You are on page 1of 1

BIBLIOXOGO

“UNHA AVENTURA NO MAR”
A rata Honorata proponche participar neste mes de decembro nun xogo. Só tes que
encher os ocos no relato que aparece na parte inferior. Se non sabes algunha das
palabras podes consultar as pistas na biblioteca do cole de luns a xoves de 17h. a 18h.

Esta é a historia dunha viaxe que comeza en ………
…………………………(1). Os protagonistas desta
historia son un neno e unha nena que se chaman ………
…………………………..(2) e que viaxan sempre coa
súa mascota, unha ……………….(3) de nome Xela.
Viaxaban nunha dorna de nome ……………………(4) e
na súa longa viaxe divisaron as costas de ………………
…..(5), ………………………….(6)e …………………
……(7).Despois de duras xornadas de navegación,
chegaron á illa de ………………………….(8) e
gustóulles tanto que quedaron a vivir alí.

(1) O pais máis próximo ao Polo Norte do continente europeo.
(2) Personaxes protagonistas do conto “Unha casa a medida”. (podes atopalo en I1)
(3) Animal mascota da nosa biblioteca
(4) Nome da revista do cole
(5) País no que naceu Hans Christian Andersen
(6) País no que naceu Shakespeare
(7) País no que naceu Antoine Saint Exupéry
(8) Illa pertencente ao Parque Natural das Illas Atlánticas e que nas súas
proximidades afundiu o vapor- correo “Santa Isabel”

Cando o teñas cuberto escribe o teu nome, apelidos e curso e entregao na biblioteca.
Recibirás un pequeno agasallo por participar no xogo de Honorata.

O equipo de biblioteca

NOME:…………………………………………….CURSO:…………..