You are on page 1of 1

Centro Cultural de Romai

Revista “O Xas”

Nº 3

(Abril-Maio 2000)

Test profesional
O seguinte test consiste en catro preguntas que lle dirán se Vd.está cualificado para ser un bo profesional. Máis abaixo atopará a solución.As repostas non son dificiles. Soamente debe pensar como un verdadeiro profesional. 1. ¿Cómo meter unha xirafa nunha neveira? * * Resposta correcta: Abra a neveira, meta a xirafa e peche a porta. Esta pregunta verifica se Vd. está facendo as cousas sinxelas dunha maneira enrevesada. 2. ¿Cómo mete Vd. un elefante nunha neveira? * * Resposta incorrecta: Abra a neveira, meta o elefante e peche a porta. Resposta correcta: Abra a neveira, saque a xirafa, meta o elefante, e peche a neveira. Esta pregunta comproba a súa capacidade de avaliar dificultades futuras. 3. O Rei León convoca unha Asemblea Xeral de Animais. Todos foron, menos un. ¿Cal? * * Respota correcta: O elefante. ¡Estaba na neveira! Esta pregunta avalía a súa capacidade de razoamento comprensivo. 4. Ben, a derradeira pregunta: Hai un río cheo de cocodrilos, e Vd. non conta cunha embarcación. ¿Cómo cruza? * * Resposta correcta: nadando. ¡Tódolos cocodrilos están na reunión do Rei León! Esta pregunta avalía a súa axilidade mental. 1. Se Vd. acertou as catro preguntas, Vd. é un verdadeiro profesional. Os cartos e o éxito agárdanlle. 2. Se acertou tres, hai esperanzas para Vd. Terá que esforzarse pero ten futuro. 3. Se só acertou dúas, pense en traballar en algo rápido e que non requira moita concentración. 4. Se só acertou unha intente vender partes do seu corpo. Doutro modo nunca terá cartos. 5. Se non acertou ningunha, pense nalgunha carreira que non requira ningunha función mental intensa. A propósito, ¿gústalle a política? Textos recopilados de interneses.
Lino Porto Bermúdez polaroi1@yahoo.es

27