You are on page 1of 2

A LONXEVIDADE de Li Chung Yuen

Li Ching Yuen viviu 251 anos. Naceu na provincia de Szechuan en 1678, e viviu case toda a súa vida nas montañas recollendo plantas e buscando métodos para a lonxevidade. Nos seus aniversarios 150 e 200 foi felicitado polo Goberno chinés. Tivo 14 esposas. El atribuíu a súa lonxevidade ao vexetarianismo habitual, rápidos paseos diarios e beber unha fórmula de herbas feita a partir de centella asiática. Era un fitoterapeuta e deu con 200 anos unha charla, nunha universidade na China, sobre os seus segredos da lonxevidade.

A dieta de Li Ching Yuen baseábase en plantas silvestres e frutas, mais tamén consumía algo de arroz e o
viño deste cereal. Comía normalmente Shou Wu, Ginseng, Gotu Kola (follas na ensalada e como té) e baias de Goji crúas e cocía Shou Wu con Ginseng. Existe evidencia de que comía peixe e moi de vez en cando carne de animais salvaxes (só dúas veces ao ano). As herbas que consumiu regularmente foron: Shou Wu (Polygonum multiflorum), ginseng, Gotu Kola (Centella Asiatica), Dang Gui (Angelica Chinensis, alta en B12), Gan Cao (fundamental da MT chinesa), baias de GoJi e o cogomelo Reishi. Li Ching Yuen estableceu a seguinte clasificación de plantas para a lonxevidade:          He Shou Wu (Polygonum multiflorum): Tonificante de ril e figado Jiao Gu Lan (Gynostemma pentaphyllum): Tonificante de Qi e sangue Go Qi Zi (Lycium barbarum): Tonificante Yin de ril e fígado Ci Wu Jai (Eleuterococcus senticosus): Unha raíz adaptóxena Ren Shen (Panax ginseng): Tonificante de Qi dixestivo Wu Wei Zi (Schizandra chinensis): Planta adaptóxena Shan Zho Yu (Cornus officinallis): Tonificante de Yin e Yang Tien Men Dong (Asparagus cochinchinensis): Pulmón, Jing e Shen Yin Yang Huo (Epimedium grandiflorum): Tonificante de Yang/Ji

Gotu Kola (C. Asiatica)

Li uniuse ao exército chinés con 71 anos, como conselleiro táctico e profesor de artes marciais. Pasou a maior parte da

súa vida nas montañas recollendo e aprendendo sobre herbas. O xeneral Yang Sen investigou a vida de Li Ching Yuen, e compilou os seus descubrimentos no libro Un relato dun home de 250 anos de boa sorte. A incrible lonxevidade e as reivindicacións sobre centella asiática causaron impacto, e foron demostradas posteriormente polo bioquímico francés Jules Lépine, que descubriu que as follas teñen potentes efectos rexuvenecedores sobre os nervios, células do cerebro e do sistema endócrino. O Profesor Menier confirmou o mesmo en estudos separados. No seu libro Ancient Secrets of Youth de Peter Kelder, o mestre de Tai Chi Da Liu (discípulo de Li Ching-Yuen), conta que aos 130 anos o Mestre Li atopou un ermitán máis vello nas montañas que lle ensinou Baguazhang e un conxunto de exercicios de Chi kung con instrucións de respiración, movementos coordinados con sons específicos e recomendacións dietéticas (ginseng, shou wu, rei shi e baias de Goji). Da Liu dixo que o seu mestre dixo que a súa lonxevidade "é debida ao feito de que eu executei os exercicios todos os días - regularmente, correctamente, e con sinceridade - durante 120 anos." Ademais, Li deu 3 consellos para vivir máis e mellor: 1) Evitar os extremos emotivos, que impiden o funcionamento harmonioso dos órganos. 2) Non apurar, todo leva o seu tempo. 3) Practicar exercicios físicos e de respiración (chi kung) cada día. O segredo da lonxevidade segundo Li Cheng Yen: Séntate como unha tartaruga, durme coma un can e anda alegre como un pombo e o máis importante: mantén sempre o corazón tranquilo. Outros 5 alimentos para a lonxevidade: 1.- Sementes de casia (elimina calor, mellora visión, hidrata intestino), 2.sementes de cuscuta (mellora visión, ósos e esperma), 3.- frutas de Buda (moi doce, trata a diabete), 4.- frutas Haritaki (mellora dixestión, elimina impurezas) e 5.- Gynostemma pentaphyllum, Xian Cao, "herba da inmortalidade" ( boa para a asma, enxaqueca, respiración boa e intestinos sans; esta herba é moi popular nas infusións tomadas no val dos centenarios de Bama, na China).[Estes 5 súmanse a ginseng, reishi, gotu kola, polygonum multiflorum e as baias de GoJi; fonte: http://longevity150.com/]
A herborista Isabell Shipard elaborou unha lista de enfermidades en que a centella asiática é eficaz: ADD, úlceras pépticas, trastornos xinecolóxicos, asma, neurite, tónico masculino, menopausa, eccema, escrófula, enfermidades venéreas, cirrose, diarrea, presión alta, laranxite, dor de estómago, atrofia muscular, fatiga, dor de garganta, esquizofrenia, trombose, tónico cerebral, enfermidades respiratorias, gripe, purifica o sangue, intoxicación alimentaria, vaxinite, diabete, calvície, feridas, manchas senís, colapso nervioso, mala circulación, insomnio, descolamento de retina, disentería, problemas de fígado, para aumentar a enerxía, epilepsia, pleurisia, dor pre-menstrual, perda de cabelo, enfermidades do sangue, micose fungoide, demencia, infeccións da enfermidade periodontal, tose, vómitos de sangue, senilidade, hemorroides, sarampelo, falta de apetito, arteriosclerose, depresión, úlceras de pel, infección do tracto urinario, cándida, tuberculose, retardo mental, debilidade sexual, elefantíase, enfermidade fibrocística de mama , hipocondria gástrica, espondilite anquilosante, úlceras na pel, falta de visión, abcesos, úlceras na boca, impotencia, problemas de estómago, contusións, esclerodermia, herpes, cólicas, lupus, enfermidades intestinais, retención de líquidos, hepatite, glándulas inchadas, vermes intestinais , convulsións, feridas

formigamento nas pernas. para estimular o fígado. mobilidade articular.cirúrxicas. endurecemento das arterias. dermatites. anemia. vexiga. riles. trastornos intestinais. e para estimular o sistema nervioso central. .