You are on page 1of 3

Capítulo 55.

Ubicua

Ubicua: que está presente en todas as partes ó mesmo


tempo. Podería facer todo o que me piden se fose ubicua –
díxolle ó xefe.

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000...


si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que
amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios...
bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei
que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

O da confianza era máis complicado do que parecía. Froilán


poñíame probas nas que caía con facilidade, non conseguía
distinguir entre o que era ter confianza en min mesma e
cuestionar as ideas prefixadas. Según Froilán non había
opción para cuestionar nada, tiña que defender a ultranza
cada cousa que me pasara pola cabeza porque só iso era
verdade.

Eu, que me coñecía de máis tempo, sabía que ás veces pola


cabeza pasábanme cousas que non eran certas de todo, só
conseguía aillar os meus prexuízos podía ver a verdade,
pero non era capaz de facerllo comprender.

- Pois daquela tes que conseguir desbotar eses


prexuízos que dis que tes – dixo por fin.

Porén era máis fácil dicilo que facelo ¿quen consigue


desbotar a néboa que non deixa ver? Foi un debate intenso
que só puiden ganar ó mencionarlle a súa reacción ó pensar
que me deitara con el para evitar que collera a Damián.

- Eu non son ti, ti tes que conseguir facelo –


sentenciou e marchou durmir, deixándome plantada no
medio da habitación baldeira.

Ó día seguinte xa almorzara cando me veu despertar,


agardou con paciencia ate rematei e sen recoller nin nada
botámonos á rúa. Fixemos máis quilómetros que o día
anterior, non é que fose impresión miña polo cansanzo,
non, chegamos máis lonxe, ate el mesmo pareciu derrearse.
Ó chegar a casa deiteime e por moito que berrou Froilán
non me erguín ate botar unha pequena siesta.

- ¿Que é ubicua ou que? – falaba Froilán na cociña –


pois eu dígoche que está aquí na habitación do
lado... non, non, non pode ser.

Notaba polo volume que viña cara a habitación.

1
- Está aquí – dixo e colgou o teléfono.

Miroume serio, pero non dixo nada. Erguinme porque me


comecei a sentir incómoda de tan fixamente que fitaba.

- Se sabías que estaba non tiñas que vir comprobalo –


bromeei.

A el non lle fixo gracia, non riu, nin cambiou a expresión


da cara, nin se moviu.

- Non me poñas mala cara, que xa me ergo – dixen.

Non se inmutou.

- Duplicaches o tempo – acusou.

- ¿Eu? – preguntei - ¿e como supós que fixen semellante


cousa?

- Pois non o sei, pero dinme da cidade que te viron por


alí – dixo.

- ¿Que dis? Confundiríanse – dixen.

- Non, non se confundiron.

Sentou no borde da cama.

- ¿E agora que facemos? – preguntou.

- ¿Eu seino? – respondín.

- Era de esperar – dixo.

- Era de esperar non, se de cada vez que viaxamos


duplicamos o tempo ten que haber cincuentamil
realidades como mínimo – expliquei.

- Si, iso ten lóxica – admitiu – pero foi a única vez


que mandaches alguén ó pasado, igual esa é a causa.

Non podía crelo.

- Mirándoo polo lado bo: hai o dobre de nós para facer


o que facemos – dixen.

- E o dobre deles, co pequeno inconvinte de agora eles


saben de vós, ou de nós – botou en cara.

Tiña razón. A matemática non falla.

2
- A todo isto ¿e a nós que máis nos ten? – preguntei –
se hai o dobre pois que se entendan entre eles, a nós
non nos afecta para o tema este ¿non?

- Non, claro que non sei que pasará se te matan na


cidade – dixo.

- Por iso non te preocupes, seguro que son igual de


lista no outro tempo que neste – rin.

- Xa, se iso é o que me preocupa – dixo con retranca.

Contoume que o chamaran porque Cira lle dixera a Hugo que


me vira con Priscila e Clara probando un pixama
rechamante, según ela.

Related Interests