Grupo de Traballo “Aprender para Ser”

Experiencia levada a cabo no CEIP Pazo Marquesa da Mercé no ámbito da educación artística .

ACTIVIDADE Recoñecemos os sentimentos. OBXECTIVOS  Recoñecer distintos sentimentos mediante un soporte visual, tanto en nos memos como nos demáis.  Explorar o mundo das emocións mediante a simulación e dramatización no espello.  Aumentar e optimizar os nosos coñecementos e vocabulario a cerca das distintas emocións e estados de ánimo. NIVEL 3 º ciclo de EP MATERIAIS  Melodioso (moneco que representa as súas emocións segundo diferentes estados de ánimo en relación a distintas audicións musicais DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Esta primeira actividade, realízase a modo de introducción, así como de avaliación inicial, sobre os coñecementos que o alumnado de 3º ciclo posúe en relación aos seus sentimento e emocións. Para o seu desenvolvimento preséntaselles un moneco con diferentes xestos faciais, que axudarán a modo de soporte visual para o recoñecemento destas diferentes expresións. A modo de breve debate-coloquio, o alumnado exporá diferentes emocións simuladas polo

Páxina 1

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”
boneco, tratando en todo momento de aumentar un vocabulario relativo aos sentimentos, fomentando un maior coñecemento do modo de expresar as nosas emocións.

Melodioso

Melodioso está triste

Páxina 2

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”

Melodioso sinte odio

Enfadado

Asustado

Namorado

Páxina 3

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”

Seguro

Alegre

Unha vez iniciamos o debate a cerca dos sentimentos que poida representar o moneco, daráselles a solución ao alumnado escribindo os diferentes sentimentos no encerado, entón relacionarannos icónicamente, reducindo o vocabulario aos ejemplos propostos, pero sen deixar de recoñecer a versatibilidade das nosas emocións.

Páxina 4

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”

A continuación, simulamos as mesmas emocións fronte ao espello.

Páxina 5

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”
ACTIVIDADE A música nos transporta OBXECTIVOS   Recoñecer diferentes sentimentos e emocións, mediante estímulos musicais. Interpretar a modo de dramatización as diferentes emocións, segundo o código musical.  Apreciar o valor da música e doutras linguaxes artísticas na respresentación e transmisión de sentimentos. NIVEL 3º ciclo de Educación Primaria MATERIAIS   Moneco Melodioso. Reproductor de CD,s.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Na aula de psicomoticidade, se proporá ao alumnado que realice unaha serie de dramatizacións duns temas musicais dados, guiados pola docencia. Así, realizáronse as seguintes actividades:  1ª AUDICIÓN: “A máquina de escribir” de L. Anderson.

Con esta audición, a modo de introducción, se lle explica ao alumnado a marcha das diferentes actividades consistentes en distintas dramatizacións, nun primeiro momento, dirixidas pola docencia; para máis adiante, traballar a improvisación libre, coa única consigna da imaxinación e os aportes persoais en relación ao coñecemento dos sentimentos. Proponse ao alumnado que imiten a máquina de escribir con diferentes xestos: dixitación, manivela, cara de cansancio, énfasis no traballo, remangar os puños, etc. Cando se remata a dramatización, propónselle ao alumnado que inicie un debate no que expresen os sentimentos que se lle viñeron á mente durante o exercicio, ante o cal

Páxina 6

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”
a meirande parte deles responderon, LEDICIA. Como finalización, propónselle a un alumno/a que sinale no moneco Melodioso que cara sería a máis correcta para voltar a escoltar a audición, agora xa, sen movemento algún, para apreciar mellor a música en sí.

2ª AUDICIÓN: “Marcha Radeztsky”

Con esta audición, guiouse ao alumnado para camiñar ao ritmo da marcha solemnemente polo espacio, coa premisa de sentirse con auténtica seguridade. Ao rematar o fragmento da audición, preguntouse aos nenos e nenas como se sentiran, e igualmente situouse a Melodioso na posición correcta e voltouse a interiorizar o tema musical para aprecialo máis concretamente.

3ª AUDICIÓN: Fragmento musical do filme “Psicose”.

Mediante un fragmento do coñecido sonido de violín do filme, considerouse a posibilidade de realizar un traballo por parellas onde un dos/as nenos/as serían vampiros/esas e outros/as víctimas (sempre en sentido figurativo, coma un xogo de rol, sen incidir sobre sensos relativos a calquera tipo de agresións ou feitos violentos). O xogo de rol, ou dramatización, consistirá agora en que o alumnado vampiro, achegarase as súas víctimas moi despacio, para finalmente mordisquearlles (lixeiramente). Ao final da audición, se lles preguntará únicamente a aquelles aos que lles tocou en sortes o rol de víctima, como se sentiron, ante o cal a gran mairía respostou CON MEDO ou ASUSTADOS.

Páxina 7

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”

Xodo dos vampiros A dinámica seguinte será a mesma que a realizada nas audicións anteriores.  4ª AUDICIÓN: “Nocturno opus 9 no 2” de Chopin.

A dramatización desta audición, tamén por parellas, consistirá nun xogo de imitación en espello por turnos, simulando ser mimos. Dado que os caracteres ROMÁNTICOS das audicións, non son fáciles de captar polo alumnado do 3º ciclo no ejercicio de buscar a cara de Melodioso se realizará unha proba de ensaio-error.

5ª AUDICIÓN: fragmento central da BSO do filme “A misión”.

Con este fragmento musical, a dramatización consistirá en simular que somos frautistas e temos a necesidade de tocar con todo o noso sentimento. A emoción a tratar neste caso será a TRISTURA. Unha vez realizado o xogo de rol, procederemos a

Páxina 8

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”
repetilo fronte ao espello para recoñecer os nosos xestos.

6ª AUDICIÓN: “O Moldava” de Smetana.

Con esta audición, e a modo de finalización, realizaremos unha actividade de relaxación, coa historia do río Moldava, coa audición de Smetana de fondo. Así, conseguiremos que toda a enerxía despregada teña a súa conclusión, cos ejercicios de respiración e relaxación. En coro e deitados no chan recreamos o descenso do río e as incursións piratas.

Exercicios de relaxación.

Páxina 9

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”

ACTIVIDADE Sentimentos libres OBXECTIVOS  Recrear cos coñecementos adquiridos, diferentes audicións para recoñecer o seu carácter en relación coas emocións. NIVEL 3 º ciclo de EP MATERIAIS   Moneco Melodioso Reproductor de CD,s.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Unha vez introducidos os conceptos das actividades anteriores realizaranse actividades cos recursos aprehendidos para dramatizar de diferentes modos e de forma libre diferentes audiciós como “O bolero de Rabe”l, “Paseo en trineo” ed Mozart, “O voo do moscardón” de Rimski-Kórsakov, “O quebranoces (Danza das fadas”) de Tchaikovsky, a BSO do filme “Carros de lume”, etc.

Páxina 10

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”

Dramatización de Carros de Lume.

ACTIVIDADE O carnaval dos animais OBXECTIVOS  Recoñecer distintos caracteres musicais en relación con animais, para reforzar as ideas dos sentimentos traballados. NIVEL 3 º ciclo de EP MATERIAIS   Melodioso Reproductor de CD,s.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Coa obra de Camille Saint-Saëns, “O carnaval dos animais” dispuxemos unha serie de audicións representativas de animais, que nos mostran diferentes caracteres e cualidades animais que tamén podemos recoñecer nos seres humanos. Este exercicio, tamén guiado

Páxina 11

Grupo de Traballo “Aprender para Ser”
pola dramatización, a mímica e o xogo de rol, entre outras técnicas; ampliará os rexistros dramáticos relacionados cos sentimentos que traballamos anteriormente.

Dramatización de “Galos e galiñas”.

Páxina 12