You are on page 1of 42

MARÍA CASARES

María Leonor Fini

FALA DE MARÍA CASARES


Nome:
MARÍA VICTORIA CASARES PERÉZ

Data de Nacemento: 22-11-1922

Lugar de Nacemento: A CORUÑA

Filla de:
GLORIA PERÉZ e
SANTIAGO CASARES

Profesión: ACTRIZ
Nacionalidade: O TEATRO

País de orixe:
A ESPAÑA REFUXIADA
Con Galicia nunca me puxen en orde.

Dalí

E quero quedar en desorde.


É A INFANCIA
“Nacín nese curruncho da terra
que recibe aos peregrinos de
Santiago de Compostela; na
Coruña, cidade “Nacín nese
recuncho de terra que lle volve as
costas ao continente pero
peninsular agochada nunha baía,
na mesmísima punta do nariz que
a Península Ibérica asoma sobre o
Atlántico.

Nacín alí. Meu pai e máis a miña


nai naceran alí e o meu avó
paterno e a miña avoa paterna e a
miña avoa materna e máis lonxe
na ascendencia os meus
devanceiros e a súa proxenitura.”
Miña nai:
“Requintada e forte, loura,
cos ollos azuis e un rostro cuberto
de pencas, Gloria Pérez paseaba
unha exquisita distinción, unha
presencia de raíña, e o seu sorriso
unha luminosidade invulgar…”

“Era, penso, intelixente, artista e


… meiga.”

“A vitalidade, o gozo de vivir, que


me deixou en herdanza,
abondarían para querela se todo nela
non me fose xa querido, tan
tenramente amado”.
Meu pai:
“Naceu en 1884,chamábase
Santiago Casares Quiroga, Casaritos
para os galegos, ou Santiaguiño,
Santiño e Santi para a súa muller…”

“Meu avó enviouno a Madrid para


doctorarse en dereito, de onde
el volveu axiña, cun bebé no colo
envurullado nun cobertor, que lle
presentou como a súa filla Esther…”

“Elegante e procurando a extravagancia, acudía, feito un dandi,


aos mitins libertarios, levando unha capa sorprendentemente
enorme de pura caxemira encargada “in England” con chapeu a
xogo vido directamente “from London”.
Miña irmá:
“Ben antes de que miña nai
existise para meu pai, eu xa tiña unha
irmá que se chamaba Esther Casares;
e moitos anos antes da miña chegada
a Francia, esta irmá Esther, interna en
Versalles, seguía os seus estudos no
liceo Victor Duruy, o mesmo onde,
despois, o azar quixo que preparase
o meu bacharelato cando o exilio nos
instalou en París.”
A miña infancia:
“Meu pai inicioume na
poesía lendo en voz alta ou decindo para
min, en castelán ou galego, fragmentos
da súa escolma persoal; e Rosalía de
Castro, Rubén Darío, Valle-Inclán, Curros
Enríquez…transformáronse en familiares.

Eu mesma declamaba a berros


empoleirada nunha árbore do xardín, en
voz baixa a tremer cunha extraña
emoción na escola ou diante de meu pai
na súa grande biblioteca.

Nun ángulo da mesma arranxara un pequeño laboratorio onde


estudabamos a división da célula, ou ben as reaccións químicas
de líquidos misteriosos…No campo levábame de mañanciña
diante das teas de arañeira … estaban ademais os caracois…, e
as formigas…, e as abellas…”
Estudia en Madrid no “Instituto Escuela”
formándose durante os cinco anos da
República …

“Educada nun sistema aberto, onde


unha gran parte do horario estaba dedicado
aos deportes, xogos, excursións,
experiencias prácticas, traballos manuais,
visitas de monumentos, museos, fábricas…
Iniciábannos na música, na danza, no teatro.

Foi alí onde eu encontrei o camiño


que debía reconciliarme comigo
mesma na cidade e conducirme ao lugar
exacto que podía ocupar nela: O Teatro”
Madrid 1936

“A EXPERIENCIA DA GUERRA É INENARRABLE


E SÓ PODE SER ENTENDIDA SI O QUE ESCOITA
O RELATO O VIVIU”
O 18 xullo de 1936 a familia preparábase a viaxar a
Galicia para pasar as vacacións de verán. Esa mesma
noite unha chamada telefónica dende Marrocos
anuncia a Casares, Ministro da Guerra, a sublevación
do exército.

Comeza para María, con 13 anos, un período decisivo; o seu pai dimite, deixa de
formar parte do goberno da República. Ela ingresa como auxiliar no hospital
Oftálmico transformado, polas circunstancias, en hospital de guerra

“Cando vin a meu pai deixar a casa polo frente e a mamá ofrecer os seus
servizos no Oftálmico, pedín ir con ela e tras dun primeiro rexeitamento
categórico, como eu insistía con ímpeto, papá, logo de me avisar que ía a
ser duro, aceptou finalmente.”
“Decidiuse deixarme ao cargo, despois dunha proba definitiva,
dunha sala de doce camas, onde o meu traballo consistía en
limpar o lugar, axudar os que estaban impedidos en todas as súas
necesidades, aseo, alimentación, vestido, etc...”

“Continuei, logo, a vivir no medio daqueles homes aos que me


unía con máis forza aínda, porque estaban de paso e porque mos
entregaban nus e desarmados na hora da verdade...”

“Alí coñecín tamén a paz, a verdadeira paz... a solidariedade, da


que tomei consciencia naquel lugar, e que me vinculou ao mundo”
O EXILIO: SAIDA PARA PARÍS
Rene Magritte

ADAPTARSE: UN PODER QUE NON LLE É


DADO A TODO O MUNDO; É UN PRIVILEXIO
Marc Chagall
Madrid convértese nunha cidade
bombardeada, o frente aproxímase, e iso
unido ó deterioro da saúde emocional e
física de María, fixo que o seu pai tomara a
decisión de trasladalas a Barcelona e
posteriormente a París.
Chegan a París en novembro do 1936.
Instálanse no hotel París-New York, número
148 bis, da rúa Vaugirard, trasladándose
despois a un apartamento contiguo na
mesma rúa. Considérase afortunada de ter
saído de España neste tempo.

“ Pero o azar…meu Deus! que sorte…para comezar, eu podía ir


parar a outro país que non fose Francia; ...Cheguei a primeira,
introducida polo prestixio da personalidade de meu pai, no
mesmo momento en que a guerra de España rodeaba de lenda a
todos os que ían ou viñan dela” .
Tamén as circunstancias dolorosas do desterro:

“Soterrara todo no decorrer do traxecto -todo-,… a miña irmá no


cárcere da Coruña privada da súa pequena; Susita, quen sabe
onde, o Instituto Escuela, os outros, Montrove e Bastiagueiro…
Até a miña lingua, tíñame que esforzar ó máximo para
esquecela.”
Os primeiros tempos en París foron
intensos; asistencia a clase, aprender a
coñecer unha lingua, os seus poetas e
escritores e percorrer unha gran cidade
como Paris.

Amigos e coñecidos tratan de facer o mais Dalí


agradable posible a súa estancia, dentro das
posibilidades, é a eles e mais a súa nai a quen se debe a orientación teatral de
María
“Foi unha noite na casa dos amigos, Colonna
e Alcover; na sobremesa Alcover, aguilloado
por miña nai, quixo oír recitar en español
“un romance castellano”.
“Entón erguinme, comecei a tremer;
despois a chorar e despois recitei”

No final da miña intervención


Colonna exclamou:
Magritte

- “Ten que facer teatro”, mentres Alcover rosmaba polo baixo:


-“Ten, se non, vai afogar”
Miña nai chantoume de repente
- “¿Queres facer teatro?
- Eu respondín: “si”
Así foi que o maratón comezou na sobremesa
Son tempos duros e difíciles; onde a
aprendizaxe, da nova lingua, clases,
pasantías, exames para a entrada no
conservatorio, mantéñena moi ocupada.

Todo isto sen esquecer que polo


apartamento onde viven pasan
cantidade de refuxiados procedentes de
España, que buscaban polos camiños
de Francia e de América -de México
sobre todo- un lugar onde afincarse e
traballar.
Maria Leonor Fini

As cousas complícanse aínda máis; a invasión de Francia por parte dos


alemáns trae consigo a saída de París, xunto cos seus pais, no ultimo tren a
Bordeos. A idea é marchar a Inglaterra e de seguido para América Latina;
finalmente só pode saír o pai.
Retorna a París, coa súa nai, e retoma os
estudos exactamente onde os deixara na
pausa, agora cun París ocupado.

“Arestora, en 1940, velaquí nós as dúas, aloxadas


no noso pombal, soas, xuntas, a loitar co exilio, a
guerra, a nosa situación, e a vida á que ambas
queremos fincarlle o dente, eu para agarrala, ela,
Max Ernst
para xa non perdela. Todo vale, logo, para vivir”

Aprobou o exame de ingreso no Conservatorio, neste ano, con dúas


escenas clásicas: “Hermione e Eriphile”, consideradas ata ese
momento tabú. A súa timidez xunto co seu carácter nervioso faille
pasar malos momentos tanto no teatro coma na sociedade.
OS COMENZOS NO TEATRO

Kandinsky

SEN OUTRA AMBICIÓN QUE “SAIR DO PASO”, E VIVIR.


Asinou o seu primeiro contrato com Marcel
Herrand, que xunto a Jean Marchant,
rexentaban o teatro Mathurins, e así dinos:

“ Fun contratada por un ano, no 1942,


para representar os xoves e os sábados
de mañá unha obra irlandesa, onde facía
o primeiro papel, en francés, e que me
consagrou como primeira actriz”.
Max Ernst

“O teatro dos Mathurins estaba habitado, sustentado, conducido


por un home de teatro e por un puro comediante, porque eses
dous homes eran tan diferentes que eles mesmos eran a
representación mesma do teatro (ese lugar de exiliados).”
“A miña estadía de tres anos neste lugar, foi un dos
períodos máis lindos que teño vivido no teatro.”

Durante estes tres anos, ademais do teatro, traballou en cine


e radio, para poder sobrevivir ela e a súa nai. Ao mesmo
tempo a súa casa servía polas noites como refuxio, dunha
amiga xudía, Nina, finalmente deportada, e que consideraban
como un lugar seguro xa que como dicía súa nai:

“Eles nunca van a imaxinar que unha xudía se


refuxie na casa de dúas refuxiadas españolas!
ALBERT CAMUS (1944)

O AMOR CON ORGULLO TEN O SEU


GRANDOR, PERO NON TEN A CERTEZA
CONMOVEDORA DO AMOR-XENEROSO
“ Marcel Herrand púxome nas mans
as probas da imprenta da edición
dunha obra: Le Malentendu.

Lina. Gustoume. E busquei o nome do


autor. Albert Camus. Nunca oíra falar
del.”

“Os ensaios do Malentendu comezaban


na primavera de 1944, e partir dese
momento os acontecementos ían tecerse
nunha tea moi mesta ao meu arredor.”

“Foi durante a guerra que vivimos o noso primeiro encontro e coa


vinda da paz nos separamos.”
Viámonos no teatro,
atopábamonos principalmente
na casa del, no taller-estudio.

Foi naquel obradoiro onde


aprendín a coñecelo. Souben
da súa pertenza á Resistencia
e faloume por primeira vez do
xornal clandestino Combat.

Foi el tamén o que me fixo aproximar a aqueles que loitaban en


Francia. Nunca se me pasara pola imaxinación colaborar nun dos
movementos da Resistencia... alí onde souben que súa nai era de
orixe española ; e, tamén, que deixara en Alxeria unha muller nova e
bonita que agardaba o fin da guerra para reunirse co seu marido
Camus

“Ollar lúcido, clarividente, aberto,


brutalmente informado pero sempre
compasivo; esa voz secreta e
apaixonada, dolorosamente
vehemente, orgullosa, irónica,
fraternal; …”

“E o seu berro infatigábel, o NON


aos deuses e aos homes da
inxustiza, da mentira, do sufrimento
e da morte, e a todo mandamento
que, sexa cal sexa o pretexto, tenda
a someter o home ou a afastalo da
súa grande aventura, a do
pensamento”
“Entrementes as comunicacións
con Arxelia restablécense e a fin
da guerra achegábase”.

“Cando me falou dunha posíbel


marcha a México -lonxe de todos-
comprendín que nunca
abandonaría os meus -a miña nai, o
meu pai- por nada e por ninguén.”

“Dende Verdelot, onde el procurara un refuxio contra a ameaza


da xestapo, onde me agardaba e a onde eu non fun, recibín unha
carta que sorprendería a calquera que quixese acusalo de
frialdade, de formalismo, de orgullo ou de indiferenza”
Sepáranse
. no 1944, María tiña 22 anos, vólvense
atopar o 6 de junio de 1948.

“E dende entón endexamais nos deixamos”.

Albert Camus recibe o premio Nobel de


Literatura no ano 1957, négase a
recollelo, e morre, en accidente de coche,
o 4 de xaneiro de 1960.

“ O único acontecemento da súa


existencia que escapa á miña
comprensión é a súa morte; esa maneira
de se malograr no momento mesmo en
que todo debía comezar para el”.
ACTRIZ
O meu nome é María Casarés. Nacín en Novembro de 1942 no teatro
Les Mathurins.

A miña patria é o teatro; e os dramas, as traxedias, as farsas, os


melodramas, os sainetes, os vodevís, os milagres ou misterios, toda a
comedia humana, que alí se interpreta, é a que eu vivo.
“Coñecín no escenario máis
problemas, dificultades, incidentes,
accidentes, fracasos, triunfos,
praceres, alegrías, éxtases,
acontecementos de toda clase e de
toda envergadura, que todos cantos
podería acumular na máis rica das
existencias”

“Viaxei por todas partes, no espazo


e no tempo”

“Coñecín a Xoana de Arco, a María


Tudor de Inglaterra, a Catarina de
Rusia, a Fausto de Wittemberg,
aTeresa de Ávila, a Medea dos
gregos e a San Juan de la Cruz”
“Vivín meses na intimidade
de Séneca, Shakespeare,
Calderón, Ibsen,
Strindberg e Racine.
Partillei as fascinacións, as
decepcións e os abraios
dos artistas do noso tempo

Vivín nos palacios do


Renacemento, nos castelos da
Idade Media, nas ruínas do
Imperio Azteca. Cabalguei as
monturas das amazonas.
Camiñei do outro lado dos
espellos. Sobrevivín á guerra, á
peste, é á mesma morte”
“Fun a Morte, a Vida, o Home, a Muller, unha Planta, unha
Serpe, unha Illa no Océano Índico. Vivín cen destinos. Sufrín
os máis graves casos de conciencia. Matei. Traizoei. Fun
verdugo e mártir. Sádica e masoquista. Tirana e escrava.
Representei as máis belas historias de amor”
ANDRÉ SCHLESSER

O HOME CO QUE CASEI O 27 DE XUÑO DE 1978


André Schlesser:

“Naceu en 1914. No documento de


identidade o seu nome é André e o
apelido Schlesser. Pero chámanlle Dadé.

Foi no Théâtre National Populaire onde o


coñecín. Dadé era para nós o fetiche,
Marc Chagall o amuleto.
Para min é o mesmo aire que respiro e que renuncio a tocar. É o
que sempre desaparece pero xamais se evade. No seu illamento é
o mundo repoboado. É todos os tempos e todos os lugares. É o
meu bastón alén do camiño.
Canta do mesmo xeito que vive, desde cativiño, unha longa
cantarea que anuncia en toda parte, e onde entoa a súa propia
vida. Só os paxaros, que eu saiba viven así”.
“A violencia e a guerra son para el
inherentes á vida e á morte, que
coloca xuntas.
A xustiza é a lei por riba das leis.
Orgulloso a máis non dar, pensa que a
humillación degrada só a quen humilla.
Alí onde se mestura cos demais homes,
hai pacto, nunca desafio.

Durante os anos de Ocupación, non o


marcou ningún feito heroico. Xitano,
estaba ameazado polos campos de
Marc Chagall exterminio. Se o ocupante se preocupou
del, nunca foi a causa das súas orixes, senón polo apelido alsaciano.
Detrás deste apelido o medo palpitaba con cada pulsación”
.
Marc Chagall

“Velaquí o meu marido. O único home que me deu o seu apelido


despois de meu pai; ao que acudín do xeito máis natural para que
me unise a miña nova patria. Ao que persigo pousando os meus pés
nos rastros dos seus pasos, como facía de pequeniña nas pegadas
dos pasos de miña nai”.

“E deste xeito os datos para o novo documento que me definen son:


Nome:
MARIA SCHLESSER

Pseudónimo:
MARÍA CASARÉS

Nome de solteira:
MARÍA VICTORIA CASARES

Estado civil:
CASADA

Nacionalidade:
FRANCESA
O 27 de Novembro de 1996 morre en París María Casares
É trasladada a Allou onde estaba a súa casa, a única que tivo en
propiedade, hoxe convertida en “Maison du comédien María Casarés”,
tras facer doazón da propiedade ao concello
BIBLIOGRAFÍA:

MARÍA CASARES. 1ª Edición “Residente Privilexiada”.


Impreso en Galiza 2009. Editorial Trifolium

MARÍA LOPO. 1ª Edición “Cartas no exilio”.


Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María
Casares (1946-1949). Baía Edicións.

UNIÓN LIBRE. Cadernos de vida e culturas. Núm 13.


“A Voz das Vítimas do 36”. Edicios do Castro

INTERNET. Imaxes de cadros, fotos, e demais material


gráfico…
Léon Bakst