Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

Prezada afiliada, Prezado afiliado: Para o vindeiro xoves 24 de outubro o STEG xa ten convocada, xunto con outras OOSS, folga no ensino galego non universitario. A folga ten como obxectivo que o profesorado, persoal laboral, nais, pais e estudantes amosen o rexeitamento á lei máis reaccionaria da democracia: a LOMCE. O motivo fundamental deste correo é informarvos dos lugares e horas, onde vai garantir a súa presenza o STEG nas mobilizacións nesta xornada de folga: Ás 12:00 horas haberá concentración/manifestación en: ! Compostela: Paseo da Alameda Ás 19:30 horas haberá manifestacións en: ! A Coruña: Praza da Palloza ! Lugo: Ronda da Muralla ! Ourense: Subdelegación do Goberno Hai convocadas, ademais, manifestacións/concentracións noutros lugares e a outras horas (noutro adxunto a este correo podedes ver os lugares e horas). Como podedes ver, non existe unidade sindical na convocatoria de mobilizacións, o que nos obriga a aclararvos as razóns desta situación: O STEG entende que debe ir coas OOSS que lles interesa a unidade e non con aquelas que demostran, como noutras ocasións, falta de sensibilidade e interese en sumar esforzos, ao que hai que sumar que son as únicas que nos invitaron a manifestarnos con elas. Entendemos que a situación de desunión sempre deixou ao STEG nunha difícil disxuntiva que nos levaba sempre a apoiar toda mobilización, mais, neste caso, tanto polo explicado, como que nas mobilizacións da tarde podemos sumar a toda a comunidade educativa (sobre todo ás nais e pais), pensamos que esta era a mellor decisón para os obxectivos que pescudamos nesta xornada de folga. Tamén queremos deixar claro que esta decisión non muda nada a nosa posición sobre a irracionalidade da existencia das dúas plataformas que defenden o ensino público en Galiza. Calquera dúbida ou aclaración estaremos encantadas/os de facela. ! Pontevedra: Praza da Ferrería ! Vigo: Vía Norte

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful