You are on page 1of 34

A Xanela

Revista cultural das Marias

N 32

OUTONO

2011

A Xanela
Revista cultural das Marias N 32 OUTONO 2011

CASA GTICA DOS VILOUSAZ FOTO DE BARAXEIRO

COLABORACINS Manuel Rivas, Gabriela Rodrguez, Miguel Mato, Manuel Fiao Snchez, Elena Veiga Rilo, Vctor Tizn, Cristino Cortes, Joo de Castro Nunes, Cndido da Velha, Xos M Veiga Ferreira, Juan Sobrino Ceballos, Pilar Vzquez, Manuel B. Dans, Moncho do Orzn, Manoel Lousa Rodrguez, Xulio Cuns, Xulio Rozados, Xos Lois Sobrino e Baraxeiro. TEXTOS Waldo A. Insa DESEOS Vctor Tizn, Sabela Arias, Olaia, Luis Otero, Xos B. Dans, Seijo Rubio, Xos Antn, Carlos Seixo, Villar Chao e Isaac Daz Pardo. COORDENA
Suso Torres

FOTOGRAFAS Veiga, Baraxeiro, Arquivo Municipal de Betanzos, Arquivo XTR e Arquivo Eira Vella MAQUETA Equipo Xerri D.L.

IMPRIME
Lugami, Artes Grficas. Betanzos
Permtese e agradcese a reproduccin, citando a procedencia. O noso e-mail: eiravellabetanzos@yahoo.com

C - 1696/96
A.C. EIRA VELLA. Ra da Pescadara, 2. BETANZOS 15300. GALICIA.

Actividades da A.C. Eira Vella


Concerto de Fiandola
Para celebrar a presentacin do anterior nmero dA Xanela tivo lugar o pasado 12 de xuo un concerto do grupo Fiandola, que recn ven de sacar o seu segundo traballo en CD co ttulo de Mim! e que conta entre os seus integrantes con msicos betanceiros como Cristina Snchez e Fran Lpez.

MISCELANEA

Intercambios
A Xanela intercmbiase con outras publicacins culturais. O noso enderezo:
A.C. Eira Vella. Pescadara, 2. 15300. Betanzos

O blogue de Eira Vella


Visita o noso blogue http://eiravellaac.blogaliza.org/

Traizn consagrada na Corua


En colaboracin coa CRMH da Corua, o pasado 22 de xuo presentamos o libro Traizn consagrada, de Luis Cortias, avogado betanceiro exiliado na Arxentina onde finou en 1986. O acto tivo lugar na casa-museu de Casares Quiroga e contou coa participacin de Pilar Vzquez, Carlos Pereira e Xess Torres, responsable da edicin realizada por Eira Vella.

Fe de erros
O poema Tempo solar de Cndido da Velha, publicado na pxina 10 do nmero anterior, apareceu incompleto por un erro de maquetacin. Publicmolo completo neste nmero como desagravio ao autor a quen pedimos desculpas.

Exposicin do ceramista Prez Porto


Entre o 18 de xuo e o 10 de xullo tivo lugar na sala de exposicins do edificio Arquivo unha mostra da obra orixinal e sorprendente do ceramista Prez Porto baixo o ttulo No ronsel das cores.

Agradecementos
A todos os anunciantes (locais comerciais, empresas e entidades) pola sa fidelidade e axuda. Deputacin Provincial da Corua pola axuda que nos concedeu para a edicin dos nmeros de Primavera e Outono dA Xanela.

Vctor Tizn

Sabela Arias
Historias de Ica e Avoa

A Xanela

Outono 2011

CREACIN

A boca da terra
Aos mrtires da liberdade, nas foxas comns de Aranga

O que se di: Comeunos a terra. Mais eu que son a terra, un anaco de terra, uns metros de terra terra adentro, o que sinto a sua fame, os seus dentes buscando as rosadas do peito, os fios das races, a pulpa do tempo, a preada das horas podrecidas, o urdido afumado das nubes baixas, o pan do fusco, o levedo agre das sombras na fenda das unllas, os aruxos de la na orfandade da ollada. Eu sentn moito, talvez como ningun, esta deshora morta, estes mortos inquietos, o eco do berro no badalo das balas, abrazados a min, coa ltima palabra na boca, esa gramnea,

esa silveira, ese so de sabugueiro. Coidei dos seus zapatos, os botns, as fibelas, os peites, os seus lapis. O pouco que tian, o enxoval do escombro. Eu non estaba preparada para isto. Tampouco eles. Caronseme dentro, sen querelo. Mais eu non son tumba. Criei mia xente baixo terra, no exilio do meu ventre. Sepulcral voso pas sepulcro, onde o crime se paga en recompensa coa moeda emitida polo olvido.

Manuel Rivas

A Xanela

Outono 2011

Aos que chegan


Para Valeria e Ins, e para as alumnas e alumnos do CEIP Vales Villamarn que inspiraron parte deste poema

Un anaco desta terra para vs, un oco entre os lapis de cores, as pelculas en branco e negro e os libros debullados, no fondo mesmo do que somos. Luz para ver, escuridade para pensar, un pouco de silencio para escoitar-vos, unha pasaxe indefinida para percorrer o mundo en todas as dimensins da des-posesin: noso-voso-seu. Os soos esquecidos e os imposibles, os nosos medos mis atvicos, os propsitos fundados de vencelos, as medras. Colldeo todo, co amor febril do primeiro da sobre a terra, materia prima para actualizar a humanidade a unha nova versin mellorada de ns mesmos. Espero que antes de irvos non deixedes nada como estaba. Benvidos!

Gabriela Rodrguez

ILUSTRACIN: OLAIA

A Xanela

Outono 2011

Miguel Mato

Aquel ano o outono prolongbase e o bon tempo animaba a traballar no xardin, aberto ante a paisaxe que
se tenda ante el en lenzois continuados. Abriu as fiestras por completo para deixar entrar a luz que as horas da tarde an esmorecendo de vagar. O cadro iluminouse. Sentou. Serviu unha copa de brandy e botou un breve e lento grolo, absorto na sa contemplacin. Con certeza era unha obra sa, ou el non fixera mis ca pintar algo que permanecera nun lugar escusado da memoria e que sara luz sen ser chamado? Ese cadro, as masas cromticas, as lias, o que xa non era figuracin senn idea abstracta, soo, memoria, eran obra sa? O seu propsito fora pintar un cadro que, semellando abstracto, tivera en si, no seu fondo, todas as imaxes da sa infancia e todos os recendos e as cores e as palabras antigas escoitadas aos seus avs. Recordou entn aquel aiku de Buson, aprendido na infancia, na escola da lonxana aldea, entre cerdeiras e fontes, nalgn recanto da baha de Toyama: Sern do outono. Penso s Nos meus pais Un tempo que semellaba xa esquencido e que fora quen de recuperar a travs do brevsimo poema e da contemplacin do cadro. Deste xeito poda percorrer e reconstruir a sa propia historia desde a partida do seu lonxano pas. Asomou xanela e contemplou aquel mar bravo tantas veces, inmensamente manso outras, rumososo como un mato de enormes rbores, perdndose nun horizonte de nubens vermellas. Invadido por un sentimento de nostalxia lembra aos seus pais, a casa dos seus avs perdida nalgn lugar tamn remoto da costa. Durante os das nos que a sa man tentaba pintar a lonxana aldea, loitaba por recuperar imaxes, voces, luces, os pampos nas plas do inverno, as palabras de seu, os nomes da chuva e das flores brancas. Mais os recordos aparecan confusos na sa memoria, indo e vindo en imaxes vagas formas que ao longo dos anos ltimos soara lembrar. Agora asmbrase ao ouvir esas mesmas palabras en labios da sa avoa, ou como o seu av denomina os peixes, e as artes de pesca, e os crustceos, e as algas e as pedras. As palabras que acudan aos seus labios na lingua materna que en tantos anos non falara e que semellaban novas e recendentes, como se as pronunciara por vez primeira.

A Xanela

Outono 2011

ILUSTRACIN: SABELA ARIAS

Esa maldita enfermidade


Manuel Fiao Snchez

Vai unha calor abafante nesta tarde de domingo.


A vellia de cabelo branco, est sentada nunha cadeira a carn da fiestra. Ten a mirada perdida na inmensidade do ceo austral. Un ceo limpo e dun azul intenso. Nesta tarde de domingo, deste mes de xaneiro na gran cidade de Bos Aires, os seus pensamentos viaxan cara a outras terras, cara a outras tardes doutros verns. s veces non lembra moi ben cando chegou a este pas, nin como foi a travesa polo inmenso ocano, nin como se chamaba o vapor que a trouxo. A mido non o lembra. Esta maldita enfermidade esta a roubarlle os recordos mis preciosos que tia. Eses recordos que a consolaban cando os traballos e as penurias a preman. Anda as, nesta tarde de domingo na que vai unha calor abafante, a maldita enfermidade est a darlle unha pequena tregua, e consegue coser anacos dunha vida que deixou moi lonxe. Pasenio, pecha os ollos e trasldase a aqueles das de vern na sa aldea, cando a xornada comezaba moi cedo, mesmo antes de que sara o sol. Unha nena con das longas trenzas de pelo negro, esta a sacar auga dun pozo cun vello caldeirio de lata atado extremo dunha corda que se desliza pola canle dunha gastada roldana. A nenia tira pola corda presa. O caldeiro tropeza na boca do pozo e cae a metade da auga mollndolle o vestido de flores. Qu frescura a daquela auga do pozo!. Cnto dara agora por un grolio nesta tarde abafante!. Non lembra como se chama esa nenia que agora est a botar a auga na sella. Sentada nun tallo, a carn da lareira est unha muller. Ten no colo un nenio louro que se afana en mamar dunha

das tetas que a muller lle ofrece. Non lembra quen a muller, nin o nenio, pero de speto, sente unha gran tristura e das bgoas escorregan polas sas fazulas xa engurradas. Un home barbease diante dun pequeno espello colgado nunha punta cravada na contra da fiestra do vertedoiro. un home alto e fraco. Leva boina e a camisa arremangada por enriba dos cbados. Tampouco se lembra quen este home que comparte a escena coa muller que d de mamar ao nenio louro, anda que todos eles parcense moito xente que est nun cadro que preside o saln da sa casa. Pouco a pouco vai asomando o sol por riba dos castaos da Fontevella. Comeza un novo da cheo de traballos. A nenia, co seu vestido de flores vai ir con seus pais feira do dezaseis. Hanlle mercar uns zapatos novos para estrear pola festa do patrn que logo ha chegar. Irn a p. Un longo camio que percorrer lixeira e leda porque vai vila, e al hai escaparates, tendas con todo tipo de roupa, moita xente, rapaces da sa idade, . . . O sol, xa no alto, a cada paso quenta mis. Vai unha calor abafante nesta ma. De speto, a vellia sente unha man que acaria a sa. Volve a vista dese ceo azul intenso e pusaa na faciana dun neno louro que est seu carn, ollando a travs da fiestra o ceo austral. Pouco a pouco, vai volvendo realidade na que esta maldita enfermidade lle envolve, a maior parte do da, os recordos nunha nboa espesa. Quizs noutra tarde a carn da fiestra, retorne sa mente aquela nena de longas trenzas de pelo negro.
ILUSTRACIN: LUIS OTERO

A Xanela

Outono 2011

Galicia Canbal
Elena Veiga Rilo

nte adormeceu lendo Anna Karnina aproveitando as ltimas raiolas do sol do outono, deitada nunha hamaca, nun xardn, nun punto ao norte dunha Galicia que a adoptara moitos anos atrs no mesmo momento no que a taiga se enchera de nenos, facendo as o camio inversa. Convertrase en Dona Ia cando os seus vecios non conseguiran pronunciar un Irina correctamente e deuse de conta de que toda ela se convertera tamn nun diminutivo. Unha Dona Ia que treme porque est mal dos nervios e xa non ten remedio (nin ela nin a enfermidade), anicndose cada vez mis como non querendo mirar para adiante e afrontar un pasado que a ten ben presa pola sa xiba na que almacena as tristuras e os miligramos de morfina. Sentada naquela hamaca continuou a sentir as trabadas da chegada dun inverno que non era o seu. Unha Galicia canbal que a devorou como unha cancin cursi de Lalo Rodrguez. Unha enfermidade que a converteu en monicreque dunha compaa que representa unha obra na que a protagonista foxe por ese pasado escuro que nos fai tremer e que a dirixe ao seu antollo. Dona Ia tamn sabe de contos tristes. Coma sempre, agardou o coche de lia agarrada ao seu bastn, creando unha simbiose coa vara de vimbio. Hoxe comeu caldo que fixo coas sas mans que tremen, mirando para o interior da pota co seu movemento de negacin constante, que s cesa para engadir ao caldo movido a repetida despois de tantos anos dose precisa e aumentada. Acabara daquela forma a incerteza, o botarlle a culpa ao fro do inverno que escorrega orellas adentro por non nomear endexamais as constantes doses do seu placebo. Hoxe adormeceu nese punto da Galicia tan lonxano ao seu paraso particular mentres pasaba as infinitas pxinas daquela novela decimonnica e soouse, por fin, unha Baba Iaga ex sovitica e tradicional, que almorza unha cunca de t con auga fervida en samovar e que combate os menos vinte graos de San Petersburgo con trinta flexins ao mis puro estilo Iuri Gagarin. Hoxe, esas mans que tremen proxctannos unha metfora vital e len Crime e castigo.

A Xanela

Outono 2011

ILUSTRACIN: OLAIA

Vctor Tizn

A Xanela

Outono 2011

LETRAS DE PORTUGAL

7 poetas... Os meus maiores

Lus de Cames: s a fonte a origem De todo ns e desta lngua; Inconsciente e intil a comparao Mas no h poeta maior, no!

Fernando Pessoa: Pessoa, sim, Pessoa S h um e mais ningum; s o duplo sentido da ponte Projectando este sculo e os de ontem

Jorge de Sena: A sina aceite e o orgulho E duas pedras na mo; Importa o espelho Que nos mostra o corao

Jos Rgio: A obra, toda a obra Mais ou menos bela, uma pacincia E a conscincia dela.

Sophia de Mello Breyner Andresen: Sophia vinda do norte Clssica grega por sentimento Oh que grcil alento! Casamento entre o ser e a sorte

Miguel Torga: O continente Fez-se contedo: Est l tudo Dentro da gente.

Manuel Alegre: Uma s voz te conheo Nem outra necessria. A vida tambm vria A poesia permanente recomeo

Cristino Cortes

A Xanela

Outono 2011

Tempo solar
Memria de Rosalia de Castro Sua energia transforma a luz em vegetal: ergue-a na espiral do Tempo pelo espao reservado a uma rvore Grava a eternidade na pedra o momento das pedras com o peso da amabilidade o sorriso que far tudo possvel se for possvel sorrir Transitoriamente a clorofila descreve nos ares o acesso a um dia de sol estampa seu verde na tinturaria dos vales

Sob a chuva miudinha


Em homenagem Familia Moralejo

Sete anos, meu amor, inesquecveis Al passmos entre monumentos, Ali vivemos dias e momentos Vocabulariamente indescritveis. Tudo eram festas, honras, distines Inebriando os teus vinte e trs anos, Concertos a convite dos decanos Das mais diversas instituies. Quando nos longos meses de morrinha Te passeavas sob os soportais Pra fugir chuva miudinha, Eu tinha a sensao que tua beira Havia sempre sol... em doses tais Que iluminava Compostela inteira

a estao das mulheres amveis de olhar premonitrio as maos no ventre de pomicultura Mais que humanas: rvores consagradas no seio dos dias E os homens trabalham endurecem as suas razes malham as dores e os cnticos na bigorna dos sculos Constroem com violncia e amor um tempo substantivo E liga-se o metal: fundem-se o po e o ferro na fornalha para a inveno do novo cereal.

Cndido da Velha

Joo de Castro Nunes


ILUSTRACIN: SABELA ARIAS
NOTA: Reptese de novo o poema Tempo solar que, por erro, ficara incompleto no nmero anterior. As nosas desculpas ao autor.

A Xanela

10

Outono 2011

O NOSO PATRIMONIO

San Xon de Callobre


Xos Mara Veiga Ferreira Juan Sobrino Ceballos

A parroquia de San Xon de Callobre, no concello


de Mio, est composta das entidades de poboacin de: Anido, A Barbeita, A Brea, Cachufeira, Callobre, A Graa, O Pazo, A Pousadoira, Retriz, Santa Uxa e Vigo. Varios lingistas como Menndez Pidal, Moralejo ou Lus Monteagudo estudaron os topnimos rematados en bre, que teen a particularidade de pertencer na sa maiora comarca das Marias. posible que aludisen a un outeiro, que podera ser un castro ou un altar, as Callobre estara composto por Calio-veris: outeiro ou altar de Calio. O catastro de Ensenada en 1752 ofrcenos unha delimitacin da parroquia que sera a seguinte: Al E con el marco de Monduriz, de este a la fuente de Cuio; de este a la esquina de la Chousa de Cerdeirias, de all a la fuente de Anta, de este al Marco de Agua Ro de este al do Cal de Anido de este a la fuente Piollosa, de esta a los molinos da Gada de estos al marco de Santa Uxa de este al de la Pea da Cal, de all al marco del Campo de Vergas de este al Campo de los Pastores de all al marco del ro de en medio, de este a la Galla del ro Pigueyro all al Penedo das Lapelas de all al marco de Sorribas de este al de Paibelo y de este al referido de Monduriz, primera demarcacin. Un dos puntos da demarcacin a Fonte da Anta, que fara referencia cultura megaltica. Estara situada no lmite con Bemantes e Vilarmaior, preto da Feira do Tres, pero debeu desaparecer. A historia medieval de Callobre ven marcada pola fundacin do mosteiro de San Isidoro, un dos primeiros mosteiros benedictinos de Galicia, no ano 1088 polo clrigo Sentario. Foron varios os autores que trataron sobre este mosteiro como Lpez Ferreiro ou Andrade Cernadas. Recentemente Lpez Sangil (Anuario Brigantino 2005) atopou unha copia antiga do documento fundacional. Por el coecemos a delimitacin, a dotacin para o seu mantemento e incluso os libros ou misais que usaban.

RELOXO DE SOL NA IGREXA DE CALLOBRE

O mosteiro durou pouco tempo, sendo abandonado debido morte de varios frades. No ano 1163 foi doado mosteiro de Monfero polo conde Fernando Prez de Traba, quen edificou un pazo lado da antiga ermida, pasando a ser granxa do mosteiro de Monfero. De aqu procede o topnimo do lugar Graa. Estas granxas ou graas tian fronte un monxe labrego ou mestre e ocuparanse de subministrar produtos agrcolas mosteiro. Esta explotacin durou longo de varios sculos, e mesmo no s. XVIII temos noticias do seu funcionamento. Actualmente podemos ver no lugar o edificio prioral restaurado. Outra referencia documental sobre a poca medieval de Callobre tmola no ano 1286, en que o Rei Sancho IV por hacer bien y merced al Concejo

A Xanela

11

Outono 2011

granxa que tia mis abaixo, a criada seguindo o mandato do seu amo tampouco llo deu, entn o abade bateu nela. Cando chegou o conde atopouna tirada no chan chorando, preguntoulle que lle pasara e ela contoulle o sucedido. O conde subiu cabalo e foi polo camio ata que encontrou o abade dndolle morte dun tiro (de seta). Neste sitio chantouse unha cruz, que chaman do abade. Nun memorial do mosteiro de Monfero (Publicado por Lpez Sangil na Historia do mosteiro de Santa Mara de Monfero) faise referencia a un feito semellante que puidera dar lugar a esta lenda, e acaecido na primeira metade so sculo XV, no que se implica tamn seor do pazo de Callobre, Juan Lope Garca de Villousaz. Este pretendeu vender como seu o beneficio de San Xon de Callobre (que era do mosteiro de Monfero) a Nuo Freire de Andrade, opondose a iso dous relixiosos do mosteiro, polo que o dito Juan Lope matounos a lanzadas. Posteriormente Lope Garca foi perdoado polo mosteiro, segundo se recolle nunha concordia dese mismo ano de 1462. No lugar do Pazo est o edificio do antigo seoro xurisdicional de Callobre, que comprenda as mesmo a freguesa de Vilach. O edificio actual conserva na fachada un arco de medio punto e un escudo dividido en catro cuarteis. Construronlle hai uns trinta anos un engadido que afea bastante o conxunto do edificio. A igrexa ten cuberta a das augas na nave principal, mentres que os restantes corpos presentan tres augas. No exterior destacan as formas barrocas da fachada e o campanario, as como os dous reloxos de sol, con data de 1814, situados nunha das esquinas da fachada principal e na lateral da Epstola. No interior o trnsito presbiterio e s capelas laterais faise a travs de arcos de ingreso de medio punto. de destacar tamn a monumental pa bautismal.

ARRIBA: PAZO DE CALLOBRE E CASA PRIORAL DA GRAA. ABAIXO: MUIO NO RO MEDIO

de Betanzos, y para que sus habitantes sean ms ricos y abundados y tengan ms algo con que servirle, manda que todos los moradores de los cotos de Bergondo, Santa Marta, Lubre, Cecebre, Bandoja (Bandoxa), Callobre, Sampantayn (San Pantalen), Piadela y otros, que eran juzgados por el juez real que sola andar por dichas tierras, vayan a juicio ante los jueces y alcaldes de aquella villa y no ante otro juez alguno. Callobre pertenceu seoro secular dos condes de Vigo, quenes exercan a xurisdicin e a xustiza ordinaria. Non hai moitos anos o Grupo de Arqueoloxa da Terra de Trasancos (Anuario Brigantino de 2002) recolleu unha lenda sobre a morte do abade de Monfero a mans do dono do pazo de Callobre: No ano 1497, os monxes de Monfero vian recolle-lo leite pazo de Callobre, no que viva un conde. Un da o conde dxolle criada que cando vieran buscalo non lle lo dera. chega-los monxes a criada negullelo, tal como lle ordenara o seu amo. Os monxes marcharon enfadados e fronllo contar abade. Este presentouse na casa do conde e como non estaba, porque fora a unha
A Xanela

12

Outono 2011

beira da igrexa est un cruceiro que ten unha inscricin na que se di: LO HIZO CLEMENTE DEL PICO SIENDO RECTOR DON BRAULIO JOSE INSUA EN EL AO 1851 Un dos atractivos de Callobre represntao a ruta dos muos desde a mini-central de Gimil ata a capela de Guadalupe pola fraga do ro Medio. A ruta parte da estrada que vai da Ponte do Porco a Vilarmaior. A mini-central ten dous mdulos claros e diferenciados: un mis alto onde estaba a maquinaria, as turbinas e os xeradores; e outro mdulo mis baixo que estaba destinado a mantemento. Mis arriba estn os muos restaurados: o da Graa, Albeiro, Amado e o muo de Mio. Nos arredores est outro muo, este pertence a Vilarmaior. Outra construcin de valor etnogrfico o hrreo de boas dimensins, tipo Maha, que hai no lugar de Anido. Chama a atencin o seu remate

cun reloxo de sol debaixo da cruz. Outros elementos que lle dan unha singularidade construtiva son os dous postigos de descarga, para poder coller o gran sen abrir a porta, elemento excepcional nos hrreos galegos. No lugar de Vigo est a capela de Guadalupe, restaurada no ano 2001 despois de estar moitos anos en runa. A bside e a fachada son de sillera, esta ltima coroada por un sinxelo campanil. Parece ser que na sa orixe foi de propiedade particular. Celebrbase nela a romara de Guadalupe, de sona na comarca e fora dela, que acudan romeiros de moitos lugares a beber e coller auga da fonte santa da que dican era milagrosa. Levbana para a casa e botbana nas leiras para protexer as colleitas das pragas. Disque tamn protexa da envexa e dos males de ollo. Actualmente non hai romeiros pero da fonte sigue manando moi boa auga, anda que antes manaba libremente e agora est canalizada. A capela e a romara caeu no abandono despois de que no tempo da guerra un grupo de homes queimara as imaxes nunha lumeirada. Desta queima salvouse o San Roque que estaba -e anda sigue estando- na igrexa de Callobre: Dentro da igrexa haba un sol e unha la e tamn a sede e a fame representadas. Algunhas das figuras facas un vecio de Vigo, que lles faca unhas caras moi bonitas. As imaxes da igrexa foron queimadas durante a guerra, puxronas fora nun montn co demo enriba e prendronlles lume.

BO EXEMPLAR DE HRREO EN ANIDO. CAPELA E FONTE DA GUADALUPE. FOTOS VEIGA.

A Xanela

13

Outono 2011

LEMBRANZA

Memorias dun neno labrego: Cincuenta anos xa!


Pilar Vzquez
Eu son Balbino. Un rapaz da aldeia. Como quen dis, un ningun. E ademais, probe... As comeza un dos libros mis lidos e queridos na nosa lingua. Publicado no 1961, o autor Xos Neira Vilas, emigrado na Arxentina por aquel entn, conta dende a visin dun neno de 12 anos, como era a vida nunha aldea calquera na Galiza dos anos 40, as inxustizas que acontecan e a sa tentativa por rebelarse. Ao neno non se lle ocorre mellor cousa que escribir nun pequeno caderno, s agochadas, todo o que sinte,... como valdeirar o corazn... dica. Observa e adoece por entender ese mundo que o rodea pero que est feito por e para os grandes e no que se lle pechan camios e cousas que outros acadan por pertencer a outra clase social. A pesares de ser consciente disto, procura dar resposta e buscar solucins para acadar pequenos intres de felicidade no seu vivir e pensa na caixia que atopou no rebusque da festa, no seu can Pachn, soa que vai viaxando polo mundo a cabalo das nubes, agarda a carta que Miguel lle prometera, que Eladia o queira, os consellos do Padrio sobre a amizade, en Lelo, o rapaz pobre que o salvou de morrer afogado e tamn se vai para Amrica como Miguel, en ser grande e fuxir... Balbino foi medrando par que a difusin desta obra (fixronse traducins ao portugus, cataln, casteln, euskera, italiano, ingls, francs, chins, ruso ou checo) e anda hoxe moitas das inquedanzas daquel rapaz, por mis que as formas de vida na aldea mudaron moito, continan tendo interese para os lectores actuais. Arredor de medio milln de exemplares confirman que o libro mis vendido da literatura galega e para moitos a sa primeira leitura na nosa lingua. Ao longo deste ano foi obxecto de homenaxes, exposicins, reedicins conmemorativas e mesmo dunha versin monologada nos escenarios do pas por Cndido Paz. Dende o agarimo da nosa Xanela queremos felicitar ao autor, de volta na sa aldea de Gres, neste aniversario, agardando que os nenos e nenas galegos queiran achegarse a a este libro se anda non o fixeron.

UN DOS DESEOS DE DAZ PARDO PARA O LIBRO

A Xanela

14

Outono 2011

OPININ

A marabillosa mente dos cativos


Manuel B. Dans
cultura popular: en Galicia, por exemplo, falamos Resulta sorprendente a capacidade de moitos da figura do Trasno Menieiro cando un beb deitado artistas grficos para reproduciren nun debuxo unha no leito comeza a mirar cara ao teito do cuarto imaxe que xa non teen presente. Estes pintores porque al hai algo que lle chama a atencin e lle que traballan sen o modelo diante gozan dunha produce risa. estraa capacidade que se coece co nome de eidetismo e que afecta a sete de cada cen persoas ELES ACABAN DE CHEGAR en idade adulta e a un noventa por cento dos nenos A moza Sally Greenberg a involuntaria menores de catorce anos. O eidetismo (do grego protagonista da dramtica crnica real titulada Ata EIDS, imaxe) defnese como a facultade para ao amencer, escrita polo seu pai Michael, e na traer ao presente unha imaxe ou situacin percibida que se describe con gran lucidez a enfermidade de en tempo pasado cunha viveza e unha riqueza de Sally: a psicose. Todo comeza cando unha noite detalles propios da primeira vez, includas de insomnio estival a adolescente chega sensacins olfactivas, tctiles e gustativas, ademais conclusin de que todos os cativos son en realidade de emocins asociadas a ela; mis, durante o xenios, mais que perden as sas habelencias as recordo cptanse aspectos que pasaron que viran adultos. Para Sally non habera mis que desapercibidos na percepcin orixinal, case coma retornarmos a unha forma de vida infantil para se se tratase dunha fotografa. recobrarmos as facultades perdidas. Desde esta As capacidades infants que imos perdendo perspectiva celebridades como Shakespeare ou ao madurarmos, abranguen por desgraza mis Dal non se consideraran tales por faceren un eidos perceptivos: para T. Andrews, investigador, esforzo especial ou naceren predispostos, senn entre outros fenmenos, do campo de enerxa ou s por se negaren a medrar psicoloxicamente. O aura que rodea os seres humanos, os nenos descubrimento cusalle tal impacto rapaza que pequenos seran quen de detectalo e mesmo de desencadea a enfermidade; o pai, en primeiro, distinguiren as cores que irradia, razn pola cal ngase a aceptar tan terrible diagnstico e investiga pintan nos seus debuxos as persoas que observan pola sa conta: descubre que os balineses cren cunha determinada cor, que resulta precisamente que durante os nosos primeiros seis meses de a dominante no campo urico do retratado. Se lle vida somos deuses, mais que a partir de a a nosa damos creto a Andrews, un debuxo infantil divinidade esvaece; constituira, xa que asimesmo, para os logo, un valioso gnsticos, os seres documento verbo da humanos eramos emotividade das deidades que perpersoas represendimos esta conditadas na arte infantil. cin ao namorarnos De aqu devala a da natureza coa asociacin de certas chegada a este cores con estados mundo. de nimo: ver a vida En xeral, o cor de rosa, estar concepto que dos verde de envexa, menios teen as pasar de castao a sociedades escuro, vivir unha preindustriais poca dourada, bastante mis alto etc... Esta videncia c noso, pois coninfantil que defenden sidranos uns seres os cientficos mis que acaban de heterodoxos ten a chegar recentesa conexin coa mente do Outro ILUSTRACIN: XOS B. DANS tradicin oral da
A Xanela

15

Outono 2011

Mundo e, polo tanto, atribenlles uns poderes propios do Aln. No Senegal, por exemplo, cren que os nenos de entre seis e dez anos son sabios; cando nesa idade expresan o qu queren ser de maiores cllenlles a palabra, porque esa sera en realidade a razn pola que viran a este mundo. A TEORA DOS HEMISFERIOS A ciencia occidental recoece certas diferenzas entre a mente do menio e a do adulto: sbese, por exemplo, que empregan os dous hemisferios do cerebro, no entanto a meirande parte de ns abusamos inconscientemente do lado esquerdo, que o que a nosa Vontade emprega para a resolucin dos problemas concretos, das operacins matemticas e os procesos de pensamento lxico. O hemisferio dereito, pola contra, srvelle para canalizar a creatividade, a fantasa e a intuicin e actvase mis doadamente nos momentos de relaxacin e sosego. Como os adultos vivimos xeralmente nun estado de tensin permanente necesaria para afrontarmos a sobrevivencia, a penas dispomos de oportunidades

para mudarmos de hemisferio, cousa que non acontece nos pcaros e nos bebs, que carecen da nocin do tempo, do sentido do pudor e das necesarias normas de convivencia social. Todos os especialistas recoecen a capacidade dos cativos para a aprendizaxe: en ningunha etapa da nosa vida progresamos mesma velocidade c na dos primeiros anos. De feito, se adquirsemos coecementos durante o resto da nosa vida a ese ritmo rematariamos convertidos nunha sorte de Leonardos da Vinci. Mais non nos enganemos: os nenos precisan da sa infancia; non son mquinas de aprendizaxe para se converteren no futuro en monstros competitivos, nin estn destinados a realizaren os soos frustrados dos pais. A infancia e o modo de vida infantil un lugar ao que todos temos dereito a nos retirar de cando en vez para tomar ar fresco na nosa vida. Como dixo algun non hai erro mis grande que o de renunciarmos maneira que teen os cativos de se divertiren por considerrmola infantil. No fondo, quen de ns non bota en falta volver xogar as agachadas, a pilla ou saltar nunha colchoneta como Elizabeth Perkins no filme Big?

MENIO PASTANDO O GANDO. FOTO DE PEDRO FERRER

A Xanela

16

Outono 2011

O (mal)humor
Moncho do Orzn

Desde o da mesmo en que se comezou a


menosprezar ao noso pobo, moitas persoas do mundo cultural das terras lindeiras, mais tamn das propias, iniciaron unha batalla para derruren a autoestima de noso. Souberon traballar con moita sutileza o subsconciente colectivo, facendo que, no mundo rural daquela altura, o labrego sentise odio de todo o que o rodeaba e noxo de si propio. Unha das manobras mis sutiles e, ao tempo, mis asoballadoras foi o emprego do humor. Comediantes chegados de Castela encenaban ridculas imitacins de tipos labregos cos que se mofaban dos nosos paisanos, mentres moitos destes aplaudan a sa dantesca deformacin no espello. Esta ruindade mesquia anda pervive nalgns (mal)humoristas galegos. Chega con acender a Televisin (de Galicia?) e ver como hai galegos que fan mofa do que eles mesmos son e renegan. Concordo na prudencia de analizar caso por caso, mais o visto at agora que seguen a empregar moitos dos estereotipos insultantes de antano. Non obstante, tamn de necesaria xustiza traer nosa fraca memoria colectiva a moitos outros galegos que, nos tempos mis escuros, souberon poer luz na desgraza mis fonda desta humillacin. Ata comezos do sculo XX, poucas comedias se tian escrito en galego. Como moito, adoitbase representar un drama na nosa lingua, deixando o espaol para a comedia. O humor segua tendo enormes tintes de insulto. por isto que as Irmandades da Fala, a travs dos Coros, fixeron agromar a comedia en galego, ademais de seren firmes defensores da dignidade dun pobo netamente rural. Entre os protagonistas: Charln e Hermida, Lugrs Freire ou Leandro Carr. Mais a ditadura primorriverista s deixou espazo para unha estampa de costumes que nos limitaba novamente seardade. Coa chegada da II Repblica, a enerxa dos autores canalizouse cara o terreo poltico, mais con todo tentronse novas vas para o teatro. No relativo comedia, levaronse a escena obras concebidas con anterioridade, sendo menos as de nova creacin. Salientan tamn os cadros de declamacin que crearon nas vilas as Mocidades Galeguistas e organizacins afns.

Co alzamento fascista, moitos autores tiveron que se exiliar proseguindo o proceso creativo lonxe da sa Terra. Tal o caso da ben coecida obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse, que curiosamente chegou a ser representada en Galiza durante a ditadura. Con todo, foron agromando algns narradores e humoristas que, anda dentro dos lmites da censura, souberon darlle vida dignidade do ser galego. Tal o caso dun home que resoa especialmente no corazn dos marins: Carlos Daz O Xestal, quen percorreu corredoiras e aldeas, tamn vilas e teatros, facendo rir coa retranca mis nosa e orgullando a todos de termos nacido nesta parte do mundo. Hoxe o teatro galego, segue a dar moitos bos e xenerosos creadores e actores que dificilmente van sobrevivindo neste camio cheo de trabas e angurias. Lembremos aqu a Mofa e Befa, Chvere, Vidal Bolao (in memorian), Quico Cadaval e tantos outros que doan o seu tempo, enerxas e ilusin a cambio dun sorriso agarimoso. Fican xa fra destas lias os humoristas grficos, anda que ben merecen a nosa atencin tamn. Reclamo ltimo: Os medios, que nos inundan co seu (mal)humor recalcitrante e cun castrapo destructor para o noso ser nacional, non han conseguir que metamos nunha gaveta os soos mis fermosos que este Pas tivo e ten para facernos sorrir.

A Xanela

17

Outono 2011

FOLCLORE

Cantiga dos Reis


Manoel Lousa Rodrguez

A nosa guerra civil (1936-39), romatou con moitas dos costumes que haba no meu Betanzos e a sa
bisbarra. Unha delas, que agora conto, foi o Canto dos Reis. No sern da data do cinco e na ma do seis de xaneiro baixaban das aldeas pertas a Betanzos fatos de mozos sempre homes, o nmero cadraba entre catro e oito- que tocaba ( un falar) os mais diferentes instrumentos: pito, gaita, bombo, caixa, acorden, tixola, cunchas, ferreos, pratios, garrafa do ans, lata do pimentn, toros curtos de madeira pra bater un noutro... Poanse facendo un semicirco e encetaban o canto da cantiga. Qu msica tian?, a que lles petaba, cada quen dos fatos tia a sa o mesmo que as letras. Velah vai unha delas: Os que ac vimos Os que ac chegamos Si nos dan licencia Os Reis cantamos. O b do Arcanxel terra chegou E sin mais pensa-lo Virxe visitou. Ela olla-lo O medo lle entrou Mais o San Grabiel A tranquilizou. Recado che traio Do noso Pai Deus I heicho decir Pra ben dos teus. Nosa Nai Mara Rubia se voltou E o santo arcanxo As lle falou. Sabers Mara Que en t xa est Quen h salvar humanid. Non entendeu Mara O grande recado I espricoulle arcanxel Ter moito recato. Non temas Mara Porque Deus xa sabe Que ti sers virxe No teu novo estado. E naceu Xess Pra ben dos humanos Un da de neve Nun cortello malo. Os coros dos anxos Os probes pastores Foron visita-lo Dndolle louvores. E dal do Ourente Souprono os Reis I en camio de contado Puxronse os treis. E cs seus criados Encheron de regalos Os grandes camelos Que con ben chegaron. Sempre de xionllos Estiveron os monarcas Nenio dronlle O millor das arcas. Foron os presentes Ouro, incenso e mirra Pr Neno Xess O millor da terra. No soo dos Reis Dxolles o Deus Que Rei Herodes Non volveran ver. Velah a despedida Porque imos acabar Botade maus s petos por si nos queredes dar.

DESEO DE VILLAR CHAO

A Xanela

18

Outono 2011

HISTORIA

A Banda de Msica Municipal de Betanzos


Xulio Cuns

Galicia ten unha grande tradicin bandstica.


Penso que despois de Valencia, Galicia o Pas de Espaa que tivo mis bandas de msica. Pero sobre este tema, tratado as, dunha forma xeral, non hai publicado, que eu saiba, mis que un libro titulado Bandas de msica de Galicia, de Enrique Iglesias Alvarellos, que sau do prelo o 22 de novembro de 1986 (da de Santa Cecilia). Por este libro entermonos que en Galicia houbo 433 bandas de msica, das que corresponden 93 Provincia da Corua, 113 de Lugo, 94 de Ourense e 133 de Pontevedra. Tamn sabemos cales son as mis antigas e, segundo aparece nel, no apartado que adica Banda de Merza preto de Silleda: Existe la creencia de que esta banda apareci en el ao 1828, pero non aporta datos de ningunha clase nin asegura que tal cousa sexa certa. Con respecto de Ribadavia d textualmente: Hemos llegado a la mis antigua banda de msica de Galicia. El ao 1840 es la fecha en la que podemos situar el nacimiento de la banda de Ribadavia Da Banda de Cira, Silleda, di que se creou no 1850 e a de Cercedo no 1851. A de Vilarrubn, na Peroxa, en 1850. Os anteriores datos non estn contrastados nin avalados por ningn documento. Son datas que o amigo Alvarellos pillou de odo e, nunca mellor dito, falando de msica. As devanditas bandas son todas populares anda que puideran ter algunha axuda municipal, como a de Ribadavia. En canto s municipais di Alvarellos que a mis antiga a de Santiago e sinala como o seu nacemento no ano 1850, sen acreditalo nin citar documentos nos que conste tal feito. No mesmo captulo adicado de Santiago fai constar isto si que documentado que no ano 1942 se celebrou o primeiro centenario da referida banda. Na noticia que d desta celebracin faise constar que a Banda se est reorganizando. Esta palabra un eufemismo xa que nesas datas a banda de Santiago non exista, posto que no ano 1941 os mellores msicos da mesma fixeron oposicin de ingreso na de Betanzos por estar disolta a de Compostela. De todos aqueles msicos (verdadeiros msicos) que vieran da cidade do Apstolo, soamente un

botou races en Betanzos: Domingo Luces Martnez, quen casou aqu. Pois ben, no ano 1852 crase a Banda de Msica Municipal de Betanzos. E iso si que est demostrado, acreditado e documentado. As consta dun expediente incoado o 8 de novembro de 1852 a proposta do Cabaleiro Procurador Sndico municipal don Fernando Vzquez Carril, co seguinte ttulo: Ao 1852 Ayuntamiento Constitucional de Betanzos Expediente formado sobre la planteacin de una Academia de Msica en esta ciudad para poder emplear en el aprendizaje de este Arte, varios jvenes dedicados a la vagancia. En todo este escrito ntase a preocupacin do seu autor por buscar unha disculpa de tipo filantrpico,caritativo e de prevencin da delincuencia, para xustificar a creacin da Academia e, consecuentemente da Banda de Msica. Segue a decir que unha inmensidad de Jobenes que en este Pueblo existen, los ms de ellos sin oficio, ni modo de vibir conocido, relajando con sus deprabadas costumbres la buena moral, y corrompiendo a otros muchos que si bien no tenan necesidad de dedicarse al pillage, son sin embargo propensos adoptar tan reprobada conducta Esta maneira de pretender disculpar, de pretender xustificar o emprego de certas cantidades en beneficio dunha arte est causada pola total falla de atencin que houbo de sempre e segue a haber neste pas, s Artes e, por enriba dos demis, Msica. No escrito que motivou o expediente citado, xa o Procurador Sndico propoa a don Juan Gattot para o cargo de Director, que xa o ocupara no suprimido Batalln Provincial de Guadalajara. Foi aceptado. Redactouse un documento orgnico para a Academia que foi aprobado o 12 de decembro de 1852 e que foi modificado o 29 de decembro de 1854, xa que, por razn do uniforme, hai que engadir anterior: que la msica pertenece al Ayuntamiento y a la Milicia Nacional para todos los actos de Serbicio a cuyo fin su Director obedecer las rdenes de su Comandante... Etc. O 22 de xullo de 1855 acordan separar Director e no expediente figuran as razns para facelo e, entre elas, o pouco adianto que se advirte nos alumnos e a falta de afinacin dos instrumentos

A Xanela

19

Outono 2011

como consecuencia de ser xordo o Director. Parece que tras da porta xa estaba agardando outro Director, don Pedro Queble. Vanse sucedendo os directores: D. Vicente Nvoa Gonzlez; volve D. Pedro Queble; D. Antonio Oliva; D. Francisco Maim; D. Jorge Yez e, a continuacin D. Joaqun Marty Roca, que foi nomeado o 11 de febreiro de 1874 e cesou no ano 1909. Neste espacio de tempo ocorren moitas cousas dentro do pequeno mundo da Academia e Banda de Msica de Betanzos e do seu entorno oficial, algunhas curiosas, por exemplo: Na convocatoria feita no ano 1872 para cubrir a praza de Director, presentronse a ela tres aspirantes: Don Lorenzo de Castro, don Jorge Yz e don Benito Patan. A Comisin de Msica (posto que haba unha Comisin composta por tres Concellais, como mnimo) redacta un informe que, firmado polo Comisionado don Marcial Ramos Quiroga, eleva Concello. Este informe ven a decir que don Lorenzo de Castro coa sa solicitude, aporta unha chea de certificados con que demostra os seus mritos, os cargos que ocupou na faceta musical, etc, incluso fala da sa laboriosidade e conducta moral que todos coecan pois este home levaba moitos anos residindo en Betanzos. En canto a don Jorge Yez Fernndez, dise no informe que non acompaou ttulo ningn solicitude e que dos informes recollidos resulta que nunca dirixu orquestra nin banda nin fixo oposicin a ningunha praza, parece que ten regulares coecementos de msica e toca o piano, pero que a sa conducta moral non moi satisfactoria. O outro solicitante don Benito Patan un excelente msico pero non toca o piano, condicin imprescindible para optar praza.

O VALENCIANO JOAQUN MARTY ROCA, DIRECTOR DA BANDA MUNICIPAL DENDE 1874 A 1909. AMB.

En consecuencia do anterior o Comisionado propn o nomeamento de don Lorenzo de Castro, por mis que algunhas persoas extraas Corporacin Le hayan recomendado con mucha insistencia propusiese a D. Jorge Yez, como d textualmente. O Concello en sesin ordinaria discute o nomeamento e, posto a votacin, elixe por maiora a don Jorge Yez. O Sr. Ramos Quiroga formula un voto particular coas mesmas razns expostas e dimite da Comisin de Msica. O primeiro da de xaneiro de 1873 frmase a contrata co novo Director e o 10 de setembro do mesmo ano acrdase a separacin do cargo, influindo nesta resolucin a mala conducta moral de que xa falara don Marcial Ramos no anterior informe. O Sr. Yez entabla reclamacin e o cambio de poltica favorceo: Cando foi destitudo o 10 de setembro de 1873 estaba instituida en Espaa a Primeira Repblica e o Concello que o destituu era A BANDA DE MSICA CON JOAQUN MARTY AMOR DE DIRECTOR INTERINO republicano baixo a Alcalda do ARREDOR DE 1920. Arquivo Municipal de Betanzos (AMB). cidadn Mateo Cereijo. Cando o 14

A Xanela

20

Outono 2011

A BANDA MUNICIPAL DE BETANZOS POR 1925 CO SEU DIRECTOR FAUSTINO TEMES. ARQUIVO XTR.

de xaneiro de 1874, despois de que Pava disolvera o Parlamento, foron repostos tdolos funcionarios destitudos pola administracin republicana e dese xeito vemos outra vez Sr. Yez mando da Banda Municipal, se ben cobrou os soldos devengados e dimitu, ou mis ben parece que o fixeron dimitir. Xa no sculo XX, sendo Director don Joaqun Marty, volve a ocorrer outra intromisin dos polticos que rexen o Concello: En acta de 31 de decembro de 1903 consta que o Director participa Corporacin que 17 msicos deixaron de asistir Academia e non se presentaron a tocar dous das do referido mes, sen que houbera ningn motivo. A algns deles castiguselles cunha multa e a outros non porque depuxeron a sa actitude. O da 8 de xaneiro de 1904 celebrouse unha sesin na que houbo un tremendo debate sobre o sucedido na anterior que non asistiran certos membros da oposicin, os cales dican que a verdadeira razn de castigar a eses msicos era a de que tdolos castigados votaran oposicin nas ltimas eleccins. A cousa seguu adiante porque a maiora gaaba nas votacins e moitos msicos da Banda foron expulsados e pasaron a formar parte da Msica Obrera. Como os msicos disidentes eran os mellores con que contaba a Banda, esta tivo que deixar de tocar e o Axuntamento viuse na necesidade de contratar Msica Obrera, dirixida por Jos Faraldo un dos expulsados para amenizar os paseos e veladas, segundo consta en acta.

No ano 1911 aparece como Director D. Antonio Segura Penalva. Baixo a sa direccin debutou o pai de quen lles est falando, como fliscorno segundo. Conforme el dica que era segundo porque non haba mis que dous. Se houbera tres sera terceiro. No 1913 cesa o Sr. Segura e, previo concurso faise cargo da direccin D. Ricardo Dorado Arroyo, quen compuxo un himno a Betanzos, con letra do periodista betanceiro Jos Bartolom Vidal. Esta letra consrvase; non as a msica que supoemos bastante mellor, por das razn: Porque non poda ser peor; e porque parece que Ricardo Dorado era un bo msico. En 1917 nomean Director a Don Francisco Garca Rey e dous anos despois renuncia, facndose cargo da Banda don Joaqun Marti Amor, fillo de don Joaqun Marty Roca, quen dirixiu moitas veces a agrupacin pero como interino, pois nunca tivo a praza en propiedade. No ano 1925 toma posesin do cargo de Director don Faustino Temes Diguez, quen deixou unha aureola de gran msico pero home voluble e non moi cumplidor das sas obrigas. Tivo altercados con algns msicos da banda polo que lle incoaron un expediente e, despois de que declararan nel varios msicos que foron testigos suspendronno de empleo por un tempo. Xa antes deste altercado tivera algns fallos como por exemplo comunicar Concello que se atopaba enfermo e comprobarse que estivera tocando como violinista no Teatro Jofre de Ferrol. Marcha o Sr. Temes, previa dimisin que lle foi aceptada e como consecuencia de concurso

A Xanela

21

Outono 2011

Nesta fase saen da Academia de Msica para tocar na Banda varios msicos que nunca deixaron quedar mal mestre: Os irmns Fafin Casal, Manuel Maseda Sobrino, Aquilino Prez Garca, Manuel Sanmartn Naveira, Antonio Mara Lpez Iglesias, Joaqun Gmez Varela, Jos Ucha Braas, Jos Pita Rozados, Vctor Sanmartn Rico e o compositor Carlos Lpez Garca. Tivo a Banda, neste perodo, unha poca de esplendor. No ano 1941 a Corporacin Municipal, a A BANDA MUNICIPAL DE BETANZOS EN 1930 CO SEU DIRECTOR VCTOR PARIENTE proposta do concellal don Jos HERREJN NO PATIO POSTERIOR DAS ESCOLAS DO ASILO GARCA HNOS. AMB. Noguerol Otero, toma a determinacin de reorganizala. Aproveitando o toma posesin un gran msico: Don Manuel regreso de moitos msicos que estiveran na Guerra Fernndez Amor, que via de dirixir a banda La Civil e que a Banda de Santiago estaba desfeita, Lira, de Ribadavia. fxose a de Betanzos cunha plantilla extraordinaria Tivo unha grande preocupacin no de msicos. Pero volvo a repetir que as cousas boas desempeo do seu cargo, adquiru moitas partituras pouco duran. Daqueles msicos tan bos algns novas para o Arquivo, bastantes de Beethoven fixeron oposicins a Bandas do Exrcito, outros precisamente e outras popularsimas e de moda voltaron a Santiago cando a Banda de esa cidade naquel momento, como Ven, Cirila, ven... Pero as se reorganizou e a de eiqu foi esmorecendo co boas cousas duran pouco. O 13 de marzo de 1930 tempo. remite un oficio Axuntamento comunicando a Coa data do 15 de novembro de 1956 incase renuncia cargo debido obtencin da praza de no Concello un expediente que di: Personal.Msico Maior do Exrcito, expresando a sa Disolucin Banda de Msica... gratitude Corporacin e Alcalde, ofrecndose Os msicos opuxronse acudindo Tribunal no seu destino na Banda do Rexemento de Infantera Contencioso Administrativo, quen lles deu a razn. de Segovia, n 75, de guarnicin en Cceres. O Axuntamento apelou e o pleito acabou no Tribunal Compositor moi prolfico hai que destacar o Supremo, estimando que a razn estaba da parte xito que tivo cando en 1926 a Orquestra Sinfnica dos msicos. de Madrid, baixo a direccin do Mestre Fernndez Pode que o pleito acabara moito antes se os Arbs, estrenou a suite Lembranzas da Festa, msicos souberan dun acordo tomado pola gracias a este xito o Concello da Corua Corporacin de 8 de maio de 1953 que, entre outras concedeulle unha subvencin para ampliar estudios cousas, di o seguinte: Dise cuenta de un informe co mestre Emilio Vega, director da Banda del Real del Secretario Letrado de este Ayuntamiento recaido Cuerpo de Alabarderos de Madrid. Citaremos a la instancia formulada por los miembros de la algunhas obras mis das que no seu ttulo fan Banda de Msica Municipal, asunto ya tratado en relacin a algo da comarca mariana: Estampas sesin de 9 de abril ltimo. = Y la Excma. brigantinas, Vendimia betanceira, A orillas del Corporacin Municipal debidamente enterada de la Mandeo, Alal de Mondoy, Foliada de Sada, un instancia-recurso, as como del informe canto Virxe dos Remedios, de Betanzos, Sada mencionado, y previa una razonada discusin acord ma, Betanzos, etc. por unanimidad declarar a los msicos reclamantes Nova convocatoria para proveer a praza de como empleados municipales, sin alterar la Director. Presntanse nove aspirantes e, entre eles, retribucin que vienen percibiendo actualmente Don Hilario Courtier Quintans e Don Vctor Pariente Herrejn. A Corporacin Municipal acorda, por * Este texto parte dunha conferencia impartida por unanimidade, designar interinamente a don Hilario Xulio Cuns, autor de traballos sobre La Banda Municipal de Courtier. Transcorrido o perodo de proba parece que Betanzos en el siglo XIX y XX, publicados no Anuario Brigantino a sa actuacin profesional no satisfactoria e de 1984 e 1986, respectivamente. Posteriormente, o Concello seprano do emprego nomendose a Don Vctor creara de novo unha Banda Municipal en 1991 que contina felizmente activa, renovando as esta vedraa tradicin musical. Pariente quen a dirixu ata o final.

A Xanela

22

Outono 2011

VINDICACIN

A casa gtica dos Vilousaz


Dende o outono de 2008 no solar que ocupaba a casa
gtica dos Vilousaz, na ra betanceira da Cerca, hai un baleiro. Un oco en pleno corazn da cidade. O 3 de outubro dese ano a prensa coruesa publica a noticia con estes titulares: Tiran a fachada protexida da casa gtica de Betanzos, de case 600 anos de existencia. O seu propietario, que tia concedida unha licenza de rehabilitacin, procedeu a desmontar a fachada sen autorizacin. O concello denunciou ao fiscal o derribo mais non semella que a Xustiza, sempre lenta, tea avanzado neste asunto. O pasado ano, ao cumprirse o 2 cabodano da destruccin da casa, un grupo de cidadns concienciados coa defensa do patrimonio realizaron unha concentracin diante do solar, convocados a travs da rede social Betanceiros en el mundo e apoiada pola Asociacin de Amigos do Casco Vello e da Asociacin Cultural Eira Vella. Un ano despois desta concentracin e a tres do derribo as cousas seguen igual. O noso ferido casco histrico desngase por este oco que lle deixou a casa mis antiga da cidade.
A CASA GTICA VISTA POR TRES ARTISTAS: XOS SEIJO RUBIO ( DEREITA ARRIBA ), XOS ANTN ( DEREITA ABAIXO ) E CARLOS SEIXO CARLINES (DEBAIXO)

A Xanela

23

Outono 2011

Arredor da casa gtica


Unha casa con historia A coecida como Casa Gtica, no nmero 5 da
ra da Cerca, foi edificada, ao parecer, polo rexedor brigantino Lope Garca de Vilousaz, probabelmente a finais da decimoquinta centuria, segundo o cronista Vales Villamarn. Este publicou un documentado traballo sobre esta familia no Anuario Brigantino de 1981 (El blasn de los Vilousaz). casa orixinal, que sobrevivu aos terribles incendios que sofriu a cidade, probabelmente pola rexa cantera da sa fachada, engadiriaselle posteriormente un segundo andar. con balcn marin. Trtase da construccin civil mis antiga que existe en Betanzos, segundo o parecer do citado cronista, quen consideraba que era merecente da mxima proteccin oficial. Na sa fachada destaca a portada conopial con dous fermosos escudos aos lados: un deles, o do lado esquerdo, coas armas dos Vilousaz nun cuartel, sendo as dos outros dos Cela, Pardo e outro sen identificar. O do lado dereito est cuartelado coas armas dos Figueroa, Vilamarn e posbelmente dos Ares e Faxardo. O escudo de armas propio dos Vilousaz cuartelado en cruz. No primeiro e cuarto cuartel das cabras de ouro, pasantes, postas en pal. E no segundo e terceiro tres faixas. Este escudo, con lixeiras variantes, campaba nos sarcfagos dos fillos de Lope Garca de Vilousaz e tamn nunha columna do desaparecido claustro, en San Francisco, noutra casa desaparecida da ra da Cerca (no Museo das Marias actualmente) e noutra no nmero 9 da mesma ra, hoxe propiedade da familia do poltico Romay, e ameazada de derribo. Pdese dicir que os Vilousaz foron os amos nesta ra. Ademis pedras armeiras desta familia campan nunha casa do lugar do Barallobre en Brabo, e en diversos puntos da bisbarra das Marias: Montecelo, en San Pantalen das Vias; Baobre, Callobre e San Tirso de Mabegondo. Desta importante familia medieval, emparentada cos Andrade, hai dous membros sepultados na igrexa de San Francisco en fermosos sartegos baixo arquera: o coengo de Santiago Joan Lopez e o seu irmn Garcia Peres de Vilousaz. Posteriormente a propiedade pasou aos Condes de Vigo (os Tenreiro Montenegro), que descendan dos Vilousaz, e finalmente familia Lousa, da que integrante o actual propietario que destruu (momentaneamente?) van al tres anos a casa mis senlleira e histrica de Betanzos.

Non ao esquecemento Cumprronse xa tres anos da inexplicable perda


da Casa Gtica, a construccin civil mis antiga da nosa cidade segn os cronistas mais enterados. Foi a sa unha runa ralentizada, un deterioro a cmara lenta, un sdico proceso dexenerativo que durou moito tempo diante da despreocupada mirada de todos ns. Na sa desfeita final de hai tres anos, confluiron por unha desafortunada e fatal coincidencia varios factores que fixeron posible esta vergoenta enaxenacin ao noso patrimonio monumental. Primeiro a casual desgracia de ter cado nas mans do seu propietario, quen ten que ser sinalado inexcusablemente de ser o principal responsable da sa descomposicin e destruccin final. Segundo, a indolente e xeneralizada desidia de todos ns (encabezados naturalmente polos respectivos Concellos que gobernaron nesas etapas) por consentilo. En terceiro lugar, a inconsciente irresponsabilidade do Concello anterior, porque, pillando este problema na sa etapa final, cando xa era evidente que a casa estaba a piques de derrumbarse, podendo facelo, nin sequera se plantexaron resolvelo. Porque coincidentemente foi o ltimo Concello (pre-crise) que disfrutou o momento final da bonanza econmica, que, de ter vontade de facelo, poda permitirse abordar o seu rescate e rehabilitacin. Pola contra embarcronse noutros plans modernizadores e prefiriron investir en artiluxios de mobiliario/ hosteleiro/urbn que van durar moitsimo menos que o moitsimo que costaron. Elixiron entre a efmera vanidade e a preservacin do mellor do noso pasado. Entre unhas obras de usar e tirar -flor dun da- e a obvia defensa e restitucin deste singular monumento representativo do noso medievo. Elixiron entre a estupidez repentina e suntuaria e a historia. E qu dicir da intervencin da Direccin da Xunta que vixa e vela polo noso patrimonio artstico? Non nos pode causar mis que unha inaudita sorpresa que os seus funcionarios, que segundo se di actan cun celo, un nivel de esixencia e unha rectitude exemplares, este caso, dunha gravsima esquilmacin patrimonial, os pillara mirando para outra parte. Sirva este terceiro aniversario para recordar todo isto pero tamn para facer un chamamento conciencia de todos, agora que este desastre se encontra no limbo xudicial (que moitas veces, xa sabemos, o ltimo refuxio exculpatorio de moitas infames falcatruadas), para estar vixiantes, para ser esixentes, para non deixar que este desmn caia no pozo sen fondo do esquecemento.

Baraxeiro
A Xanela

Xulio Rozados

24

Outono 2011

VIAXEIROS

Os piropos de Waldo A. Insua


Waldo lvarez Insua naceu na parroquia de Ouzande, na Estrada en 1858. Estudou Leis en Compostela onde amistou con Braas. Xornalista precoz, tivo que emigrar a Cuba en 1877 por mor de contratempos que lle causaron algns dos seus artigos crticos coa poltica da Restauracin.Na Habana rematou a carreira de Dereito, vencellouse colonia galega e fundou aos vinte anos El Eco de Galicia, un dos primeiros xornais galegos de Amrica. Pola sa iniciativa creouse o Centro Galego da Habana, do que foi vicepresidente, as como tamn exerceu de secretario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Vencellouse ao movemento rexionalista galego e mantivo relacin con Murgua e Rosala. Viaxou a Galicia varias veces coa familia para afincarse definitivamente en Madrid, onde finara en plena guerra civil en 1938. En Cuba batallou adoito na prensa en campaas a prol de causas nobles e xustas, chegando mesmo a ser condenado por mor dunha delas, e promoveu axudas para unha Rosala de Castro enferma. Colaborou en moitas publicacins e publicou varios libros. Dun deles (Galicia contempornea, Pginas de viaje, A Habana, 1889) este texto, no que fala de Betanzos ao paso pola estacin, chufando os tipos marins e betanceiros. Repite datos tomados de enciclopedias e vellas historias, algunha cuestionable. (X.T.)

A xia

o asubo estridente da locomotora anncianos que estabamos na estacin de Betanzos. En efecto, al no fondo, a media hora de camio en dilixencia, destacbase a histrica cidade dos brigantinos cos seus edificios elegantes e esveltos, as sas numerosas e ben dispostas casas que brillaban fortemente ao reflexo do sol e os seus outeiros que lle prestan abrigo cando o norte de decembro e xaneiro sopra con crueza. Aquel espectculo era encantador por demais, por qu non admiralo? O val longo, dilatado, formando un mosaico variadsimo prolongbase lonxe, moi lonxe da cidade; os ros Mende e Mandeo retorcndose como serpes de prateadas escamas, ora agochabanse nas sinuosidades e canellas do terreo, ora se amosaban brilladoras e alegres nas diminutas chairas de herba verde; a un lado deixaban hortas calladas de cerdeiras, mazs e pereiras e ao outro prados nas beiras dos que erguan as sas melancnicas polas os salgueiros e bidueiros: ambos co seu enorme continxente de auga an morrer ra, a eterna namorada do val. Era un panorama esplndido, digno do pincel de Poussin. Calquera que tivese a rara habilidade, a arte asombrosa de trasladar ao lenzo tan sublime paisaxe, acadara perdurbel gloria e sera quen mis intimamente comprendese os misterios da natureza. Mais cousa dificil copiar a obra perfeita de Deus: as cores verdadeiras, os toques delicados e suaves,
A Xanela

os pregues ocultos, a fisonoma que mester adiviar, o aire e a luz, que a forza de seren reais convrtense en imposbeis, iso non hai pincel que os comprenda, nin arte que os sinta. Iso admrase e nada mis; e se acaso, grdase a lembranza da xtase que produce. Betanzos foi capital da provincia do seu nome, antes da moderna divisin e comprenda once vilas e duascentas trinta e nove parroquias. Actualmente ten mis de oito mil habitantes e consideraselle como unha das mis importantes poboacins de Galicia. Fundouse en poca remotsima e moito antes que A Corua, dependendo dela a torre de Hrcules: os brigantinos, que foron os seus poboadores, pertenceron quiz a aquela raza primitiva e descoecida que se situou nas desembocaduras dos ros e beira do mar, dando as vida s chamadas cidades lacustres e notbel desenrolo ao comercio que por entn sostian os fenicios; son, sen dbida, anteriores ao celta co que se ligaran de tal xeito, cando este apareceu nas nosas costas, que concluiron por desaparecer como raza e borrarse absolutamente como tipo. De todos os xeitos Betanzos pode chufarse de ser unha das mis antigas cidades galegas e irm daquelas Lambrica, Noela e Duos-Pontes, das que s fica unha vaga e escura memoria de teren existido. Consrvase al, mis puro que en ningunha outra parte de Galicia, o tipo celta: os mariaos son altos,

25

Outono 2011

ben formados, de rexa musculatura, anchas costas e testa ergueita e fermosa: levan longo o cabelo, que lles cae en bucles sobre os ombreiros e moitos furan, anda, a orella esquerda; non quixeron desprenderense do seu vello xeito de vestir, levan con gran donaire o estreito e curto calzn, cinguen o van coa vistosa chaquetia ou marsells, usan a camisa de alto colo con finos bordados de fo e non se decidiron a abandonar o vermello chaleco que tanto loce en corpos ben formados; a monteira puntiaguda con tres borlas de seda verde na parte superior o adorno da cabeza daqueles homes para os que, se teen pasado os sculos cambiando o idioma e a face exterior das cousas e dos pobos, non pereceron aqueles usos patriarcais que consisten na veneracin e respeto cara todo o antigo e o amado. En Betanzos asoman a cada paso restos de antigos monumentos: a Casa-Crcere foi noutra poca palacio daquel bo cabaleiro chamado Fernan Prez de Andrade, amigo predileto do Rei Henrique de Trastmara e sostedor vitorioso do cerco que Corua puxo o Duque de Lancaster: o seu sepulcro est situado na igrexa do derrudo convento de San Francisco e leva esta honrosa inscricin: Jaz Fernan Perez de Andrade: Cabaleiro. Singular contraste! Os que en Inglaterra gravaban sobre a lousa tumularia de don Fernando de Castro, partidario eterno do infortunado Rei don Pedro, aqu xaz a lealdade espaola, ignoraban que Betanzos, leal amiga do vencedor fratricida, daba terra sacra ao mesmo tempo ao seu grande e fervoroso vasalo o de Andrade, escribindo sa vez, aqu dorme o bo cabaleiro, no seu rexio sepulcro. Escravos das loitas que por entn devoraban ao pobo galego, curabanse os seus nobres de hostilizarse cruamente e se facan a causa dos Reis castelns era debido moitas veces ao odio mutuo que se profesaban. A Casa de Andrade ao lado dos Guzmns traa aparellada a

devocin da de Castro a don Pedro, coidndose pouco de que parte estaban a razn e a xustiza e non atopando bo mis que o que cada un defenda. Fernn Prez de Andrade fixo canto puido en favor da cidade que gobernaba como dono e seor e que lle fora concedida en propiedade polo seu amigo don Henrique das Mercs: fundou sete mosteiros, sete igrexas, sete pontes e sete hospitais, poendo en todos eles, a xeito de escudo, un xabarn e un oso de pedra, que foi a divisa que adoptou dende o seu primeiro fito de armas. Cntase que o seu Rei e amigo autorizouno para acuar moeda de coiro e ouro, privilexio do que fixo uso, colocando nas que fabricou, dun lado as armas de Andrade e do outro as de Castela. O seu pazo est anda en p e vese a das leguas de Betanzos, perto de Pontedeume, vila que coa de Ferrol lle foron dadas en xuro de seoro polo monarca citado. O aspecto da cidade encantador: abondan as edificacins modernas, os xardns e as fontes; ten moi lindos paseos e a alameda atrae moita concorrencia os domingos e das de festa. Entrando en Betanzos polo Campo da Feira que ten no seu centro colocada a fonte de Diana Cazadora, vese a Cadea, a casa-arquivo, a estacin de telgrafos e a sociedade de recreo; as ras estn limpas e aseadas e existen moitas tendas de quincalla, chilindradas, panos, teas e de zapatara. Fabricanse al, como en case todas as poboacins galegas, chocolates, xabrns, tellas e ladrillos. Entre as fbricas de curtume destaca a dos Hijos de Etcheverra, considerada como a mellor da bisbarra. Pose este poderoso establecemento unha mquina de vapor que desenrola unha forza de trinta cabalos e executa diferentes e variadas operacins; ocupa por trmino medio sesenta operarios e abastece de sola a Espaa, Porto Rico e Filipinas. Seguen a esta fbrica en importancia, a dos Sres. Lisarrague e Montoto, que tamn dan traballo a moitos operarios e prestan grandes beneficios ao pas. As casas son altas con balcns no primeiro andar e galera no segundo; a maior parte das ras estn regularmente empedradas e en moitas pasa a sa nica beirarra polo centro. A xente hospitalaria e xenerosa; as mulleres esveltas e fermosas e os homes moi afeccionados leitura e s belas letras. Al viron a luz varios peridicos, dirixidos polo meu antigo amigo e condiscpulo, o ilustrado avogado Hiplito Codesido que levou a feliz termo varios certames poticos. Betanzos, en suma, unha cidade culta e rica, que traballa e progresa diariamente, sen esquecer a canto a obriga o seu antigo avoengo.

A Xanela

26

Outono 2011

MSICA

Galicia e Brasil: unha viaxe de ida e volta


Xos Luis Sobrino

Neste nmero faremos un percorrido por tres traballos discogrficos de msicos galegos e brasileiros que
ou ben fusionan a msica de ambas latitudes, ou fan un percorrido polas mellores delicatessen de temas do seu pas. Os discos que repasaremos sern o de Gustavo Almeida, brasileiro afincado en Pontevedra que sacou recentemente o seu disco Cabaa, Uxa, unha voz curtida nos escenarios e no panorama musical galego e que nesta ocasin decidiu ofrecer unha fusin dos ritmos galegos cos do outro lado do Atlntico. Para rmonos finalmente ata o Brasil para debullar a msica de Regina Souza, voz que nos ofrece un pecorrido por distintos ritmos da MPB (Msica Popular Brasileira).

Uxa Meu Canto.


Meu Canto unha relectura dalgns dos temas fundamentais do repertorio en directo de Uxia e doutros temas que ata agora nunca abordara. Unha proposta limpa de artificios na que debemos salientar a sa excepcional voz. Meu Canto d nome a este traballo discogrfico porque a maiora das cancins conteen a palabra canto nun disco que se converte nunha reflexin sobre o acto de cantar e as emocins que provoca. Uxia d mostras dunha voz serena e amsase como unha artista madura que comprendeu que non hai nada mis sofisticado que a voz, e que este o nico instrumento que sempre pode transmitir nestas coordenadas ntimas da expresin. Neste traballo discogrfico, Uxa levanos a Brasil, onde foi gravado este traballo, nos estudios da editora Biscoito Fino, en Rio de Xaneiro. A eleccin non foi casual, pois decidiu mantenta abordar este novo reto coa produccin do prestixioso msico Jaime Alem (productor de Maria Bethnia), e o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Srgio Tannus. Sen esquecernos de que a todo isto hai que engadir que tamn escoitamos a Lenine en Os Teus Ollos, toda unha garanta para o exercicio de palabras e msicas. Vintecinco anos de carreira artstica s sas cosas convirten a Uxa nunha das voces mis populares e valoradas en lingua galega. As sas cancins seguen tendo a presencia latente da msica tradicional, cun tratamento innovador, no que destaca unha voz mis contida e mis profunda que nunca. Neste tratamento innovador hai tempo para recuperar A Rianxeira, un clsico en casteln Como la Cigarra, ou a Uxo Novoneira, musicalizado por Uxa e Tannus en Alals encadeados, por suposto sen faltar temas do Brasil

como Terra minha e sua ou Minha misso, dndolle unha volta a este ltimo que o fai mis persoal. O disco componse dun total de 15 cancins, gravadas no Brasil coas que fai uns meses Uxa entrou entre os dez primeiros discos das listaxes europeas de World Music.

Gustavo Almeida Minha Cabaa


Gustavo Almeida, brasileiro de Ro de Janeiro que xa leva varios anos asentado en Pontevedra, debuta no mundo discogrfico co titulo Cabaa. O primeiro corte do lbum aposta polos ritmos funk, vitalistas, sen esquecer a influencia da bossa para darnos a benvida a un primeiro traballo discogrfico no que a lingua portuguesa comparte espazo con outros temas en espaol como Queriendo querer todo ou La excusa, dous temas nos que a faceta de compositor de Gustavo Almeida e a sa polivalencia queda patente, pois no primeiro transita polo sendeiro dos ritmos animados, mentres que no outro opta pola frmula en sons e requebros dunha balada mis clsica.

A Xanela

27

Outono 2011

Mentres que en Detrs del hilo, Almeida incorpora ao seu universo temtico o das relacins paterno filiais. Gustavo Almeida un defensor de c a u s a s nobres como a do pobo palestino ou a da muller. As, en temas como Si tu quieres, Almeida deixa patente o seu posicionamento ao carn das mulleres maltratadas, denunciando a cobarda dos maltratadores, sen ter que abordalo dende enfoques rtmicos montonos ou lacrimxenos, conseguindo que a mestura entre o rap e os ritmos populares lle axuden a ser ms efectivo na transmisin das mensaxes. Neste disco a presenza da MPB (Msica Popular Brasileira) patente en temas como Quem me ia dizer, interpretado a do cun grande deste estilo como Jorge Vercillo, ou dun xeito mis sutil noutros temas do mesmo. En sntese temos un traballo mis que recomendable, unha autntica ponte entre a nosa cultura e a brasileira, con dous temas 100 % brasileiros e outros sete nos que o espaol se converte na lingua vehcular, se ben o transfondo da esencia carioca non deixa de asomar en cada requebro dos temas que compoen o disco e que conforman unha proposta musical totalmente recomendable neste aperitivo en forma de primeiro disco, agardamos que adianto doutros manxares discogrficos que no futuro seguirn deleitando os nosos padares musicais.

faceta artstica durante os ltimos 18 anos ten ramificacins nas facetas de actriz, cantante e productora. En Outonos, o seu segundo CD relanzado non fai moito, Souza revlase tamn como unha boa letrista son dela seis dos 12 temas do disco. O CD lanzado no 2008 en Belo Horizonte como unha producin independente, foi agora relanzado pola productora Biscoito Fino. Regina pasea a sa agradable e doce voz por sambas, bossas, boleros e cancins de sabor mis pop, relembrando a Benjor co tema Se Voc Quiser Mas Sem Bronquear con teclados de sabor anos 60. O disco aporta unha versin de Paulinho Moska para Desde Que Te Perdi, do arxentinoamericano Kevin Johansen, e ata unha versin do grupo Cidade Negra no tema A Estrada. Completa esta entrega con temas inditos dos mineiros Chico Amaral, Sergio Perer e de Vander Lee, con quen est casada. Nos crditos deste traballo comparte espazo con Lokua Kanza, na faixa-ttulo do disco, ademais de Zeca Baleiro en Afora a Flor, Flvio Henrique no tema Eu e Voc, Affonsinho en Toa e Vander Lee en O Atendente. Outonos polo tanto un CD de Msica Popular Brasileira que mistura samba, bossa nova, fado, samba-rock, samba-funk, milonga, xote e bolero, ademis de reunir un grupo de grandes instrumentistas, como Marcos Suzano (percusin), Carlos Malta (flautas), Marcos Nimrichter (musete), Lui Coimbra (violonchelo e rabeca), Nicolas Krassic (violin), entre outros. O productor o carioca Rodrigo Campello que logra darlle un cariz comercial e agradable a toda esta mestura. Dende o lanzamento do disco Regina Souza continou coa sa faceta multidisciplinar e neste ano 2011 estreou en Belo Horizonte o musical Os Saltibancos, baixo direccin de Carlos Gradim, da Compaa. Odeon.

Regina Souza Outonos


Regina Souza de Belo Horizonte e xa conta cun nome ben coecido na zona de Minas Gerais, tendo iniciado a sa carreira como Regina Spsito cun lbum do mesmo nome, producido polo mineiro Flvio Henrique. Esta artista ten participado tamn nos CDs Desoriente um pas (1998), cantando ao lado de Marina Machado, con producin de Ivan Corra. Participou no disco Marionetes (1999), na que sera unha homenaxe ao compositor Francisco Mrio, producida por Marcos Souza. Participou no DVD Entre do cantor e compositor Vander Lee e tamn do CD Faro, lanzado en 2008. Participando tamn no CD Meu Plano, do cantor e compositor Affonsinho (2009). Pero hai que salientar que a sa
A Xanela

28

Outono 2011

PUBLICACINS

As novas que nos chegan


Baraxeiro
EL MARCO HISTRICO DE UN COLECTIVO IRREPETIBLE de Alberto C. Portas Gmez un traballo sobre La Federacin de Sociedades Gallegas de la Repblica Argentina. O autor, que foi dende a xuventude membro activo e logo directivo e secretario xeral da Federacin, evoca diferentes episodios das loitas polticas e avatares que atravesou esta importante entidade societaria antifranqusita, especialmente na etapa da chamada guerra fra. Pretende dalgn xeito contrapoer a sa visin dalgunha historia circulante (que non cita) coa que o autor non concorda. Mgoa que dea por sentado cousas que o leitor descoece sobre a vida da Federacin e que ademis o estilo un pouco farragoso e a mala puntuacin do texto empaen un pouco a leitura. A edicin do Centro Betanzos de Buenos Aires que xa editara anteriormente outro libro do mesmo autor. A GUERRA SILENCIADA, Mortes violentas na Comarca de Ordes, 1936-1952, de Manuel Pazos Gmez, un historiador de longa traxectoria na bisbarra de Ordes, onde ten abordado diversos aspectos e etapas da sa historia. Neste traballo de recuperacin da memoria silenciada da guerra e da postguerra aborda as mortes violentas ocorridas nos oito concellos da comarca ordense (Oroso, Frades, Mesa, Cerceda, Tordoia, Trazo, Val do Dubra antes Buxn e o prprio de Ordes) entre o golpe militar de xullo de 1936 e o final da guerrilla, simbolizada pola captura e condena a morte de Foucellas, e que estn ou poden estar relacionadas coa represin golpista e a actividade guerrilleira posterior. Asimesmo dase informacin dalgns dos falecidos na guerra civil vecios deses concellos. Os rexistros civs, causas militares, testemuos orais e traballos doutros historiadores constiten as fontes documentais nos que se basea a investigacin, complementada cunha boa cantidade de fotografas coas que conseguu facerse o autor. A edicin da Asociazn Cultural Obradoiro da Histria. A COBIZA DO VERME NOEL, de Miro Villar, unha nova aportacin deste autor literatura infantil. Villar, poeta ao cabo, artella unha historia en versos endecaslabos que nos fala da cobiza e do poder, nunha fbula cos vermes no canto dos humanos. Marta lvarez Miguns responsabilizase con acerto das ilustracins deste conto editado por Galaxia. BRETEMADA. 1917-1922 (LIBRO INDITO) do poeta muxin Gonzalo Lpez Abente ven a aportar unha nova visin obra deste autor da poca das Irmandades da Fala. A introducin, estudo e notas son do citado Miro Villar, noutro rexistro do seu traballo literario.Leva un limiar de Mndez Ferrn e est publicado por Alvarellos nunha coidadsima edicin como adoito na sa coleccin Rescate e conta coa colaboracin da recn creada Fundacin que leva o nome do poeta de Muxa. Bretemada, metonimia de Galicia, un longo poema estruturado en seis partes, ademis dun Adicamento e un Introito, que nos seus ttulos xa nos vai indicando o percurso polo que vai pasando a nosa terra na idealizacin do poeta ate a sa liberacin: Nemorosa, Pastora, Guerreira, Principesa, Escrava e Ceiba. Estamos, pois, diante dun poemario de alento nacionalista. AREAL, Revista Cultural de Sada, editada pola Asociacin Cultural Irmns Surez Picallo, sacou o nmero 2 no pasado mes de abril seguindo a pauta do primeiro. Xulio Corredoyra, Jos M Monterroso Devesa, Edmundo Moure, Hernn Daz, Manuel Prez Lorenzo, Xess Torres, Calros Silvar, Manuel Surez de Concha, Manuel Lugrs Rodrguez, Marisa Naveiro e Xaime Rodrguez son os artfices dos artigos e ilustracins que compoen este nmero, que se completa con dous textos recuperados de Manuel Lugrs Freire e Emilia Pardo Bazn.
A Xanela

29

Outono 2011

LONGO O TEMPO un novo poemario da poeta portuguesa Maria Virgnia Monteiro, continuador da obra tan orixinal, chea de ritmo e musicalidade, desta colaboradora dA Xanela. O poemario reprtese en tres apartados desiguais en extensin: Os pequenos poemas da gaveta, cinco poemas; Os pequenos poemas (de antes da partida), catro poemas; e Os poemas (no pequenos) da gaveta, o mis extenso con vintecatro poemas. A edicin de Singular Plural do Porto e leva unha capa da artista Maria Manuela Mendes. O paso inexorbel do tempo e a consciencia da sa extincin conforman o eixo desta colectnea na que a autora se sobrepn s vivencias e sentimentos pasados: nem dor nem saudade s e s a idade do apenas partir ECOS DUN TEMPO, Conversas sobre a memoria histria, editado pola Asociacin Cultural Cultura Aberta de Carral, recolle as intervencins que ao longo de cinco anos (2005-2009) tiveron lugar nas Xornadas de Recuperacin da Memoria Histrica organizadas por esta entidade, dende as testemuas de Avelino Pousa e do xa desaparecido Elixio Rodrguez, pasando polas conferencias e mesas redondas protagonizadas por investigadores e profesores como Emilio Grando, Luis Lamela, Herminio Barreiro, Eliseo Fernndez, Carlos Pereira, Carmen Domingo, Carmen Blanco, Francisco Espinosa, Bernardo Miz, Julio Prada, Dionisio Pereira e Andrs Domnguez. Os temas que centraron as diferentes xornadas ao longo dos cinco anos foron, respectivamente, Silencios da guerra civil, O golpe militar e a guerrilla, A segunda Repblica en Carral, 75 anos do voto feminino: 1933-2008, e A Fronte Popular: 1936. O libro, editado por Andava Editora viu a luz no pasado ano e conta con senllos limiares dos msicos Mini e Mero, moi vencellados e comprometidos coas actividades de recuperacin da memoria histrica do 36 na Galiza. NO PAPEL QUE MUDO ESCOITA un novo poemario de Baldomero Iglesias Dobarrio, coecido por Mero no eido da msica e outras andainas, que leva unha manchea de ilustracins de Sabela Arias Castro. Editado pola Irmandade Manuel Mara da Terra Cha, fai o n 8 da coleccin Foulas do Raego e foi presentado por Eira Vella en Betanzos o pasado 27 de outubro. Estamos diante dun amplsimo poemario de 350 pxinas de temtica variada e tamn monoltica, como di o seu amigo e compaeiro de loitas e fatigas Mini: na poesa do meu amigo vive ese amor pola Matria que condensa fala, nacin, inxustiza, vergoa, loita e esperanza. FACIANAS DA REPRESIN FRANQUISTA NA TERRA DE MONTES, en edicin de Dionsio Pereira e limiar de Xos Ramn Paz Antn, recolle unha ampla documentacin grfica que pretende devolver s familias dos represaliados e represaliadas e a todas as xentes de ben da Terra de Montes, as imaxes de quen fora escarnecido, maltratado ou masacrado, acariadas por unha prezada aurola de dignidade e lexitimidade. A publicacin fai o n 2 da coleccin Vieiros da Memoria editada pola Asociacin Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido, con sede en Cerdedo. RESTAURO, Revista Internacional del Patrimonio Histrico, dirixida por Juan M Garca Otero dende Betanzos, onde tamn se imprime, dedica no seu n 10 dous dos seus traballos a temas galegos: El Palacio de Andrade en Pontedeume, A Corua: La destruccin premeditada de un monumento, de Manuel Bello Alonso, e En defensa de la Torre de Lanzs (Betanzos): Una obra medieval en peligro inminente, do propio director, que nos interesa especialmente. Pois, se ben o pazo eums dos Andrade xa non ten volta atrs, a torre de Lanzs pode vir sumarse, se os gobernantes non lle poen remedio, desfeita da chamada Casa Gtica (da que se fala neste nmero dA Xanela), ocasionando unha perda irreparbel para unha cidade medieval como Betanzos.

A Xanela

30

Outono 2011

R/ Rollo, 32-baixo 15300 Betanzos Tel./Fax 981 77 30 07 aulain@aulain.e.telefonica.net

PAPELERA LIBRERA REGALOS IMPORTACIN

ESTANCO
A Xanela

31

Valdoncel, 91 (Ponte Nova) Tel. 981 770201 BETANZOS Outono 2011

Betanzos

SOPORTAIS DA FONTE DE UNTA, 10 B E T A N Z O S

Plaza Alfonso IX, 10 Telfono 981 770952 BETANZOS

LIBRERA

PAPELERA

Ra do Rollo, 32 15300 BETANZOS (A Corua) Tel. 981 772649 E-mail: libreriadonin@libreriadonin.com

ROQUE MENAXE
MATERIAL ELCTRICO
Distribuidor: CAMPING-GAS COPIA DE CHAVES CERRALLERA FERRAXES
Avda. Xess Garca Naveira, 36 Tel. 981 773253 BETANZOS

FERRETERA

R/ Valdoncel, 16 15300 BETANZOS Telfono 981 774798

MARA LPEZ JORGE DAZ

JUNQUERA SNCHEZ

Tienda multimarca

Rosala de Castro, A Xanela 6 Betanzos 32 981 Outono 2011 Tel. 774 590 troula@terra.es

Rate