Unha primavera chea de cor

Nos inicios da primavera, celébrase un acontecemento cultural moi

importante nos países da India, Guiana e Nepal. Chámase Holi ou festival repintar o mundo , lanzándose pintura uns a outros. Colle un pouco de munición e acércate á praza. Alí agárdante cores, moitas cores; pero sobre todo, diversión e risas.

das cores e se celebra nos primeiros días da primavera. É unha festa para

Holi é unha festa moi fermosa na que persoas de todas as comunidades disfrutan do festival e, en cada fogar, as mulleres preparan ricos pratos para toda a familia. Existe unha interesante historia detrás desta celebración. Unha vez houbo un rei chamado Hiranyakaship ao que se lle concedeu unha bendición, a inmortalidade, pero co tempo fíxose arrogante e facía que a xente o adorara coma un Deus. O fillo de Hiranyakaship desobedeceu a seu pai e este ordenou a sua irmá Holika que o matara. Tiña que collelo no regazo e metelo nunha fogueira onde

só el se queimaría; pero o resultado non foi ese, Holika morreu entre as lapas e o seu sobriño sobreviviu. Desta lenda ven a tradición de queimar efixies de Holika nas fogatas que se acenden por todo o país. A festa ten dous días principais: 1. No primeiro día, chamado Kama, prodúcese a queima da muller-demo Holika, irmá de Hiranyakaship, en fogueiras enormes na noite. 2. No segundo día, coñecido como Dhulhendi, a xente pasa o día lanzándose po e auga coloreados. Para os hindúes a primavera é tempo de enfermidades polo cambio de temperatura e o lanzamento de pos coloreados ten un significado medicinal: as cores fanse tradicionalmente de Neem, de Kumkum, de Haldi, de Bilva, e doutras herbas medicinais. Trátase dunha festa que non coñece restriccións, un xogo que reúne a homes e mulleres de todas as idades que, quizáis só unha vez ao ano, mestúranse ceibes do recato ao que viven acostumados. A idea é que todos, independentemente da súa posición social, casta, sexo ou relixión, síntanse iguais por un día. Holi é o festival da fraternidade e da igualdade, un día no que as rencillas quedan atrás e celébrase a vida en todo o seu esplendor. Nun país como India, no que a cor é unha peza fundamental, Holi é o irmán maior dos festivais.

Unha reportaxe de 6º A

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful