Presentación de proxecto Educ@conTIC

Presentación

2

Presentación
O I Congreso Nacional Internet na Aula tivo o seu reflexo virtual nun web que se converteu no punto de encontro da comunidade educativa interesada pola aplicación das TIC nas súas aulas. Como continuidade xorde este sitio web que pretende seguir sendo un espazo de difusión e intercambio de boas prácticas educativas onde as TIC son as principais protagonistas. Educ@conTIC Entre as actuacións comprendidas dentro do Programa ’Educación en rede‘, red.es, xunto co Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e as comunidades autónomas están a desenvolver accións co obxecto de apoiar a integración das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na educación, tales como a instalación de infraestrutura nos centros educativos, desenvolvemento de contidos educativos dixitais de calidade, repositorio de obxectos dixitais educativos, produción de materiais formativos para a capacitación docente, etc. Todas as accións están destinadas a centros de ensino financiados con fondos públicos de réxime xeral non universitario e de réxime especial, así como a centros de formación de profesores e escolas universitarias de formación do profesorado.

3

Posicionamento
•Posicionar é definir unha proposta de valor e unha imaxe diferenciadas de modo que ocupen un lugar distintivo na mente do público obxectivo. O posicionamento, polo tanto, é o lugar que Educ@conTIC ocupa na actividade profesional e persoal dos seus usuarios actuais e potenciais. •Se este lugar xa está ocupado por outra proposta será difícil captar a atención do público obxectivo, polo que a proposta de valor debe diferenciarse da xa existente e resistir a comparación co resto das propostas existentes no mercado, sendo idealmente o suficientemente destacada ou difícil de replicar, que dificulte a entrada de competidores ou o reposicionamento dos actuais. •Da mesma forma, o posicionamento sólido e consistente que Educ@conTIC obtivo desde o seu inicio outórgalle un lugar distintivo claramente diferenciado doutras propostas que debe defender e manter. Esa é a conclusión que se pode obter á vista dos datos de tráfico actual de Educ@conTIC, e este tráfico vén atraído por elementos que resultan de interese ao usuario obxectivo.

Liña editorial persegue varios obxectivos: A liña editorial de Educ@conTIC
• Estruturar
e desenvolver o potencial do portal sobre contidos relacionados con ferramentas, proporcionándolle un servizo informativo práctico ao profesorado. • Reforzar a visión e relación que a educación ten con cuestións como novas narrativas ou cultura dixital. • Abrir portas á proxección de experiencias e produtos empresariais relacionados co sector. • Potenciar o labor de “content curation” con dous obxectivos secundarios: • Facilitarlles aos usuarios resumos do que na rede se movese durante o período. • Xerar valor engadido a outras publicacións que verán a Educ@conTIC como aliado na difusión. • Buscar fórmulas ou desenvolver campañas que permitan incrementar a participación dos usuarios en Educ@conTIC.

4

Temas de contidos

5

Perfil de usuario
761.030 Visitas

2011
•761.030 visitas •560.253 visitantes
 

•1.360.448 páxinas
vistas

6

Actividade nas redes sociais

A presenza de Educ@conTIC nas redes sociais serve para proxectar toda a actividade que se xere no portal web. Da mesma forma, estas ferramentas de comunicación empréganse para conversar cos membros das distintas comunidades nos debates espontáneos que xorden, ademais de para promover campañas relacionadas coa actualidade ou eventos. Tamén son importantes para informar acerca de recursos ou experiencias que se detecten na Rede alleas a Educ@conTIC.
7

Participación en eventos

Obxectivos
•Dar a coñecer, de forma activa, o proxecto Educ@conTIC en eventos
relacionados coas TIC e a educación. •Fomentar os espazos de reflexión e participación no seo de actividades formativas e congresuais.

Estratexia
•Conferencias ou participación en mesas redondas de eventos de temas
relacionados con Educ@conTIC. •Publicación de resumos compilatorios da actividade desenvolvida en determinados eventos de interese. •Creación de espazos participativos alternativos no seo de eventos nos que se permita, como o Encuentro Andaluz de Blogs Educativos (EABE).

Recursos educativos

9

www.educacontic.es