Sada, a 13 de abril de 2011 En relación coa información publicada no diario “La Opinion” no no día de hoxe, co titular en primeira páxina

a catro columnas “La trama de la Operación Orquesta salpica a Sada, Corcubión y Muxía”, este goberno municipal precisa o seguinte : 1.- Consultada a base de datos do Rexistro Mercantil, D. Jorge López Lago consta como administrador das seguintes sociedades : Discoteca Olimpus S.L B15249683 Grupo 2 Canalizaciones S.L B15462013 Negrepro S.L B15292485 Producciones y Espectáculos Compostela B15360464 Pois ben, unha vez analizada a documentación obrante nos servizos económicos desta Administración Municipal, NON EXISTE NINGUNHA FACTURA EMITIDA POR ESAS EMPRESAS DESDE O 2007 ATA HOXE, NIN TAMPOUCO NO PERIODO COMPRENDIDO ENTRE O 14 DE XUÑO 2003 E O 19 DE XANEIRO DE 2004, períodos de goberno presididos polo actual alcalde Abel López Soto. Sí constan como abonadas a D. Jorge López Lago as seguintes facturas : - Concepto: “Actuaciones en fiesta de carnavales”. Pagada o 06-06-2003 - Concepto: “Alquiler y montaje de camerinos para concierto de Jarabe de Palo. Pagada o 09-08-2005 Non consta ningunha factura pagada a nome das entidades mercantiles antes referenciadas. Os datos anteriores foron corroborados polos servizos económicos e adxúntase a relación extraída das bases de datos municipais que se adxunta a esta nota de prensa. Tampouco consta nos servizos de contratación ningún contrato con estas empresas nin coa persoa de D. Jorge López Lago, nos períodos de goberno citados. Nas datas correspondentes ás únicas dúas facturas existentes, ata o 14 de xuño de 2003 era alcalde de Sada, D. Ramón Rodriguez Ares polo Partido Popular e no 2005, era o mesmo alcalde polo Partido Demócrata Sada Popular (PDSP), que novamente é candidato á alcaldía polo PDSP para as elecións do vindeiro 22 de maio. No 2005 era concelleiro de facenda D. Marcos López Mallo e membro da Xunta de Goberno Local Dª. Mar Fernández Linares. Os dous figuran como candidatos na lista que o Partido Popular presenta ás vindeiras eleccións municipais. 2.- De haber algún “salpicado” como se alude no titular da noticia, non é desde logo este goberno municipal, senón persoas representativas do PP e PDSP, persoas e grupos que, no seu caso, serán os que deban dar as explicacións oportunas.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful