You are on page 1of 1

Centro Cultural de Romai

Revista “O Xas”

Nº 3

(Abril-Maio 2000)

Retomarás a mirada de Abril
Non atoparás, non o doado camiño de retorno, as rosas brancas xa desfeitas abrasadas na cobiza, esgotada a veta preciosa do ouro dos días vividos, buscando entre un silencio de cumio o couto a tanta soidade. Retomarás a mirada de abril para buscar aquel sosego oculto, lembras, os mornos pasos de beleza, a pequena presencia nos ceos máis escuros. Sentirás moi lento latexa-los desexos, verás que hai niños perdidos gastados de medo, chegarás ata casas de areas antano varridas por augas. Ata recuperar a hora moi azul dun tempo xa remoto. Veñen de lonxe estas calmadas mareas, este consolo salgado para sobrevivir un naufraxio, este naufraxio, tódolos naufraxios.
Susana Antón Mandayo .

23