As peñas obradoiristas Zona Norte e Escornabois da Baña queremos mandar una   mensaxe positiva trala noticia aparecida onte

en El Correo Gallego “Peñistas del Obra critican la aportación de Ebi Eri y Lasme” na que algúns peñistas, falando libremente e opinando pola súa propia conta, adoitaban non estar moi dacordo coas actuacións do equipo en xeral.   Polo tanto, nós, as peñas arriba mencionadas, queremos mostrar todo o máximo apoio a empresarios e directiva e, especialmente, aos que suan a camisola tódolos días coma os xogadores e o corpo técnico, que son os que loitan polo noso clube e polo noso escudo. Estamos a morte con todos e cada un dos nosos xogadores, xa sabemos que non se pode gañar sempre, que ás veces os partidos non saen como todos quereríamos, pero o noso entusiasmo non decaerá mentras non o faga o dos xogadores e técnicos. Ninguén dixo que isto tiña que ser fácil, nin que íamos gañar todos os partidos; temos que entender que somos os modestos na mellor liga do mundo de baloncesto, e todos xuntos e UNIDOS, poderemos acadar o máis dificil, quedar nun posto de salvación e seguir disfrutando a vindeira tempada da ACB. Estamos, coma sempre, a disposión do noso club; queremos ao noso equipo e animarémolo ata deixar o alento en cada partido.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful