You are on page 1of 6
  • 1. Realiza unha liña temporal na cal sitúes os seguintes acontecementos: Conquista de Constantinopla polos turcos, Descobremento de América, Inicio da Reforma Protestante, Revolución Francesa. Busca as datas de cada acontemento sinalado e ilustra a túa liña temporal con imaxes. Que período histórico estás a reflexar na liña temporal? Que séculos abrangue o Renacemento dentro desta liña temporal?

  • 2. Intenta xustificar esta frase: O HUMANISMO TIVO UNHA GRAN IMPORTANCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA ARTE RENACENTISTA. Para elaborar a túa resposta recorda a importancia que tivo o antropocentrismo (fronte o teocentrismo medieval), a volta á Antigüidade clásica e a procura da verdade a través da razón e da experimentación. Estes conceptos deben servirche de fío condutor. Pensa nos temas que aparecen nas obras do Renacemento, en cómo eran estas obras (se se semellaban a algo anterior, se lle daban importancia a algo que durante a Idade Media permanecera ben tapadiño ...

),

pensa en cómo se van resolver

problemas tales como a tridimensionalidade nunha superficie bidimensional

Fai un esquema

... previo coas características do Renacemento e as do Humanismo e logo, trata de xustificar a frase atendendo as "axudas" dadas.

3.

Que

é

un

mecenas?

Que

é

un

condottiero?

Vai

ao

blogue

da

profe

http://amiradatenta.blogspot.com.es/) e busca as entradas relacionadas con estes termos para responder ás preguntas.

  • 4. Observa a villa palladiana que vén no libro (Villa Capra ou Villa Rotonda), le a información e a descripción que se fai da mesma e, a continuación, explica que é unha villa, qué modelo estaba recuperando, as partes máis importantes (interior e exterior). Que elementos clásicos se están a empregar? Recórdache a algún edificio romano? Podes revisar a presentación sobre arte renacentista do blogue para dar coa resposta.

  • 5. ANALIZAR A EVOLUCIÓN DUN ARTISTA. Observa estas dúas obras de Miguel Anxo (A Piedade do Vaticano e a Piedade Rondanini), investiga na Internet en que datas realizou cada unha (podes consultar este enlace: http://www.arteparaescolarespazromero.com/web/Historia del arte.htm/9.artedelrenacimiento/9.2.piedadrondanini.htm e, a continuación responde ás seguintes preguntas:

A que época da obra de Miguel Anxo pertence cada unha?

Cal cres que deixou incompleta?

En cal das dúas obras cres que lle importou máis a Miguel Anxo a beleza formal e en

cal cres que se preocupou máis por mostrar sentimentos? Cal das dúas imaxes che parece máis plenamente renacentista? Por que?

En cal das dúas as proporcións se vén alteradas? Pensas que isto ten algo que ver cos sentimentos ou o momento persoal e espiritual do artista? Razoa a túa resposta.

Cal ten unha composición piramidal? En cal observas unha composición pechada?

Cal che transmite maior sosego e serenidade? Realizou algunha outra Piedade? Cal? A cal das dúas que acabamos de estudar se che parece máis? Foi feita na mesma etapa do artista?

• Cal ten unha composición piramidal? En cal observas unha composición pechada? • Cal che transmite
• Cal ten unha composición piramidal? En cal observas unha composición pechada? • Cal che transmite
• Cal ten unha composición piramidal? En cal observas unha composición pechada? • Cal che transmite

6.

Sintetiza as características da pintura renacentista. A continuación, relaciona cada un destes pintores coas características que os definen. Establece se se trata de pintores do Quattrocento ou do Cinquecento.

Século

Pintor

Característíca

 
 

Masaccio

Sfumato (técnica que dilúe os contornos para crear sensación

 

de profundidade). A súa obra máis coñecida é a Gioconda.

 

Mantegna

Excelente retratista e mestre da cor. Pinta a Carlos V a cabalo

 

en Mühlberg.

 

Botticelli

Primeiro en empregar a perspectiva. Destaca tamén pola sensación de volume nos corpos. A Trinidade é unha das súas

 

obras máis importantes.

 

Leonardo da Vinci

Capta o movemento das figuras. Destaca un ideal de beleza caracterizado pola esbeltez e o lirismo. Obvia na súas obras a

 

perspectiva. Traballou para a familia dos Médicis.

 

Miguel Anxo

Figuras dunha anatomía moi desenvolvida. Figuras con moita

 

forza. Pintou a Capela Sixtina.

 

Rafael

Virtuoso do escorzo. Destaca a súa obra Cristo morto e o

 

retrato colectivo da Cámara dos Esposos en Mantua.

 

Tiziano Dominou a cor e mais a composición (composicións equilibradas). Destacan as súas madonnas e A Escola de Atenas.

  • 7. A partir da información do libro (A expansión do Renacemento) responde:

    • a) Impúxose o estilo renacentista na arquitectura fóra de Italia?

    • b) Que pintor alemán destaca? Cal é a súa obra máis emblemática? Sabes en que museo

se atopa? Investígao.

  • c) Que estilos arquitectónicos propios se desenvolveron en España? Cales son os

exemplos máis destacados de cada estilo? Dentro do estilo purista, é dicir, o que se aproxima máis ao Renacemento italiano, que edificio destaca?

  • d) En que se diferencia a escultura renacentista española da italiana?

  • e) Quen foi o pintor que máis destacou no Renacemento español? De onde lle vén o

"nome" co que é coñecido? Cales eran as súas características? Cales son as obras máis importantes deste pintor?

  • 8. ACTIVIDADES DE REPASO DO TEMA ANTERIOR.

    • 8.1. Subliña as frases que identifiquen mellor o Humanismo.

      • a) Movemento intelectual dos séculos XIV e XV.

      • b) Cree que Deus é o centro de todas as cousas.

      • c) Inspírase na Antigüidade grecolatina.

      • d) Concibe ao ser humano como o centro do mundo.

      • e) Dedicouse en gran medida a estudar os textos clásicos.

      • f) Foi un movemento propio da Idade Media.

      • g) Tentou buscar explicacións racionais aos fenómenos naturais.

8.2.Verdadeiro ou falso. Corrixe as falsas.

  • a) A imprenta foi inventada por Tomás Moro.

  • b) Os portugueses seguiron a ruta atlántica para chegar ás "Indias".

  • c) O proxecto de Cristovo Colón foi presentado ante os Reis Católicos que aceptaron

financiar a súa empresa.

  • d) Cristovo Colón chega a terra firma o 3 de agosto de 1492.

  • e) Copérnico sostiña que a Terra era o centro do universo.

  • g) A imprenta contribuíu a difundir as obras dos humanistas.

  • h) As principais culturas precolombinas eran a China, a India e a Azteca.

  • i) Erasmo de Rotterdam foi un dos principais humanistas.

  • k) Maquiavelo escribiu a obra "O príncipe" no cal se recolle a idea de que "a fin xustifica os

medios".

  • 8.3. Forma parellas cos seguintes conceptos e definicións:

    • a) Crenza tradicional da Idade Media segundo a cal Deus era o centro de todo.

    • b) Teoría segundo a cal o Sol era o centro do Universo.

    • c) Sistema de impresión dos libros a base de letras que eran tipos móbiles.

    • d) Concepción humanista segundo a cal o ser humano era o centro de todas as cousas.

  • 8.4. Explica en qué se diferencian as monarquías autoritarias das feudais.

  • 8.5. Por que aumentou a poboación europea do século XVI? Que novas rutas comerciais adquiriron protagonismo?

  • 8.6.Completa as seguintes frases:

    • a) A Idade Moderna comeza coa conquista de

    b)

    A

    fin

    da

    Idade

    Moderna

    ten

    polos __________. coa

    ____________

    ________________

    lugar

    en

    __________________________.

    • c) O descobremento de

    _____________

    significou unha

    ampliación do mundo

    coñecido.

    d)

    A

    comezos

    da

    Idade

    Moderna

    xurde

    en

    o

    estilo

    do

    _________________

    _________________.

    • 9. ACTIVIDADES DE REPASO SOBRE O RENACEMENTO PARA TODO O GRUPO-AULA. 3.1. Sinala cunha X cales das seguintes características definen a arte do Renacemento.

    Só representa temas relixiosos

       

    Emprega numerosos elementos da arte grecolatina

       

    Ten interese en representar unha beleza idealizada

       

    Inspírase na natureza

       

    A pintura trata de representar a luz e a perspectiva

       

    É

    unha

    arte

    supeditada á relixión,

    polo tanto só interesa

    a transmisión da

     

    mensaxe relixiosa.

     

    3.2.Recapitula o aprendido, subliñando as frases correctas. Corrixe as falsas.

    • a) A arte do Renacemento xurdiu en Italia.

    • b) Os artistas do Renacemento inspiráronse na Angüidade e a natureza.

    • c) A arquitectura do Renacemento empregaba o arco oxival.

    • d) Brunelleschi construíu a cúpula da catedral de Florencia.

    • e) Rafael foi un dos principais arquitectos.

    • f) A pintura de Leonardo da Vinci caracterízase polo sfumato (difuminado dos contornos).

    • g) Botticelli foi o principal escultor do Renacemento.

    • h) Miguel Anxo realizou esculturas en mármore de gran forza expresiva.

    • i) Rafael pintou o Xuízo Final da Capela Sixtina.

    • k) A arte do Renacemento caracterízase pola súa harmonía e proporción.

    3.3.

    Despois

    de

    ver

    o

    vídeo

    sobre

    a

    perspectiva

    no

    blogue

    Na clase explicamos qué era un escorzo. Busca unha imaxe na que apareza un escorzo, cita o autor, data de realización e o título da obra.

    3.4.

    Vai

    ao

    Timerime

    sobre

    o

    Renacemento

    (http://timerime.com/es/evento/1882834/Cpula+de+Santa+Maria+dei+Fiori/), observa o vídeo sobre O nacemento de Venus de Boticelli e identifica os personaxes que

    aparecen no cadro. Para observar mellor a obra, unha recomendación, dado que non imos ir (cando menos, hoxe) aos Uffici, un dos mellores museos de arte italiana, pois podemos achegarnos á obra de Boticelli virtualmente e observala con detemento:

    sandro-botticelli/331474/ Que postura adopta Venus? Busca información na Internet sobre o relato mitolóxico do nacemento de Venus.

    3.5.En que material se soían facer as esculturas no Renacemento? Cales foron os xéneros ou temas que acadaron máis importancia na escultura do Renacemento? Eran os mesmos que na Idade Media? Cultivouse o retrato? Pensas que isto ten algunha relación co Humanismo? Que é un retrato ecuestre? Vimos algún no tema? Cita o autor e o título da obra.

    3.6.Escribe os principais representantes do Renacemento italiano no recadro que corresponda.

    ARQUITECTURA

    ESCULTURA

    PINTURA

    • s. XV

    • s. XV

    • s. XV

    • s. XVI

    • s. XVI

    • s. XV