You are on page 1of 5

Signature Not Verified

Digitally signed by Rexistro Entrada Date: 2013.09.18 11:14:41 +02:00 Reason: 12541 Location: Parlamento de Galicia

MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa do deputado Antn Snchez Garca e a travs do seu portavoz, Xose Manuel Beiras Torrado, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulmento da Cmara, presenta a seguinte Proposicin non de lei, para o seu debate en Comisin EXPOSICIN DE MOTIVOS: As polticas no medio rural que tras mis de 30 anos se veen realizando polos distintos gobernos, case que sempre do Partido Popular, demostrronse e demstranse insuficientes para a prevencin e exticin de incendios. Ano tras ano os lumes seguen a ser un grave problema para Galiza, para a sa biodiversidade, para a sa paisaxe e incluso para a vida das persoas. Dende 1988 at hoxe en Galiza, e segundo datos oficiais, tense producido mis de 100.000 incendios forestais que queimaron mis de 500.000 has. de monte, das que preto de 200.000 has. eran arboradas. Desde 1995, hai uns 10.000 incendios ao ano, un incendio por cada 2 Km2 de superficie forestal a media estatal dun incendio por cada 25 Km2. En Galiza, co 7,7 % da superficie forestal espaola, acontecen o 45% de todos os incendios, estando un 30% da superficie forestal afectada. O monte un sector estratxico para a sustentabilidade ecolxica e social do pas noso. Os incendios causan graves prexuzos ambientais, sociais e econmicos. Seguen a ser un dos principais problemas da nosa terra. un problema estrutural con causas varias e cunha solucin complexa que require cambios profundos nas polticas no medio rural. O abandono do rural, a reforestacin ilegal de terras agrarias, que o monte tea deixado de formar parte do sistema agrario, o abandono no que se atopa grande parte da superficie forestal, etc, son algunhas das razns que explican esta situacin. Non posbel avanzarmos na solucin deste problema que nos atinxe a todos e todas sen informacin, educacin ambiental e participacin social.

A Xunta de Galiza, principal administracin responsable na loita contra os lumes, ten que mudar o rumbo e analizar a situacin despois de que o modelo actual se demostrase ineficaz e tomar medidas inmediatamente. Debemos esixir das distintas administracins con competencia as medidas correctoras necesarias nas polticas de prevencin e extincin que se estn a aplicar, para rematar dunha vez por todas coa lacra dos incendios que ano tras ano producen o dano ecolxico mis importante ao territorio galego, e empregando se fose preciso a mobilizacin dos galegos e das galegas para a consecucin deste fin.

Por todo esto presntase a seguinte Proposicin non de lei, para o seu debate en Comisin.

O Parlamento de Galicia insta Xunta de Galicia a desenvolver as seguintes medidas directas e indirectas de loita contra o lume:

1) Un ordenamento territorial acorde coas caractersticas do noso pas, no que o monte ocupa uns 2/3 do territorio e coa maior densidade de ncleos de poboacin de Europa. Evitar o despoboamento, o abandono dos usos tradicionais e a forestacin de terras agrarias ao tempo que se fomentan alternativas produtivas sustentbeis para o medio rural.

2) Modificacin da Lei a actual 3/2007, de 9 de abril, de prevencin e defensa contra os incendios forestais e a lei 7/2012, do 28 de xuo, de Montes, para contar cunha nova poltica forestal que promova a multifuncionalidade do

monte e protexa as sas funcins ecosistmicas (regulacin do ciclo hdrico, sumidoiro de carbono, reserva de biodiversidade) e sociais. Reestablecer cuestins que eliminou a nova lexislacin de montes como as distancias de salvagarda da vexetacin s vivendas (de 30 a 50 metros); ampliar os anos nos que se limita o aproveitamento dos terreos queimados (de 2 a 3 anos); a prohibicin de establecer masas monoespecficas de mis de 25 e 50 hectreas continuas; e eliminar a posibilidade de forestar terras agrarias.

3) Elaboracin do Planeamento do Monte Galego, consensuado cunha planificacin a 50 anos, que contea: - Delimitacin do espazo monte dentro da ordenacin do territorio. - Mapa de usos entroncado coas comarcas do Pas. Coa situacin socioeconmica das mesmas, tendo en conta as tendencias actuais a nvel productivo, conxugadas cos papel ecolxico e social.

4) Incrementar os esforzos e os investimentos en prevencin, que deberan ser superiores aos de extincin. Os labores de prevencin, vixilancia, loita contra o lume e rexeneracin deben desenvolverse durante todo o ano.

5) Planificar e desenvolver programas de rexeneracin hidrolxico-forestal nos montes queimados para evitar a perda de solo e a erosin, prohibindo a mudanza de usos e a especulacin nestes terreos.

6) Promover o incremento dos montes pblicos e reforzar o papel das Comunidades de Montes Veciais en Man Comn, impedindo a sa privatizacin e a entrada de capital especulativo no monte coa: a)Creacin de unidades tcnico-administrativas provinciais de apoio os montes veciis en man comn, ramificadas a travs dos Distritos Forestais.

b) Dinamizacin sobre a base de proxectos multifuncionais, con productividade e xeneracin de emprego. Atencin especial os productos e mercados actuis e potenciais. c) Apoio a figura de montes protectores e de interese ecolxico, con compensacins tributarias para os montes veciais.

7) Polticas sobre a propiedade; por en marcha polticas efectivas en colaboracin coa FEGAMP e os Distritos forestais de xestin conxunta do monte.Programas locais de xestin da propiedade.

8)

Profesionalizar

os

equipos

de

prevencin,

deteccin,

extincin

rexeneracin nos incendios, que deben estar baixo un mando nico dependente da Xunta de Galicia, evitando privatizar os seus servizos cunha plantilla de persoal para emerxencias medioambientis no rural,especializada e comarcalizada: Temporis, traballos preventivos selectivos contra incendios, riscos de inundacins, intervencins na loita contra o lume forestal.

9) Rapidez e transparencia no acceso informacin sobre os lumes, poendo a disposicin da cidadana as ferramentas informticas e de comunicacin precisas.

10) Fomentar a educacin ambiental a todos os niveis para promover na sociedade valores e comportamentos compatbeis coa preservacin do medio. Formar e informar especialmente s Comunidades e propietarios de montes, para promover o sentimento de vencello e identidade positiva entre a vecianza e o monte.

11) Plan contra a reforestacin ilegal de terras e de recuperacin da Superficie Agraria til.

12) Promover polticas de fixacin de poboacin no rural a partir do desenvolvemento de actividades agrarias, ecotursticas, e de aproveitamento do monte,plans de acceso a vivenda e garantizando a igualdade de acceso aos servizos co urbn.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013.

Asdo.: Antn Snchez Garca Deputado do G.P. da AGE Xos M. Beiras Torrado Portavoz do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por: Xos Manuel Beiras Torrado na data 18/09/2013 11:11:52 Antn Snchez Garca na data 18/09/2013 11:11:56

You might also like