NOME: XABIER FERREIRO SANTAMARÍA CURSO

:
3º A Primaria

O Castiñeiro Nome científico: castanea saliva. País de procedencia: Asia menor Folla: As follas son estreitas, alternas, coa beira moi dentada,
peludas no envés cando son novas; miden entre 10 e 25 cm e teñen uns 20 pares de nervios e son caducas.

Froito, características e tempo de recollida:
o froito é a castaña que está envolvida nun ourizo e o tempo de recollida é en outono. O principal uso do castiñeiro é a obtención da súa madeira, moi valorada para fabricar móbeis, entarimados de chans, instrumentos etc. Outro dos aproveitamentos desta especie é a utilización do seu froito: empregouse tradicionalmente como fonte enerxética para a poboación en xeral, e mesmo como alimento para os animais (fundamentalmente porcos), mais perdeu o seu lugar de importancia na dieta cando chegou a pataca de América. Esta substitución e o papel alimenticio que tiña foron tan importantes que aínda hai hoxe lugares de Galicia onde lles chaman castañas ás patacas (igual que en francés se lles chama pommes-de-terre, "mazás da terra"). A castaña cómese cocida ou asada.

Aproveitamento:

O "marrón-glacé" é un doce con receita francesa que aumenta enormemento o valor engadido. En Galicia só hai unha fábrica deste produto, en Ourense

Chegada a España: viñeron

cos romanos.

Especie do conto: castiñeiro da India. Diferenza co noso castiñeiro: as súas castañas non
se comen. Tamén as castañas son máis grandes.

O CASTIÑEIRO O Castiñeiro é unha árbore de folla caduca. O seu froito é a castaña. O nome científico é Castanea Sativa Miller. Identificación. As follas son bastante caedizas, máis ben lanceoladas. Estreitas. Serradas. Con nervios moi marcados. Polo envés teñen pelos moi finiños, cando é nova. O pecíolo é curto e cilíndrico. Son inconfundibles. Hábitat: Galicia. As flores. As masculinas, con moitos estames, dispóñense en amentos colgantes ao longo dun eixe. O tronco cando é vello está oco. O tronco é curto pero moi groso. Refráns O que non ten mañas non come castañas. O día de San Martiño asa castañas e proba o viño. A castaña que está no camiño é do veciño. Sempre o peor porco encontrou a mellor castaña. Cada moucho ao seu souto. Ano de moito ourizo non fagas canizo.

Lía 3ºA

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful