You are on page 1of 2

Miguel Ángel Rodríguez Pérez

REFLEXIÓN SOBRE O PLURILINGÜISMO

Na maioría dos países fálanse varias linguas nunha mesma zona xeográfica esto
coñécese como plurilingüismo.

Esta situación de plurilingüismo en Galicia está presente xa que se falan dúas


linguas, o castelán e o galego; pero aínda que a lingua oficial de Galicia sexa o
galego utilízase máis o castelán.O feito de que se utilice máis o castelán é debido a
que moita xente pensa que o galego é lingua de pobres; e esto non é así en
absoluto, senón que é todo o contrario.

Outra das posibles razóns pola que se fala o castelán máis co galego é que a
maioría dos medios de comunicación están narrados ou redactados en castelán.
Deste modo os galegos quedamos en ridículo e pouco a pouco o galego será
menos falado ata que so quede unha única lingua: o castelán.

Para que esto non ocorra debemos falar o galego sen ter vergoña xa que o galego é
a nosa lingua e temos que falala e debemos estar orgullosos de ser galegos porque
ser galegos é o mellor que nos pode pasar.

Javier González
REFLEXIÓN SOBRE O PLURILINGÜISMO

Existen moitos países que falan varias linguas, isto coñécese como plurilingüismo.
Non fai falta chegar tan lonxe, pois en Galicia mesmo, fálanse dúas linguas, que son
o galego e o castelán.
Pero existe un problema que vai crecendo, ¿fálanse ou mesmo considéranse iguais
as dúas linguas? En todo caso todos pensaríamos que se o galego é lingua de
Galicia, todos deberiamos consideralo aínda mais que o castelán. Pero ese é o
grave problema, ogalego considérase doutra maneira. Aínda existen mentes
ignorantes que din que o galego é lingua de pobres e de campesiños. Cando miras
ó teu redor e ves que a xente que é galega e di iso, pensas que a xente non ten
consdideración ningunha polo galego.
É case imposible cambiar esta situación, porque a xente anciá vai morrendo e o
galego acabarase dispersando e desaparecerá. Para que isto non ocorra, non só
temos que falar cada un de nós mais o galego, senón que temos que facerlle
entender á xente o que supón falar galego, e demostrar un pouco de afecto a
Galicia, unha terra afortunada de ter esta lingua.