2 >> el panel de la 2

> LAS NOTICIAS VAN AL AULA

miércoles, 16 de octubre del 2013 | la voz de la escuela

Nenos con fame, aquí, agora
De cando en vez é bo non levantar moito a vista, non sexa que deixemos de ver o que certamente está preto, xunto a nós, talvez nas nosas propias aulas. Cando se fala da FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations) imaxinámonos distancias longas e perdidas, case inalcanzables no mapa. Pero a fame está aquí e veu para quedar un tempo. E xurdiron xa con iso en moitas escolas dúas conclusións inmediatas: unha, axudar ao que ten fame, alí á beira do teu pupitre, e dous, facer da educación e o colexio un espazo máis austero. Agradeceracho incluso o corpo: a obesidade, onde todo sobra, rebenta o pupitre.
> Jesús Garrido
cursosrepeducador.es

1. FAMBRE E MISERIA

2. OS NOSOS VECIÑOS

Nenos con fame e miseria intelectual
(La Voz 20/4/2013) Producen indignación: quen queren botar abaixo o decreto, incluso antes de coñecelo, non se paran a pensar se é verdade que hai nenos con fame. Pois sáibase que si hai nenos en estado de necesidade. Sáibase que, segundo Unicef, o 20 % dos nenos españois viven na pobreza. Sáibase que os luns se come máis nos colexios, porque os nenos veñen con fame de casa. ■ ACTIVIDADES. «Detén a fame, detén o tempo» e outros vídeos da campaña de Unicef que poderás ver en YouTube. ¿Que podes facer, ademais de axudar a outros, para que no colexio todo sexa un pouquiño máis austero. ¿Que vos sobra, de que podedes prescindir, incluso en clase?

Nenos portugueses van ao cole con fame
(La Voz, 26/1/2013) O balance fixo saltar todas as alarmas: 10.385 menores pasan fame no país veciño. «Hai fame na escola porque hai fame no país. Segundo os datos achegados no Parlamento luso, a finais do 2012 máis de 50.000 nenos vivían en familias con ingresos mensuais inferiores aos 419 euros de referencia. ■ ACTIVIDADES. ¿Podedes facer un cálculo de canto costa, máis ou menos, a túa alimentación durante unha semana? Entre todos os de clase o podedes facer. ¿Son moitos ou poucos 419 euros ao mes para toda a familia?

MÓNICA IRAGO

3. COMARCA DO SALNÉS

Alimentos para as familias en Arousa
(La Voz, 11/6/2013) A fame ameaza a catro mil nenos sen recursos da comarca do Salnés. A semana pasada deuse a coñecer un deses datos que supoñen unha aldrabada para as conciencias: en España hai nenos que pasan fame. En Arousa non hai nenos que pasan fame. Pero como non só de pasta vive o home, e menos os nenos, tamén se fai entrega a estas familias de froita, carne ou peixe. ■ ACTIVIDADES. Xa ves como o resolveron en Arousa. ¿Apuntádesvos con algo, nun fondo común, para axudar a compañeiros que o están pasando mal, aínda que non saibades de quen se trata? ¿De que podes privarte cada semana?

5. SABER COMER

¡Non quero comer verduras!
(La Voz, 6/2/2013) A inxesta selectiva e a inapetencia afectan ao 20 % dos nenos. «Non me gusta». «Eu non como diso». «Puaj. ¡Outra vez pescado! Comer é moi aburrido». «Os cereais ricos son doutra marca». «Non teño fame». Son nenos en exceso selectivos ou inapetentes que se negan a comer os tan necesarios alimentos ricos en fibras, minerais e vitaminas. E é que ao final resulta que o que está en xogo non é só a alimentación dos nenos, senón a formación do seu carácter.
ALESSANDRA TARANTINO / EFE

O papa fisitou Lampedusa en xullo e estivo nunha barca da Garda Costeira con inmigrantes sen papeis

■ ACTIVIDADES. Busca en La Voz de la Escuela do 2 de xuño do 2013 o artigo asinado por Ana T. Jack titulado «¡Non me gustan as verduras!». Le con atención o apartado «Hoxe hai lentellas» e cóntanos se che funcionou, seguro que si (www.prensaescuela.es/archivos/VE20130206_0.pdf).

4. INDIFERENZA

O papa Francisco arremete contra a fame e escravitude
(La Voz, 4/10/2013) O papa Francisco arremete contra un mundo indiferente ante a fame e escravitude. «Moitas veces atopas a morte», denunciou en referencia á traxedia da illa de Lampedusa. O papa Francisco arremeteu contra un mundo «ao que non lle importa se hai nenos que morren de fame ou xente que ten que fuxir da escravitude» e que «moitas veces atopan a morte», como ocorreu este xoves na illa de Lampedusa. ■ ACTIVIDADES. Gran debate. Un tempo máis amplo para unha noticia crave: a traxedia de Lampedusa (4/10/2013). ¿Que opinades e que se pode facer na UE? http://www.prensaescuela.es/web/ noticiadia/noticiadeldia.php

6. NENOS CATALÁNS

Preto de 50.000 nenos cataláns sofren privacións alimentarias
(La Voz, 5/8/2013) Preto de 50.000 nenos cataláns sofren privacións alimentarias e 750 desnutrición. Un 25 % son bebés. Preto de 50.000 nenos cataláns teñen «severas» privacións alimentarias froito da pobreza das súas familias. E 751 menores de 16 anos sofren desnutrición, cunha media de idade de catro anos. ■ ACTIVIDADES. Un tema a fondo. ¿En que se diferencian a privación alimentaria e a desnutrición? Pode ser unha boa análise para facer na clase de Ciencias, por exemplo.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful