DOG Núm.

100

Mércores, 25 de maio de 2011

Páx. 11388

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 15 de abril de 2011 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para cubrir prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades españolas e estranxeiras. A Xunta de Galicia, de acordo co previsto na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, deberá desenvolver as accións necesarias para a difusión da lingua propia de Galicia fóra do seu ámbito territorial. As competencias nesta materia correspóndenlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística, de acordo co disposto no Decreto 332/2009, do 11 de xuño, que está adscrita á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o Decreto 83/2009, do 21 de abril. Así mesmo, o 21 de setembro de 2004 foi aprobado no Parlamento de Galicia, por unanimidade de todos os grupos parlamentarios, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, xestado, no seu momento, por instancia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No devandito plan recoméndanse unha serie de medidas de actuación segundo o sector social implicado. No que se refire á proxección exterior do galego un dos obxectivos marcados no plan é o de «Consolidar o ensino e a investigación do galego nas universidades en que xa existe como materia de estudo e introducilo noutras universidades de interese estratéxico». No sentido apuntado, e a través de convenios de colaboración subscritos con universidades de fóra de Galicia interesadas en incluír nos seus plans de estudo o ensino da lingua, a literatura e a cultura galegas, créanse os centros de estudos galegos como órganos de referencia nestas universidades, a través dos cales se canalizan as actividades promotoras da nosa lingua, non só neste ámbito académico senón tamén na súa área de influencia. A maioría destes centros refórzanse coa presenza dun lector ou lectora que, como complemento á súa actividade formativa, se responsabiliza da docencia, da investigación e da promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas. Os importes das súas bolsas establécense expresamente nos ditos convenios de colaboración, imputándose o gasto ás aplicacións orzamentarias 09.03.151A.781.2, cando o aboamento da bolsa recaia sobre universidades públicas españolas, 09.03.151A.770.0, cando o aboamento recaia sobre universidades privadas españolas, 09.03.151A.790.0, cando o aboamento o deban facer

CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta axuda económica. 11389 universidades estranxeiras e 09. DISPOÑO: Artigo 1. do 22 de febreiro. e pola Lei 12/2007. modificada pola Lei 11/1988. no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983. ISSN1130-9229 Depósito legal C. cando a bolsa sexa aboada directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. do 20 de outubro. –Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas. Obxecto. mérito e capacidade das prazas nos lectorados de lingua.480.03. En consecuencia. reguladora da Xunta e da súa Presidencia.DOG Núm.xunta. Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos: –Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea. Localidade Madrid Barcelona Granada Bilbao Heidelberg Padua Roma Faro Braga País España Alemaña Italia Portugal 1. literatura e cultura galegas que se relacionan na táboa seguinte: CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b Destino Universidade Complutense de Madrid Universidade de Barcelona Universidade de Granada Universidade de Deusto Universidade de Heidelberg Universidade de Padua Universidade de Roma La Sapienza Universidade do Algarve Universidade do Miño Artigo 2. do 27 de xullo.2. 25 de maio de 2011 Páx.494-1998 http://www. 100 Mércores. Requisitos. Proceder á convocatoria en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios constitucionais de igualdade.es/diario-oficial-galicia .151A.

25 de maio de 2011 Páx. 21 créditos en materias de inglés.494-1998 http://www. • Grao en lingua e literatura españolas. 21 créditos en materias de inglés. * Poderán solicitar as prazas localizadas en Alemaña ou Italia aqueles que estean en posesión das seguintes titulacións: • Licenciatura en tradución e interpretación. • Grao en tradución e interpretación. 11390 * Poderán solicitar todas as prazas ofertadas aqueles que estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións: • Licenciatura en filoloxía galega. sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego. como mínimo. ISSN1130-9229 Depósito legal C. sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en lingua e literatura galegas ou Maior Plus en introdución á lingua e literatura galegas. acrediten 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou.es/diario-oficial-galicia .DOG Núm. sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en lingua e literatura galegas ou Maior CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b Plus/modalidade mixta en introdución á lingua e literatura galegas. acrediten 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou. subsección de galego-portugués. sempre que. • Grao en estudos de galego e español. no canto destes. • Grao en lingua e literatura galegas. como mínimo. • Licenciatura en filoloxía hispánica. no canto destes. sempre que.xunta. • Licenciatura en filoloxía románica. • Grao en galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios. 100 –Titulación académica: Mércores. • Grao en lingua e literatura modernas.

se visen obrigadas a cesar na súa condición de lectores ou lectoras por causas alleas á súa vontade. Exceptúanse do disposto no parágrafo anterior aquelas persoas que. literatura e cultura galegas e que obtivesen a súa bolsa en convocatorias públicas anteriores. 2. Os nomeamentos producirán os seus efectos desde a data que inicie o período correspondente ao primeiro deles. renovará a bolsa do lector ou lectora. Artigo 3. 25 de maio de 2011 Páx. 100 Mércores.DOG Núm. sempre que non mediase ningunha das circunstancias previstas nos artigos 3. 3. baixo a dirección do responsable da cátedra ou do Centro de Estudos Galegos. Quedan excluídas aquelas persoas que.2011 e o 30. Este nomeamento inicial poderase renovar sucesivamente en dúas ocasións máis ata completar cada lector ou lectora unha estadía máxima de tres anos. un informe sobre o beneficiario en que se recolla unha evolución negativa ou pouCVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b co satisfactoria na formación e no aproveitamento das experiencias e prácticas realizadas no lectorado ou baseado en calquera das circunstancias previstas no artigo 12. Actividade. O lector ou lectora. Artigo 4.2012. en coordinación con este e como complemento práctico á súa actividade formativa. desenvolverá actividades de docencia. As persoas seleccionadas serán nomeadas para unha primeira estadía que abranguerá o período comprendido entre o 1. ben por parte desta ou ben por parte do responsable do Centro de Estudos Galegos.10. Para o cómputo do período máximo de permanencia non se terán en conta os nomeamentos provisionais derivados de substitucións. sempre que esta circunstancia non contraveña a normativa propia da universidade de destino. reunindo estes requisitos.2. estean a exercer ou exercesen como lectores ou lectoras de lingua.2 e 12. Duración.9. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 1. sempre que non exista. antes de rematar o período máximo de estadía.494-1998 http://www.2. excluíndo o suposto de inexistencia de convenio en vigor. e de programación e organización de tarefas de ISSN1130-9229 Depósito legal C. 11391 2. mediante resolución do/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 1.xunta. respecto daquelas materias relacionadas coa potenciación da lingua galega que se concretan nos convenios de colaboración asinados coas correspondentes universidades.es/diario-oficial-galicia .

etc. no seu defecto. En calquera caso deberá comunicar á Secretaría Xeral de Política Lingüística o desenvolvemento de actividades alleas ao obxecto desta convocatoria para que esta determine se procede a compatibilidade. difusión e promoción da lingua. dificulten ou menoscaben o cumprimento das condicións establecidas para o desfrute da bolsa concedida. para aqueles lectorados localizados en universidades españolas. 3. en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela ou. a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ou por calquera outro órgano fiscali- ISSN1130-9229 Depósito legal C.12 €. A opción elixida dependerá da normativa aplicable en cada unha das universidades de destino e recollerase no convenio de colaboración que se asine entre as dúas institucións. 1. para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras. así mesmo. O/A lector/a queda obrigado. quedan obrigados a asistir e superar o devandito curso na edición que desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística se lles indique. 2. 3. 25 de maio de 2011 Páx. os lectores ou lectoras que resulten adxudicatarios das bolsas obxecto desta convocatoria deberán acreditar ter superado o curso de formación de profesores de galego que regularmente organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística. 2. residencia.96 €. é dicir. Artigo 5. 100 Mércores. xunto coa contía que se percibirá e a partida orzamentaria correspondente. da literatura e da cultura galegas. –1. desprazamentos urbanos. o importe dos conceptos indebidamente percibidos.es/diario-oficial-galicia .123. O lector ou lectora de lingua.DOG Núm. non só no ámbito universitario senón tamén na súa área de influencia. O/A lector/a queda obrigado a reintegrar. 5. 11392 investigación. Así mesmo.2.277. total ou parcialmente. Neste importe considéranse incluídos todos os conceptos. Para o ano 2011 o importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte: CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b –1. 4. O/A lector/a percibirá o importe da bolsa directamente da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou a través da universidade para a que sexa seleccionado. requisitos burocráticos.494-1998 http://www. O incrumprimento do previsto neste punto dará lugar á aplicación do estipulado no artigo 12.) con cargo á bolsa adxudicada.xunta. o/a lector/a fará fronte aos gastos de tipo persoal que se poidan derivar da súa estadía (tales como viaxes. literatura e cultura galegas non poderá desenvolver actividades que impidan. Contía da bolsa.

–Copia compulsada dos xustificantes dos méritos alegados no currículo.494-1998 http://www. –En relación co anterior. escrito asinado que conteña a explicación dos motivos da súa solicitude e proxecto didáctico e de traballo.xunta. Solicitudes e documentación. deberán ir acompañados dunha tradución a algún destes. para o mesmo proxecto. orixinal ou copia compulsada da certificación académica persoal. tamén o farán constar. –Copia compulsada da titulación académica exixida no artigo 2. da documentación que a seguir se especifica: –No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade. ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos. ISSN1130-9229 Depósito legal C. no caso de ser seleccionado.DOG Núm. De non ter solicitada ou concedida ningunha. para seren valorados. no exercicio das súas funcións de control das axudas públicas. 25 de maio de 2011 Páx. 1. –Declaración xurada de non estar en situación de servizo activo como funcionario ou. –Calquera outra que se considere oportuna. Ademais desta documentación.es/diario-oficial-galicia . 11393 zador das administracións públicas. 2. –Currículo. 100 Mércores. Artigo 6. do 23 de marzo). As solicitudes axustaranse ao modelo oficial recollido como anexo I desta orde e irán acompañadas. en caso contrario. polo menos. indicación do corpo de pertenza e compromiso de solicitar o pase á correspondente situación administrativa. incluíndo ao pé unha declaración responsable asinada cunha lenda que faga constar que se trata dunha tradución fiel do documento orixinal. copia compulsada do DNI ou do documento acreditativo da identidade. ou da acreditación de tela solicitada.º 57. CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b –Para cada universidade solicitada. os solicitantes presentarán unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas. con expresión da nota media simple calculada en función do disposto na resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 2005 (DOG n. con expresión de todos os méritos alegados. Os xustificantes dos méritos redactados nun idioma distinto aos oficiais en Galicia.

es. As solicitudes e a documentación acreditativa serán examinadas e valoradas por unha comisión integrada polos seguintes membros: –O subdirector xeral de Política Lingüística. de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. quen actuará como presidente. Prazo de presentación. 2. Comisión de valoración. contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. un teléfono de contacto e o lugar e data de presentación da solicitude. Artigo 7. notificarán este feito á Secretaría Xeral de Política Lingüística ISSN1130-9229 Depósito legal C.xunta. do 26 de novembro. 100 Mércores. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude no rexistro xeral da Xunta de Galicia. CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b 1. nun prazo de dez días. –Por parte das universidades. catro lectorados. que deberán citar no anexo I por orde de preferencia. no cal indicarán o seu nome e apelidos.DOG Núm.es/diario-oficial-galicia . 25 de maio de 2011 Páx. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos. Se a súa presenza non é posible. –O xefe da Sección de Habilitación.494-1998 http://www. Os interesados poderán solicitar. considerarase que desiste da súa petición ou deixaranse sen valorar os méritos que non se xustifiquen debidamente. e remitirán un correo electrónico.4 da Lei 30/1992. 4. segundo corresponda. 11394 3. notificaráselle ao interesado para que. Artigo 8. ao enderezo lectorados@edu. os responsables dos centros de estudos galegos.xunta. 1. como máximo. emende os erros ou presente os documentos requiridos. ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38. –A xefa do Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Transcorrido o dito prazo sen que se produza a emenda. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes.

con indicación do motivo. –Non achegar o escrito asinado coa explicación dos motivos da solicitude e o proxecto didáctico e de traballo. O informe CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b recollerá: a relación de admitidos na convocatoria. Artigo 9. con voz pero sen voto. indicando a valoración detallada dos méritos de cada candidato. A comisión de valoración poderá acordar a incorporación ás súas reunións de persoal de carácter técnico que contribúa a unha correcta valoración dos méritos alegados polos aspirantes ou a aclarar as dúbidas que lle poidan xurdir aos membros da dita comisión. quen exercerá como presidenta da comisión ante a ausencia do seu titular. e a relación de admitidos para cada universidade por orde decrecente de puntuación.DOG Núm. elaborará un informe que se xuntará á acta da reunión. que actuará de secretario. 2. En relación co disposto neste artigo. será cuberta polos seguintes suplentes: –A subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Língüística. e comunicarán ambas as circunstancias por escrito. A ausencia dalgún dos membros da comisión pertencente á Secretaría Xeral de Política Lingüística. 11395 e poderán delegar a súa representación. a relación de excluídos. A comisión valorará os méritos.es/diario-oficial-galicia . –A xefa do Servizo de Xestión e Promoción Lingüística.494-1998 http://www. debidamente acreditados por cada un dos interesados. Este persoal actuará con voz pero sen voto nas reunións da citada comisión. ISSN1130-9229 Depósito legal C. –Non achegar o currículo. de acordo co contido do anexo II desta orde. Para estes efectos.xunta. 3. Valoración de méritos. serán causas específicas de exclusión as seguintes: –Non achegar a certificación académica persoal nos termos establecidos no artigo 6. 2. 100 Mércores. –Un funcionario da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 25 de maio de 2011 Páx. 1.

8. Resolución. a aqueles participantes na presente convocatoria que. ás persoas incluídas na listaxe CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b ISSN1130-9229 Depósito legal C.DOG Núm.xunta. A carencia deste convenio supón deixar sen efectos o nomeamento dos lectores/as afectados/as. 1. 5. O prazo máximo para resolver a convocatoria será de seis meses.es/diario-oficial-galicia . Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e será notificada ás correspondentes universidades de destino. 100 Mércores. ante o rexeitamento deste. obteñan unha puntuación igual ou superior a 5 nas universidades solicitadas. e ofertarase. e así sucesivamente ata a súa cobertura. 11396 –Non presentarse á entrevista persoal. as solicitudes entenderanse desestimadas. 2. contados a partir da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. en primeiro lugar. Se algún lectorado é declarado deserto. non o tendo solicitado nun principio e non obtendo outra praza. mediante entrevista. Artigo 10. abrirase un procedemento especial para a súa cobertura.494-1998 http://www. xunto cunha proposta de resolución en que figurará a adxudicación dos lectorados a aqueles/as interesados/as que obteñan a maior puntuación total e acompañando tamén a manifestación expresa dos candidatos/as propostos de aceptar o seu nomeamento. 25 de maio de 2011 Páx. o seu nomeamento como lectores estará condicionado a que obteñan o pase á situación administrativa correspondente. 4. 7. ofertarase. de entre estes candidatos ao considerado máis idóneo para ela. xa que o dito nomeamento é incompatible co desempeño dun posto de traballo na Administración pública. No caso de funcionarios en servizo activo. proporase o seguinte con maior puntuación. A resolución desta convocatoria queda condicionada á existencia de convenio en vigor entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e cada unha das respectivas universidades. De acordo coa proposta formulada. en segundo lugar. A comisión de valoración elevaralle ao/á titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística a acta da reunión recollida no artigo anterior. 3. De non se resolver neste prazo. As bolsas non poderán ser adxudicadas a aqueles solicitantes que obteñan unha valoración total inferior a 5 puntos. Se algún dos/as candidatos/as propostos non acepta o seu nomeamento. Se este procedemento resultase frustrado. ofreceráselle ao seguinte. e seleccionando. 6. na data en que se faga efectivo o nomeamento dos/as lectores/as. o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística ditará resolución nomeando os/as lectores/as propostos.

unha valoración total de 5 puntos na dita convocatoria.DOG Núm. Se non for posible cubrir o lectorado por este sistema. 100 Mércores. nacionais ou internacionais. e así sucesivamente ata a súa cobertura. conten coa maior puntuación na devandita listaxe. algunha das seguintes circunstancias específicas: –Incumprimento total ou parcial do disposto no artigo 4 desta orde. 25 de maio de 2011 Páx.494-1998 http://www. Se. cumprindo cos requisitos previstos no artigo 2. Revogación e suspensión. poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. logo da instrución do correspondente procedemento. entre a Xunta de Galicia e os lectores/as seleccionados/as. poderá revogar o nomeamento dos/as lectores/as. 11397 de profesorado colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística e seleccionarase o adxudicatario mediante entrevista persoal de entre as cinco aceptacións que. 2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e. ou de natureza similar. Substitucións. Esta substitución abranguerá o período que dure a causa que a orixina. ou suspendelos temporalmente cando concorran. –Notoria falta de actitude no desenvolvemento das actividades previstas no artigo 4. a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados. Artigo 11. 1. ISSN1130-9229 Depósito legal C. A Secretaría Xeral de Política Lingüística.es/diario-oficial-galicia . 9. como mínimo. A concesión e percepción da bolsa non implica ningún tipo de relación laboral. este cubrirase provisionalmente co seguinte candidato con máis puntuación que concorrese a esta convocatoria. e sempre observando que o substituto acade. a Secretaría Xeral de Política Lingüística empregará o procedemento descrito en segundo lugar no artigo 10. CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b Artigo 12. en todo caso. 1. O disposto no punto anterior tamén será de observancia para a cobertura dos lectorados cando sexa necesaria a substitución temporal do seu bolseiro titular. e polo tanto da bolsa concedida. serán de novo convocados para seren cubertos mediante concurso público de méritos na seguinte convocatoria. algún dos/as lectores/as renuncia ao lectorado. agás o caso previsto na situación recollida no punto anterior.8. Os lectorados cubertos de forma interina. 2.xunta. 3. ofreceráselle ao seguinte. Ante o rexeitamento deste. unha vez nomeados. ademais das establecidas con carácter xeral.

do 27 de xullo. do 29 de decembro. do 15 de xuño. –Inexistencia de convenio en vigor. do 13 de xuño. respecto do establecido no artigo 4. creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005. 100 Mércores. de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.2. de acordo co previsto no Decreto 132/2006.4 da Lei 4/2006. agás nos supostos legalmente establecidos. A presentación da solicitude para participar nesta convocatoria implica o coñecemento e aceptación das bases que a regulan. a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria incluirá nos devanditos rexistros. –Obtención concorrente de axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados para este mesmo proxecto. Así mesmo. 1. Artigo 13. 2. polo que a presentación da solicitude conleva a autorización dos beneficiarios para o tratamento dos datos necesarios para este fin.es/diario-oficial-galicia . como consecuencia delas. De conformidade co artigo 13. Autorizacións e publicidade. as devanditas bases e os datos relevantes referidos ás subvencións concedidas. os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas polos adxudicatarios que participen nesta convocatoria. de normalización lingüística. polo cal a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web. do 13 de xuño. puidesen impoñerse. no Diario Oficial de Galicia. 3. polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización dos beneficiarios para o tratamento necesario dos seus datos persoais. do 30 de xuño. subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia. –Posterior coñecemento de nomeamento indebido por non reunir as condicións requiridas para isto. 4. de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. así como as sancións que.xunta. 25 de maio de 2011 Páx. 11398 –Incumprir. a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará na súa páxina web as bases que regulan esta convocatoria e. de subvencións de Galicia. coas excepcións previstas no artigo 15. CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www. polo que se regulan os rexistros públicos de axudas. de subvencións de Galicia. alínea d) da Lei 9/2007. Segundo o previsto nos artigos 14 e 15 da Lei 9/2007. a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. o previsto na disposición adicional da Lei 3/1983.DOG Núm.

directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 100 Artigo 14.494-1998 http://www. Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria ISSN1130-9229 Depósito legal C. de subvencións de Galicia.xunta. Disposición derradeira segunda. O/A titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá ditar. do 25 de xullo). de modificación da Lei 30/1992. os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o/a titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Disposición adicional única. segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999. do 26 de novembro. de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 15 de abril de 2011. Contra esta orde. contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. do 8 de xaneiro (DOG n. Artigo 15. no ámbito das súas competencias. 11 e 12 desta orde. 10. os preceptos declarados básicos pola disposición derradeira primeira da Lei 38/2003. Decreto 11/2009. segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998. xeral de subvencións e Real decreto 887/2006. polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. no prazo de dous meses. no prazo dun mes. do 18 de novembro).º 20.º 121. ou ben. Delégase expresamente no/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística as facultades de resolución que deriven da aplicación dos artigos 3. cantos actos e medidas sexan precisas para o desenvolvemento desta orde. 11399 1. contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. O réxime xurídico aplicable a esta convocatoria é o seguinte: Lei 9/2007. do 25 de xuño). Mércores. CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b Disposición derradeira primeira. do 17 de novembro (BOE número 276. do 13 de xuño (DOG n. do 13 de xullo. do 21 de xullo (BOE número 176. Santiago de Compostela. do 29 de xaneiro). reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Recursos. que lle pon fin á vía administrativa.es/diario-oficial-galicia . Réxime xurídico.DOG Núm. 25 de maio de 2011 Páx.

NÚMERO E ANDAR) PROVINCIA CÓDIGO POSTAL CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO ENDEREZO ELECTRÓNICO SOLICITA: Ser admitido/a na convocatoria para a cobertura de lectorados de lingua. OU EN CASO CONTRARIO. a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta resolución. para a consulta dos meus datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia SI NON De conformidade cos puntos 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006. do 27 de xullo. para o seu tratamento. ANTE AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS COMPETENTES OU OUTROS ENTES PÚBLICOS. e incluirá igualmente as referidas axudas e as sancións que. 11400 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Secretaría Xeral de Política Lingüística PROCEDEMENTO CONVOCATORIA DE LECTORADOS DE LINGUA. mediante un escrito dirixido a esta consellería como responsable do ficheiro (o enderezo figura ao pé desta solicitude). se pide varias): 1º 2º 3º 4º DOCUMENTACIÓN PRESENTADA NO CASO DE NON AUTORIZAR A CONSULTA DOS DATOS DE IDENTIDADE. Vostede pode exercer os dereitos de acceso. de protección de datos de carácter persoal. CERTIFICACIÓN ACADÉMICA PERSOAL (OU COPIA COMPULSADA).es/diario-oficial-galicia . 100 Mércores. e a orde da Consellería da Presidencia. como consecuencia delas. LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS E ESTRANXEIRAS CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO ED110A SOLICITUDE DATOS DO/A SOLICITANTE APELIDOS NOME DNI ENDEREZO (RÚA. coa finalidade da xestión deste procedemento. do 23 de outubro. do 30 de xuño. polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade. SINATURA DO/A SOLICITANTE OU PERSOA QUE O/A REPRESENTA ________________ DATA DE ENTRADA ____ /____/______ REVISADO E CONFORME DATA DE EFECTOS ____ /____/______ DATA DE SAÍDA Lugar e data ____ /____/______ . literatura e cultura galegas en universidades españolas e estranxeiras. COPIA COMPULSADA DA TITULACIÓN ACADÉMICA EXIXIDA NO ARTIGO 2. CURRICULUM. TAMÉN O FARÁN CONSTAR. INDICACIÓN DO CORPO DE PERTENZA E COMPROMISO DE SOLICITAR A EXCEDENCIA CORRESPONDENTE. COPIA COMPULSADA DOS XUSTIFICANTES DOS MÉRITOS ALEGADOS NO CURRÍCULUM. PARA O MESMO PROXECTO. polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005.494-1998 http://www. CON EXPRESIÓN DA NOTA MEDIA SIMPLE. ESCRITO ASINADO COA EXPLICACIÓN DOS MOTIVOS DA SOLICITUDE E O PROXECTO DIDÁCTICO E DE TRABALLO. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999. DECLARACIÓN DO CONXUNTO DE TODAS AS SOLICITUDES DE AXUDAS EFECTUADAS OU CONCEDIDAS. DE NON TER SOLICITADA OU CONCEDIDA NINGUNHA. OU DA ACREDITACIÓN DE TELA SOLICITADA. rectificación. do 29 de decembro. PARA CADA UNIVERSIDADE SOLICITADA. literatura e cultura galegas en universidades de España e do estranxeiro. de de Secretario/a xeral de Política Lingüística ISSN1130-9229 Depósito legal C. CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b Autorizo a consellería de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008. do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve. nos correspondentes rexistros públicos. se poidan impoñer.xunta. OUTRA (RELACIONALA): DECLARACIÓN XURADA DE NON ESTAR EN SITUACIÓN DE SERVIZO ACTIVO COMO FUNCIONARIO. COPIA COMPULSADA DO DNI OU DO DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE.DOG Núm. e co previsto no Decreto 132/2006. Universidade/s que solicita (por orde de preferencia. se incorporarán a un ficheiro. Administracións Públicas e Xustiza. de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega. cancelación e oposición previstos na lei. infórmoo/a de que os datos persoais recollidos nesta solicitude. LEXISLACIÓN APLICABLE (Para cubrir pola Administración) RECIBIDO NÚMERO DE EXPEDIENTE Orde do 15 de abril de 2011 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para cubrir prazas nos lectorados de lingua. 25 de maio de 2011 ANEXO I Páx.

1. De 26 a 50 horas 2.2.1.10 puntos 0.50 puntos 0.. 100 Mércores. Doutoramento en calquera das titulacións exixidas para participar nesta convocatoria: 1.2. De 51 a 100 horas 2.1. a literatura e a cultura galegas: 1.3.1. De 11 a 25 horas 2.1.05 puntos 0. Ata 25 horas 2.2. Máis de 100 horas 0. relatorios.15 puntos 0.5.05 puntos 0.1.4.2. a literatura e a cultura galegas (dirección e/ou coordinación): Cando estas actividades fosen realizadas en universidades de fóra de Galicia valoraranse exclusivamente no número 3.20 puntos 0. De 26 a 50 horas 2. etc. do 23 de marzo).1. segundo a nota media simple recollida na certificación académica persoal e calculada en función do disposto na resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 2005 (DOG n. Máis de 100 horas 1.5.4.5. Expediente académico: Valorarase. Polo título de doutor: 1. 2.1.15 puntos 0.es/diario-oficial-galicia .20 puntos ISSN1130-9229 Depósito legal C.DOG Núm.5 puntos: 1. De 26 a 50 horas 1.5.5.3.1. 1. Máis de 100 horas 2.10 puntos 0.25 puntos 0.2.1.3.1.10 puntos 0.494-1998 http://www.4.1.4. 25 de maio de 2011 ANEXO II Páx. Asistencia a cursos de formación didáctica no ensino de linguas: 1.2.xunta. De 51 a 100 horas 1. Ata 25 horas 1.3. Actividade docente e/ou divulgativa e publicacións: 2. Ata 25 horas 1.1.20 puntos Máximo 7 puntos Ata 2 puntos 0. Organización de actividades de difusión e promoción da lingua.2. Impartición de cursos. Formación: 1. Doutoramento noutras titulacións: 1.º 57. De 26 a 50 horas 1.1. Máis de 100 horas 2. 11401 Méritos 1. relacionados coa lingua.2.15 puntos 0.4.25 puntos Ata 1 punto CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b 2.00 puntos Ata 2 puntos 0.75 puntos 1.4. Por cada titulación a maiores da exixida 0.4. De 51 a 100 horas 1.2. con dous decimais.2. a literatura e a cultura galegas: Puntuacións Máximo 13 puntos Ata 3 puntos 3 puntos 1 punto Ata 2 puntos Ata 4 puntos Ata 2 puntos 0.4.4. Asistencia a actividades de formación relacionadas coa lingua.5.3. De 51 a 100 horas 2.05 puntos 0. De 0 a 10 horas 2.2.1.

2. ALTE: Asociación de Avaliadores de Linguas Europeas.3.1. Máximo 2 puntos Máximo 4 puntos ISSN1130-9229 Depósito legal C. –Bibliografía.3.3. etc. Especializado 2.es/diario-oficial-galicia .494-1998 http://www.6. MCERL A2/ALTE 1 0.3.4.00 puntos 3. De 51 a 100 horas 3. Publicacións relacionadas coa lingua.20 puntos Ata 2 puntos Máximo 4 puntos 0. Non especializado 2.3.80 puntos Ata 1 punto Ata 2 puntos 0.: 2.2. 2.2.2. MCERL C2/ALTE 5/licenciatura/grao 3.4. –Aplicabilidade do proxecto.3. Coñecemento da comunidade autónoma ou do país en que se encontre a universidade solicitada.05 puntos por cada mes ou fracción inferior. Máis de 100 horas 3.1.1.2.15 puntos CVE-DOG: 75d4478e-6ef5-4ef9-a53e-46e85268ee3b 3.3.2. Non especializado 2.3. se hai varios autores a puntuación que se outorgará será a resultante de dividir os puntos correspondentes entre o número deles. Non especializado 2.3.3.1.3.1. investigador e difusor da lingua.2.) 4.2. Interese do proxecto docente.DOG Núm. MCERL B1/ALTE 2 3. 100 Méritos Mércores. Adecuación ao posto de traballo de acordo co currículo presentado: 6.3. MCERL C1/ALTE 4 3. Entrevista persoal: 1 MCERL: Marco europeo común de referencia para as linguas.1.1. MCERL B2/ALTE 3 3. Experiencia docente no ensino regrado da lingua. Especializado 2.Máximo 2 puntos gas para desenvolver na universidade solicitada: Teranse en conta os seguintes criterios: –Coñecemento e fundamentación teórica. a literatura e a cultura galegas: Ata 2 puntos En libros. Experiencia na organización de actividades de difusión e promoción da lingua.10 puntos 0.5.1. 5. 11402 Puntuacións 2.3. en universidades de fóra de Galicia: 3. Acreditaranse mediante orixinais ou copias compulsadas nas cales consten o ISBN ou o ISSN. e da súa situación sociocultural: 3. etc.10 puntos 0. Outros (ensino non regrado. Ata 25 horas 3.3.50 puntos 0. Libros: 2.50 puntos 1.60 puntos 0.xunta.3. a literatura e a cultura gale. Especializado 2. da litera.1.40 puntos 0.3.25 puntos 0. residencia no país máis de 3 meses seguidos.20 puntos 0. literatura e cultura galegas: Valorarase con 0. –Deseño de actividades.3. segundo corresponda.1.75 puntos 1.20 puntos 0. 3.Ata 1 punto tura e da cultura galegas. recensións. De 26 a 50 horas 3.4.2.25 puntos 0.1. 25 de maio de 2011 Páx.3.3.1. artigos. Experiencia e coñecementos: 0. Material audiovisual: 2. Relatorios.3. Nivel de coñecemento do idioma ou idiomas propios do país de destino (distintos ao galego ou castelán):1 3.00 puntos 1.1.3.3.