C/ Av. Compostela nº 59 32500 O Carballiño (Ourense). C.I.F.: G-32379190 Tlf.

676185528

“AVIAMAN 2014” “IV COPA DEPUTACIÓN OURENSE TRÍATLON”
REGULAMENTO
Organizan: Beariz Tríatlon Email: carballinotriatlon@gmail.com Persoa de contacto: Florindo José González González Teléfono: 676185528 Federación Galega de Tríatlon Patrocina: Deputación de Ourense Colaboran: Concello de Castrelo de Miño, Concello de Avión Xacobeo Protección Civil Garda Civil Coca Cola Dirección Xeral para o Deporte Rosquillas Corral Café Bar Estate Quieto Embutidos Castro Bello Datas e horarios da carreira: Domingo, 11 de maio de 2014 Saída da proba: 07:15 Hora de finalización da proba: 15:00 horas aproximadamente Distancia: Longa Distancia DRAFTING PERMITIDO: 2000m (natación) – 90 km en bicicleta (1 volta) – 21 km de carreira a pé (3 voltas) A Área de Transición, situarase no aparcadoiro do Club náutico de Castrelo de Miño.

C/ Av. Compostela nº 59 32500 O Carballiño (Ourense). C.I.F.: G-32379190 Tlf. 676185528

Inscricións:
Dende o 1 de Outubro ata o 6 de maio 2014 (ou ata cubrir prazas) Poderanse inscribir deportistas populares previo pago da licenza de 1 día (12€) 150 PRAZAS Prezos: 80,00€ ata o 6 de xaneiro 110,00€ dende o 7 de xaneiro ata o 06 de maio Estes prezos incrementaranse en 12€ en concepto seguro de 1 día. (92-122€) 5€ da inscrición serán doados a fins benéficos. Devolucións: poderase obter o reintegro íntegro dos cartos ata 15 días antes da data da proba. Data límite devolucións: o venres, 25 de abril de 2014 A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións. Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas deberán ser confirmadas na web.

Federados.- Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e
independentes, no apartado inscricións á dereita da mesma. A inscrición formalizarase co envío do xustificante de pagamento a nome do club (no caso de deportistas que pertenzan a club) ou do deportista se é independente. (80 - 110 €, segundo a data de inscrición) na conta do Banco Sabadell 0081 5223 16 0001338040.

"Federados con licencia de otra comunidad que no hayan abonado la inscripción
de participación en los circuítos, deberán enviar el formulario de solicitud de invitación que pueden descargar de nuestra web en el enlace http://www.fegatri.org/images/fegatri/solciitude%20invitacion%20corredores%20outras %20comunidade.pdf " Una vez que la Federación autoriza la participación, el deportista procederá a la formalización de la inscripción enviando el justificante del ingreso de la cuota por fax 982109800 o mail fegatri@hotmail.com. (80 - 110 €, según fecha de inscripción) Banco Sabadell 0081 5223 16 0001338040.

Licencias de 1 día:
Unha vez que acceda á carreira, realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da mesma (inscricións de licencias de 1 día). Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ao seu nome ) ao Fax 982109800 ou ao mail fegatri@hotmail.com (Custe licenza de 1 día: 12 € + Inscrición)-(92 – 122 €) Banco Sabadell 0081 5223 16 0001338040.

C/ Av. Compostela nº 59 32500 O Carballiño (Ourense). C.I.F.: G-32379190 Tlf. 676185528

Tempos de corte: NATACIÓN: CICLISMO: CARREIRA: 60 minutos. 5 horas 30 minutos. Ás 12:45 da mañá cortarase este sector (o deportista xa ten que estar correndo ou non sairá da AT). 7 horas e 45 minutos. Ás 15:00 horas finaliza a proba, quen supere dito tempo será eliminado, de continuar farao baixo a súa responsabilidade.

Saída, área de transición e meta: Saída: Club Náutico de Castrelo de Miño Meta: Club Náutico Castrelo Área de Transición: Aparcadoiro do Club Náutico Castrelo Recollida de dorsais: 11 de maio de 17:30 a 21:00h. Na zona de saída O día da proba non se entregarán dorsais (salvo xustificación previa en casos excepcionais). Reunión técnica: Ás 19:00 h ao carón da secretaría Castrelo de Miño. Control de material: Na Área de Transición de Castrelo de Miño 11 de maio de 18:00h. a 21:30. Deixarase a bicicleta e o material para a carreira a pé na bolsa que se entregará ao efecto. Categorías:

CATEGORÍAS ABSOLUTA VETERANOS SUB 23
Premios:
• •

Trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría. Premios económicos :
o

Os premios económicos irán en función do número de inscritos, partindo dunha contía de 1000€ como mínimo. A contía irase incrementando en 100€ por cada 10 inscritos máis o fracción, No caso de ter 112, serán 1100, no caso de ter 145 1400 euros. Si cubrísemos as 150 prazas 1500.

C/ Av. Compostela nº 59 32500 O Carballiño (Ourense). C.I.F.: G-32379190 Tlf. 676185528

o

Estas contías dividiranse á metade (MASC – FEM). Desa metade os premios distribuiranse así: 1º 50% 2º 30% 3º 20%

“ Suposto de que sexan 100 inscritos, o premio serían 1000€, 500 para os homes e 500 para as mulleres. Destes 500, 250 para o 1º, 150 o 2º e 100 o 3º” . Os tres primeiros clasificados de cada categoría terán pagada a inscrición para a edición do 2015.

Tódolos que finalicen recibirán camiseta FINISHER AVIAMAN 2014 e bolsa do corredor con produtos típicos da terra.

Normativa de competición:
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Tríatlon e pola normativa vixente da FETRI. Norma anti-residuos: Tódolos envases, bidóns de ciclismo, botellas, latas, papeis... deberán ser depositados nos avituallamentos habilitados. Colabora deixando os circuítos igual que estaban antes do paso da carreira. Seguridade e asistencia médica: A seguridade na vía pública será responsabilidade do corpo da Garda Civil, Policía local de Avión e Protección Civil, en coordinación coa organización da proba; non obstante todo participante respectará as normas de Circulación e Seguridade Viaria. Os servizos médicos da organización destinados ao longo do percorrido, estarán autorizados a retirar a calquera participante por razóns médicas. Calquera vehículo de emerxencia que precise utilizar o percorrido do ciclismo para circular poderá facelo indicando a súa posición mediante sinais luminosas e sonoras. En tódolos casos o vehículo terá preferencia sobre os triatletas, os que deberán ceder o paso. Vehículos autorizados: Os vehículos motorizados, bicicletas ou patinadores que non pertenzan a organización non poderán transitar polos circuítos da proba. Aqueles que realicen o seguimento das probas, levarán unha identificación visible en todo momento. O feito de recibir axuda externa distinta da que aporta a organización ou facerse acompañar por algún vehículo, bicicleta, patinador ou corredor suporá a descualificación do participante.

C/ Av. Compostela nº 59 32500 O Carballiño (Ourense). C.I.F.: G-32379190 Tlf. 676185528

Reclamacións e apelacións: Seguindo o regulamento da FETRI, calquera participante ou técnico dalgún dos clubs inscritos poderá realizar reclamacións sobre os resultados provisionais, sobre irregularidades da organización ou sobre sancións aplicadas por parte dos xuíces e oficiais. As reclamacións deberán ser formuladas por escrito e entregadas ao Xuíz Árbitro quen revisará en primeira instancia a decisión. De ratificala, entregarase unha apelación ao Xurado de Competición para que sexa este quen resolva o caso. No caso de que a apelación chegue ao Xurado de Competición, o presidente do comité reunirase co resto dos membros e intentará escoitar a tódalas partes implicadas e estudar as probas aportadas. Se o que realiza a apelación non puidera estar presente, os seus argumentos poden ser deixados por escrito. O incumprimento desta norma pode invalidar a apelación. Tendo escoitado a tódalas sobre posibles evidencias, o comité retirarase a considerar o seu veredicto, que será final e irrevocable. A decisión será comunicada primeiro verbalmente e despois por escrito. No suposto de que o Xuíz Arbitro ou o Xurado de Competición resolva a favor do recorrente, seralle devolto o importe da fianza depositada cando a presentou . (mínimo de 20€). Civismo e respecto: Os participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e comprométense honestamente a non anticiparse ao momento da saída e a cubrir tódolos tramos completos antes de cruzar a liña de meta. Así mesmo, manifestan ser respectuosos co persoal implicado na organización e co resto de participantes. Comprométense tamén a tratar o material deportivo propio e alleo con respecto. No incumprimento dalgunha destas normas cívicas será proposto por parte da organización aos xuíces e oficiais para que sexa motivo de amonestación ou se traslade ao comité de disciplina.

Incídese no respecto absoluto e a observancia das normas de circulación e de seguridade viaria, ao fin de evitar situacións perigosas que carrexen danos irreparables tanto para o deportista coma para terceiros.