afeitar e con tías boas, aínda que saiba que ao final terá
razón (Diego Ameixeiras, Tres segundos de memoria)

__________________________________
c) A praia que vía entre os penedos tiña cor granate (Jaureguizar, A rutina
corsaria)

__________________________________
d) Algún, a xeito de brincadeira, sinala que xa está ben de cobrar sen
traballar (Francisco Castro, Amor de cinema)

__________________________________
e) -Se marchas, mátome (Xosé Antonio Moreno, O cable inglés)

__________________________________
f) Apagou o ordenador que o seu fillo pequeno, Brais, deixara aceso cun
videoxogo (Jaureguizar, As horas sucias)

__________________________________

3) Analiza sintacticamente:
a) Deixade que volva co pensamento, xa que co corpo non podo (Os pecados
capitais, Francisco A. Vidal)

b) Se vés agora Camilo non volverá ser igual (adaptado de Como paxaro
caído do niño, Xosé Manuel Martínez Oca)

c) Non lle vai ben a Casimiro, de aí que deba pasar aquí as noites
(adaptado de Expediente Artieda, Luís Rei Núñez)

4
d) Remito a V.S. informe adxunto a fin de que proceda a instruír causa
(Como levar un morto, Xesús Rábade Paredes)

e) Mal que che pese, nunca tan fortificado me sentín (Binomio Newton,
Cándido Pazó)

→ Outras actividades
4) Indica á esquerda de cada un dos seguintes enunciados cal é o
número que lle corresponde, segundo as oracións subliñadas
sexan reflexivas (predicativas activas), recíprocas (predicativas
activas) ou reflexas (predicativas pasivas):
1 2 3
Reflexiva Recíproca Reflexa

Alí peitéanse, rezan sete salves e dan nove voltas arredor dun lavadeiro
(Fina María Antón e Manuel Mandianes, O ciclo da vida)
Dígolle que se vai vender unha cousa e véndese, ¿ou non? (Manuel Rivas,
¿Que me queres, amor?)
[...] en seis anos escríbense moitas cancións (Jaureguizar, Comendo
espaguetis diante da televisión)
reconciliándose unha coa outra do susto que mutuamente se deran, para
falar da verdade da vida, que naquela casa sen homes nunca se falara de
tal cousa (Teresa Moure, Herba moura)
Vístese sen présas (Xosé Antonio Perozo, Martázul)
Xoana sae correndo fóra, dona Maior le as súas oracións na cama, as
novicias peitéanse o cabelo unha á outra (Teresa Moure, Unha primavera
para Aldara)

5) Sinala a función dos fragmentos subliñadas no seguinte texto:


Un rapaz que sería quen de manxar a seu pai polas pernas1
A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para mandarllo
ós meniños de Farruco2: un sobriño casado fóra da vila.

A probe vella mantíñase de peixes pequenos, dos peixes que mercan as


señoras gordas para botarllos ó gato, e todo por aforrar para os fillos de
Farruco3.

En días sinalados a tía Ádega mandáballe[s] ós sobriños un caixón cheo de


cousas de comer4, e quedábase cavilando no contentamento dos rapaces. A
caixa sempre contiña lambetadas de mérito: chourizos, anacos de pernil,
roscas de ovo, cachos de tarta, melindres, zucre...

5
Farruco ben merescía as axudas da tía Ádega porque vivía feito un azacán5;
¡el, que fora o mozo máis enfonchado da vila, por quen toleaban as mozas de
máis porqué! 6

Casárase Farruco e axiña comezaran a choverlle nenos do ceo. O mozo,


denantes algareiro e parrandista, trocárase nun limón estruchado polo
traballo e as cavilacións. Os nenos eran fazuleiros e bonitos7, como
anxelotiños de retablo barroco; pero compría moito pan para tantos peteiros
abertos.

A rolada dos nenos de Farruco enchía de rechouchíos o abrente do día, e o


probe pai tiña que erguerse co corpo magoado polo traballo da véspera8. Os
rapaces non paraban de piar. Eles comían, comían, e as súas cariñas ledas e
bonitas sempre amostraban o degoiro de comer. O probe Farruco chegou a
decatarse de que as andorgas dos nenos endexamais se fartarían, e adicouse
a traballar sen acougo, resiñado coa súa cativa sorte.
Cando chegaba o caixón da tía Ádega9, os rapaces bailaban ó seu redor e non
saían da casa antramentras o caixón non se baldeirase nos seus bandulliños.
Cando non había ningún rapaz de Farruco na rúa, era sinal de que chegara o
caixón da tía Ádega.

Eu quero contarvos un sucedido que amostra os degoiros de comida que


sempre sentían os rapaces de Farruco. Estaba o probe pai ensumido en
cavilacións, pois acababa de recebir un novo meniño10, moi repoludo e bonito,
certamente, pero que non traía consigo a comida do mañán, e achegouse a el
Pedro, o fillo máis vello, que o despertou das súas cavilacións.

—¿De onde veu o meniño, papai?

E Farruco respondeulle, por decir algo:


—Mandouno a tía Ádega no caixón das lambetadas.

E Pedro, dispois dun anaco de meditación, volveu a perguntar, cos seus ollos
de acibeche, brilantes de ledicia:

—¿E cando o comemos?


Castelao, Os dous de sempre (texto tirado do Museo Castelao)

1. Un rapaz que sería quen de manxar a seu pai polas pernas

__________________________________

6
2. A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para
mandarllo ós meniños de Farruco

__________________________________

3. todo por aforrar para os fillos de Farruco

__________________________________
4. un caixón cheo de cousas de comer

__________________________________

5. Farruco ben merescía as axudas da tía Ádega porque vivía feito un


azacán

__________________________________

6. ¡el, que fora o mozo máis enfonchado da vila, por quen toleaban as
mozas de máis porqué!

__________________________________
7. Os nenos eran fazuleiros e bonitos

__________________________________

8. A rolada dos nenos de Farruco enchía de rechouchíos o abrente do


día, e o probe pai tiña que erguerse co corpo magoado polo traballo
da véspera

__________________________________
9. Cando chegaba o caixón da tía Ádega, os rapaces bailaban ó seu

7
redor

__________________________________
10. Estaba o probe pai ensumido en cavilacións, pois acababa de
recebir un novo meniño

__________________________________