You are on page 1of 11

TEMA 12 O SECULO XVII: A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL

DEFINICIÓNS: VALIDO: era cargo de maior confianza do monarca ena toma de decisións políticas, máis que un conselleiro, pois na práctica gobernaba en nome do rei PROVINCIAS UNIDAS: foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do Norte dos Países Baixos GUERRA DOS TRINTA ANOS: oi unha guerra europea librada principalmente na Europa central entre os anos 1618 e 1648. Se tratou dun conflito relixioso entre católicos e protestantes, REXENTE: é unha persoa que non ostenta dereitos dinásticos sobre o trono, ocúpao en nome do monarca mentres a persoa destinada a reinar careza das condicións necesarias para facelo (minoría de idade, incapacidade,...). MONARQUIA HISPANICA: se refiere al conjunto de territorios con sus propias estructuras institucionales y ordenamientos jurídicos, diferentes y particulares, que se hallaban gobernados por igual por el mismo soberano, el monarca español, AS XUNTAS DO REINO: institución formada por un fidalgo que representaba a cada unha das sete provincias galegas e presidida polo Gobernador Xeneral. Trataba os temas que lles consultaba o monarca A REAL AUDIENCIA: institución de xustiza e gobernó do Reino de Galicia FIDALGUIA:segundóns da nobreza que se instala no campo e acapara as rendas dos campesiños. BARROCO: é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. VOLUTAS: Adorno arquitectónico en forma de espiral BODEGON: ou natureza morta,,é unha obra de arte que representa obxectos inanimados, xeralmente obxectos cotiáns que poden ser naturais (animais de caza, froitas, flores, comida, plantas, rochas ou cunchas) nun espazo artifical determinado

PRESENTACION SECULO XVII http://www.slideshare.net/legioseptima/la-crisis-del-imperio-espaol VIDEO FIN DA HEXEMONIA http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=gS4dD5EJQ9g 12.1.- O FINAL DA HEXEMONIA ESPAÑOLA O s. XVII vai ser o século do fin da hexemonia do imperio da monarquia hispánica, durante este século reinaron:

Filipe III de 1598 a 1621

Filipe IV de 1621 a 1665

Carlos II de 1665 a 1700

A) O REINADO DE FILIPE III (1598-1621) Filipe III delegou o seu goberno nun valido* o DUQUE DE LERMA que mantivo unha politica exterior pacifista asinando a paz con Inglaterra en 1604 e a Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas en 1609 No tocante á política interior medida máis relevante foi a expulsión dos moriscos* en 1609, Esta expulsión supuxo que case 300000 persoas abandoaron os seus fogares B) O REINADO DE FILIPE IV (1621-1665) Primeira Parte do Reinado (1621-1643) Filipe IV tivo como valido ao Conde-duque de Olivares*. En canto á política exterior abandoou a política pacifista , particpou na Guerra dos Trinta Anos e reiniciou a guerra doas Provincias Unidas. A guerra dos Trinta Anos nun primeiro momento foi vitoriosa para as tropas de Filipe IV , pero posteriormente sofriron varias derrotas e a guerra rematou coa Paz de Westfalia (1648) polo que a monarquía hispánica recoñecia a independencia das Provincias Unidas. Na súa política interior intentou levar a cabo unha reforma con dous obxectivos:  Repartir os gastos militares entre todos os territorios da monarquía  Reforzar o poder do rei recortando a autonomía dos territorios

Segunda Parte do Reinado (1643-1665) En 1640 producironse levantamentos en Catalunya, Portugal e Andalucia contra o intento de Olivares de recrutar homes e impoñer impostos a estes territorios. En Andalucia o levantamento foi rápidamente sofocado. En Catalunya pidíulle axuda a Francia e o conflito durou ate 1652 no que o Rei recoñeceu os foros cataláns En Portugal, coa axuda de Francia, independizouse da monarquía hispánica no ano 1668 pola Paz de Lisboa A Paz dos Pirineos en 1659 supuxo o fin das geurras con Francia. Por esta paz os franceses recibiron o Rosellón e a Cerdeña C) O REINADO DE CARLOS II (1665-1700) Carlos II subiu ao trono en 1665 con unicamente 4 anos de idade, a sua nai , Mariana de Austria , gobernou como rexente ata 1675. O reinado de Carlos II, derradeiro Austria da monarquía hispánica, foi de crise total, debido á súa incapacidade como rei, á corrupción dos seus validos e aos problemas económicos. Carlos II morreu en 1700 sen descendencia, o que orixinou unha guerra de sucesión entre o candidato francés , Filipe de Borbón,e o austriaco, Carlos de Austria 12.2.- A CRISE ECONOMICO E SOCIAL http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=xsjxDC7nKdE A) CRISE DEMOGRÁFICA O descenso demográfico foi a primeira manifestación da crise xeneralizada que arrasou a Península no século XVII, agravada polas grandes epidemias. A riqueza quedou concentrada en poucas mans e afectou profundamente aos máis desfavorecidos. O retroceso demográfico debeuse a diferentes causas:  O século XVII estivo salpicado por diversas e mortíferas ondas de epidemias de peste, agudizadas polas reiteradas malas colleitas que provocaron frecuentes crises de subsistencias, fame e mortadade.  A expulsión dos mouriscos.  As emigracións ás Indias.  O aumento da mortalidade bélica polas guerras e o incremento do número de membros do clero, entre outros. Este retroceso demográfico foi mais grave no centro da Península

B) RETROCESO ECONÓMICO Na agricultura Produciuse un descenso da produción agraria, e moitos campesiños emigraron as cidades.En resposta á crise, producíronse cambios significativos nos cultivos, como o avance da vide á conta dos cereais en Andalucía e Castela, e o incremento xeral dos cultivos comerciais, como a oliveira e as moreras. Na gandaría A gandaría lanar trashumante experimentou un gran retroceso pola competencia exterior, A cría de cabalos, con todo, coñeceu unha gran expansión motivada polas necesidades militares e pola substitución dos bois por mulos. Na industria e o comercio A industria e o comercio sufriron un forte descenso pola competencia estranxeira. O ramo téxtil laneiro entrou en aberta crise a partir de 1620, debido ao descenso demográfico e á caída da demanda americana. As dificultades económicas afectaron igualmente ao comercio interior, xa moi danado polas malas condicións dos transportes e as barreiras aduaneiras 12.3.-GALICIA NA IDADE MODERNA

Ao principio da Idade moderna os Reis Católicos someten á nobreza galega e iníciase un período de marxinación do Reino de Galicia. Os RR.CC crean dúas institucións para controlar Galicia , presididas polo seu representante o Gobernador Xeneral:  As Xuntas do Reino, formadas por un fidalgo que representaba a cada unha das sete provincias galegas e presidida polo Gobernador Xeneral. Trataba os temas que lles consultaba o monarca  A Real Audiencia, institución de xustiza e goberno. Galicia foi desposuída do seu voto en cortes sendo unha das preocupacións a súa recuperación, que non se daría ata o ano 1623. Durante estes séculos Galicia pasou a un segundo plano na política da monarquía Así mesmo, as distintas guerras que mantivo a monarquía hispánica , sobre todo o caso de Flandes, supuxeron un gran custo económico e de homes para Galicia

A) POBOACION EN GALICIA Durante estes séculos a evolución da poboación en Galicia vai ter os seguintes períodos:  -No séc. XVI experimenta un importante crecemento grazas ao desenvolvemento da agricultura  -Ata mediados do séc. XVII houbo un declive demográfico a causa das malas colleitas e os ataques dos piratas ás costas.  -Na segunda metade do séc. XVII tendese á recuperación demográfica pola extensión de novos cultivos, a pataca e o millo. B) UNHA ECONOMIA AGRARIA A economía galega desta época caracterízase por:  A agricultura desenvólvese pola incorporación de novos cultivos traídos de América (millo e pataca) e a extensión dos cultivos tradicionais (vide)  Auxe do comercio marítimo polos contactos coas colonias de América C) A SOCIEDADE É unha sociedade rendista e maioritariamente rural. Existía unha clase minoritaria privilixiada (señores fidalgos e abades dos mosteiros) e una maioria camnpesiña que pagaba rendas aos señores. Habia un pequeno sector mariñeiro e mercantil. No séc,. XVI consolídase a FIDALGUIA (segundóns da nobreza) que se instala no campo e acapara as rendas dos campesiños. D) O BARROCO GALEGO Características do barroco galego: Decoración 1. A presenza de placas : decoración xeométrica que ten como obxecto a crear sensación de movemento e aumentar os contrastes de Claroscuro (característica específica) 2. Presencia de decoración vexetal naturalista en forma de follas ou froitos 3. Volutas: Adorno en forma de espiral

Decoracion vexetal

Decoración placas

Volutas

Tipos de construcción Fundamentalmente igrexas ( fachadas, campanarios, retablos) e tamén as vivendas rurais da fidalguia (pazos)

S.Bieito-Allariz Principais arquitectos e obras

Pazo de Oca

Fernado Casas e Novoa (Fachada do Obradoiro, 1738-1750)

Simón Rodríguez (Convento de Santa Clara, 1719)

Domingo de Andrade (escaleira de caracol en San domingos de Bonaval, 1700)

Fernado Casas e Novoa (Retablo San Martín Pinario 1730)

12.4.- O BARROCO A) ARQUITECTURA BARROCA

SAN CARLOS DE QUATTRO FONTANA

PRAZA DE SAN PEDRO-ROMA

A arquitectura Barroca ten as seguintes características:  Os edificios construíanse para chamar a atención do espectador.  Uso de liñas curvas e columnas en espiral, chamadas columnas salomónicas.  Crearon efectos luminosos nas fachadas mediante entrantes e saíntes, e frontóns rotos.  Uso de abundante decoración e adornos nas fachadas.  Uso de materiais ricos e rechamantes como os mármores de cores Roma foi a cidade onde naceu o estilo barroco. Os papas decidiron restaurar a cidade, e para iso construíron grandes igrexas, prazas e avenidas que unían os principais edificios da cidade.Dous dos arquitectos encargados de realizar estas obras foron:
 

Gian Lorenzo Bernini que deseñou a praza de San Pedro no centro de Roma. Francesco Borromini que deseñou a igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane.

B) PINTURA BARROCA A pintura Barroca ten as seguintes características  Representación realista, representa as persoas tal e como son  Interese por plasmar o movemento e forza, con xestos bruscos e persoaxes en movemento  Predominio da luz e do cor  Importancia da perspectiva para conseguir os efectos de profundidade  temas variados: temas relixiosos (a virxe, os santos), temas mitolóxicos e pagáns, retratos (dun personaxe ou de grupo), paisaxes (de interior e de exterior, mariñas, batallas navais), bodegóns

Caravaggio: Martirio de San Pedro(Italia)

Rembrandt: Lección de Anatomía(Flamenca)

Rubens: As tres Gracias (Holanda)

Velazquez: As Meninas (España)

PRESENTACIÓN VELAZQUEZ http://www.slideshare.net/Jorgelld/diego-velasquez-biografia-y-pinturas C) - A ESCULTURA BARROCA

Extase de Sta.Tereixa-Bernini (Italia)

Apolo y Dafne Bernini (Italia)

Cristo de la Clemencia- Montañes (España)

A escultura barroca reflicte a características da arte barroco en xeral, de maneira que o efecto teatral ou escénico das obras é fundamental, á vez que se trata de representar as figuras cun máximo de realismo.

As características esenciais da escultura barroca son as seguintes :  Representación do movemento conseguido no dinamismo das imaxes.  Utilización das liñas curvas e oblicuas que dan impresión de equilibrio inestable.  Representación de roupaxes para conseguir o movemento das figuras  Monumentalidad, especialmente os conxuntos escultóricos ao servizo de escenarios urbanos, como prazas ou xardíns.  Realismo e naturalismo as figuras sonb captadas en momentos fugaces CUESTIÓNS 1ª) Completa o seguinte cadro da monarquía hispanica no século XVII REI REINADO VALIDO POLITICA INTERIOR POLÍTICA EXTERIOR

2ª) Cales son as causas do retroceso demográfico? 3ª) Completa o seguinte cadro sobre as institución de goberno na Galicia do séc. XVII INSTITUCION QUEN A FORMA FUNCION

4ª)Explica a situación da poboacion en galicia nos séculos XVI-XVII 5ª) Cal e a característica da economía galega do XVII? 6ª) Cales son as características do barroco galego: 7ª) Pon o nome, data e arquitecto que nas seguintes imaxes

8ª) Completa o seguinte cadro da arquitectura barroca CARACTERÍSTICAS DA ARQUITECTURA ARQUITECTOS E PRINCIPAIS OBRAS EN ITALIA

9ª) Completa o seguinte cadro da pintura barroca CARACTERÍSTICAS PINTURA ITALIANA: AUTORES E OBRAS PINTURA HOLANDESA PINTURA FLAMENGA AUTORES E OBRAS AUTORES E OBRAS

10ª) Completa o seguinte cadro da escultura barroca CARACTERÍSTICA ESCULTURES ITALIANOS ESCULTURA EN ESPAÑA