AUTOCONSTRUCCION DE COCIÑAS SOLARES

Rede de Permacultura del Noroeste Nodo Val Miñor

OBRADOIRO DE AUTOCONSTRUCCION DE
Cociñando co Sol, aforrando enerxía
Presentación: E unha evidencia, que nos encontramos nun momento crucial da historia da humanidade. Despois de séculos de esgotamento dos recursos naturais e da destrucción de noso patrimonio ecolóxico, enfrontámonos a un tempo de incertidumbre, ó abordar o esgotamento das reservas de hidrocarburos. Acabouse, por tanto o petróleo barato e é agora mesmo o momento de reflexionar sobre noso modelo de vida, baseado no crecemento sen fin nun mundo finito. É por iso que cobra actualidade a necesaria e urxente reconsideración da nosa forma de vida baseada nun consumo case enfermizo; reflexionando sobre noso verdadeiro papel na historia de este planeta e cambiando radicalmente nosos hábitos e costumes, transformándoos en accións efectivas para tentar inverter a tráxica tendencia que nos ofrece un panorama futuro inmediato cheo de desequilibrios ambientais, sociais y económicos. Neste contexto, aparece este obradoiro sobre autoconstrucción de cociñas solares, sabemos que cociñar co sol non é a solución pero si unha parte da solución, e quizais un primeiro paso para un gran camiño... cara a sustentabilidade. Obxectivos: 1. Explicar os principios básicos da enerxía solar para cociñar 2. Autoconstrucción de unha cociña solar eficaz con materiais simples e reutilizados, como o cartón, bricks, cristal, papel de aluminio... 3. Fomentar a reciclaxe de materiais e o aforro de enerxía como primeiro paso para camiñar cara “outro mundo é posíbel”. Dirixido a: Calquera persoa interesada en avanzar cara a autosuficiencia enerxética.

COCIÑAS SOLARES

PROGRAMA: Modulo Teórico:  Pequena historia da cociña solar  Principios de deseño da cociña solar o Principios de calor  Ganancia de calor  Perdida de calor • Conducción • Radiación • Convección  Almacenamento de calor  Utilización da cociña solar  Factores culturais Modulo Práctico:
 Deseño e proporcións da caixa solar mínima

    

o Tamaño da caixa o Area de acumulación de calor en relación o volume da caixa. o Proporción da cociña solar o Reflector Construíndo a base Illamento Construíndo a tapa Mellorando a eficiencia Probando as cociñas participantes, a ser posible reutilizados, que terán que conseguir para a autoconstrucción de súa cociña solar:Un vidro de fiestra de longo de uns 60cm e de ancho non iferior a 50cm (o tamaño ideal sería 60cm x50cm) 1 caixa de carton do tamaño do vidro, cartón, bricks e papel brillante tipo patatillas,e chapa negra (5cm mais estreita e corta que a caixa de cartón), pode ser de un forno antigo.

 Materiais: Os materias terán que ser aportados polos

Profesorado: Rede de Permacultura do Nororeste, Nodo Val Miñor Duración: Sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 19:30h Domingo de 10:00h a 14:00h Orzamento: Prezo Libre