You are on page 1of 2

Acta nº 3

ACTA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2007

Reunidos en Lanzós (Vilalba), a 23 de Febreiro de 2007, ás 21:30 h., en


segunda convocatoria, coa asistencia de sesenta (60) socios desta Asociación, a
Asamblea Xeral Ordinaria 2007 tratou os seguintes asuntos:

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

2.- Solicitude de autorización da Asamblea Xeral Ordinaria de socios para a


compra do campo da Asociación.

3.- Presentación do Estado de Contas.

4.- Rogos e Preguntas.

Desenrrolo da sesión e Acordos adoptados:

1.- O secretario deu lectura ás actas das sesións dos días 3 e 14 de Novembro
de 2006, aprobándose por unanimidade.

2.- Sométese a votación o punto 2 da orde do día, solicitando a Xunta


Directiva á Asamblea Xeral a súa autorización para a compra do terreo sito en Adro
de Lanzós (polígono 40 parcelas 93 e 94), o cal será destinado a Campo da Festa e
Aparcadoiro. Dita Asamblea Xeral, por unanimidade dos socios presentes, autoriza a
Dna. Mª Teresa Ramil Ramudo, co DNI ------- (en calidade de Presidenta) e/ou a D.
Luis Paredes Paz, co DNI -------- (en calidade de Tesoureiro), a formalizar en nome
desta Asociación de Veciños a compra de dito terreo.

3.- Procédese a dar lectura do Estado de Contas a día de hoxe, mostrando a


Asamblea, por unanimidade, a súa conformidade.

4.- Non se formulan rogos nin preguntas.


Lanzós, a 23 de Febreiro de 2007

Vº e Prace A Presidenta Asdo. O Secretario


Dna. Mª Teresa Ramil Ramudo D. Jesús Miguel Ares Fraga