You are on page 1of 6

5.

Poesía de posguerra I: Celso Emilio Ferreiro

1. O socialrrealismo
1.1. Antes da poesía social: a primeira posguerra
A poesía dos primeiros anos do Franquismo é unha poesía de evasión e
irrealidade, os poetas féchanse nun mundo ficticio no que predomina a cor, a
musicalidade e as formas clásicas. As causas disto son:
a) A decisión do poeta, que non é a causa determinante neste momento.
b) As circunstancias políticas:
 Non existe na teoría (de iure) ningunha lei escrita que prohiba escribir en
galego, pero si de facto.
 Non existen canles de expresión normais, até 1950 non aparece Galaxia, a
primeira grande editorial. Antes desta data só hai pequenas editoriais
(Monterrei, Benito Soto).
 Escribir en galego supón adoptar unha postura política, supón estar visto
como hostil ao réxime. Con todo, hai autores coma Cunqueiro ou F.
Valverde que escriben en galego sen ser hostís ao franquismo.

1.2. Características xerais da poesía social no Estado Español


A poesía social, que ten unha longa tradición na literatura galega,
comeza a espertar no Estado Español nos anos 50 da man de escritores coma Blas de
Otero ou Gabriel Celaya (“a poesía é unha arma cargada de futuro: disparemos”).

Pero nesta mensaxe de denuncia que debe chegar á xente tan importante é
o contido coma a forma. Así, as principais características formais da poesía social
son:
a) Uso do verso libre, a composición non está suxeita a ningún tipo de estrofa.
b) Uso de repeticións, paralelismos, rimas, metros e palabras coincidentes
para subliñar o chamado ritmo de chamada. Un exemplo é o primeiro poema
de Longa noite de pedra, no que se repite unha e outra vez a palabra “pedra”
(epímone).
c) Para que a mensaxe chegue a todos o poeta usa un léxico comprensíbel e
adoita denunciar algo actual, buscando a mobilización das persoas.
d) Uso de símiles, comparacións e metáforas comprensíbeis. Un exemplo
atopámolo tamén na obra de Celso Emilio Ferreiro, que usa elementos da
mesma especie en oposición (pomba que voa libre vs. verme ou toupa; vento
vs. pedra). É unha poesía inmediata na que tamén é frecuente a ironía e o
sarcasmo.

1.3. A importancia do exilio para a poesía social


A época na que se xesta a poesía social adoita datarse en Galiza entre
1947 e 1962. En 1947 publícase o primeiro libro con entidade poética trala guerra:
Cómaros verdes, aínda que non se insire dentro da poesía social. En 1962 publícase
Longa noite de pedra, que marca un antes e un despois na poesía social.
O exilio xoga un papel fundamental, xa que en Galiza non existe un tecido
editorial normalizado. Os centros máis importantes do exilio son:
a) México.
b) Buenos Aires, a grande capital do exilio galego con dúas figuras clave:
 Castelao, un referente para todos.

1 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
5. Poesía de posguerra I: Celso Emilio Ferreiro

 Luís Seoane, quen leva a cabo moitas actividades culturais no exilio.


Así, a poesía social aparece por primeira vez en América:
1) Eliseo Alonso: Seara de romances (1952), considerado o primeiro libro de poesía
social.
2) Luís Seoane: Fardel de eisiliado (1952), As cicatrices (1959)
3) Lorenzo Varela: Lonxe (1954)
O primeiro libro de poesía social que aparece en Galiza é Longa noite de
pedra, pero xa noutras obras de Celso Emilio coma O soño sulagado (1954) e Voz y
voto hai un anticipo desta poesía. Nesta última hai poemas que serían incluídos en
Longa noite de pedra traducidos, e tamén outros poemas escritos durante a guerra até
entón inéditos.

2. Celso Emilio Ferreiro (1912 – 1979)


2.1. Introdución
Aínda que a súa grande obra, Longa noite de pedra, é de poesía social,
Celso Emilio domina tódolos rexistros: ten poesía satírica e burlesca e é un grande
poeta amoroso.
En De Pondal a Novoneyra Ferrín sitúao na chamada Xeración do 36, na
que se inclúen autores nacidos arredor dos anos 10 do século XX. É unha xeración
sorprendida pola guerra no momento álxido da súa formación (tiñan arredor de 10
anos), unha xeración traumatizada.
A guerra é a responsábel de que se produza un feito anómalo na nosa
literatura: os autores da Xeración do 36, da Promoción de Enlace e da Xeración das
Festas Minervais revélanse máis ou menos ao mesmo tempo, nos anos 50 e 60.
Antes da guerra publica, con Belo, Cartafol de poesía (1936), do que se
dixo que habería tres entregas, pero só se coñece a primeira, na que se inclúen algúns
poemas del. Até 1954 (O soño sulagado) non coñecemos nada de Celso Emilio en
galego, pero leva a cabo unha intensa actividade:
A) Política: é o fundador das Mocidades Galeguistas en Celanova, será un dos
fundadores da UPG.
B) Cultural: participa nas primeiras empresas editoriais:
 Finisterre (Pontevedra, 1942/1943), revista da que é redactor xefe e na
que escribirá Otero Pedrayo en galego por primeira vez trala guerra.
Celso Emilio usa moitas veces o pseudónimo de Celso de Cela nesta
revista.
 Alba (Pontevedra e Vigo), revista de poesía.
 Benito Soto1 (Pontevedra, 1949): colección literaria, unha das anteriores
a Galaxia.
 Cando se funda Galaxia (1950) pasa a dirixir “Salnés”2, colección de
poesía na que publicará Longa noite de pedra.

2.2. Celso Emilio como poeta social


1
Benito Soto foi un pirata pontevedrés que morrería aforcado polos ingleses en Gibraltar. O seu barco
era La burla negra.
2
A colección de narrativa de Galaxia era “Illa nova”, na que Ferrín publica Percival e outras historias.

2 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
5. Poesía de posguerra I: Celso Emilio Ferreiro

En 1972 publica Autoescolha poética no Porto, escolma feita por el para


publicala en Portugal. No limiar desta escolma é onde mellor define cal é a función
do poeta e cal é a súa poesía:
1) Di que fai unha poesía engagée (termo acuñado por Sartre), comprometida,
belixerante.
2) Fala de compadecer non no sentido de apiadarse, senón de “padecer con”.
Con todo, en toda a súa obra hai poemas autoestéticos, nos que explica
qué poesía fai e cal é a función do poeta (polémica con Cunqueiro).

2.3. O soño sulagado (1954)


É un anticipo de Longa noite de pedra e da temática posterior de Celso
Emilio, mais a visión de O soño sulagado é moi persoal, individualista, en Longa
noite de pedra o eu poético é o voceiro dunha colectividade.
Moitos dos poemas de Longa noite de pedra e de O soño sulagado foron
escritos durante a Guerra Civil ou na inmediatez da mesma, pero non publicados
entón3.
Entre os temas que cómpre destacar en O soño sulagado podemos
destacar:
a) Saudade: saudade da infancia, de Celanova, un sentimento que está presente
en toda a súa obra (Onde o mundo se chama Celanova) para escapar da tristura
do tempo presente.
b) Denuncia: da miseria material e moral, rebeldía contra a tiranía e as leis.
c) Antibelicismo: manifesta o horror que supón a guerra e adopta unha postura
antimilitarista en poemas coma:
 “Cantiga de amor cicais”
 “Poema nuclear”
“Poema nuclear”
- Aliteracións
- Homofonía
- Ironía
- Onomatopeas
- Enumeracións caóticas (coma en O porco de pé
de Risco)
- “polvo serán, mais polvo namorado”: verso de
Quevedo.

d) Tratamento da figura do asasino fascista en poemas coma “O asasino”. Esta é


tamén unha figura frecuente na narrativa de Ferrín (Crónica de nós, No ventre
do silencio).
e) Emigración: adopta unha postura de denuncia (coma Rosalía) en poemas
coma “Historia dunha muller”.
“O medo”
- Medo e desasosego dun neno

2.4. Longa noite de pedra (1962)

3
En 1937 préndeno e encérrano no mosteiro de Celanova. O mesmo Celso Emilio di que é nunha cela
dese convento, totalmente de pedra, onde nace “Longa noite de pedra”.

3 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
5. Poesía de posguerra I: Celso Emilio Ferreiro

Longa noite de pedra aparece no mesmo ano ca outra obra de denuncia da


literatura castelá: Tiempo de silencio de Luis Marín Santos. A obra de Celso Emilio
supón a expresión poética da teoría marxista e a denuncia do fascismo.
Moitos dos poemas de Longa noite de pedra foran escritos durante a
Guerra e outros son traducións de poemas dunha obra en castelán de Celso Emilio:
Voz y voto (1955), que foi impresa en Vigo pero que figura impresa en Uruguay. Son
catro os poemas que traduce:
1) “Nunca poderei esquecelo”: poema antibelicista.
2) “Bautismo de sangue”: poema antibelicista no que se reflicte a
despersonalización e a perda da mocidade que supón a guerra.
3) “Os asoballados”
4) “Os honorábeis”
Os principais temas de Longa noite de pedra son:
a) Unha denuncia desgarrada, denuncia que podemos ver en tres direccións:
1) Reivindicación dos oprimidos (compadecer), en poemas coma:
 “Monólogo do vello traballador”, un dos grandes poemas da nosa
literatura. Poema en clave marxista no que se conta a historia dun home
que o deu todo, pero a el só o agarda a morte.
 “Inverno”
2) Denuncia dos opresores, é a mesma denuncia cá anterior pero desde outra
óptica. Aparece en poemas coma:
 “Goethe”, crítica á burguesía (Goethe era o prototipo de burgués).
 “Cementerio de cidá”, poema no que se fai referencia a que mesmo
despois da morte non todos somos iguais.
3) Crítica ao imperialismo estadounidense (cocacolonialismo), en poemas coma
“Noiteboa en Harlem4”.
b) Antibelicismo: denuncia a guerra e as súas consecuencias: a perda da mocidade
e da personalidade humana. Este tema aparece en composicións coma:
 “Nunca poderei esquecelo”, que fai referencia á perda da mocidade5.
 “Soldado”: historia dun rapaz labrego que loita sen saber por que loita, e
morre.
 “Fábula do home e do lobo”: é o único poema da nosa literatura no que
o lobo e tratado coma un elemento positivo, xa que adoita ser símbolo do
cacique. Neste poema un home pretende xustificar a guerra perante un
lobo, que lle fai ver que non ten xustificación.
 “Fame”
c) Saudade.
d) Defensa da lingua en poemas coma “Deitado a rente do mar”.
Para facer chegar a súa mensaxe Celso Emilio usa unha simboloxía
comprensíbel, movéndose nunha perspectiva dicotómica:
a) Elementos positivos: luz, pomba, vento, bandeira, estrelas...
b) Elementos negativos: terra, cadeas, pedra...

Outros exemplos de poemas de Longa noite de pedra son:

4
Harlem é un barrio de Nova York ao que tamén fai referencia Lorca en Poeta en Nueva York.
5
Di Celaya que “quen perde a mocidade perde a vida”.

4 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
5. Poesía de posguerra I: Celso Emilio Ferreiro

- Perda da mocidade.
“Ollaime ben”
- Silencio de Deus.
“Longa noite de pedra” - Epímone (repetición da palabra “pedra”)
“Hirmaus”Home que sinte
que perdeu a vida e que
- Canto á solidariedade humana que debe traspasar
desexa fundirse coa terra tódalas fronteiras.
nai.
f) “Eiquí será”
- É, xunto con “Romance incompleto” e “Inverno”, unha
“Romance pesimista de fin
excepción, xa que non usa o verso libre.
de ano”
- Trata a perda da mocidade.
- Fillo de solteira (“sin segundo”), marcado desde o berce,
“Romance incompleto”
que ten a liberdade pero fáltalle todo.
“O árbol”
“A sombra” Perda da mocidade.

2.5. Celso Emilio e a emigración


1) Nun primeiro momento convida á emigración pola miseria moral e material,
así coma pola carencia de liberdade. Isto apreciámolo no poema “Carta a Fuco
Buxán”, publicado na revista Vieiros en 1959.

- Anáforas.
- Chamada á conciencia de identidade (estrofa 4)
“Carta a Fuco Buxán”
- Descrición da miseria (estrofa 6)
- Convida á emigración (estrofa 7)

2) Amósase contrario á emigración desde a que marcha a Caracas en 19666, onde


sería director da revista Irmandade do Centro Galego. Pouco despois habería
eleccións no Centro Galego e a dirección do mesmo quedaría en mans de persoas
afíns ao franquismo, o que limitará o seu traballo e suporá un rexeitamento da
emigración na súa obra:
a) Viaxe ao país dos ananos7 (1968):
 Divídese en dúas partes:
● Primeira parte: dedícaa á crítica da emigración. Hai dúas teorías para
explicar a súa estrutura: segundo uns consta de 21 poemas e, segundo
outros, dun poema en 21 secuencias.
● Segunda parte: está na liña de O soño sulagado e Longa noite de
pedra, é dicir, contén poesía social pero non trata especificamente o
tema da emigración.
 Foi unha obra moi polémica xa que persoeiros coma Luís Seoane
sentíronse atacados polo ataque a toda a emigración, mais Celso Emilio
deixa claro que critica só a aqueles que se enriquecen explotando a outros,
os elementos caciquís e franquistas (ananos, pitisos).
 Anuncia a poesía satírica posterior.

6
O 15 de maio de 1966 celébrase un xantar de despedida en Ourense presidido por Otero Pedrayo, que
se converte nunha reivindicación (fundación da UPG, embalse de Castrelo de Miño). Mesmo chegou a
falarse dun segundo Banquete de Conxo.
7
Publicado en Barcelona, na colección “El Bardo” dirixida por J. Batlló.

5 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
5. Poesía de posguerra I: Celso Emilio Ferreiro

“Pobre de min. A terra prometida,” - Crítica aos que se enriquecen sen escrúpulos.
“Eu, Gulliver Ferreiro, bon galego,”

b) Paco Pixiñas (1973): describe un emigrante que só quere facer cartos, sen
lle importar os medios e que, ademais, abandona a lingua e a identidade.

2.6. Poesía satírica


A poesía satírica de Celso Emilio:
1) Asínaa co heterónimo de Arístides Silveira.
2) Ataca a personaxes concretos da emigración, facilmente identificábeis.
3) Lembra a Quevedo ou Valle – Inclán.
4) Desenvólvea tanto que se lle atribúe tamén a poesía satírica anónima.
Dentro deste tipo de poesía destaca a obra Cantigas de escarnio e
maldicir (1968) e poemas coma:

- Composición que dará orixe a Paco Pixiñas.


- Estrutura:
“Monólogo do desertor” ● Descrición das penurias que pasa o emigrante.
● Definición do emigrante sen escrúpulos.
● Esquecemento da identidade.
- Ataca ao traidor. Don Oppas é o prototipo de traidor, xa
“Don Oppas” que foi un bispo que no 711 lle facilitou a entrada aos
musulmáns na Península.
“Lendo certo período
- Pertence a Cantigas de escarnio e maldicir.
menstrual” - Fai referencia a un intento de trasladar os restos de
Castelao a Galiza.

Tamén pertence a este tipo de poesía Cimenterio privado (1973), obra


publicada en Xenebra na editorial Roi Xordo. Consta de epitafios dirixidos xeralmente
a personaxes concretos, aos que critica ou gaba. Outros epitafios só pretenden
provocar o riso. Exemplos:

“O home que non sabía escoitar” “O optimista”


“O cacique” “O lóxico”
“O déspota” “Epitafio sin sartego”
“Requiem”:inspirado en don Celidonio de O
“O sabidor”
porco de pé.
“A gran trampa”: epitafio da democracia
“O home da espada flamíxera”
burguesa.
“O alacrá debaixo da pedra”: crítica ao asasino
“O cativo cobizoso”: xocoso.
fascista.
“O petrucio”: gabanza a Otero Pedrayo. “O mártir”: gabanza a Bóveda.
“Nunha foxa común”: laudatorio. “O irresoluto”
“Don Hamlet” “Derradeira vontade de Fuco Buxán”
“Ramón de Sismundi morre na terra”: resposta
ao poema de Lorca “Cántiga do neno na
tenda”. Ramón de Sismundi convértese nun
explotador sen escrúpulos.

Ademais tamén ten poesía satírica en castelán (“A Paco del Pardo”,
“Dos momias ambulantes”), moitos asinados con pseudónimos coma Stow Kiwoto
Lumen ou Neskezas Cokhan Mordhe.

6 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC